❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Guía para o descenso enerxético

Galiza enfróntase ao colapso do modo de vida industrial debido ao "peak oil" (o cénit da produción mundial de petróleo). Este libro quere servir para poñer en marcha as profundas mudanzas que precisamos, e para facelo desde abaixo, retomando o control das nosas vidas e das nosas comunidades.

0
seconds
240
Patron
5.201€
From 4.250€
Contribute to the project
View project in Castellano

[ACTUALIZACIÓN 27/10/2013 08:28: Superamos o 2º OBXECTIVO (5.100 euros), que nos permitirá incluir as ilustracións de Antía Barba a toda cor.]

[ACTUALIZACIÓN 18/10/2013 16:34: Acabamos de acadar o 100% do orzamento inicial! Grazas ás 190 persoas e organizacións que o fixestes posible!]

O petróleo ten os días contados e as consecuencias disto para a civilización industrial serán devastadoras. A crise actual ten unha orixe enerxética da que non se está a falar, pois é mesmo un tabú recoñecido de portas adentro nas institucións internacionais e nos gobernos occidentais. O feito é que a crise... non vai rematar nunca!

Estamos abocados a realizarmos unha urxente e profunda transformación en todos os países industrializados para "abandonarmos o petróleo antes de que el nos abandone a nós", en palabras do economista xefe da Axencia Internacional da Enerxía. E non podemos confiar en que os nosos gobernantes recoñezan o que sucede, alerten á poboación e lideren estas transformacións. Por tanto é hora de tomarmos esta revolucionaria transición civilizatoria nas nosas propias mans. Tamén en Galiza.

Por iso na asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo levamos máis de dous anos preparando esta publicación que quere axudar á sociedade galega a comezar esa imprescindible e profunda transformación no noso modo de vida que nos permita prosperar despois do petróleo. O peak oil ou Cénit do petróleo vai afectarnos a todos e cada un dos galegos e galegas e a mudar radicalmente as nosas vidas. Este libro vai permitir que o fagamos de maneira anticipada e consciente, para evitar o drama social que doutra maneira implicaría un colapso caótico no noso país, e facelo dunha maneira construtiva para erguermos un novo tipo de sociedade que pode ser moito máis xusta e satisfactoria para nós, os nosos fillos e as vindeiras xeracións.

O libro achega unha completa explicación da gravísima situación á que nos expón a fin da Era do petróleo e pon nas mans d@s galeg@s consellos aplicables en todos os terreos da vida particular, familiar e comunitaria, e tamén para as empresas e administracións locais. Concienciados acerca do perigo, e armados coas recomendacións que incluirá este libro, galegas e galegos seremos quen de construír un novo país moito máis autosuficiente e resiliente, capaz de evitar as peores consecuencias do devalar enerxético que xa comezamos a vivir.

A QUE IRAN DESTINADAS AS VOSAS ACHEGAS
As achegas das persoas que participedes neste proceso de financiamento social irán destinadas a costear a realización e distribución do libro, repartíndose da seguinte maneira:

  • 58% ás persoas que tiveron unha especial adicación á obra e á súa promoción (redacción, ilustración, realización de vídeo, maquetación...), e sen as cais non sería posible o libro.
  • 24% á impresión do libro (500 exemplares, de aprox. 200 páxinas).
  • 7% gastos de envío.
  • 11% comisións e impostos.

(Cifras baseadas nol obxectivo inicial de 4.250 euros.)

CALENDARIO
A realización dos contidos da Guía está xa moi avanzada cando lanzamos esta campaña. Ao longo da mesma darémoslle os toques finais de tal maneira que en canto se consega asegurar o orzamento total, se proceda á súa rápida impresión e distribución.

Consulta o calendario actualizado a data de 25/10/2013

ÍNDICE DE CONTIDOS DA GUÍA

(Actualizado a 19/10/2013)
O libro terá aproximadamente 200 páxinas en formato A5, a branco e negro (aínda que se damos conseguido o 2º obxectivo poderemos incluir a cor cando menos as ilustracións). Esta é a estrutura provisional de apartados principais do libro, que podes ver cun nivel máis de detalle no web da Guía:
- Limiar
- A que nos enfrontamos?
- Que facer? Medidas persoais e familiares
- Que facer? Medidas para PEMEs
- Que facer? Medidas para administracións locais
- Epílogo I: Cuba, unha referencia inspiradora
- Epílogo II: Un día calquera na Galiza de dous mil e vinte algo
- Anexo I: Algúns datos sobre o petróleo e a enerxía nas sociedades industrializadas
- Anexo II: Ónde ampliar información
- Anexo III: Glosario
- Agradecementos

LIGAZÓNS DE REFERENCIA
Web da Guía para o descenso enerxético
Asociacion Véspera de Nada
En Twitter
En Facebook
En Youtube (entrevistas acerca da Guía)
En Youtube (vídeos sobre o peak oil)

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

28 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Asoc. Véspera de Nada

    Asoc. Véspera de Nada
    Author

    about 6 years

    Falamos con persoas de diferente ideoloxía, militantes e responsables de diferentes partidos e organizacións sociais e utilizamos diferentes vías para dar a coñecer o proxecto a nivel social, polo que entendemos que a nivel político e social esa información lles chegou por diferentes vías a todos os que mencionas.

  • Eiro

    Eiro

    about 6 years

    Houve algum contacto com partidos políticos tais como PP, PSOE?
    Também gostava de saber o mesmo respeito dos sindicatos CIG, CCOO, UGT... E moi particularmente do Sindicato Labrego. Obrigado

  • Asoc. Véspera de Nada

    Asoc. Véspera de Nada
    Author

    about 6 years

    Coido que iso, en calquera caso, deberías preguntárllelo a eles ;-)

    De todos xeitos aínda cabe a posibilidade de recibirmos ese apoio mesmo despois de que remate a campaña en Verkami. Hai unha certa marxe se ollas o calendario de publicación, ata que os contidos da Guía quedan definitivamente pechados (e dentro deles as organizacións que colaboran).

  • Eiro

    Eiro

    about 6 years

    Fai uns dias no blog deciades que estava previsto algum apoio desde o BNG, Podemos saber porque afinal não se efectivizou isto?

