❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

The more I know the less I understand

Relataremos con rigor unha viaxe en autostop de case dous meses en Israel e Palestina, onde convivimos e traballamos con diferentes familias. Relataremos unha odisea repleta de decisións persoais e relacións íntimas coa intención de amosar que hai máis de dúas realidades no conflito e que...

Perdidos por la Tierra

Un proxecto de

Creado en

Valladolid
0
segundos
109
Achegas
3.074€
De 3.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano, Català e English

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

O DOCUMENTAL

Relataremos con rigor unha viaxe en autostop de case dous meses en Israel e Palestina, onde convivimos e traballamos con diferentes familias. Relataremos unha odisea repleta de decisións persoais e relacións íntimas coa intención de amosar que hai máis de dúas realidades no conflito e que con pequenas historias pódense extraer conclusións diferentes ás que ofrecen os medios de comunicación do sistema.

Pero seriamos inxenuos se non entendésemos que por riba de intereses populares ou estatais está a xeopolítica, que é a ciencia a que nos axuda a entender por que os conflitos teñen lugar nun país e non noutro e que se pode agardar nun futuro próximo. Ademais, a análise complícase nun mundo economicamente globalizado e consecuentemente cada vez máis complexo.

Neste contexto, no que o poder económico superou ao poder político debido a un consumo nunca visto, os estados perderon a pouca credibilidade que lles quedaba e os cidadáns vense en mans de poderes globais alleos aos seus intereses particulares.

O caso de Israel e Palestina escenifica moi ben moitas das tensións que están levando ao mundo a unha calella sen saída. Mistúranse nel multitude de tramas sen resolver que nos afectan a todos dalgún xeito. O expolio dos recursos naturais de Oriente Medio, os estados policiais dun goberno occidental que teme perder o control, a insubmisión non violenta como ferramenta global, o uso nacionalista da relixión, a dependencia de empresas multinacionais, etc.

Por iso consideramos a situación dun xeito que nos pode axudar a comprender o noso papel como civilización global. Por unha banda, a xeopolítica mundial, que é a que nos dará as chaves para entender quen está xogando a gran partida de xadrez e con que obxectivo. E por outro, os intereses exclusivamente individuais, que debido ao seu pouco poder fronte aos grupos de dominación deben entender que é o que lles une e iso permitiralles ser os donos do seu destino.

Entenden as pezas do taboleiro cal é o seu poder e como utilizalo para non participar no plan de dominación mundial que lles impuxeron? Pode a autosuficiencia darnos algunha resposta útil?

A terra valeunos de punto de partida para enfocar doutro xeito un conflito tan explotado e con esta filosofía fixemos un documental nunha zona do mundo que leva case un século en guerra.

Casa de acollida para voluntarios no Val do Xordán.

Sala de reunión (shick) dunha tribo beduína en Tel-Arad.

Reunidos no shick

Acampada na praia de Mitsukey Dargot, Mar Morto.

Autobús convertido en casa na aldea de Ezuz, no deserto do Negev.

Casa para voluntarios en Ezuz, deserto do Negev.

Unha das casas de barro da aldea dos Tifzi, Givat Ze’ev, Jerusalem

A aldea dos Tifzi Art Group, Givat Ze’ev, Jerusalem

NECESITAMOS O VOSO APOIO PARA REMATAR ESTE DOCUMENTAL

Xa temos gravado todo o material necesario e contamos cun pequeno equipo de persoas que queren axudar a sacar isto adiante, pero precisamos o voso apoio para facer a post produción de imaxes e son (o principal), e tamén para camisetas, unha revista impresa, unha reportaxe fotográfica impresa, o póster do documental e máis cousas que aparecen na zona de “recompensas”.

Tamén queremos dar a oportunidade de ver o documental en varios idiomas e como mínimo gustaríanos subtitulalo en inglés, español e árabe.

PRIMEIRO CAPÍTULO DE FUTURO REVISTA IMPRESA ''RECORRIENDO EL DESIERTO''

Nos despertamos con la primera luz que entró por la ventana de casa-vagón en Ezuz, una aldea judía situada en el desierto del Negev, a seiscientos metros de la frontera con Egipto, en una bifurcación de la carretera que recorre el sur y llega hasta el Mar Rojo...

PEQUENO ADIANTO DE INFORME IMPRESO DO REFUXIADOS CAMP AL FARA'A

ESBOZO DO FUTURO CAMISETA

CALENDARIO PREVISTO

Entre novembro de 2013 e xaneiro de 2014 fixemos a viaxe e rodamos o documental.

