El 26 de junio... ¡ Estrenamos nueva web !
×
49 entradas en el blog Guía para o descenso enerxético
Este es el blog de Guía para o descenso enerxético. Aquí puedes seguir sus actualizaciones y comentarlas.

Representantes de Anova, PT e EU apoian a nosa Guía

Entre os numerosos apoios que recibimos ao noso proxecto, non só en forma económica senón tamén en difusión e textos de louvanza coma os que imos publicando en Galiza.posPetroleo.com, queremos salientar hoxe os de tres formacións políticas, ou para ser máis xustos, os de tres persoas membros sobranceiros destas formacións. Velaquí algunhas frases e as ligazóns para que leades os seus comentarios completos acerca da Guía para o descenso enerxético:

Agradecémoslles enormemente o seu apoio, sobre todo polo difícil que sabemos que é posicionarse contracorrente do pensamento único no mundo político, moitas veces enfrontándose a compañeiros de partido que seguen ancorados no paradigma da industria e do crecemento sen fin. Esperamos que vos servan a todos os que xa sodes mecenas para animar a amigos e coñecidos que estean achegados a estas formacións políticas para que se unan ás xa máis de 150 persoas que están a facer posible a Guía para o descenso enerxético.

0 comentarios en esta entrada
  • No hay comentarios
Añade un comentario