  • Asoc. Véspera de Nada

    Asoc. Véspera de Nada
    Author

    about 6 years

    Obrigados (a todos vós)! :-)

    Por suposto que Fukuoka e os seus métodos de "agricultura natural" e do "non facer" é unha referencia para nós e está presente no libro, aínda que habitualmente nós entendémolo dentro da permacultura considerada en sentido amplo.

  • Heitor

    Heitor

    about 6 years

    Parabéns polo sucesso! Além disso, queria colocar uma questão muito específica a respeito do livro: queria saber se no leque de alternativas necessárias incluides não só a permacultura, mas propostas mais radicais como as de Masanobu Fukuoka.

  • Asoc. Véspera de Nada

    Asoc. Véspera de Nada
    Author

    about 6 years

    Pues no está previsto, al menos por nuestra parte y en esta fase. Quizás más adelante otra organización, o nosotros mismos, nos lancemos a una traducción, aunque como hemos explicado anteriormente, la Guía no sólo es que esté en gallego, sino que está "pensada para Galicia", es decir, que los consejos parten en buena medida de las características sociales, económicas, culturales, ecológicas de Galicia.

    No obstante verás que algunos tipos de aportaciones que ofrecemos incluyen la posibilidad a los mecenas interesados, de traducirles algunos apartados de la Guía que encuentren especialmente difíciles de comprender. El gallego no suele resultar muy complicado de leer para un castellanohablante, y con la ayuda de un diccionario o traductor online se puede superar las dificultades de tipo léxico o gramatical.

  • Jose Varillas Agüero

    Jose Varillas Agüero

    about 6 years

    .?se editara en español?

  • Asoc. Véspera de Nada

    Asoc. Véspera de Nada
    Author

    about 6 years

    Desculpa, creo que non che entendo o de "de enrolar". A achega que che permite ter a versión en papel enviada a calquera lugar do mundo vímola de engadir hai pouco: é a de 14 euros :-) Non sei se era iso o que preguntabas.

  • "Nombre" não tenho, tenho nome e é Miro Moman

    "Nombre" não tenho, tenho nome e é Miro Moman

    about 6 years

    E os que queiramos a versão em papel (de enrolar) mas não moramos na Espanha, como fazemos?

Go back to all the updates

#39 / Mañá 5 de abril presentamos a Guía en Tomiño

Mentres seguimos a preparar os derradeiros envíos da Guía aos mecenas que faltan por recibila, queremos anunciarvos que mañá sábado día 5 estaremos presentando o libro cun dos concellos que apoiaron a súa publicación: Tomiño.

Será ás 7 da tarde no Pavillón Multiusos de Sobrada, e contará coa presenza da alcaldesa e do concelleiro de medio ambiente. Pola nosa banda asistirán Xoán R. Doldán García e Manuel Casal Lodeiro.

Vémonos alí se podedes asistir.

0 comments

Log in or Sign up to comment this entry.

#49 / Xa comezaron as presentacións da 2ª edición da Guía

Moitas persoas puideron conseguir xa esta 2ª edición, aínda fresquiña, en Arzúa, Bertamiráns e Compostela, e debater connosco en persoa. Seguimos ampliando o número de librarías onde se pode tamén conseguir, e enviando os seus exemplares ao novo conxunto reducido de mecenas desta 2ª edición (novamente MIL exemplares!).

A vindeira cita será o mércores 6 de agosto na Coruña, e despois virá unha nova presentación en Monforte, tamén na súa Feira do Libro, e en setembro teremos outras, como p.ex. a que realizaremos conxuntamente co 4º concello co-editor: San Sadurniño.

Esperamos vervos nestas novas presentacións. Lembrade que se queredes organizar algunha ou darnos o contacto dalgunha libraría que queira ter a Guía para o descenso enerxético á venda, podedes escribirnos ao enderezo de contacto que figura no web da nosa asociación, onde tamén podedes solicitar exemplares adicionais que queirades adquirir. O prezo continúa a ser de tan só 12 euros.

#48 / Hoxe venres 13 finaliza o prazo para ser mecenas da 2ª edición da Guía

Como xa anunciamos ao comezo da semana no blog da Galiza Pospetróleo, hoxe rematará a oportunidade para figurar como mecenas da 2ª edición de urxencia da "Guía para o descenso enerxético" despois de que se esgotaran os 1.000 exemplares da primeira*

Se estás interesada/o en ser mecenas aínda estás a tempo antes de que remate o día (24:00 h). Escríbenos a guia@vesperadenada.org indicando o nome co que queres aparecer, e se vas facer unha achega de 25 ou de 50 euros. Nós enviarémosche os datos para que a fagas efectiva. Lembra que:
- Os mecenas que poñades 25 euros, teredes 3 exemplares da nova edición e aparecerá o voso nome no web da Guía.
- Os que poñades 50, teredes 6 libros e o voso nome aparecerá na edición impresa.

Non perdas esta nova ocasión de apoiar "o libro para a trasformación social máis ambicioso dos últimos tempos" (Carlos C. Varela)!

(*) Aínda quedan algúns exemplares en certas librarías.

#47 / 1ª Edición da Guía a piques de se esgotar. Preparamos xa a 2ª edición

Cando apenas pasaron 3 meses desde a saída do prelo da Guía, a tirada de 1.000 exemplares está a piques de se esgotar. Tan só quedan algúns exemplares nas librarías que o teñen á venda e na Asociación Touda, a nosa distribuidora.

Levamos xa tempo planificando unha 2ª edición e imos acelerar os trámites para podela ter lista o antes posible. Nos vindeiros días darémosvos a coñecer se hai novas oportunidades de mecenado nesta nova edición, e algunhas informacións máis sobre o proceso de preparación e saída dos novos libros.

O que si vos agradeceríamos que fósedes facendo, xa que será cando menos unha edición revisada, é que nos informedes das grallas ( erratas ) que detectastes na lectura do libro, se é que as tedes anotadas. Para isto temos unha sección especial no foro da Galiza Pospetróleo. Se ti aínda non es usuaria/o do foro, escríbenos para te darmos de altaread more

#46 / Semana intensa de presentacións para comezar xuño: Milladoiro, Ferrol, Lalín e Ourense

Os actos de presentación do noso libro continúan por todo o país. A lista dos xa celebrados e os programados para as vindeiras datas tédelos no blog da Galiza Pospetróleo.

