“Destino Hërgüss” é a primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha Está protagonizada por Pichük y Tombö. O primeiro deles é o personaxe da serie de libros ilustrados Diario de Pichük, editada por Everest. A obra ofrece conexión con esta serie de libros a través do personaxe citado, pero neste caso vai destinada a un público xuvenil e adulto e aborda unha aventura complementaria en formato novela gráfica onde coñeceremos outros personaxes que pasarán a formar parte deste particular universo.
Pichük e Tombö, dous personaxes de razas e estilos de vida diferentes, coincidirán nunha situación aparentemente normal na que se verán obrigados a superar unha proba a vida ou morte en Hëlüs, a rexión cun dos climas e hábitats máis hostís do Planeta Mincha. Alí agárdaos un futuro incerto ateigado de aventura, misterios e incerteza en que acabarán dependendo deles mesmos e dos seus instintos máis primarios para a súa propia supervivencia.
Pichük é intelixente, aplicado e observador, e ten crenzas supersticiosas como a maioría da xente da súa cultura, os hirflös. Tömbö caracterízase pola súa forza física; a súa raza está afeita a facer os traballos máis duros na rexión de Longölia, mais non é demasiado racional nas súas decisións, é bastante informal e déixase levar polas sensacións de cada momento.
Ambos personaxes veranse obrigados a buscar o seu propio equilibrio nunha misión onde as súas vidas estarán en xogo.
Os principais valores e defectos humanos son abordados substancialmente nesta aventura de ciencia-ficción fantástica con ton de thriller e matices de humor que nos deixa unha reflexión sobre o mundo real a través das dificultades que implica conseguir un posto de traballo e a crítica ao sistema de control por parte da sociedade.
A obra editarase en galego e castelán, e acompañada de BSO composta polo propio autor para ambientar a lectura do libro e en exclusiva para os usuarios de Verkami.
FICHA TÉCNICA
Autor: Manel Cráneo
Número de páxinas: 108 en cor
Encadernación: tapa dura con lomo redondeado
Medidas: 17 cm x 24 cm
Tiraxes: 1000 exemplares en galego
1000 exemplares en castelán
¿POR QUÉ ACHEGAR?
Terás o libro na casa ou na túa libraría polo menos 30 días antes de que saia ao circuíto comercial, cunha serie de vantaxes únicas e exclusivas por seres o noso mecenas en Verkami, como, por exemplo, gozar en exclusiva da BSO.
Os vosos nomes aparecerán tamén nos créditos do libro, e soamente os libros adquiridos a través de Verkami conterán o marcapáxinas exclusivo de Destino Hërgüss.
Ademais, se solicitades o certificado de empadroamento a través de Verkami recibiredes de xeito gratuíto a demo xogable doutro dos nosos proxectos en marcha, o videoxogo protagonizado por Pichük, e pasaredes a formar parte da nosa comunidade de abducidos.
A QUE DESTINAREMOS AS VOSAS ACHEGAS
O diñeiro do proxecto destinarase principalmente a producir as dúas edicións do libro: gastos de imprenta, revisión lingüística, tradución, rotulación en dous idiomas, distribución, etc.
Ademais, outra parte irá destinada á produción de merchandising e recompensas como apoio á campaña.
SOBRE AS RECOMPENSAS
Pack CIDADÁN MINCHA
Certificado de empadroamento personalizado emitido polo Ministerio de Ciencia do Planeta Mincha, cuñado e asinado polo seu cónsul Manel Cráneo. Con este documento formarás parte da nosa comunidade privada e polo tanto da nosa base de datos de cidadáns do Planeta Mincha, con preferencias, ofertas especiais, etc., o resto do ano e de toda a túa vida. Formato PDF ou en papel xunto a calquera recompensa con envío físico.
Videoxogo: de regalo enviámosche a demo do primeiro videoxogo de Planeta Mincha, protagonizado polo personaxe principal do cómic, Pichük.
Pack BÁSICO HËRGÜSS PDF
Novela gráfica PDF: versión PDF, en galego ou español.
