❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Edición do Diario de Nimiedades

Bótasnos unha man? Queremos editar o "Diario de Nimiedades" en papel. É un libro que quere acompañar, reforzar, inspirar, consolar, facernos rir, chorar,... Gustaríanos que estivese ao alcance de todo o mundo nestes lugares tan calmos e inspiradores que se chaman "librarías".

helen.bertels

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Santiago de Compostela
0
segundos
98
Achegas
3.975€
De 3.500€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano e Deutsch

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

QUE QUEREMOS?

Queremos editar o libro titulado Diario de Nimiedades escrito por Helen E. Bertels en papel.

DIARIO DE NIMIEDADES, QUE ES?

Cústame un pouco definir que é este libro e en realidade prefiro que sexa lido e que cadaquén decida para sí que é, de todos os xeitos tentarei describilo: Un termo que podería definir o estilo é o de prosa lírica. Escrito de modo intimista quere estar moi á beira do lector. En cada páxina vai un pequeno texto acompañado por unha foto miña. Creo que a pregunta de como xurdiu todo isto pode dar algo máis de información.

COMO XORDE ESTE LIBRO?

O libro foi escrito por alguén que comezou a se facer preguntas. Amosa un progreso, déixanos botar unha ollada ao percorrido dun camiño a través dunha paisaxe difícil. Un camiño que se adentra nun mundo oculto, agochado dentro de nós, o dos contos, o das fadas. É unha pequena acumulación de notas, pequenos textos e poemas de alguén que vaga polos seus límites, que está nunha encrucillada de fronteiras de varios países.

Buscamos recoñecer o noso reflexo, partes do noso propio ser no mundo que nos rodea e nos gusta reproducir. Creamos imaxes, plasmámolas do xeito que sexa, con pincel, palabra, música, cámara, etc. e chamámoslle arte.

EDITAR EN PAPEL, POR QUE?

Tal e como este libro me mimou a min mentres estivo xurdindo quero acariñalo eu á hora de editalo. Emporiso NYMPHARUMedicións (non, non é unha editorial coñecida, aí abaixo explicamos por que) creou a colección detiati, na que se estabelece un vínculo directo entre autor/a e deseñador/a gráfico do libro. Ten como obxectivo conectar contido e apariencia do libro, e sacar do anonimato a deseñadoras/es que lle dan a cara a libros que moitas veces nos fai decidir se compralo ou non.

NACEMENTO DUNHA EDITORIAL

Coa edición do Diario de Nimiedades nacerá a editora NYMPHARUMedicións da man de Martiño Picallo e Helen Bertels. Todo aquel que nos siga por aquí será testemuña dos pasos que se darán y dos que xa se están a dar para que este nacemento se poida producir: comezando pola imaxe corporativa, pasando pola creación da súa filosofía e chegando ao seu estabelecemento legal, iremos relatando a súa andaina.

PARA QUE É O DIÑEIRO?

O diñeiro vaise destinar para remunerar o traballo da deseñadora que maquete o libro, elixida por concurso (concurso), para cubrir os gastos de impresión e encadernación da edición de 400 exemplares, ademais dos custos que xenerará o proxecto en verkami.

CANDO VOU RECIBIR A MIÑA RECOMPENSA?

De non se producir imprevistos poderedes contar coa vosa recompensa logo de mes e medio a partir da finalización feliz do proxecto aquí en verkami. A deseñadora terá 15 días para maquetar o libro, despois da consecución do obxectivo, e contamos que a imprenta non se demore máis de un mes en nos entregar os 400 exemplares.

QUERO LELO EN ALEMÁN

Se neste proxecto se conseguen os 4.000€, no canto dos 3.500€ necesitados para acabar con éxito, prometo e anuncio que o libro será traducido ao alemán.

POR QUE CROWDFUNDING?

E por que non? É outra maneira posíbel de darlle vía a que xurda a cultura e que cada persoa sexa partícipe dela, aportando o seu gran de area. Deste xeito é algo que parte de cada un e non duns poucos. A cultura é un ben común, por que non facer dela a nosa propia relixión?

Todo o mundo somos responsábeis da cultura do país no que vivimos.

Ti es importante e tamén podes decidila!

LIGAZÓNS DE INTERESE
helenbertels.com
Concurso Deseñando o Diario de Nimiedades
Facebook
Flickr
Twitter
Pinterest
Vimeo

UN ANAQUIÑO DESTE DIARIO

-facer das bágoas unha arte-

*O meu tempo neste bosque aínda non rematou.