Para comezar o mes de xuño temos diversos actos en 4 puntos da nosa xeografía:
- 3 de xuño, no Milladoiro, con Manuel Casal.
- 4 de xuño, en Ferrol, nun importante acto no ateneo con Xoán Doldán, Begoña de Bernardo, e presentado por Bernardo Maiz e Manolo Rei.
- 6 de xuño, na feira do libro de Ourense (con Xoán Doldán e Afonso Fernández) e tamén en Lalín (con Manuel Casal).

Consultade a axenda de actos e seguide os nosos "eventos" no Facebook, onde imos tamén avisando nos máis inmediatos.

Grazas pola boa acollida que estades a prestar tanto os mecenas que acodedes a estas presentacións-debates como aos medios que se están a facer eco así como as entidades coorganizadoras en cada lugar.

Seguimos a sementar a revolución pospetróleo na Galiza coa "Guía para o descenso enerxético" que vós fixestes posible!

#45 / Hoxe, Día das Letras Galegas, liberamos na Rede un fragmento moi especial da Guía!

Á espera da liberación do libro completo, que realizaremos proximamente, hoxe quixemos conmemorar a festa das Letras Galegas, publicando en Internet o relato "Un día calquera na Galiza de dous mil e vinte e algo" que fai parte da nosa Guía para o descenso enerxético

Podedes lelo e compartilo cos vosos amigos no blog da Galiza Pospetróleo. Vai acompañado nesta versión online dunha reseña que fixo do libro e do relato Carlos C. Varela e dun dos seus debuxos.

Saúde, terra, lingua e liberdade!

#44 / Este 15-Maio presentamos a Guía en Compostela (acto central)

Como sabedes vimos presentando a Guía para o descenso enerxético en numerosos lugares do país desde a súa publicación. Este xoves, aniversario do famoso 15 de maio de 2011, celebraremos un acto central dentro desta xira de sementeira revolucionaria: será na Facultade de Físicas da USC, no Campus Sur, ás 19 h. Esperamos a asistencia da prensa e de numerosos mecenas dos que fixestes posible esta importante publicación.

Gustaríanos moito atoparvos alí e podermos falar entre todos de cómo encetar a Revolución Pospetróleo na Galiza e en concreto en Compostela.

Agardámosvos!

#43 / Presentación da Guía na Coruña: xoves 8 de maio

Continuando co noso calendario de presentacións, este xoves temos un acto na Coruña, na veterá A.C. Alexandre Bóveda, ás 20 h.

Gustaríanos que servise para encontrarnos en persoa cos mecenas coruñeses e das localidades máis achegadas, e podermos debater sobre os temas tratados na nosa "Guía para o descenso enerxético". Anímaste?

Lembrámosvos que para estar ao día dos diversos actos de presentación que estamos a realizar baixo o lema de "Sementando a Revolución Pospetróleo", podedes seguir o blog da Guía, o de Véspera de Nada e os nosos perfís en Twitter e Facebook.

Vémonos nun destes eventos ou no Foro da Galiza Pospetróleo! :-)

#42 / 24 y 25 de abril: la Guía se presenta en Madrid y Barcelona

La semana que viene miembros de Véspera de Nada estaremos en Madrid y Barcelona participando en diversos actos en los que se presentará nuestra "Guía para o descenso enerxético" aparte de debatir entorno a estas cuestiones con otros conferenciantes y con el público asistente.

Serán unas ocasiones inmejorables para establecer contacto personal con los numerosos mecenas que habéis hecho posible la publicación desde estas ciudades.

La agenda la tenéis en las siguientes páginas:
* Madrid (jueves 24 en la Universidad Autónoma y viernes 25 en Alcalá).
* Barcelona (jueves 24 en el Colegio de Arquitectos).

Recomendamos el resto de actos donde se integran estas presentaciones: la jornada de día completo en la Autónoma el jueves bajo el título "Experiencias Transitivas: Tras la extralimitación, ¿lograremos evitar el colapso ecológico-social?", la semana por la Soberanía Alimentaria en Alcalá, y el debate a tres de Barcelona donde el presidente de Véspera de Nada, Xoán Doldán, hablará sobre read more

#40 / Aínda non nos enviaches o teu enderezo? ¿Aún no nos has mandado tu dirección?

Hoxe saíron os últimos 54 envíos a mecenas da nosa Guía. Correos deixaravos aviso entre o martes e o mércores, aproximadamente.

Só nos quedan 10 persoas que aínda non nos comunicaron a qué enderezo postal lles temos que enviar o seu libro. Se ti es unha desas persoas ponte en contacto connosco para poderes recibir o antes posible o teu exemplar da Guía.

E lembrade todos que xa comezou a participación e o debate entorno aos temas abordados pola Guía no novo Foro da Galiza Pospetróleo. Agardámosvos alí!

#39 / Mañá 5 de abril presentamos a Guía en Tomiño

Mentres seguimos a preparar os derradeiros envíos da Guía aos mecenas que faltan por recibila, queremos anunciarvos que mañá sábado día 5 estaremos presentando o libro cun dos concellos que apoiaron a súa publicación: Tomiño.

Será ás 7 da tarde no Pavillón Multiusos de Sobrada, e contará coa presenza da alcaldesa e do concelleiro de medio ambiente. Pola nosa banda asistirán Xoán R. Doldán García e Manuel Casal Lodeiro.

Vémonos alí se podedes asistir.

#37 / Avisos de envío postal

Cos envíos que fixemos onte xa són nos quedan 50 libros (aprox.) por enviarmos, que corresponden sobre todo aos mecenas que tedes un só libro como recompensa e que fixestes as vosas achegas ao final da campaña (concretamente, en outubro).

Como por desgraza puidemos comprobar que Correos non está deixando aviso de recollida nalgún caso (esperamos que sexa moi puntual) imos enviar unha mensaxe de correo electrónico a todos aqueles mecenas aos que xa lles foi enviado o seu paquete, para que no caso de non o recibir nun tempo prudencial, acodan á súa oficina de Correos reclamalo.

Se todo vai ben, dentro de 1 semana estarán TODOS os libros entregados aos mecenas que o fixestes posible. Agradecemos a enorme paciencia que estades a ter connosco e agardamos que cando todos o teñades nas vosas mans, a calidade do libro e o interese do seu contido, fagan que vos pagara a pena a longa espera.

