El 26 de junio... ¡ Estrenamos nueva web !
×
49 entradas en el blog Guía para o descenso enerxético
Este es el blog de Guía para o descenso enerxético. Aquí puedes seguir sus actualizaciones y comentarlas.

Comeza a Revolución Pospetróleo! Comezamos o reparto da Guía!

Alédanos comunicarvos que, tras un longo proceso final de maquetación e impresión, a Guía para o descenso enerxético por fin saiu do prelo e está lista para o reparto e difusión entre as persoas que a fixestes posible. Grazas ao apoio dos Concellos de Teo, Tomiño e Rianxo, puidemos completar unha tirada de calidade e de nada menos ca 1.000 exemplares!! Os vosos exemplares comezarán a chegarvos probablemente a partir da semana que vén. Esta semana aínda estamos organizando os envíos postais, que comezarán polos nosos socios, as organizacións mecenas e os mecenas-super difusores e grandes difusores, é dicir, aqueles que van recibir paquetes con 10, 6 ou 3 libros. Unha vez rematada a difusión destas recompensas, comezaremos cos mecenas que ides recibir 1 exemplar cada un(ha).

Ademais iremos realizando actos de presentación e posta en contacto cos mecenas en múltiples lugares do país, nos que aproveitaremos para repartir aqueles exemplares que queirades recibir en man. Iremos informando da nosa presenza en cada cidade e cada vila neste mesmo web, no web central do libro, no web da nosa asociación e nas redes sociais. Se queres que realicemos un evento deste tipo preto de onde ti vives, ponte en contacto connosco para organizármolo. Estes encontros son moi importantes para nós porque non só nos permitirán un contacto directo e persoal con moitos de vós senón que facilitarán a comunicación e posta en contacto entre mecenas que vivides na mesma bisbarra, e que podedes ser cerne de proxectos de resiliencia local e de adaptación pospetróleo.

Finalmente, estamos a rematar o foro da Galiza Pospetróleo para facilitar o contacto entre mecenas e outras persoas interesadas nesta cuestión por todo o país. Xa daremos máis información de contado.

A Revolución da Galiza pospetróleo comeza agora... e ti es parte fundamental dela!

2 comentarios en esta entrada
  • Ramón González
    Ramón González
    más de 3 años

    Se cadra xa o miráchedes, pero para envío de libros o máis barato e a tarifa linros de correos. Si podedes usar a tarxeta postlibris pois inda é máis barato. Para a nosa editorial témola e a verdade e que non puidemos facer mellor cousa para envíos.

  • Asoc. Véspera de Nada
    Asoc. Véspera de Nada [author]
    más de 3 años

    Si, grazas pola recomenación. A Asociación Touda que nos vai botar unha man tamén no tema da distribución postal do libro, ten esa tarxeta e aplicará esas tarifas para que á xente lle coste o mínimo recibilo nas súas casas.

Añade un comentario