Quixen crer que si.

Quixen ser unha muller que agasallan con flores. (Quero ser unha desas mulleres á que lles regalan rosas.)

Quixen que fixesen que me esquecese. (Fai que me esqueza.)

Tiven un intre de tregua, de descanso, de repouso que me catapultou de volta á miña tarefa, de volta ás árbores, ás profundidades do mar, ao mundo de fadas.*

(Diario de Nimiedades de Helen Bertels)

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

3 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • helen.bertels

    helen.bertels
    Autor/a

    12 anos

    Muchas gracias! :)

  • fmcazorla1

    fmcazorla1

    12 anos

    Enhorabuena...!!!

  • XastreriaPicallo

    XastreriaPicallo

    12 anos

    Debería haber outra maneira de aprotar diñeiro, para quen non ten tarxeta. Cada vez é máis complicado en todos os sitios pagar ou cobrar, se non é a través do banco. Penso que sería interesante que en verkami houbese outra opción. Graciñas

Volver a todas as actualizacións

#03 / as lectoras I - las lectoras I - die Leserinnen I

GALEGO

A falta de paixón, mermada evidentemente pola falta de ánimo, é o que vexo constantemente nas declaracións artísticas de moitos dos máis “famosos” creadores que viven a carón de nós.

O Diario de Nimiedades é unha mistura de virtudes que boto en falta en casi todo o que nos rodea: a forza coa que se transmite un momento na vida de cada un de nós que, sendo narrada por outra persoa nos axuda a superar o noso (e isto non é un libro de autoaxuda! Pero sempre axuda moito verse reflexado nos demáis), o entusiasmo co que, nestos momentos ficticios de penuria económica, se quere sacar adiante un proxecto, ou a evidencia artística que saca o mellor en cada proxecto que nos poñen na cara cando o que o move é a paixón polo mesmo.

Encherse de sensacións, definitivamente, é algo que se bota en falta. Xa basta de poñer caretas e crear espléndidas escenografías e imaxes que non imprimen nada no noso día a día e na nosa memoria.

A copa do mundo é nosa! E alimentarse da realidade (alimentarse, digo, da realidade) é un pracer que nos impide desfrutar outras vertendes da cultura como a televisión, incluso o teatro ou a danza, e a literatura.

Unha alemana na vida compostelana que sinte o país como a súa casa fai 14 anos. Acaso non é algo, resumido desta maneira, fermoso?! E non o será saber como sinte unha muller dos seus anos unha transición tan dura? Acaso nos interesa máis a vida de Dinio (si, estou desfasado) no noso estado?

O Diario de Nimiedades é un diario e non é tal. Nin é diario, nin son nimiedades. Ser diario ou non non ten a menor importancia. O interesante son as nimiedades, insignificancias que non van chegar a todo o mundo. Insignificancias! Disque. A autora é consciente. Pero o interese polas pequenas-grandes cousas que nos moven, os nosos sentimentos máis puros, aquelo polo que vivimos sin agochar chegará a uns poucos.

Eu síntome afortunado non só por ter lido o diario antes de publicarse, se non por compartir vivamente os sentimentos que move, sentimentos que creo están perfectamente fotografiados nos textos.

Proxectos e iniciativas que, lonxe de buscar o lucro puro e duro, merecen ter un respiro. Si. Respírase paixón no Diario de Nimiedades. E iso é impagable.

Manu Lago

CASTELLANO

La falta de pasión, mermada evidentemente por la falta de ánimo, es lo que veo constantemente en las declaraciones artísticas de muchos de los más “famosos” creadores que viven a lado nuestro.

El Diario de Nimiedades es una mixtura de virtudes que echo de menos en casi todo lo que nos rodea: la fuerza con la que se transmite un momento en la vida de cada uno de nosotros que, siendo narrada por otra persona nos ayuda a superar lo nuestro (y esto no es un libro de autoayuda! Pero siempre ayuda mucho verse reflejado en los demás), el entusiasmo con el que, en estos momentos ficticios de penuria económica, se quiere sacar adelante un proyecto, o la evidencia artística que saca lo mejor en cada proyecto que nos ponen en la cara cuando lo que lo mueve es la pasión por el mismo.

Llenarse de sensaciones, definitivamente, es algo que se echa de menos. Ya basta de poner caretas y crear espléndidas escenografías e imágenes que no imprimen nada en nuestro día a día y en nuestra memoria.

¡La copa del mundo es nuestra! Y alimentarse de la realidad (alimentarse, digo, de la realidad) es un placer que nos impide disfrutar otras vertientes de la cultura como la televisión, incluso el teatro o la danza, y la literatura.

