❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Ca Revolta Oberta!

Para manter a actividade de Ca Revolta, a asociación sociocultural de Valencia, é imprescindíbel que nos apoies coa túa contribución a este Verkami. A hostilidade do poder levounos a unha situación límite da que poderemos saír, seguro, grazas á túa participación activa.

Ca Revolta

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Valencia
0
segundos
652
Achegas
31.710€
De 30.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Català, Castellano e Euskara

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Para manter a actividade de Ca Revolta, a asociación sociocultural de Valencia, é imprescindíbel que nos apoies coa túa contribución a este Verkami. A hostilidade do poder levounos a unha situación límite da que poderemos saír, seguro, grazas á túa participación activa.

Anímanos a convicción de que todos os ámbitos da creatividade artística, cultural, social ou emocional son necesarios e poden darse a man no día a día da configuración dunha cultura alternativa.

Concerto en solidariedade con Ca Revolta de Maria del Mar Bonet, Carles Dénia, Joan Amèric e Al Tall, no Pazo de Congresos de Valencia (31/1/2013)

“Con referencias á coraxe de Ca Revolta e unha conmovedora declaración de amor ao País Valenciano, Maria del Mar Bonet... agregou ás súas palabras, as cancións” (EL PAÍS 1/2/2013)

QUEN SOMOS CA REVOLTA?

Ca Revolta é un ponto de encontro de xente solidaria, crítica e participativa, un espazo de ocio alternativo e un catalizador de iniciativas, tanto no ámbito cultural e artístico, coma no social e do pensamento crítico.

Así, en 2000 eliximos o barrio de Velluters, en pleno centro histórico de Valencia, pedimos un crédito e compramos a bo prezo un magnífico edificio, que rehabilitamos coas nosas propias mans, coa formación dunha cooperativa de traballadores da construción, membros tamén do colectivo.

Fachada do edificio de Ca Revolta, na rúa Sta Teresa de Valencia

Ca Revolta dá continuidade á rica tradición de casas de pobo e ateneos con que contou Valencia a principios do século XX.

E tamén enlaza coas correntes dos centros culturais xurdidos na Europa dende mediados da década dos 90, espazos autónomos e abertos creados a partir de iniciativas cidadás, capaces de estimular redes que contribúan á construción dunha cidadanía moderna no seo dunha sociedade democrática avanzada, baseada na participación, na igualdade e na convivencia intercultural.

Sala de conferencias e usos múltiples de Ca Revolta

Sala dos Arcos de Ca Revolta

Pasados xa catorce anos dende a súa inauguración, podemos dicir que Ca Revolta converteuse nun referente sociocultural para a cidade de Valencia á marxe das institucións, onde a cidadanía sabe que encontra a súa casa, aberta.

O edificio de Ca Revolta, antes da reforma

A QUE DESTINAREMOS AS VOSAS CONTRIBUCIÓNS

As vosas contribucións asegurarán que Ca Revolta continúe coa súa actividade. Ao longo destes catorce anos, organizamos máis de... 5.000 EVENTOS EN 5.000 DÍAS!

1.120 conferencias e debates

1.050 proxeccións cinematográficas

290 presentacións de libros, revistas...

620 concertos musicais, cando se podía...

190 recitais de poesía

1.070 exposicións de artes plásticas

1.010 representacións de teatro e danza

70 xornadas e seminarios varios

Moitos percorridos de sendeirismo

Centenares de talleres diversos

Ca Revolta participa no Programa Voluntariat pel Valencià

Lluís Llach durante a presentación en Ca Revolta do seu disco "Temps de revoltes" (8/2/2001)

Paco Roca, Premio Nacional del Cómic 2008, fala sobre a adaptación do seu cómic "Arrugas" ao cine, Premio Goya 2012 ao mellor guión (23/10/2012)

OS COLECTIVOS

Actualmente, algúns dos colectivos que forman parte da casa son:

  • Traballo social, que elaborou a Carta Valenciana de Dereitos Sociais, que foi defendida unitariamente nos Cortes Valencianas por deputados de Compromis, Esquerra Unida e PSPV

  • Polos Bos Tratos (que participa do programa estatal da ONG acciónenred)

  • Poesía per la Revolta

  • Territorio

  • Grupo de Mulleres

  • Faladoiro de arquitectos e urbanistas

  • Plataforma en defensa da saúde médica e mental

  • Dereito a Morrer Dignamente

  • Romipen- Gitaneïtat

  • Per l'Horta (asociación ecoloxista que en 2001 conseguiu levar ás Cortes valencianas unha Iniciativa Lexislativa Popular a favor da protección da horta de Valencia)