BSO: composta polo autor para ambientar as diferentes pasaxes do cómic e con algún tema xenérico composto polos propios músicos do Planeta Mincha que aparecen no cómic. Neste caso, a BSO envíase en formato MP3 ao correo persoal de cada comprador do pack. E se se compra o libro físico, envíase unha tarxeta co código de descarga á casa.
Pack DIXITALITALITAL
Este pack contén os productos dos Pack CIUDADANO MINCHA + Pack BÁSICO HËRGÜSS PDF
Certificado de empadroamento personalizado en versión PDF
Videoxogo
Cómic Destino Hërgüss en versión PDF
BSO en formato MP3
Pack CAMI
Consegue a túa camiseta exclusiva de Destino Hërgüss. Combínaa con outros paquetes e disfruta!
Pack BÁSICO HËRGUSS LIBRO
Novela gráfica: en tapa dura (galego ou español), 108 páxinas en cor.
Marcapáxinas de 5 x 20 cm, edición especial con motivo do lanzamento do cómic.
Agradecementos: é moi especial para Planeta Mincha que queiras formar parte deste proxecto e ser o noso mecenas; por iso os vosos nomes aparecerán nos créditos de Destino Hërgüss.
Pack CARTÖNIK
Este pack contén os produtos do Pack BÁSICO HËRGUSS LIBRO máis
Chapa de 35 mm, deseño exclusivo para a campaña Verkami.
Camiseta: tamaños S, M, L, XL e XXL, para muller e para home, cun deseño especial relacionado co cómic Destino Hërgüs.
Talismán: pintado artesanalmente polos xamáns das montañas de Longölia, este talismán é unha peza que atrae a sorte e afasta os malos espíritos.
Colgante Constelación Mincha: feito polo artesán Mark Paxnavax en cerámica cocida e esmaltada nos desertos de Aridöndia.
**Chaveiro: realizado en metacrilato con diferentes deseños relacionados coa temática Planeta Mincha.
Pack de 4 adhesivos: estampas do Planeta Mincha en adhesivos cadrados e circulares.
Libro “O agradecido Zigüt”: este é un dos libros ilustrados editados por Everest, e que está intimamente relacionado con Destino Hergüss.
Sinatura do autor: o autor dedicará a novela gráfica de forma personalizada e con debuxo a tinta a cada unha das persoas que adquiran esta recompensa.
Pack ARTE MINCHA I
Este pack contén os produtos do Pack CARTÖNIK máis
Lámina edición limitada: haberá 5 deseños diferentes e 10 copias numeradas de cada unha delas. Cun tamaño de 21cm x 29,7 cm e enmarcada nun cadro de 42,5 cm x 32,5 cm. A escolla farase por estrita orde de achega. As láminas están impresas en papel fotográfico de alta calidade.
Pack ARTE MINCHA II
Este pack contén os produtos do Pack CARTÖNIK máis
Páxina orixinal do cómic acompañada da súa versión en cor: faite cunha das 10 páxinas orixinais do cómic a tinta, a escoller por orde de achega. A lámina en cor está impresa en papel fotográfico de alta calidade. Ambas presentaranse enmarcadas en conxunto.
Pack PADRIÑO/MADRIÑA MINCHA
Apadriña un personaxe: dá nome a un dos catro personaxes secundarios de Destino Hergüss que temos sen rexistrar polo ritual minchán.
Ti podes ser “o taberneiro”, “o delegado do Ministerio de Ciencia”, “a moza de Tömbö” ou “o comandante de voo”. O nome dese personaxe será o mesmo nas dúas edicións, e en futuras aparicións noutros formatos que poidan desenvolverse: serie de animación, videoxogo, novas publicacións...
O nome será unha adaptación, acorde coa linguaxe do Planeta Mincha, do teu, do da túa nai, moza, mozo ou o que nos digas. Ademais, será incluído en créditos como padriño ou madriña.