Una alemana en la vida compostelana que siente el país como su casa hace 14 años. Acaso no es algo, resumido de esta manera, hermoso?! ¿Y no lo será saber cómo siente una mujer de sus años una transición tan dura? ¿Acaso nos interesa más la vida de Dinio (si, estoy desfasado) en nuestro estado?

El Diario de Nimiedades es un diario y non es tal. No es diario, ni son nimiedades. Ser diario o no, no tiene la menor importancia. Lo interesante son las nimiedades, insignificancias que no van a llegar a todo el mundo. ¡Insignificancias! Eso se dice. La autora es consciente. Pero el interés por las pequeñas-grandes cosas que nos mueven, nuestros sentimientos más puros, aquello por lo que vivimos sin esconderlo, llegará a unos pocos.

Yo me siento afortunado, no solo por haber leído el diario antes de publicarse, si no por compartir vivamente los sentimentos que mueve, sentimientos que creo están perfectamente fotografiados en los textos.

Proyectos e iniciativas que, lejos de buscar el lucro puro y duro, merecen tener un respiro. Sí. Se Respira pasión en el Diario de Nimiedades. Y eso es impagable.

Manu Lago

DEUTSCH

Das Fehlen von Leidenschaft wird ganz klar durch das Fehlen von Zuversicht begünstigt. Und das kann man immer wieder aufs Neue in den Werken der "prominentesten" Künstler, die an unserer Seite leben, sehen.

Das Buch bedeutender Belanglosigkeiten ist eine Mischung von Tugenden, die ich in fast Allem, was uns umgibt, vermisse:

Momente im Leben, die uns allen eigen sein können, kraftvoll von jemand anderem ausgedrückt, helfen uns über unseren eigenen hinweg (...und es ist kein Selbsthilfebuch, aber es ist immer gut sich in anderen wiederzuerkennen.)

der Enthusiasmus, mit dem hier, inmitten fiktiver Momente wirtschaftlicher Knappheit, ein Projekt vorangetrieben wird

oder die künstlerische Offensichtlichkeit, die uns das Beste jedes Projekts vor die Nase hält, wenn das, was es in Bewegung hält Leidenschaft ist.

Sich mit Gefühlen füllen, ist definitiv etwas, was wir vermissen, was wir vermissen sollten. Schluss mit der Maskerade und dem Erfinden von prachtvollen Bühnenbildern und Bildern, die nichts in unserem Alltag und in unserer Erinnerung hinterlassen.

Wir haben den World-Cup gewonnen! …und sich von der Realität zu ernähren (ich wiederhole: sich von dieser Realität ernähren) ist ein Genuss, der uns die Freude andere Seiten der Kultur zu genießen, vereitelt. Ich rede da vom Fernsehen und ja, sogar vom Theater oder dem Tanz, und von der Literatur.

Eine Deutsche in Santiago de Compostela, die dieses Land seit 14 Jahren als das ihre fühlt, ist das so gesagt nicht etwas Schönes?! Und ist es nicht auch schön zu erfahren, wie eine Frau ihres Alters einen so harten Umschwung erlebt? Ist das Einzige, was uns in unserem Staat interessiert etwa das Leben von Dinio* (ich weiß, da hänge ich ein bisschen hinterher)?

Das Buch bedeutender Belanglosigkeiten ist ein Tagebuch und auch wieder nicht. Es ist kein Tagebuch und es sind auch keine Belanglosigkeiten. Tagebuch oder nicht Tagebuch, das ist absolut unwichtig. Das Interessante sind die Belanglosigkeiten, die Bagatellen, die nicht bei Allen ankommen werden. Bagatellen (!) sagt man. Das ist der Autorin bewusst. Aber diese kleinen, großen Sachen, die uns bewegen, unsere reinsten Gefühle, das wofür wir leben ohne es zu verstecken, das wird nur bei einigen Wenigen ankommen.

Ich schätze mich glücklich, nicht nur weil ich das Buch schon vor seiner Veröffentlichung lesen durfte, sondern auch, weil ich die Gefühle die es bewegt lebhaft teile. Gefühle, die, wie ich glaube, perfekt im Text fotografiert sind.

Projekte und Initiativen, die weitab von der Suche nach Profit existieren, verdienen eine Oase. Ja, das Buch bedeutender Belanglosigkeiten ist eine Oase der Leidenschaft. Und das ist unbezahlbar.