Grazas unha vez máis a todas e todas :-)

#36 / Continuamos cos envíos e coa axenda de presentacións

Xa viches as novas datas nas que presentaremos a Guía por Galiza (e tamén Madrid e Barcelona)? Se cadra podemos coñecernos nalgunha delas. Gustaríanos contar coa presenza das persoas que fixestes posible esta publicación revolucionaria nestes encontros públicos, para comezarmos o debate que tamén continúa no foro da Galiza Pospetróleo que vimos de poñer en marcha. E se aínda non hai data para a túa localidade, non dubides en enviarnos algunha proposta para que vaiamos alí facer unha presentación.

Por outra banda continuamos aínda a realizar os envíos dos exemplares aos nosos mecenas. Agás nalgúns casos nos que aínda non recibimos o enderezo postal ao que o temos que mandar, os paquetes de 10, 6 e 3 libros xa están todos enviados ou listos para ser enviados ao longo do que resta de semana. Xa preparamos tamén os dos mecenas que puxestes 15 euros e continuaremos cos envíos aos 107 mecenas que puxestes 9 euros para dispoñer dun exemplar da Guía.

read more

#34 / Continúan os envíos das Guías aos nosos mecenas

Este sábado fixemos un novo envío de exemplares da Guía aos nosos mecenas. Xa case temos entregado todas as recompensas ás categorías máis altas de mecenas e agora continuaremos coas categorías medias e básicas, así que se ti puxeches 9, 15 ou 25 euros e aínda non recibiches o teu libro, pregámosche un chisco máis de paciencia.

As persoas que estades a recibir xa o libro estádesnos a enviar uns unánimes parabéns pola edición. Agora agardamos ir coñecendo a vosa opinión sobre os seus contidos e que nos poidamos ir encontrando en persoa nas diversas presentacións que estamos a planificar por toda Galiza e mesmo noutros puntos do Estado Español.

Tamén comeza estar dispoñible nalgunhas librarías, que iremos anunciando no http://galiza.pospetroleo.com. De momento estamos a procesar pedidos directamente recibidos http://www.vesperadenada.org/colaboremos/.

Grazas novamente a todos, sobre todo por esta espera final. Agardamos que no que queda de mesread more

#33 / Comeza a Revolución Pospetróleo! Comezamos o reparto da Guía!

Alédanos comunicarvos que, tras un longo proceso final de maquetación e impresión, a Guía para o descenso enerxético por fin saiu do prelo e está lista para o reparto e difusión entre as persoas que a fixestes posible. Grazas ao apoio dos Concellos de Teo, Tomiño e Rianxo, puidemos completar unha tirada de calidade e de nada menos ca 1.000 exemplares!! Os vosos exemplares comezarán a chegarvos probablemente a partir da semana que vén. Esta semana aínda estamos organizando os envíos postais, que comezarán polos nosos socios, as organizacións mecenas e os mecenas-super difusores e grandes difusores, é dicir, aqueles que van recibir paquetes con 10, 6 ou 3 libros. Unha vez rematada a difusión destas recompensas, comezaremos cos mecenas que ides recibir 1 exemplar cada un(ha).

Ademais iremos realizando actos de presentación e posta en contacto cos mecenas en múltiples lugares do paísread more

#32 / A Guía entrou no prelo! :-)) ¡La Guía ha entrado en imprenta!

Despois dun longo e laborioso proceso de maquetación, que comezara hai xa case 2 meses, e que incluiu sucesivas revisións e correccións, temos o pracer de comunicarvos que a "Guía para o descenso enerxético" por fin entrou na súa derradeira fase e xa está en mans da imprenta.

Entre revisión das probas e o proceso de impresión final calculamos agora que para comezo do mes de marzo, a Guía estará xa fisicamente nas nosas mans e que poderemos comezar a enviar os exemplares a todos os mecenas que a fixestes posible. Entre eles queremos salientar 3 coeditores institucionais que chegaron despois de pecharmos a campaña en Verkami: son os Concellos de Tomiño, Rianxo e Teo. Grazas a eles puidemos ampliar a tiraxe e facela de maior calidade: 316 páxinas (24 delas a cor coas magníficas ilustracións de Antía Barba Mariño a toda páxina) en papel reciclado con cuberta tamén a base de papel reciclado.

A partir de marzo comezaremos as presentaciónsread more

#31 / Ampliamos a subscrición ao Boletín da Galiza pospetróleo

Na nosa asociación tomamos a decisión de ampliar unha das recompensas, que só tiñan os mecenas que puxeran 15 euros, e facela extensiva tamén aos que puxeron máis desa cantidade. Falamos da subscrición ao boletín electrónico de noticias para a Galiza pospetróleo, que poderedes recibir agora todos os subscriptores que achegárades 15 euros ou máis para a publicación da "Guía para o descenso enerxético".

As persoas interesadas en recibilo, deben poñerse en contacto connosco escribíndonos un email como resposta a este aviso e indicando que queren subscribirse. O boletín enviámolo por email esporadicamente cando temos algunha noticia salientable de especial interese para a construción da Galiza pospetróleo.

Polo demais, darvos conta de que o libro aínda está en fase de maquetación e que é posible que ata dentro dun mes (mediados-finais de xaneiro) non poida estar nas vosas mansread more

#30 / O libro entra na última fase antes de imprenta!

(En castellano más abajo.)

Sodes moitas as persoas que nos preguntades pola aparición do libro. Sabemos que levamos demora con respecto ás datas previstas e queremos pedirvos desculpas e darvos a boa nova de que o libro, unha vez finalizados os seus contidos e a fase de revisión e corrección lingüística, vén de entrar na última fase: a maquetación. Despois xa entrará no prelo e esperamos que contra final de ano poida estar xa nas nosas mans. A partir dese momento comezaremos a distribución.

Por tanto, imos ir solicitando os vosos enderezos postais a todos/as os/as mecenas agás os que van recibir unicamente a versión dixital, como é lóxico. Nos vindeiros días recibiredes un email requirindo un enderezo postal para o envío.

Agradecemos a vosa paciencia e esperamos que o libro cumpra coas vosas expectativas! Pola nosa banda estamos a poñer o noso maior interese e esforzo en que a Guía sexa o máis completa e útil posible e en complementala co read more

#29 / Rematamos os contidos da Guía!

