¡Xa conseguimos o noso segundo obxetivo!
¡¡¡Imos a polo terceiro a polos 8.000!!!
Áncora Bros. Brewery é un proxecto empresarial que nace entorno á elaboración de cervexa na cidade de Ourense. O proxecto concíbese nun primeiro momento como unha fábrica de elaboración de cervexa artesanal pero na súa madureza tórnase a unha visión máis agrícola, tocando tódolos aspectos que rodean á fabricación desta bebida. Dende o cultivo de materias primas, a compostaxe dos residuos e a instalación de varios galiñeiros nas parcelas da fábrica, onde as galiñas (raza autóctona galega) serán alimentadas (entre outros produtos), cos maltes de cebada e outros cereais utilizados na elaboración da nosa cervexa.
Áncora Bros. Brewery inviste en I+D nos campos de materias primas e de control da calidade, por este motivo estase a implantar na nosa fábrica un laboratorio certificado onde realizar as análises dos produtos finais e de proceso, a realización de análises edáficas para o correcto rendemento dos cultivos (cereais e lúpulos) e o cultivo e propagación de distintas cepas de fermentos para a fermentación da nosa cervexa.
O proxecto de Áncora Bros. Brewery vai collendo forma e actualmente quédannos escasos pasos para que sexa unha realidade e poder presentar a nosa fábrica e os nosos produtos no mercado.
A QUÉ DESTINAREMOS AS VOSAS APORTACIÓNS
Necesitamos a vosa pequena achega económica pola falta de financiamento, o diñeiro recadado vaise destinar á incorporación á nosa fábrica dun fermentador tronco-cónico con camisa de refrixeración, que situaremos con moito cariño nun dos mellores lugares da nosa fábrica. Para conseguir o noso obxectivo necesitamos unha achega económica de 3 mil euros, que esperamos que entre todos vos poidamos conseguir e así poder facer realidade un sono e dar un salto de calidade no noso produto.
Todas as achegas, dende as cantidades máis pequenas terán o seu nome escrito na parede principal da tenda da nosa fábrica, para deixar constancia dos que nos apoiaron nesta experiencia de financiamento a todos aqueles que nos visiten.
¿QUÉNES SOMOS?
Dous amigos da infancia, despois de máis de 15 anos xuntos deciden emprender un negocio de elaboración artesanal de cervexa. Esteban Loureiro, xoven emprendedor da cidade de Ourense e Martín Labrador, enxeñeiro agrónomo, ambos os dous grandes apaixonados da cervexa deciden experimentar neste mundo creando as súas propias cervexas de forma caseira. Despois dun par de anos, moi intermitentes, na elaboración e práctica cos procesos caseiros anímanse a reproducir estas receitas en equipos profesionais alugando as instalacións doutras fábricas ao longo da península. Á fin de 2013 e despois dun ano de moito traballo e promoción a pé de rúa deciden montar a súa propia fábrica de cervexas enmarcada nun ámbito agropecuario, grazas ao ámbito natural e ás parcelas propias da súa fábrica.
Actualmente están inmersos na remodelación e preparación dos equipos cervexeiros que eles mesmo deseñaron, estando xa na recta final. Viven por e para a cervexa e buscan promover este produto e crear cultura en torno a toda a xeografía española.
¿A QUEN VAI DESTINADO O PROXECTO?
Principalmente vai destinado a aquelas persoas que queiran formar parte dun proxecto ilusionante e de gran paixón como é o noso de Áncora Bros. Brewery. Grazas á súa achega axudarán a dous xovenes amigos e emprendedores a cumprir o seu sono e tamén se sentirán identificados coa marca, a cal, estará eternamente agradecida.
Para os apaixonados da cervexa, a xente que goza bebendo unha cervexa de calidade, madurada durante meses e con produtos de calidade e naturais.
Tamén nos diriximos aos concienciados co fomento do comercio local, á xente que aposta polos xóvenes emprendedores, con ganas de loitar e sobre todo por un produto feito na terra, no rural.
Outras das nosas motivacións, é sen dúbida, contribuír a que outros como nós, inicien o seu propio proxecto, asesorámoslles, formamos e contamos a nosa experiencia dentro do ámbito da cervexa artesanal, por iso neste proxecto podes colaborar cunha pequena cantidade económica a cambio dos nosos produtos, elaborar connosco as nosas cervexas, e mesmo reproducir as túas receitas nas nosas instalacións.
CALENDARIO
O prazo de achegas dura 40 días, unha vez rematado o prazo poñerémonos en contacto con todos vos para ver que receita é a que máis vos interesa que realicemos. Irá a votación. Poderase elixir entre:
Bitter.
Belgian Strong Ale.
Afumada.
A primeira elaboración realizárase entre marzo e abril e entregárase entre os meses de maio e xuño.
+info
Web CervexaAncora
25 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
sebasalive
hola! tenia olvidado que había puesto para este proyecto, y la verdad es que no me ha llegado nada, me lo podríais mirar?
gracias!!!
sebasalive
buenas, como esta el tema de lospremios? que ando bastante desconectadillo
gracias y enhorabuena!!!
IAgof
He tratado de contactar en el correo que indicais para dar mi dirección al menos dos veces y no he recibido respuesta, he aportado 50€ y no he recibido nada. ¿Como puedo haceros llegar mi dirección?
EugeniaHdez
Hola, aporté 24€ pero todavía no he recibido nada y veo que la campaña tuvo éxito. ¿Cuándo enviaréis lo que nos corresponde como mecenas? Muchas gracias de antemano. Estoy deseando probar vuestra cerveza...
jordi
se han enviado las recompensas ya??? no me ha llegado nada, gracias
Áncora Bros. Brewery
Autor/a
Puedes hacer cualquier aportación que cubra gastos de envío para que te las enviemos a tu casa. Si a mayores quieres probar nuestras cervezas que elaboramos más habitualmente ponte en contacto con nosotros por medio de [email protected] y te facilitamos la manera para que te lleguen junto con el envío del crowdfunding sin coste. Saludos y muchas gracias!!
Alexei
Hola! Buena iniciativa chicos!! Cuanto hay que aportar para que envieis una cerveza de cada? Saludos desde Asturias
Áncora Bros. Brewery
Autor/a
Todo depende de que aportación quieras realizar y la ciudad a donde quieras que te lo enviemos. Danos más detalles y te calculamos las tarifas de envío. [email protected]
HH_Veuv
Buen dia, en caso de hacer el aporte y vivir en México, cuanto sería de el gasto de envío y ese dinero donde se depositaría??
Áncora Bros. Brewery
Autor/a
Muy buenas Tom, En cuanto a las camisetas el logo es el de nuestra marca rodeado con un timón de barco, como el que lleva el chico de la derecha en las imágenes del proyecto. Las tallas tenemos desde S-M-L y XL en varios colores (azul, rojo, negro y morado).
En cuanto a las cervezas se podrán elegir entre Bitter (un estilo Pale Ale inglés con una adicción importante de lúpulo, lo cual le dará aroma a los lúpulos añadidos y un amargor considerable). Una Belgian Strong Ale (una cerveza más alcólica de estilo belga con más aromas y sabores a malta y con adicciones de especias del tipo cilantro etc.) y la ahumada esta hecha con maltas ahumadas lo que le da un marcado sabor ahumado a la cerveza. Muchas Gracias por tu interés, un saludo!!!