  • Grupo Excursionista de Ca Revolta

  • Comisión de Artes Plásticas

  • Certame de Curtametraxes bianual

  • Colectivo de xente Máis Moza

  • Comisión de Actividades, que se encarga de coordinar a programación

  • Colectivo do Programa de radio de Ca Revolta en Radio Klara ("Ao 10 de Santa Teresa")

  • XARA, unha WebTV por Internet impulsada polo colectivo audiovisual de Ca Revolta, onde é posíbel rever e escoitar os principais eventos da casa e do ámbito de Ca Revolta

En Ca Revolta tiveron o seu fogar e a súa sede colectivos como Nunca Máis, Non á Guerra, Eu non te espero (visita do Papa), Ja en tenim prou, COM (Col·lectiu Ovidi Montllor de músicos en valenciano, que agrupa á case totalidade dos devanditos músicos), Mulleres Emigrantes...

Conferencia de Arcadi Oliveres “Proceso constituínte. Novos modelos de participación crítica”, (20/11/2013)

Marc Granell e Begonya Pozo durante un acto de "Poesia per la Revolta" (11-2-2010)

Festa de inauguración de Ca Revolta, (20/10/2000)

POR QUE QUEREMOS REUNIR 30.000 €?

Non poderiamos deixar de falar da persecución política que sufrimos dende os inicios, que nos denegou licenzas, limitounos actividades, pechounos a casa durante dous meses, xerounos multas por valor de ata 60.000 euros..., pero ata agora non conseguiron pechar a casa, e isto é así fundamentalmente pola resposta social con que sempre temos contado.

Ca Revolta continúa aberta grazas a unha parte importante da sociedade valenciana, grazas tamén aos socios e á xente que actúa cada día enchendo a casa de intervencións sociais, artísticas e cidadás, e que nos demostra, un vez máis, coa súa solidariedade, a súa participación e o seu apoio, que esa parte da sociedade existe.

En definitiva, somos persoas que reivindicamos e traballamos por unha sociedade disposta a socializar a riqueza e a cultura e a privatizar unicamente os soños.

Ca Revolta finánciase exclusivamente coas cotas dos seus socios e coa recadación da súa actividade. Actualmente estamos nunha situación económica límite. Para que Ca Revolta continúe aberta, para que ti poidas compartir unha voz crítica ante a infinidade de inxustizas con que nos encontramos diariamente e onde sabes que hai un espazo no que reunirse, compartir, debater... ou simplemente tomar unha copa ou cear rodeados dalgunha exposición interesante ou asistir a unha conferencia ou a unha proxección cinematográfica, é por todo isto que che pedimos unha aportación económica a este Verkami para que poidamos proseguir coa nosa actividade no próximo período.

CONTAMOS CONTIGO!

OUTRAS FORMAS DE FACELA TÚA CONTRIBUCIÓN ECONÓMICA:

En caso de que che sexa imposíbel facer unha contribución con tarxeta bancaria ou PayPal e queiras contribuír a levar adiante Ca Revolta, podes facer unha transferencia á seguinte conta bancaria, especificando o concepto CA REVOLTA ABERTA:

LaCaixa, oficina c. Angel Guimerà 53, 46008, València

IBAN: ES11 2100 0728 27 0200113232

Titular: Associació Revolta

Ca Revolta recolle o premio á mellor contribución social durante a gala dos XX Premios Turia na Casa da Cultura de Burjassot (2/7/2011)

RECOMPENSAS E CALENDARIO

Os premios poderanse recoller durante a Comida Popular a celebrar ao principio do próximo curso, en data a concretar, ou en Ca Revolta a partir dese día.

Se queres renunciar ás recompensas, non tes máis que comunicárnolo cando entremos en contacto contigo en setembro, indicándonos que a túa contribución era desinteresada.

CD de produción propia:

VI PREMIS OVIDI: O Coletivo Ovidi Montllol de músicos en valencià editou o CD con os gañadores dos premios, por cortesía de seus autores, en apoio de Ca Revolta

Lote de libros a elixir entre o noso amplo catálogo da editorial Talasa:

Camiseta:

Serigrafías de Miquel Guillem e Carmen Grau

PARA SABER MÁIS

http://carevolta.org
http://xara.carevolta.org
facebook.com/carevolta
@ca_revolta

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

7 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Helena

    Helena

    máis de 10 anos

    Hola,

    Fa dies que intente posar-me en contacte amb vosaltres pq he rebut un correu que diu que he d'omplir el formulari per poder rebre la recompensa, però no recorde haver rebut cap formulari i vos demane l'enllaç. Em podeu contestar? Gràcies!

  • Jeroni Domenech

    Jeroni Domenech

    máis de 10 anos

    No sé si vaig emplenar el formulari, podeu vore vosaltres?

