2015 — VERKAMI: 5 años haciendo historia del crowdfunding
×
49 entradas en el blog Guía para o descenso enerxético
Este es el blog de Guía para o descenso enerxético. Aquí puedes seguir sus actualizaciones y comentarlas.

1ª Edición da Guía a piques de se esgotar. Preparamos xa a 2ª edición

Cando apenas pasaron 3 meses desde a saída do prelo da Guía, a tirada de 1.000 exemplares está a piques de se esgotar. Tan só quedan algúns exemplares nas librarías que o teñen á venda e na Asociación Touda, a nosa distribuidora.

Levamos xa tempo planificando unha 2ª edición e imos acelerar os trámites para podela ter lista o antes posible. Nos vindeiros días darémosvos a coñecer se hai novas oportunidades de mecenado nesta nova edición, e algunhas informacións máis sobre o proceso de preparación e saída dos novos libros.

O que si vos agradeceríamos que fósedes facendo, xa que será cando menos unha edición revisada, é que nos informedes das grallas ( erratas ) que detectastes na lectura do libro, se é que as tedes anotadas. Para isto temos unha sección especial no foro da Galiza Pospetróleo. Se ti aínda non es usuaria/o do foro, escríbenos para te darmos de alta e que poidas participar non só para informar de fallos e outras cuestións do libro senón para compartir as túas ideas e dúbidas co resto das persoas que o están a ler e a preparar esa Galiza resiliente cada día máis necesaria.

Grazas pola túa participación e porque nada disto sería posible sen o teu compromiso co proxecto! :-)

0 comentarios en esta entrada
  • No hay comentarios
Añade un comentario