Dende marzo ata maio organizamos o material, elaboramos o guión e contactamos co equipo que traballará connosco.

Dende maio ata xullo estaremos pendentes do resultado deste crowdfunding e dependendo do éxito plantexaremos como levar a cabo a nosa idea.

Se todo sae ben, a partir de xullo dedicaremos uns meses, non máis de tres, a editar o documental coa axuda do noso equipo para podermos lanzar no outono o que para nós é un soño: The more I know, the less I understand.

QUE É "PERDIDOS POLA TERRA"?

Despois de cinco anos de carreira, e coa crise en boca de todos, decidimos embarcarnos cara a unha ruta salvaxe sen data de caducidade. Non é para facernos ricos, aínda que esperemos que sexa enriquecedor. Comezaremos indagando na profundidade do conflito palestino-israelí e máis tarde exploraremos novos destinos (Sueste Asiático, Latinoamérica, África...) coa intención de coñecer e dar a coñecer realidades que poden axudar a resolver incógnitas sobre o ser humano, non teñen por que ser conflitos, e nas que non se invisten cartos nin esforzo posto que non interesan a certos sectores.

O proxecto nace concretamente logo de pasar unha semana como turistas en Israel e Palestina. Logo, comprendemos que as nosas inquietudes persoais e profesionais -segundo a nosa filosofía de vida deberían ir sempre xuntas- podían verse resoltas cunha combinación entre xornalismo de conflito e xornalismo de viaxes e un territorio tan diverso e complexo era o lugar perfecto para empezar.

Perdidos pola Terra é un nome ao que chegamos logo dunha choiva de ideas e que finalmente encaixa perfectamente coas nosas intencións. Estes son algúns dos motivos:

O noso proxecto iníciase nunha terra á que comezaron a chamar Palestina na época dos romanos e que agora se atopa nunha disxuntiva entre árabes palestinos e xudeus israelís. Perdidos pola Terra expresa a dimensión territorial desta catástrofe que é o conflito palestino-israelí.

Hai outra terra que nos interesa, e é a de cultivo. Os dous tivemos diferentes experiencias na contorna rural e estamos profundamente interesados na autoxestión e no respecto á natureza, dentro da que se inclúen as persoas. Queremos adiantarnos á crise medio ambiental que o planeta nos está a anunciar e tamén comprender se é posible ser feliz reducindo o máis posible os nosos hábitos de consumo. En documentais como Stop! Rodando o cambio, tedes a posibilidade de redescubrir dende a casa un planeta fértil cheo de oportunidades e nós queremos experimentalo en diferentes lugares do mundo.

Para estar 'Perdidos pola Terra' precisamos ser conscientes e consecuentes co feito de que a 'neo ruralización' non está tan lonxe. O sistema capitalista limita a capacidade do ser humano servíndolle en bandexa comodidades e provocándolle necesidades que non lle deixan ver máis aló da situación actual, como ocorre coa desesperación que os recentemente licenciados estamos experimentando.

Prometéronnos a liberdade e alcanzar o “cenit” como seres humanos grazas ao consumo, pero as débedas, as condicións de traballo indignas, a superprodución en cadea, o exceso de aparellos tecnolóxicos ou a destrución do planeta condúcennos exactamente na dirección oposta.

Cremos que é hora de pensar e mudar todo aquelo do que non gustamos, sen darlle unha man de pintura, senón destruíndo persoalmente un modelo arcaico que nos despoxa da nosa identidade e personalidade.

Perdidos pola terra reflexa ese espírito que consideramos factor esencial no resultado do proxecto.

A terra tamén reivindica un xornalismo de campo. É na terra onde ocorren as cousas e non nos gabinetes de prensa a miles de quilómetros de distancia. Dicía Enrique Meneses, un dos grandes xornalistas de conflitos da historia de España, que o Xornalismo non é outra cousa que “ir, escoitar, ver, volver e contalo”. Agora, estritamente, nin sequera precisamos volver. Temos Internet, redes sociais e moita xente que pasa horas fronte á pantalla do ordenador. Maxia.

Comprendemos a Terra como un planeta fascinante que debe ser explorado e no que hai que perderse. É o que ocorre ao viaxar sen axencias, deixándote levar pola curiosidade e o instinto. Sen intención de emular a Ryszard Kapuściński, pero si coa de recuperar algo dese xornalismo honesto, imos percorrer o mundo en busca de historias e, aínda que esteamos Perdidos pola Terra, esperamos atopar sempre o camiño de volta para poder contar o marabilloso que foi.

QUÉN COMPÓN PERDIDOS POLA TERRA?