Pack FINANCIADOR MINCHA
Impresión de logo na contraportada dunha das edicións: queres que o logo da túa empresa apareza na contraportada dunha das edicións de Destino Hërgüss? Este é o teu paquete! Axúdanos a financiar o proxecto incluíndo o teu logo nunha das nosas edicións.
Packs para LIBRERÍAS
Ofrecemos tamén varios packs para libreiros que queiran apoiar o proxecto, con descontos que se incrementan dependendo do número de exemplares adquiridos.
Os packs levarán as súas respectivas tarxetas con cada libro, onde se inclúe o código de descarga da BSO.
Hai un pack especial para librarías en Galicia que queiran facer presentación no seu local. Neste caso terán tamén un lugar destacado nos créditos, especialmente deseñado para esta opción.
Tamén se ofrecen 2 presentacións noutros puntos de España.
CALENDARIO PREVISTO
Os libros enviarémolos á imprenta a finais novembro, así que esperamos que os financiadores comecen a recibir os cómics e todos os produtos que conteña o seu paquete a partir da primeira quincena de xaneiro de 2015.
O libro chegaría ao circuíto comercial de librarías en marzo de 2015, a excepción das librarías que compren lotes, que o terán tamén ao longo do mes de xaneiro.
¿QUÉ É PLANETA MINCHA?
Planeta Minchaé un proxecto multidisciplinar creado polo autor Manel Cráneo e adaptado a diversos soportes, como o editorial, o audiovisual, o merchandising ou mesmo o mundo das galerías de arte. Dentro deste universo particular, o autor xerou obras desde hai máis dunha década.
Arredor do ano 2000, despois de experimentar con diferentes vías gráficas na súa faceta como autor de cómic e ilustrador, Manel Cráneo comeza a xerar esbozos dun extravagante mundo, un planeta imaxinario onde unificar as súas diferentes inquietudes. Así é como nace Planeta Mincha, un mundo de imaxinación en que se mesturan ciencia-ficción, filosofía, cociña tradicional, corrientes musicais descoñecidas especies, arquitectura e, entre outros moitos elementos, ata alfabetos propios.
En 2009, Editorial Everest, interésase en publicar unha liña infantil dentro deste universo Mincha: “Diario de Pichük”, da que xa se editaron cinco títulos e están en preparación outros novos.
Actualmente, xorde a necesidade de comezar un proxecto máis ambicioso: dar vida ao Planeta a través da animación. Para iso incorpórase ao proxecto a produtora audiovisual Mondotropo, coa que se comeza a dar forma ao proxecto, á produción, guións, contornos web, xogos interactivos, etc. Como mostra, o adianto da serie de animación que se encontra en proceso de creación.
En decembro de 2013 abriu o primeiro Consulado de Planeta Mincha na Terra, na cidade da Coruña, que desde entón é centro de operacións desta marca de entretemento.
SOBRE O AUTOR
Manel Cráneo naceu na Coruña en 1973. Artista multidisciplinar de ampla bagaxe en diversas disciplinas. Como autor de cómic, centos de páxinas súas teñen aparecido en publicacións como BD Banda, Barsowia, Dos Veces Breve, GPS, Bravú, Caña (revista oficial de Estrella Galicia), Subterfuge Comics, Interea Visual ou Boletín Galego de Literatura. Publicou a serie Planeta Mincha Estudos Xeográficos nas revistas Caña e Viralatas e anteriormente A Fraga Milmañas (con guións de Carlos Amil) na revista Golfiño. Publicou os álbums Dámsmitt (Dibbuks, 2006, con guión de Kike Benlloch), Os lobos de Moeche (Demo Editorial, 2009), Cousas de Mortos (Demo Editorial, 2012), A Torre dos Mouros (Demo Editorial, 2012) e A Fraga Milmañas (Demo Editorial, 2013), e colaborou en volumes colectivos como Fito y Fitipaldis (Dro Eastwest), Artículo 20 (Astiberri) ou H2OIL (Colectivo Chapapote). A súa BD Ladróns de cadáveres foi adaptada a curtametraxe. Como ilustrador traballou para Richmond Publishing, Santillana, Edicións Xerais ou Everest, entre outras moitas editoriais e revistas.