Manu Lago

*veraltete Figur der spanischen Boulevardpresse

0 comentarios

iniciar sesión ou Rexistrarse para comentar esta entrada.

#09 / as librarías - las librerías - die Buchhandlungen: Aira das Letras

GALEGO

A Aira das Letras é un outro recanto de Allariz (Ourense) de obrigada visita, moi acolledor, colorido, un deses sitios no que xa sabes ao entrar que poderías pasar horas mirando, folleando, deixándote sorprender, respirando o aroma dun lugar de ensoño, olor a libros diversos e atractivos. Aquí seguro que hai algo para o corazón de cada lector.

A Aira das Letras está claro que é algo máis ca unha libraría, basta con botar unha ollada á súa páxina web como para decatarse diso.

Quen teña a ocasión, debería visitala alí ou no corazón de Allariz. Libraría adicada a promover a cultura galega sen que iso sexa un impedimento de estaren abertos a outro tipo de libros que poidan ser demandados.

Neste estabelecemento poderemos atopar libro infantil e ilustrado, novela gráfica e banda deseñada, literatura en

ler máis

#08 / die Leserinnen III - as lectoras III - las lectoras III

DEUTSCH

Buch bedeutender Belanglosigkeiten oder meine Sammlung von Oden an das Leben

Vor einiger Zeit habe ich ein Geschenk von Helen bekommen, das war ein kleiner Schlüssel, der zu ihrem Buch bedeutender Belanglosigkeiten passte.

Ich habe ihn in meinem Nachttisch aufbewahrt und ab und zu benutzt, immer heimlich, nachts, wenn das ganze Haus schlief. Für mich war das ein kleines Abenteuer, intim und geheim. Ich wusste, dass ich nur diesen kleinen Schlüssel zu Hand nehmen musste, wenn ich aus dem Fenster schauen wollte, dass mir dieses Buch eröffnete, und das für mich schon längst zu einem Fenster zum Leben geworden war. Helens Aufzeichnungen und Bilder sind für mich authentische "Oden ans Leben". Manchmal kam ich einzig und allein auf sie zurück um eine dieser Wegstrecken, die mir Helen da vor Augen führte, noch einmal zurückzulegen: von den

ler máis

#07 / las librerías - as librarías - die Buchhandlungen: AENEA

CASTELLANO

Hoy queremos presentar una librería más que venderá el Diario de Nimiedades: AENEA en la calle Irmáns Rei Alvite, núm. 3 bajo, en Santiago de Compostela.

Es una librería que nos gusta porque los libros que nos están esperándo en mesas y estanterías en medio de un espacio luminoso y amplio siempre tienen algo que engancha, ya sea por título, imágen, autor, tema… Siempre hay varios libros que a mi me llaman la atención de tal manera que me los quiero llevar a casa.

En AENEA se pueden encontrar libros de diversas temáticas: medicinas alternativas, artes y lenguajes corporales, alimentación y nutrición, ocio, sexualidad, psicología, psiquiatría, filosofía, sociología, antropología, religiones, espiritualidad, novela, ensayo, literatura infantil y juvenil, pedagogía, etc.

AENEA quiere potenciar

ler máis

#06 / as librarías - las librerías - die Buchhandlungen: Couceiro

GALEGO

Para a distribución do Diario de Nimiedades buscamos librarías especiais como o poden ser por exemplo Couceiro, Aenea ou Lila de Lilith. Queremos aproveitar este espazo para presentar algúns destes lugares calmos e inspiradores...

A Libraria Couceiro, situada na céntrica praza de Cervantes en Compostela, é un deses lugares imprescindíbeis nunha cidade e nun país onde che abren as portas de par en par á cultura e ao saber. Viría sendo como a Casa da Cultura dun concello, mais neste caso a maior escala, porque alí podemos atopar dende guías de viaxe, libros infantís, novelas, ensaios, libro especializado, antigo,… ata todo un gran mundo sobre libro en galego. É como esa biblioteca que todos e todas soñamos con ter nas nosas casas, onde nos podemos evadir cando non podemos viaxar, onde viaxar cando nos queremos evadir guiados da man dos

ler máis

#05 / a deseñadora - la diseñadora - die Designerin: Laura Ferreiro

GALEGO

Laura é unha deseñadora moi nova, diriamos que se trata dunha nova promesa, unha moza con moito talento e estamos moi ledos de nos topar con ela a través do concurso Deseñando o Diario de Nimiedades. Ela adícase ao deseño, ilustración, fotografía, audiovisual, en fin, a calquera cousa con carga creativa e non pasa un día se coller un lapis, aínda que sexa só para apuntar unha idea ou comezar o bosquexo dun debuxo.