Xornalistas e creadores do proxecto: Isi Serrano y Vicente Sánchez

Editor de son: Arturo Soi

Web máster: Sergio Antón

OS NOSOS COMEZOS...
Primer vídeo de presentación

PREGUNTAS

[email protected]

*PODEDES SEGUIRNOS EN *
Facebook
Twitter

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

2 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Perdidos por la Tierra

    Perdidos por la Tierra
    Autor/a

    case 11 anos

    ¡Nosotros también lo estamos deseando! Perdona las falsas expectativas Daniel, a nosotros también se nos ha ido de las manos. Desde diciembre están haciendo unas animaciones muy buenas y pensamos que era bonito dejar crecer el documental aunque falláramos en los plazos. Ahora estamos estancados esperando que eso termine, pero cuando esté todo irá rápido. No podemos poner plazos pero si no sale en 2015 tenéis derecho a enfadaros mucho jajaja. No sé, creo que no le pueden faltar más de cuatro meses, pero no está en nuestra mano y me estoy quemando diciendo fechas.

    Nos alegra mucho que estéis tan pendientes y pedimos disculpas por el caos que dejamos a nuestro paso.

    Un abrazo Daniel

  • Daniel Gomez Garcia

    Daniel Gomez Garcia

    case 11 anos

    Hola, estoy deseando ver el vídeo, que por otro lado se suponía que iba a salir el año pasado. ¿Que tal va el proyecto? ¿Cuando lo vamos a poder ver terminado?

    Un saludo!

#03 / Nuestra experiencia crowdfunding

Escribe Vicente, uno de los Perdidos por la Tierra. Hablo solo en mi nombre, aunque mi hermano de viaje y de proyecto confía en mi criterio para hablar de nuestra experiencia, ya que desde el principio soy el que pongo toda la luz que puedo con mi escritura.

Un amigo (el hermano de mi hermano es también mi hermano) curioso llamado Marcos me escribió para hacerme unas preguntas sobre nuestra experiencia crowdfunding, ya que quería algo de inspiración antes de comenzar. Aquí van las preguntas y mi respuesta, que creo que pueden ser muy útiles para otros que estén interesados en el proceso y también para de alguna manera ir poniendo el cierre al sueño que comenzó hace más de tres años.

Antes de empezar la campaña, ¿tenías un esquema o plan montado de cómo irías cada día animando la cosa o publicando cada “x” tiempo?

¿Dónde conseguiste la mayoría de

ler máis

#02 / ¡Extra, extra! ¡Encuentran a los Perdidos por la Tierra!

Tres años… Han pasado tres años desde que volvimos del viaje que cambió nuestras vidas para siempre. No sé cuánto nos parecemos a los chavales que se fueron alegremente al epicentro de los conflictos de Oriente Medio con cuatro perras y las cabezas llenas de pájaros. Afortunadamente, las perras y los pájaros nos acompañaron hasta el final y la cosa no se complicó demasiado.

Y no es que estemos menos locos, porque la locura lo-cura todo, pero sí nos hemos hecho una idea de lo que significa ser responsables. Precisamente porque nos fuimos siendo unos caraduras irresponsables (con el corazón por delante) y volvimos de ese viaje golpeados por algunas verdades que llevábamos tiempo esquivando. La Verdad duele cuando tienes que romper la coraza para dejarla entrar.

Es verdad que las familias nos reprimen demasiado, que la sociedad está muy contaminada, que el sistema capitalista se ha mantenido a base de esclavos económicos, que el periodismo que nos enseñaron en la facultad tiene

ler máis

#01 / Buenos tiempos para el periodismo

Después de inclinarnos ante vosotros, os saludamos y os damos las gracias, mecenas. Y os pedimos permiso para haceros partícipes de algunas reflexiones con motivo del éxito en la financiación de nuestro proyecto.

Hemos comenzado con un titular que puede llevar a engaño, que sugiere más de lo que afirma, que seduce pero no informa, como si el periodismo pudiera resistir experimentos de este tipo mientras suplica que lo salven o que lo maten de una vez. Pero es que para decidir si queremos hacer periodismo, primero tenemos que saber si verdaderamente el ciudadano lo exige. Queremos descubrir a qué nos enfrentamos y tenemos muchas dudas sobre nuestro protagonismo en este proceso de transformación. Dudas que os transmitimos desde el mismo titular, al que le faltan dos signos de interrogación: ¿Son buenos tiempos para el periodismo?

En este momento nos sentimos como una especie de primeros astronautas en los que unos chiflados han invertido una pequeña suma de gran valor para ver si

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies