QUE QUEREMOS?
Queremos editar o libro titulado Diario de Nimiedades escrito por Helen E. Bertels en papel.
DIARIO DE NIMIEDADES, QUE ES?
Cústame un pouco definir que é este libro e en realidade prefiro que sexa lido e que cadaquén decida para sí que é, de todos os xeitos tentarei describilo: Un termo que podería definir o estilo é o de prosa lírica. Escrito de modo intimista quere estar moi á beira do lector. En cada páxina vai un pequeno texto acompañado por unha foto miña. Creo que a pregunta de como xurdiu todo isto pode dar algo máis de información.
COMO XORDE ESTE LIBRO?
O libro foi escrito por alguén que comezou a se facer preguntas. Amosa un progreso, déixanos botar unha ollada ao percorrido dun camiño a través dunha paisaxe difícil. Un camiño que se adentra nun mundo oculto, agochado dentro de nós, o dos contos, o das fadas. É unha pequena acumulación de notas, pequenos textos e poemas de alguén que vaga polos seus límites, que está nunha encrucillada de fronteiras de varios países.
Buscamos recoñecer o noso reflexo, partes do noso propio ser no mundo que nos rodea e nos gusta reproducir. Creamos imaxes, plasmámolas do xeito que sexa, con pincel, palabra, música, cámara, etc. e chamámoslle arte.
EDITAR EN PAPEL, POR QUE?
Tal e como este libro me mimou a min mentres estivo xurdindo quero acariñalo eu á hora de editalo. Emporiso NYMPHARUMedicións (non, non é unha editorial coñecida, aí abaixo explicamos por que) creou a colección detiati, na que se estabelece un vínculo directo entre autor/a e deseñador/a gráfico do libro. Ten como obxectivo conectar contido e apariencia do libro, e sacar do anonimato a deseñadoras/es que lle dan a cara a libros que moitas veces nos fai decidir se compralo ou non.
NACEMENTO DUNHA EDITORIAL
Coa edición do Diario de Nimiedades nacerá a editora NYMPHARUMedicións da man de Martiño Picallo e Helen Bertels. Todo aquel que nos siga por aquí será testemuña dos pasos que se darán y dos que xa se están a dar para que este nacemento se poida producir: comezando pola imaxe corporativa, pasando pola creación da súa filosofía e chegando ao seu estabelecemento legal, iremos relatando a súa andaina.
PARA QUE É O DIÑEIRO?
O diñeiro vaise destinar para remunerar o traballo da deseñadora que maquete o libro, elixida por concurso (concurso), para cubrir os gastos de impresión e encadernación da edición de 400 exemplares, ademais dos custos que xenerará o proxecto en verkami.
CANDO VOU RECIBIR A MIÑA RECOMPENSA?
De non se producir imprevistos poderedes contar coa vosa recompensa logo de mes e medio a partir da finalización feliz do proxecto aquí en verkami. A deseñadora terá 15 días para maquetar o libro, despois da consecución do obxectivo, e contamos que a imprenta non se demore máis de un mes en nos entregar os 400 exemplares.
QUERO LELO EN ALEMÁN
Se neste proxecto se conseguen os 4.000€, no canto dos 3.500€ necesitados para acabar con éxito, prometo e anuncio que o libro será traducido ao alemán.
POR QUE CROWDFUNDING?
E por que non? É outra maneira posíbel de darlle vía a que xurda a cultura e que cada persoa sexa partícipe dela, aportando o seu gran de area. Deste xeito é algo que parte de cada un e non duns poucos. A cultura é un ben común, por que non facer dela a nosa propia relixión?
Todo o mundo somos responsábeis da cultura do país no que vivimos.
Ti es importante e tamén podes decidila!
LIGAZÓNS DE INTERESE
helenbertels.com
Concurso Deseñando o Diario de Nimiedades
Facebook
Flickr
Twitter
Pinterest
Vimeo
UN ANAQUIÑO DESTE DIARIO
-facer das bágoas unha arte-
*O meu tempo neste bosque aínda non rematou.
Quixen crer que si.
Quixen ser unha muller que agasallan con flores. (Quero ser unha desas mulleres á que lles regalan rosas.)
Quixen que fixesen que me esquecese. (Fai que me esqueza.)
Tiven un intre de tregua, de descanso, de repouso que me catapultou de volta á miña tarefa, de volta ás árbores, ás profundidades do mar, ao mundo de fadas.*
(Diario de Nimiedades de Helen Bertels)
3 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
helen.bertels
Autor/a
Muchas gracias! :)
fmcazorla1
Enhorabuena...!!!
XastreriaPicallo
Debería haber outra maneira de aprotar diñeiro, para quen non ten tarxeta. Cada vez é máis complicado en todos os sitios pagar ou cobrar, se non é a través do banco. Penso que sería interesante que en verkami houbese outra opción. Graciñas