Na súa faceta musical formou parte de bandas de punk-rock como Vampiraos, 13:31, Mundo Inferno e Error!, e actualmente dedícase á experimentación musical compoñendo música mincha.
A súa obra ten sido exposta en numerosas mostras por España, Portugal, Francia ou Cuba. Entre os seus premios destaca o Nacional de Cómic sobre Vida e Obra de Federico García Lorca (Granada, 1998). Foi presidente de AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) e vicepresidente de FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales). Ademais da súa faceta de autor, Manel creou a súa propia editorial, Demo Editorial, especializada en cómic e autores galegos. Nos seus 6 anos de vida ten dado 20 títulos. Demo Editorial encargarase da edición do proxecto Destino Hërgüs.
ENVÍOS
Península: todas as recompensas inclúen o envío a domicilio na Península Ibérica.
Estranxeiro: creamos un paquete especial para cubrir os envíos fóra da Península Ibérica. Engadir o paquete de 20 € ENVÍO INTERNACIONAL para recibir calquera recompensa fóra da Península.
+ Info
Web Planeta Mincha
Blog Planeta Mincha
Blog Manel Cráneo
Páxina Facebook do Planeta Mincha
Páxina Fans de Facebook de Manel Cráneo
Canal oficial de Vimeo de Planeta Mincha
Canal oficial de Youtube de Demo Editorial
6 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Josep Ma Ferrés Mestres
Hola
Has empezado a repartir el destino herguss entre los padrinos
Un saludo
Josep Ma Ferrés Mestres
Buenas
Has empezado a repartir el destino Herguss entre los padrinos del proyecto?
saludos
Demo Editorial
Autor/a
Hola Yonk76! No te preocupes por eso, en cuanto se cierre la campaña nos pondremos en contacto con cada uno de nuestros mecenas para preguntaros todos los detalles que necesitamos saber según las recompensas que habéis escogido! Gracias por apoyar Planeta Mincha
yonk76
Las camisetas, hasta qué talla son??
Yo necesitaría una tamaño sessinö...
Demo Editorial
Autor/a
A subvención era para o desarrollo do proxecto. O proxecto presentado era de 64 páxinas a cor e ía a saír editado só en lingua galega, tapa blanda.
Durante o proceso de traballo o proxecto medrou ata un total de 108 páxinas. E xa metidos en faena pensei en editalo tamén para o mercado español e facelo máis visible cunha edición de 1000 exemplares máis en castellano,editar as dúas versións en tapa dura e mellorando a calidade da edición, por exemplo, e producir unha morea de merchandising que custa moitos cartos. O custo real do que se intenta financiar ronda os 18000 euros así que aínda cos cartos da subvención e o que se intenta conseguir por crowdfunding non chega a esa cantidade total necesaria para levalo proxecto a cabo e en ningún caso vai a cubrir as miñas horas de traballo durante todo este tempo.
En resumo, a subvención recibida cubrirá parte do proxecto pero non todo e como non teño todos eses cartos a maiores decidín facer crowdfunding para que o proxecto non quede varado e se perda por mor de non ter acadado o resto de fondos necesarios. O pico que falte e as miñas horas de traballo poñereinas do meu bolsillo. Repasa proxectos como BRIGADA ou A CONTA ATRÁS movidos desde esta plataforma e verás que os orzamentos son aínda máis grandes e con razón.
Espero ter solventado a tüa pregunta con todos os detalles que dou e agradezo moito que a fagas para poder aclarar isto e que non quede dúbida algunha.
Moitas grazas!!!
ANDRES BARROS
Eu pregúntome porque se esta bd recibiu unha bolsa de creación no 2010 de 6000 euros de cartos públicos non se teña aínda nin publicado nin rematado no 2014. Os 10000 euros para que son? http://culturagalega.org/noticia.php?id=17408&soportal=bd