El 26 de junio... ¡ Estrenamos nueva web !
×
49 entradas en el blog Guía para o descenso enerxético
Este es el blog de Guía para o descenso enerxético. Aquí puedes seguir sus actualizaciones y comentarlas.
  • Xa comezaron as presentacións da 2ª edición da Guía

    Moitas persoas puideron conseguir xa esta 2ª edición, aínda fresquiña, en Arzúa, Bertamiráns e Compostela, e debater connosco en persoa. Seguimos ampliando o número de librarías onde se pode tamén conseguir, e enviando os seus exemplares ao novo conxunto reducido de mecenas desta 2ª edición (novamente MIL exemplares!).

    A vindeira cita será o mércores 6 de agosto na Coruña, e despois virá unha nova presentación en Monforte, tamén na súa Feira do Libro, e en setembro teremos outras, como p.ex. a que realizaremos conxuntamente co 4º concello co-editor: San Sadurniño.

    Esperamos vervos nestas novas presentacións. Lembrade que se queredes organizar algunha ou darnos o contacto dalgunha libraría que queira ter a Guía para o descenso enerxético á venda, podedes escribirnos ao enderezo de contacto que figura no web da nosa asociación, onde tamén podedes solicitar exemplares adicionais que queirades adquirir. O prezo continúa a ser de tan só 12 euros.

  • Hoxe venres 13 finaliza o prazo para ser mecenas da 2ª edición da Guía

    Como xa anunciamos ao comezo da semana no blog da Galiza Pospetróleo, hoxe rematará a oportunidade para figurar como mecenas da 2ª edición de urxencia da "Guía para o descenso enerxético" despois de que se esgotaran os 1.000 exemplares da primeira*

    Se estás interesada/o en ser mecenas aínda estás a tempo antes de que remate o día (24:00 h). Escríbenos a guia@vesperadenada.org indicando o nome co que queres aparecer, e se vas facer unha achega de 25 ou de 50 euros. Nós enviarémosche os datos para que a fagas efectiva. Lembra que:
    - Os mecenas que poñades 25 euros, teredes 3 exemplares da nova edición e aparecerá o voso nome no web da Guía.
    - Os que poñades 50, teredes 6 libros e o voso nome aparecerá na edición impresa.

    Non perdas esta nova ocasión de apoiar "o libro para a trasformación social máis ambicioso dos últimos tempos" (Carlos C. Varela)!

    (*) Aínda quedan algúns exemplares en certas librarías.

  • 1ª Edición da Guía a piques de se esgotar. Preparamos xa a 2ª edición

    Cando apenas pasaron 3 meses desde a saída do prelo da Guía, a tirada de 1.000 exemplares está a piques de se esgotar. Tan só quedan algúns exemplares nas librarías que o teñen á venda e na Asociación Touda, a nosa distribuidora.

    Levamos xa tempo planificando unha 2ª edición e imos acelerar os trámites para podela ter lista o antes posible. Nos vindeiros días darémosvos a coñecer se hai novas oportunidades de mecenado nesta nova edición, e algunhas informacións máis sobre o proceso de preparación e saída dos novos libros.

    O que si vos agradeceríamos que fósedes facendo, xa que será cando menos unha edición revisada, é que nos informedes das grallas ( erratas ) que detectastes na lectura do libro, se é que as tedes anotadas. Para isto temos unha sección especial no foro da Galiza Pospetróleo. Se ti aínda non es usuaria/o do foro, escríbenos para te darmos de altaleer más

  • Semana intensa de presentacións para comezar xuño: Milladoiro, Ferrol, Lalín e Ourense

    Os actos de presentación do noso libro continúan por todo o país. A lista dos xa celebrados e os programados para as vindeiras datas tédelos no blog da Galiza Pospetróleo.

    Para comezar o mes de xuño temos diversos actos en 4 puntos da nosa xeografía:
    - 3 de xuño, no Milladoiro, con Manuel Casal.
    - 4 de xuño, en Ferrol, nun importante acto no ateneo con Xoán Doldán, Begoña de Bernardo, e presentado por Bernardo Maiz e Manolo Rei.
    - 6 de xuño, na feira do libro de Ourense (con Xoán Doldán e Afonso Fernández) e tamén en Lalín (con Manuel Casal).

    Consultade a axenda de actos e seguide os nosos "eventos" no Facebook, onde imos tamén avisando nos máis inmediatos.

    Grazas pola boa acollida que estades a prestar tanto os mecenas que acodedes a estas presentacións-debates como aos medios que se están a facer eco así como as entidades coorganizadoras en cada lugar.

    Seguimos a sementar a revolución pospetróleo na Galiza coa "Guía para o descenso enerxético" que vós fixestes posible!

  • Hoxe, Día das Letras Galegas, liberamos na Rede un fragmento moi especial da Guía!

    Á espera da liberación do libro completo, que realizaremos proximamente, hoxe quixemos conmemorar a festa das Letras Galegas, publicando en Internet o relato "Un día calquera na Galiza de dous mil e vinte e algo" que fai parte da nosa Guía para o descenso enerxético

    Podedes lelo e compartilo cos vosos amigos no blog da Galiza Pospetróleo. Vai acompañado nesta versión online dunha reseña que fixo do libro e do relato Carlos C. Varela e dun dos seus debuxos.

    Saúde, terra, lingua e liberdade!

Suscríbete entradas siguientes