  • Ca Revolta

    Ca Revolta
    Autor/a

    máis de 10 anos

    En les últimes setmanes hem enviat un parell de correus demanant-vos amb quin nom voleu aparéixer al mural i la talla i model de samarreta. Comprova-ho perquè si no els has vist segurament els tindràs en spam. Si no és així, escriu-nos a [email protected] i tractarem de resoldre-ho.

  • Vicente Monrabal

    Vicente Monrabal

    case 11 anos

    Participé pero recibí ninguna información de como recoger la camiseta y el dvd. ¿Tengo que pasar por el local o lo mandáis?

  • Juan Carlos

    Juan Carlos

    11 anos

    Si digeu defendre la llengua i cultura valencianes ¿perque ho feu en catala?

  • Ca Revolta

    Ca Revolta
    Autor/a

    11 anos

    Hola Albert, no hi ha problema, la idea és que a tothom li arribin les recompenses. Una abraçada. Ca Revolta

  • Albert Parés

    Albert Parés

    11 anos

    Si no som de València no hi ha possibilitat que el CD i la samarreta s'enviïn per correu?

#09 / hem aconseguit el nostre objectiu!!!

Amigues i amics de Ca Revolta,

malgrat que encara queden quasi 3 dies per donar per finalitzar el nostre verkami, hem de comunicar-vos que ja hem aconseguit el nostre objectiu.

El vostre suport i solidaritat, una vegada més, han superat les nostres expectatives i ens ajudaran en la lluita per mantindre Ca Revolta Oberta.

Vos animem a acompanyar-nos en el seguiment d'aquesta recta final que pot fer encara més gran el triomf aconseguit.

Moltíssimes gràcies de nou, i en breu vos donarem informació detallada dels resultats d'aquest exitós projecte de micromecenatge

ler máis

#08 / Nou vídeo de gent i entitats que donen suport el Verkami de Ca Revolta Oberta

En el nou vídeo, Toni Gisbert, Secretari d'Acció Cultural del País Valencià; Mari Pla, activista social; Salvador Penalva, Coordinador de ONGs per al desenvolupament; Àngel Martí, d'Escola Valenciana; Consuelo Vidal, fundadora d'Atelier; José Ignacio Pastor, President d'ACICOM i Tonetxo Pardiñas, President d'El Micalet, donen suport al Verkami de Ca Revolta Oberta.

Falten deu dies. Ajuda'ns a aconseguir l'objectiu del Verkami!

http://xara.carevolta.org/verkami-ca-revolta-oberta/video-275-ca-revolta-oberta-comptem-amb-tu.html

ler máis

#07 / Nova versió del Verkami de Ca Revolta en euskara!

Nova versió del Verkami de Ca Revolta en euskara! Ja tenim el nostre projecte en 4 de les llengües de l'estat, en coherència amb la nostra línia de treball a favor del ple ús, reconeixement i normalització de les llengües. El tancament de RTVV i la supressió de línies en valencià en els centres educatius són les noves agressions dels governs del PP que, esperem, s'acaben ràpid. En Ca Revolta posem el nostre gra de sorra en aquesta direcció i la teua contribució a aquest Verkami ens donarà més força.

ler máis

#06 / GRÀCIES!

Hui és un dia de celebració. En portem 10 de verkami i més de la 3a part de l'objectiu aconseguit. Per això volem agrair als més de 200 mecenes que fins ara heu participat del verkami Ca Revolta Oberta el vostre suport.

Queda una part important del projecte, però confiem plenament en tota la gent que, com vosaltres, vol que Ca Revolta continue oberta i estem segurs que ho aconseguirem.

Una vegada més, gràcies, i entre totes i tots anem a pels 5.000 esdeveniments més en els pròxims 5.000 dies...

ler máis

#02 / Verkami destacat de la setmana

El verkami de Ca Revolta Oberta! ha estat triat com un dels destacats de la setmana

Aquesta és la comunicació que hem rebut de verkami:
"Hola Ca Revolta,

Hem destacat el teu projecte Ca Revolta Oberta! a la nostra newsletter Català

Fes-li un cop d’ull des d’aquí:

http://www.verkami.com/newsletters/373

Que segueixi corrent la veu!!

L’Equip de verkami"

D'altra banda, tal com informàrem, VilaWeb ens va destacar en la seva portada d'ahir. Aquest és el text que hem rebut de verkami:
"Hola Ca Revolta

El teu projecte ha estat destacat per Vilaweb al seu canal verkami amb la següent ressenya:

Enfront del món uniforme i desigual que dibuixen els poderosos existeix una resposta ciutadana que no vol ser còmplice dels disbarats i que posa en marxa pràctiques alternatives. Són persones que reivindiquen i treballen per una societat disposada a socialitzar la

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies