El 26 de junio... ¡ Estrenamos nueva web !
×
49 entradas en el blog Guía para o descenso enerxético
Este es el blog de Guía para o descenso enerxético. Aquí puedes seguir sus actualizaciones y comentarlas.

Continuamos cos envíos e coa axenda de presentacións

Xa viches as novas datas nas que presentaremos a Guía por Galiza (e tamén Madrid e Barcelona)? Se cadra podemos coñecernos nalgunha delas. Gustaríanos contar coa presenza das persoas que fixestes posible esta publicación revolucionaria nestes encontros públicos, para comezarmos o debate que tamén continúa no foro da Galiza Pospetróleo que vimos de poñer en marcha. E se aínda non hai data para a túa localidade, non dubides en enviarnos algunha proposta para que vaiamos alí facer unha presentación.

Por outra banda continuamos aínda a realizar os envíos dos exemplares aos nosos mecenas. Agás nalgúns casos nos que aínda non recibimos o enderezo postal ao que o temos que mandar, os paquetes de 10, 6 e 3 libros xa están todos enviados ou listos para ser enviados ao longo do que resta de semana. Xa preparamos tamén os dos mecenas que puxestes 15 euros e continuaremos cos envíos aos 107 mecenas que puxestes 9 euros para dispoñer dun exemplar da Guía.

Agradecemos a paciencia que estades a ter e esperamos que en breve todos teñades xa as vosas Guías para o descenso enerxético nas mans para comezardes a sementar a Revolución Pospetróleo alí onde vivades.

Saúdos e vémonos nas presentacións!

0 comentarios en esta entrada
  • No hay comentarios
Añade un comentario