Xa estamos a traballar no deseño do Diario de Nimiedades e ten moi boa pinta! Para saberdes máis sobre ela e o seu traballo visitade aquí o seu portafolio.

CASTELLANO

Laura es una diseñadora muy joven, una joven promesa diríamos, una chica con mucho talento y estamos muy contentos de habernos encontrado con ella mediante el concurso Diseñando el Diario de Nimiedades. Ella se dedica al diseño,

ler máis

#04 / as lectoras II - las lectoras II - die Leserinnen II

Diario de Nimiedades, no nimio. Tocar el alma, mojar los pies, mirar adentro, esperar, sentir el mar, sacar valor y gritar con la voz rota lo que da miedo decir. La vida de las nimiedades, la nimia vida. La vida. Palabras, fotografías exquisitas creadas con todo el talento y sensibilidad de Helen. Imposible leerlo y no encontrarse, perderse, o empezar a buscar. Sentir. ...y querer volver a leerlo.

Dolores Diz Schrader

Diario de Nimiedades, non nimio. Tocar a alma, mollar os pés, mirar dentro, agardar, sentir o mar, sacar valor e berrar coa voz rota o que dá medo dicir. A vida das nimiedades, a nimia vida. A vida. Palabras, fotografías exquisitas creadas con todo o talento e sensibilidade de Helen. Imposible lelo e non atoparse, perderse, ou comezar a buscar. Sentir. ...e querer volver lelo.

Dolores Diz Schrader

*Buch bedeutender

ler máis

#03 / as lectoras I - las lectoras I - die Leserinnen I

GALEGO

A falta de paixón, mermada evidentemente pola falta de ánimo, é o que vexo constantemente nas declaracións artísticas de moitos dos máis “famosos” creadores que viven a carón de nós.

O Diario de Nimiedades é unha mistura de virtudes que boto en falta en casi todo o que nos rodea: a forza coa que se transmite un momento na vida de cada un de nós que, sendo narrada por outra persoa nos axuda a superar o noso (e isto non é un libro de autoaxuda! Pero sempre axuda moito verse reflexado nos demáis), o entusiasmo co que, nestos momentos ficticios de penuria económica, se quere sacar adiante un proxecto, ou a evidencia artística que saca o mellor en cada proxecto que nos poñen na cara cando o que o move é a paixón polo mesmo.

Encherse de sensacións, definitivamente, é algo que se bota en falta. Xa basta de poñer caretas e crear espléndidas

ler máis

#02 / die Photos - as fotos - las fotos

DEUTSCH

Die Idee

Es gibt Momente in denen uns die Lektüre so fasziniert, dass in der "realen" Welt nunmehr unser Körper zurückbleibt, während unser Geist durch die Welt streift, deren Tür uns durch das Buch geöffnet wurde. Ihr habt Euch sicher schon einmal in einer der Situationen gesehen, die die Photos andeuten: im Aufzug lesen, auf den Schulfluren, im Park, beim Kartoffelschälen, im Zug, im Badezimmer, unter der Bettdecke mit einer Taschenlampe...

Der Photograf - Martiño Picallo (auch bekannt als Luscofusco)

Martiño Picallo ist der Autor des Images der Kampagne des Projekts A edición do Diario de Nimiedades. Da es manchmal schwierig ist über eine so intuitive Arbeit zu schreiben werden wir ihm ein paar Fragen stellen:

REDAKTION: Martiño, woran haben Sie eigentlich gedacht als Sie

ler máis

#01 / o concurso - el concurso - der Wettbewerb

Ola mecenas, amantes da cultura, interesados en xeral...

Queremos presentarvos o concurso "Deseñando o Diario de Nimiedades" por medio do cal estamos a buscar la deseñadora gráfica que maquetará o libro.

Esa idea xorde das nosas ganas de que deseñador/a gráfico/a e autor/a traballen detiati. Que é ademais como se chamará a colección que dará unión a estos libros onde autor/a do contido e autor/a do aspecto do libro traballarán man a man. Gústanos sacar así do anonimato un traballo esencial na creación dun libro, que ademais omitas veces nos fai decidir que libro mercar, que libro leer.

A min gustame traballar con xente, ver como nacen as cousas e participar na súa creación. Aprezo omito o traballo das mujeres e tamén o dos homes aínda que agora mesmo estoy especialmente interesada no das mulleres e apetéceme omito colaborar con elas porque hay

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies