El 26 de junio... ¡ Estrenamos nueva web !
×
49 entradas en el blog Guía para o descenso enerxético
Este es el blog de Guía para o descenso enerxético. Aquí puedes seguir sus actualizaciones y comentarlas.

Continúan os envíos das Guías aos nosos mecenas

Este sábado fixemos un novo envío de exemplares da Guía aos nosos mecenas. Xa case temos entregado todas as recompensas ás categorías máis altas de mecenas e agora continuaremos coas categorías medias e básicas, así que se ti puxeches 9, 15 ou 25 euros e aínda non recibiches o teu libro, pregámosche un chisco máis de paciencia.

As persoas que estades a recibir xa o libro estádesnos a enviar uns unánimes parabéns pola edición. Agora agardamos ir coñecendo a vosa opinión sobre os seus contidos e que nos poidamos ir encontrando en persoa nas diversas presentacións que estamos a planificar por toda Galiza e mesmo noutros puntos do Estado Español.

Tamén comeza estar dispoñible nalgunhas librarías, que iremos anunciando no http://galiza.pospetroleo.com. De momento estamos a procesar pedidos directamente recibidos http://www.vesperadenada.org/colaboremos/.

Grazas novamente a todos, sobre todo por esta espera final. Agardamos que no que queda de mes, todas as persoas que fostes mecenas deste proxecto poidades ter xa nas vosas mans os vosos exemplares.

0 comentarios en esta entrada
  • No hay comentarios
Añade un comentario