El 26 de junio... ¡ Estrenamos nueva web !
×
49 entradas en el blog Guía para o descenso enerxético
Este es el blog de Guía para o descenso enerxético. Aquí puedes seguir sus actualizaciones y comentarlas.

Prosegue o proceso de creación da Guía para o descenso enerxético

Durante os días que levan pasado desque rematou a campaña de financiamento en Verkami, estivemos avanzando nos contidos. Agora mesmo hai unha proposta de contidos case final que está a ser revisada por todos os membros da nosa Asociación, entre os que se encontran novos membros que chegaron a nós a través da campaña para a publicación da Guía e que deron o paso de mecenas deste proxecto puntual a implicarse como afiliados a Véspera de Nada.

Levamos acumulado un retraso xa dunha semana aproximadamente con respecto ao calendario de publicación que anunciáramos ao rematar o crowdfunding, así que a saída do libro pode que se retrase ese tempo se non o damos recuperado nas fases que aínda restan de revisión, maquetación, deseño gráfico, e impresión.

Tamén chegaron a nós novas achegas, moi importantes ao ser de tipo institucional, que anunciaremos cando remate a prórroga que demos para a inclusión de novos mecenas.

Todo isto, unido ao éxito económico da campaña en Verkami, vainos permitir facer unha edición máis completa do previsto, e tanto o número de páxinas como a calidade e a tiraxe da edición poderán ser melloradas con respecto ao previsto. Aínda temos que ver a extensión total tras a fase de maquetación para falar coas imprentas e ver con cál imos traballar finalmente e cantos exemplares podemos facer co diñeiro recadado.

Iremos dando noticias de todos estes avances aquí e mais en http://galiza.pospetroleo.com/

E lembrade que os mecenas que aínda non nos enviásedes os nomes cos que queredes figurar na Guía (os de 25 euros ou máis) aínda estades a tempo. Escribídenos enviando o dato se aínda non o fixestes, para non quedardes fóra do web ou do libro!

Namentres, cada día aparecen máis voces que alertan do futuro que nos agarda se non nos preparamos para a fin do petróleo Podes seguir todas esas noticias no noso blog, non o esquezas!

Ata a seguinte comunicación, saúdos pospetroleiros!

0 comentarios en esta entrada
  • No hay comentarios
Añade un comentario