Desculpade o silencio destes últimos días pero estivemos inmersos no remate dos contidos da "Guía para o descenso enerxético". A revisión conxunta dos contidos levounos máis do previsto pero onte rematámola e agora xa está en mans da revisora lingüística. En breve pasará á fase de maquetación e despois irá para o prelo, esperemos que a tempo para saír publicada antes de final de ano.

Lamentamos a espera e o retraso con respecto ás datas inicialmente previstas, pero coidamos que merecía a pena prolongar un pouco o proceso de revisión de contidos para que a Guía fose o máis completa posible. Como veredes a súa extensión vai ser moito maior cá prevista e haberá algunha variación no tamaño do libro, de tal maneira que ides recibir un libro mellor e máis completo como recompensa ás vosas achegas.

Por outra banda a lista de mecenas vai ser pechada definitivamente esta semanaread more

#28 / Prosegue o proceso de creación da Guía para o descenso enerxético

Durante os días que levan pasado desque rematou a campaña de financiamento en Verkami, estivemos avanzando nos contidos. Agora mesmo hai unha proposta de contidos case final que está a ser revisada por todos os membros da nosa Asociación, entre os que se encontran novos membros que chegaron a nós a través da campaña para a publicación da Guía e que deron o paso de mecenas deste proxecto puntual a implicarse como afiliados a Véspera de Nada.

Levamos acumulado un retraso xa dunha semana aproximadamente con respecto ao calendario de publicación que anunciáramos ao rematar o crowdfunding, así que a saída do libro pode que se retrase ese tempo se non o damos recuperado nas fases que aínda restan de revisión, maquetación, deseño gráfico, e impresión.

Tamén chegaron a nós novas achegas, moi importantes ao ser de tipo institucional, que anunciaremos cando remate a prórroga que demos para a inclusión de novos mecenas.

read more

#26 / Acadamos tamén o 2º obxectivo!

Cando eran as 8 da mañá do domingo chegou unha nova achega que fixo que superásemos o novo obxectivo que nos marcáramos para poder sacar unha mellor edición do libro (os 5.100 euros)! Polo tanto cando aínda quedaban 14 horas para o peche da campaña de recollida de fondos en Verkami xa fixemos entre todos realidade unha edición da Guía como merece!

Vaia desde aquí o noso agradecemento para todas as persoas e colectivos, galegos pero tamén de fóra do país, que apoiastes este ilusionante proxecto, que coidamos pode ser tan fulcral para a posta en marcha dunha alternativa desde a base da sociedade a unha civilización que deixa de ser viable.

Aínda podedes animar a algún amigo a que consega o libro a prezo especial de mecenas antes das 22:00 h de hoxe domingo 27, porque despois os exemplares que queden para venda ao público (directa ou… read more

#25 / Xoán Doldán protagoniza o último dos vídeos de #GZposPetroleo

(En castellano más abajo.)

Xa tedes dispoñible a última das entrevistas en vídeo cos membros de Véspera de Nada. Doldán, presidente da nosa asociación e destacado economista ecolóxico, explícanos a súa visión da Galiza pospetróleo e como se prepara para ela a nivel persoal.

No post que vimos de publicar facemos un resume de todos os vídeos, así que aínda o podedes aproveitar para darlle un repaso ás diversas visións persoais dos pioneiros e concienciados do peak oil en Galiza.

Lembra que a campaña remata mañá domingo día 27 de outubro ás 22:00 h. Se pensas que aínda pode haber algún amigo, amiga ou coñecidos teus interesados, anímaos a ver esta serie de vídeos e a faceren a súa achega a tempo. Despois do domingo tamén haberá posibilidade de conseguir o libro, pero a un prezo maior có prezo especial dos mecenas que nos estades a apoiar en Verkami (xa sodes máis de 225!). Ademais os mecenas recibiredes o libro en canto saia do prelo, e antes de que este estea á venda nas librarías!

read more

#24 / Actualizamos o calendario de publicación

Agora que xa sabemos que o libro será publicado finalmente, e mentres agardamos para chegar coa vosa axuda ao noso 2º obxectivo e podermos facer unha mellor edición, estivemos afinando o calendario previsto de publicación. Hoxe actualizaremos a información na páxina do proxecto en Verkami, pero velaquí vos vai un adianto:

Ahora que sabemos que el libro será publicado finalmente, y mientras esperamos para llegar con vuestra ayuda a nuestro 2º objetivo para poder hacer una mejor edición, hemos estado afinando el calendario previsto de publicación. Hoy lo actualizaremos en la página del proyecto en Verkami, pero aquí tenéis un adelanto:

  • 27/10/2013: Remate da recollida de fondos en Verkami e avance cos contidos textuais da Guía.
  • 28/10...03/11/2013: Recepción de nomes e logotipos dos mecenas.
  • 30/10/2013: O coordinador pecha unha versión preliminar da Guía e remite para revisión dos demais membros de Véspera de Nada.
  • 30/10...03/11/2013:read more

#23 / Teresa Moure reflexiona sobre a "Guía para o descenso enerxético"

Sentímonos moi honrados de que Teresa non só sexa mecenas do noso proxecto de libro senón que teña escrito esta completa reflexión acerca do contexto de transformación urxente que precisa a nosa sociedade.

Lede de vagar o seu texto, que paga moito o tempo que lle adiquedes e compartídeo cos vosos amigos.

Agradecemos a Teresa Moure as súas palabras, como anteriormente nos adicaron as súas César Santiso, Joám Evans, Antón Sánchez, Carlos Taibo ou Pedro Prieto.

Se este libro vai ser unha realidade é en boa medida grazas ás gabanzas e difusión que nos fixeron persoas coma elas.

#22 / Novas da Galiza fala da nosa Guía

No último número do periódico Novas da Galiza poderedes ler unha mención á nosa Guía para o descenso enerxético no seu editorial ademais dunha entrevista co coordinador do libro. Hoxe ofrecémosvos ambos os dous textos, coa entrevista ampliada, no web Galiza.posPetroleo.com. Grazas ao Novas por facilitarnos esta difusión do proxecto e dos textos por eles publicados!

