El 26 de junio... ¡ Estrenamos nueva web !
×
49 entradas en el blog Guía para o descenso enerxético
Este es el blog de Guía para o descenso enerxético. Aquí puedes seguir sus actualizaciones y comentarlas.

Acadamos tamén o 2º obxectivo!

Cando eran as 8 da mañá do domingo chegou unha nova achega que fixo que superásemos o novo obxectivo que nos marcáramos para poder sacar unha mellor edición do libro (os 5.100 euros)! Polo tanto cando aínda quedaban 14 horas para o peche da campaña de recollida de fondos en Verkami xa fixemos entre todos realidade unha edición da Guía como merece!

Vaia desde aquí o noso agradecemento para todas as persoas e colectivos, galegos pero tamén de fóra do país, que apoiastes este ilusionante proxecto, que coidamos pode ser tan fulcral para a posta en marcha dunha alternativa desde a base da sociedade a unha civilización que deixa de ser viable.

Aínda podedes animar a algún amigo a que consega o libro a prezo especial de mecenas antes das 22:00 h de hoxe domingo 27, porque despois os exemplares que queden para venda ao público (directa ou por medio de librarías) tras distribuirmos os que vos corresponden aos mecenas, han ter outro prezo, calculado en 12 euros. Hoxe aínda o poderán conseguir por só 9 euros.

Os que xa sodes mecenas aínda podedes —durante o que queda ata as 10 da noite— anular as vosas achegas —se por calquera motivo mudastes de idea— ou aumentalas (facendo 2ªs achegas ou anulando a actual e escollendo outra). Vaia unha vez máis o noso agradecemento, e lembrade irnos enviando por email os vosos nomes e logotipos (os que escollérades as achegas de 90 euros ou máis) para incluirmos no web e/ou no libro.

3 comentarios en esta entrada
  • Katia Cino Rouco
    Katia Cino Rouco
    más de 3 años

    En hora buena!!! Será un placer leer la guía con las ilustraciones a todo color!! Ya estoy impaciente por verla!!

  • Asoc. Véspera de Nada
    Asoc. Véspera de Nada [author]
    más de 3 años

    Grazas, Katia! Para saber cándo a terás nas túas mans consulta o calendario actualizado que publicamos hai pouco: http://www.verkami.com/projects/6621-guia-para-o-descenso-enerxetico/blog/10526-actualizamos-o-calendario-de-publicacion

  • Outrocan
    Outrocan
    más de 3 años

    Alégrame a nova do obxetivo conseguido. Porque como di o señor Doldán unha cousa importante van ser as redes sociais de familia, amigos e veciños no asunto da colaboración, traballo e vida nos vindeiros tempos. E acadar o obxectivo de financiación da guía non deixa de ser un exemplo de colaboración, inda que virtual. Un saúdo a todos.

Añade un comentario