O relato da vida vivida, DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Desde dentro do corazón é un documental sobre a cidade galega de Vilagarcía de Arousa e a relación desta co mar.
O traballo consta de catro historias:
A VILA QUE TIÑA UN MAR. O mar da Ría de Arousa bañaba as casas da vila. Cando se levantaba unha tormenta, a auga entraba nelas. Os nenos ían xogar a praia que estaba ao cruzala estrada. O peirao de madeira servía de conexión cos outros pobos da ría ao tempo que era o lugar de despedida para aqueles que marchaban cara ultramar,... Todo foi desaparecendo, o peirao, a praia, o mar, os nenos. Todo se foi alonxando pola man do home.
MISTER, GUANPENNING. Desde a segunda metade do século XIX deica o ano 1936, a escuadra inglesa escollía o acollemento da ría de Arousa para as épocas dee inverno. A vila enchíase de ingleses que duplicaba ampliamente a población local. O diñeiro corría... e os nenos detrás del. Guanpennig e guansigarrete eran as verbas en inglés-galaico que primeiro aprendían a decir. Logo, todo rematou.
O OURO NEGRO. Desde sempre a pesca daba para sobrevivir pero a costa dun gran sufrimento. Logo de longas xornadas no mar, malamente se conseguían unhas pesetas para poder alimentar as familias. Pero a partires dos anos setenta algo ía a cambear: a subida do precio dun producto que caracteriza a zona do seu cultivo: a ameixa e o birbiricho do Carril.
A DERROTA DO CABO RAZO. O 5 de agosto de 1958 a cidade ía a despertar sobresaltada. Aos poucos minutos da súa partida, na noite anterior, o buque Cabo Razo, da compañía Ybarra, naufragara ao embarrancar contra a barxa do Chazo que está na beira contraria da Ría. Por qué navegou hasta alí en vez de por rumbo a bocana da ría?. Como se viviu aquela noite?. Toda aquela historia contada polos superviventes e polas testemuñas do suceso.
E unindo a estas catro, unha quinta historia: a de dous irmáns de 80 anos que, desde fai sesenta, siguen traballando xuntos no mar. Manolo, o mais pequeno, declárase mariñeiro de corazón, pero a súa alma é de artista e o fai adicándose a direción da rondalla do club social O Gato Negro. O seu irmán Verino, sempre quixo ser carpinteiro, pero o interés da familia empurrouno cara o mar. Pero cada minuto que este lle deixa libre acude ao faiado a realizar as súas maquetas da súa embarcación preferida: a dorna.
O documental narra a súa rutina cotidiana durante un día e sirve de nexo de continuidade entre as distintas pezas.
O FAIADO DA MEMORIA
O Faiado da Memoria leva reunidas, desde fai catro anos, un total de 70.000 elementos gráficos, mais de 50 horas de gravacións orais en vídeo, recuperadas películas en distintos formatos e datadas desde os anos 20 aos 60 (a asociación ten como teito de admisión os anos setenta) e diverso material documental e sonoro. Leva realizadas seis exposicións temáticas, tres documentais e un festival de música co fin de recuperalos sons dos anos sesenta. No seu blog (http://damemoria.com), verdadeira sede virtual da asociación, conta con mais de 7.000 fotografías do seu arquivo cos seus respectivos comentarios. E sigue subindo día a día.
Para este documental leva realizadas unhas cuarenta entrevistas, percorrendo boa parte de Galicia e norte de España. Quedando pendentes a edición, sonorización, música e postprodución. que é o motivo da solicitude aos donantes.
Breve reseña biográfica do REALIZADOR
Antonio Caeiro, nacido en Gondomar (Pontevedra) no ano 1960, leva adicándose a imaxen desde moi novo.
Primero facendo dibuxiños nos bordes dos libros de texto, logo creando proxectores de diapositivas con caixas de zapatos e lupas, utilizando os descartes que os cines do seu pobo tiraban. Pero vai a ser, aos quince anos, cando os seus pais lle regalen unha cámara de super 8 e comenze a gastar rollos de cine.
Aos 21 anos realiza a curta Manoeliño!, antes foron outras en super 8 e 35mm e logo tamén virían outras en vídeo como 25x24, Merenda de nejros, Comedia americana, El retorno de Sipriano ou Exame as 10. Traballos que recolleron varios premios en certames nacionais e internacionais.
Logo de realizar guións para televisión e publicitarios, comenza a adicarse a realizar unha serie de documentais que teñen como forma de desenvolvemento a memoria oral. Son o caso de Aillados, A memoria nos tempos do volfram, Esta noite, velada, A volta dos nove, El ruido y el silencio, ou Arde Madrid. Algúns deles foron emitidos pola televisión.
É coautor do libro Aillados, a memoria dos presos de 1936 na illa de San Simón e comisario da exposición A illa da memoria, exposta de forma permanente na illa de San Simón.
No 2007, xunto a Margarita Teijeiro, crea o proxecto de recuperación gráfica, audiovisual, documental e sonora de Vilagarcia, O Faiado da Memoria. Levan realizado 6 exposicións temáticas nestes últimos catro anos así como colaborado, co seu arquivo gráfico, con publicacións editoriais, prensa e televisión.
4 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
O Faiado da Memoria
Autor/a
Bueno, a nosotros nos pasa lo mismo y te comprendemos. Para hacer un ingreso de este tipo utilizamos a una tercera persona. Pero si nos escribes al correo: [email protected] te enviamos los datos y ya luego contabilizamos el ingreso en Verkami.
Gracias Mary
mary dominguez
no se muy bien que tengo que hacer,pues yo no uso tarjetas,hay cuenta?aunque no puedo mucho quisiera ayudar,suerte
O Faiado da Memoria
Autor/a
Ponte en contacto a través do noso correo [email protected] e darémoste resposta ao respeto.
Gracias Luis.
Luis
non quero registrarme na páxina ¿tedes unha conta onde ingresar?