Convidámosvolos a ler e a os compartirdes cos vosos contactos. Xa só faltan 4 días para rematarmos a campaña e non debemos deixar a ningún dos nosos amigos sen a oportunidade de coñecer o proxecto e de reservar a Guía ao prezo de 9 euros!

#21 / Novo adianto dos contidos da Guía: Presentación

Xa estamos rematando os contidos da Guía. Velaquí un novo adianto deles: http://galiza.pospetroleo.com/2013/10/22/novo-adianto-da-guia-para-o-descenso-enerxetico-presentacion/

Los castellanohablantes recordad que también tenéis ese fragmento traducido en http://crashoil.blogspot.com.es/2013/10/presentacion-de-la-guia-para-el.html

Fagamos un derradeiro esforzo para promocionar a Guía e dispoñermos de máis fondos para podermos publicar máis exemplares, coas ilustracióńs a cor e en papel reciclado, en coherencia coa filosofía ambiental da obra.

Grazas!

#20 / Chegamos ao 100% do orzamento! Agora iremos por un 2º obxectivo!

(En castellano más abajo)

Cando aínda faltan 9 días para rematarmos o prazo que temos en Verkami para recoller fondos, as 190 primeiras persoas e colectivos que nos tedes apoiado fixestes que chegásemos aos 4.250 euros, o 100% do diñeiro necesario para a edición dos 500 exemplares.

Vista a boísima acollida, da que sen dúbida parte do mérito corresponde ás magníficas ilustracións da premiada artista Antía Barba Mariño, imos poñer un novo obxectivo que nos permita incluír no libro as súas ilustracións a toda cor, e non a branco e negro como estaba inicialmente previsto e tamén o emprego de papel reciclado e non papel offset. Esta mellora na calidade da Guía pensamos que será importante á hora da súa acollida, de que transmita con máis forza e coherencia a visión da Galiza que queremos construír tras a queda do petróleo.

E o mellor de todo é que esa mellora poderédela desfrutar todas as persoas, tanto os/as novos/as mecenas como as/os que xa apoiastes, read more

#19 / Nuevos tipos de apoyo para mecenas de fuera de Galicia

Debido al interés mostrado por nuestra Guía para o descenso enerxético por diversas personas desde fuera de Galicia, que ha llevado a no pocas a convertirse en mecenas y difusores del libro, incluso cuando no conocen el idioma gallego en el que estará íntegramente publicado, nos hemos animado a crear dos nuevos tipos de aportaciones en esta recta final de campaña en Verkami.

La primera, de 35 euros, ofrece como recompensa un ejemplar del libro y la posibilidad de que el o la mecenas nos soliciten la traducción de fragmentos que le interesen especialmente del libro, una vez recibido, y en los que haya encontrado mayores dificultades para la comprensión del texto. Por supuesto también incluye la mención como mecenas. En este caso la traducción se limitaría a un total de 5.000 palabras que podrán estar repartidas en varios apartados del libro, a elección de la persona mecenas.

La segunda amplía esta traducción a 20.000 palabrasread more

#18 / Internacionalización da campaña

Desde hoxe o proxecto da Guía para o descenso enerxético en Verkami pódese consultar tamén en castelán (aínda que o libro se vai editar unicamente en galego, advertimos) para facilitar a información a todas as persoas que se están a interesar por el desde fóra de Galiza.

Tamén vimos de crear un novo tipo de achega: por 14 euros enviaremos un exemplar a calquera lugar do mundo. Posiblemente galegos da Diáspora e persoas doutros países de fala portuguesa ou española estarán interesados nesta opción, xa que ata o de agora ningunha das achegas recollía esta posibilidade de enviar o libro fóra de España.

Esperamos con isto axudar á internacionalización da campaña e da Guía, que malia estar orientada aos residentes en Galiza, pensamos que ofrece interesantes informacións para calquera interesado en mudar a súa vida e navegar con éxito por esta época de descenso enerxético.

#17 / Representantes de Anova, PT e EU apoian a nosa Guía

Entre os numerosos apoios que recibimos ao noso proxecto, non só en forma económica senón tamén en difusión e textos de louvanza coma os que imos publicando en Galiza.posPetroleo.com, queremos salientar hoxe os de tres formacións políticas, ou para ser máis xustos, os de tres persoas membros sobranceiros destas formacións. Velaquí algunhas frases e as ligazóns para que leades os seus comentarios completos acerca da Guía para o descenso enerxético:

Agradecémoslles… read more

#16 / Un documental e un adianto da Guía

Nesta longa fin de semana na que algúns celebran iso que chaman Hispanidade nós imos celebrar que existe precisamente en América un país que nos pode demostrar como é posible vivir sen petróleo.

Ese país é Cuba, e protagoniza o documental que vos convidamos hoxe a ver e a compartirdes cos vosos amigos en Galiza.posPetroleo.com acompañado do adianto dun apartado da Guía que estamos a preparar e que queremos publicar coa vosa axuda, no que presentamos o caso cubano de adaptación precoz á fin do petróleo.

Esperamos que vos inspire para o difícil camiño que temos por diante!

#15 / Superamos o ecuador da campaña con case 2/3 do orzamento conseguido!

Cando queda a metade de campaña (20 días) xa somos 130 persoas e levamos xuntado o 64% do diñeiro que precisamos. Anímanos moito ver a vosa resposta, e seguiremos con forza facendo chegar o proxecto ao máximo número posibles de galegas, galegos e colectivos do país, para superar o 36% que nos falta, pouco máis de 1/3 do total.

Adicaremos especiais esforzos nos vindeiros días a contactar con colectivos, xa que eles normalmente precisan máis tempo para tomar colectivamente a decisión de apoiar este tipo de proxectos. Xa contamos con varias organizacións que fixeron as súas achegas e contamos con que cheguen novas nos vindeiros días, tal e como nos dixeron os seus representantes. Seguro que moitos dos mecenas particulares tedes contacto ou participades en colectivos que poderían estar interesados en apoiar a Guía, así que podedes facer aínda máis por convertela en realidade nesta segunda metade de campaña contactando con eses colectivos e animándoos a se faceren read more

#14 / «O éxodo ao rural vai ser impulsado polo agravamento da crise.»

O profesor Xoán R. Doldán conta nunha entrevista de 10 minutos para Radio Cerna por qué o problema do peak oil vai derivar nunha volta ao rural, e por qué Galiza ten vantaxes para facer ese retorno histórico ao rural, recuperando unha economía local e inserta nos límites da biosfera.

Non deixes de escoitar a entrevista e difundila entre os teus contactos. É o momento de comezarmos esta mudanza revolucionaria no país e temos que ser nós mesmos/as quen a impulsemos, entre todas/os, para evitarmos un auténtico trauma social a causa da fin da Era do Petróleo, a Era Industrial... a Era do (imposible) Crecemento Perpetuo.

#13 / Todo sobre a Guía para o descenso enerxético (en 10 min.)

Convidámosvos a escoitar a entrevista que Radio Cerna fixo antonte a Xoán R. Doldán, o presidente de Véspera de Nada, acerca do problema do peak oil e o proxecto da nosa Guía para o descenso enerxético.

Non a perdades nin deixedes de partillala cos vosos contactos: en apenas 10 minutos poderán coñecer as claves do problema ao que nos enfrontamos e do papel que esta publicación pretende xogar para construírmos en común un futuro sen petróleo para Galiza.

Escoita a entrevista en Radio Cerna

#12 / Nova data prevista de publicación

Seguimos recalculando diversos aspectos da saída da nosa publicación. Coidamos que debemos reflectir unha data máis realista estimada de publicación, que será a mediados do mes de novembro. Isto é debido a que precisamos incluír todos os nomes dos mecenas ata o derradeiro que chegue o día 27 de outubro, cando remata a campaña. Iso quere dicir que non poderemos en ningún caso mandar a imprenta o libro antes desa data.

Tamén hai que contar cos 10 días que Verkami precisa para comprobar todos os pagamentos e confirmar os mecenas que finalmente son válidos. Polo tanto, se sumamos o tempo que precisa a imprenta para facer a edición física da Guía, estamos agora mesmo calculando que poderían estar, se todo vai ben, para o 15 de novembro rematados. A partir desa data comezaríamos a distribución aos mecenas da versión impresa, aínda que por suposto os que escolleran a edición dixital poderían telo antes.

read more

#11 / Carlos Taibo fala da nosa Guía: «é importante apoiar a a edição deste livro»

A Carlos Taibo non só lle temos que agradecer desde Véspera de Nada as palabras que lle vén de adicar ao noso proxecto, senón toda a promoción que lle está a facer.

Taibo coñece ben o proxecto pois ten no seu poder unha versión provisional da Guía, que vai tentar comentarnos coas súas achegas se os seus numerosos compromisos llo permiten. Esperamos contar con elas, que non serán as únicas, pois outros autores como Pedro Prieto ou Antonio Turiel teñen tamén as súas copias dixitais da Guía e agardamos durante os días que quedan ata a súa publicación, podérmolas incorporar á versión final. Todo isto, sempre e cando o apoio que estamos a recibir en forma de achegas económicas nos permita chegar ao orzamento total da edición. Seguro que apoios públicos como o de Carlos nos axudan a conseguilo!

#10 / Entrevista con Xoán R. Doldán no Sermos Galiza

Hoxe Sermos publica na capa da súa edición dixital, en destaque, unha extensa entrevista co presidente de Véspera de Nada no que fai un repaso á situación de Galiza fronte ao Teito do petróleo (*peak oil*) e fala tamén da nosa "Guía para o descenso enerxético".

Desde aquí damos as grazas a un novo medio de comunicación que se fai eco do noso proxecto e axuda a divulgar o problema que nos espera como sociedade e como civilización. Esperemos que así, paso a paso, cada vez máis galegas e galegos abran os ollos ao trasfondo da crise actual e ás súas nulas perspectivas de superación dentro do sistema actual.

Convidámosvos a todos a ler a entrevista e a difundila entre os vosos contactos. Saúde e terra!

#08 / "O sistema está agoniando e hai que camiñar cara a autosuficiencia" (Artigo en Galicia Confidencial)

De novo a xente do xornal dixital Galicia Confidencial faise eco das nosas comunicacións en torno a esta campaña. Neste caso foi a entrevista con Casdeiro, que podedes ver nun artigo que publicaron hoxe.

Agardamos que vos pareza de interese. E lembrade que nas vindeiras semanas iremos publicando máis entrevistas con outros membros da nosa asociación.

Saúde e terra!

#07 / Novo vídeo sobre a Guía para o descenso enerxético

Vimos de publicar un novo vídeo dentro da campaña para facer realidade a nosa Guía. Será a primeira dunha serie de entrevistas que estamos a gravar con membros da nosa asociación na que explicamos cómo vemos o futuro do país despois do petróleo e como nos estamos a adaptar cada un(ha) de nós.

Tamén explicamos por qué pensamos que fai tanta falta este libro, por qué queremos que se espalle por toda Galiza. Seguramente vaivos resultar moi útil para presentarlle o proxecto á vosa xente, ás persoas que vos gustaría que desen tamén os primeiros pasos cara unha vida pospetróleo pero que aínda non se animaran a apoiar a publicación da Guía, a facerse cun exemplar ou impulsala como mecenas.

Agora podes enviarlles o enderezo http://galiza.pospetroleo.com/2013/09/25/os-membros-de-vespera-de-nada-falan-da-galiza-pospetroleo-i/ para que vexan esta breve entrevista e coñezan mellor o que queremos facer e o noso obxectivo. Grazas por esta nova difusión, compañeiros!

#06 / Pedro Prieto recomenda a nosa Guía

A gran maioría dos que temos algún coñecemento sobre a cuestión do "peak oil", que temos escoitado falar nalgún momento sobre o "cénit do petróleo", coñecemos a figura de Pedro Prieto. Incansable divulgador do problema, activista con AEREN (CrisisEnergetica.org) e coñecido conferenciante no ámbito español, e tamén internacional (onde ten participado activamente nas conferencias da organización ASPO e recentemente escrito un libro sobre as realidades do rendemento enerxético que podemos esperar da tecnoloxía fotovoltaica).

Para nós é un honor contar con el entre os expertos que están a revisar e facer achegas para os contidos da Guía, e aínda máis polo texto que vén de enviarnos falando a nosa Guía e que vos convidamos a todos a coñecer. Extraemos aquí algunha parte del:

Es una guía hecha para el mundo, pero con vocación local… read more

#04 / Saímos en Praza.com e máis boas noticias!

Esta mañá un extenso artigo sobre a nosa Guía con declaracións do presidente de Véspera de Nada, Xoán Doldán, ocupaba un lugar de cabeceira na capa do xornal dixital Praza Pública. Agradecemos que de novo este medio se faga eco dos nosos proxectos, e cunha atención tan especial.

Por outra banda informámosvos de que acabamos de superar o 25% das achegas que imos precisar para editar a Guía, e xa levamos 1.066 euros conseguidos coa axuda dos nosos mecenas e toda a xente que está a falar nas redes sociais do noso proxecto. Grazas novamente a todos! :-)

E finalmente, a noticia do día para nós foi que Antía Barba Mariño, a artista autora das ilustracións que levará o libro e que tamén podedes ver (parte delas) no vídeo de promoción que xa coñecedes...

...acaba de ser premiada co 1º premio aos Novos Valores da Deputación de Pontevedra. Alédanos moito, Antía! ...e alédanos contar coa túa arte para a nosa "Guía para o descenso enerxético"read more

#03 / Galicia Confidencial fala na nosa Guía

A campaña vai progresando a bo ritmo e xa superamos 1/5 do diñeiro necesario (cando escribimos isto levamos algo máis do 22%, é dicir imos camiño de 1/4 das achegas), pero aínda fai falta moito esforzo para difundir o proxecto.

Nese sentido agradecemos especialmente as mencións que xa nos comezan facer os medios de comunicación. Se onte falabamos dunha entrevista para a cadea de radios locais RadioFusión (en concreto o programa Arredor de Nós), hoxe facémonos eco dun artigo aparecido tamén onte no Galicia Confidencial. Moitas grazas aos responsables destes medios por estar atentos sempre ao que facemos desde Véspera de Nada e dar a coñecer a Guía e a campaña para financiarmos a súa publicación!

Onte enviamos nota de prensa a moitos máis medios galegos así que esperamos recibir o interese dalgúns deles durante esta fin de semana. Iremos dando aquí noticia desta difusión mediática e namentres animámosvos a seguir co boca a boca, persoal e electrónico :-)

#02 / Entrevista en Radio Fusión acerca da Guía

Hoxe fixemos unha entrevista coa xente do programa Arredor de nós en Radio Fusión, a rede de emisoras locais de Galiza. Podedes ver a nota que publicaron e escoitar a entrevista que xa puxeron dispoñible para descarga no seu blog.

Grazas por seren o primeiro medio de comunicación que se fai eco, polo menos que a nós nos conste! Esperemos que máis medios galegos se interesen e dean a coñecer o proxecto ao seu público.

Namentres os nosos mecenas e outra moita xente que nos estades a apoiar difundindo o proxecto, podedes enviar a ligazón coa entrevista aos vosos amigos para que coñezan mellor o que queremos facer e tamén se impliquen.

#01 / Un bo arranque da campaña! Grazas

Cando acaban de pasar 24 h da posta en marcha da campaña para facermos realidade esta Guía para o descenso enerxético, o vídeo de presentación foi visto por máis de 200 persoas e temos xa algo máis do 6% das achegas necesarias. Está moi ben pero precisamos duplicar esforzos porque a cantidade final aínda está lonxe. Quedan 39 días e moitos contactos que facer por diante.

Contamos coa difusión que moitos dos nosos mecenas sabemos que están xa a facer entre amigos e coñecidos. Grazas a todos eles porque con cada mensaxe que envían multiplican a difusión e os potenciais amigos que se unan a este ilusionante proxecto: vermos publicada e distribuída por todo o país unha obra que marque o comezo das mudanzas necesarias para moitas familias e comunidades. O libro quere ser unha pequena semente que dea grandes froitos en moitos lugares do paísread more

5€
21 backers

LECTOR(A) DIXITAL-MECENAS

Libro en formato electrónico (PDF).

9€
107 backers

LECTOR(A)-MECENAS

1 exemplar do libro.

(*Envío postal incluído a Galiza e España*)

14€
2 backers

LECTOR(A)-MECENAS INTERNACIONAL

1 exemplar do libro.

(*Envío postal incluído a calquera lugar do mundo*)

15€
22 backers

LECTOR(A)-MECENAS-SUBSCRIPTOR(A)

1 exemplar do libro
+ Subscrición a un boletín de e-mail con noticias relevantes sobre o peakoil.

(*Envío postal incluído a Galiza e España*)

25€
48 backers

MECENAS-DIFUSOR(A)

3 exemplares do libro
+ Mención como mecenas no web.

(*Envío postal incluído a Galiza e España*)

35€
1 backer

MECENAS con TRADUCIÓN

1 exemplar do libro
+ Tradución ao castelán de fragmentos do libro (ate 5.000 palabras) seleccionados polo/a mecenas
+ Mención como mecenas no web.

(*Envío postal incluído a Galiza e España*)

50€
28 backers

ORGANIZACIÓN COLABORADORA BÁSICA ou MECENAS-GRAN DIFUSOR(A)

6 exemplares do libro
+ Mención como mecenas no web
+ Mención como mecenas no libro.

(*Envío postal incluído a Galiza e España*)

90€
8 backers

ORGANIZACIÓN COLABORADORA ou MECENAS-SUPER DIFUSOR(A)

10 exemplares do libro
+ Mención como mecenas no web
+ Mención no libro con espazo para logotipo.

(*Envío postal incluído a Galiza e España*)

120€
1 backer

MECENAS con TRADUCIÓN EXTRA

2 exemplares do libro
+ Tradución ao castelán de fragmentos do libro (ate 20.000 palabras) seleccionados polo/a mecenas
+ Mención como mecenas no web e no libro.

(*Envío postal incluído a Galiza e España*)

150€
2 backers

EMPRESA COLABORADORA

2 exemplares do libro
+ Encontro presencial de 2 h en Compostela con membros de Véspera de Nada para conversarmos sobre as posibles repercusións do peakoil sobre o seu negocio.

(*Envío postal incluído a Galiza e España*)

350€
0 backers

COEDITOR INSTITUCIONAL

25 exemplares do libro
+ Mención como mecenas no web
+ Mención no libro con espazo para logotipo
+ Logotipo na contracapa
+ Acto conxunto de presentación do libro.

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.