❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

OINK! unha revista para a rapazada galega

Oink! vai máis aló dunha revista infantil-xuvenil convencional, quere ser unha porta á curiosidade, á imaxinación e ao espírito creativo dos máis novos da casa.

Revista Oink!

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
271
Aportaciones
8.121€
De 36.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

Queres que a rapazada teña unha publicación feita na nosa terra?

Se pensas que a mocidade precisa de medios feitos na súa lingua axúdanos a facelo realidade. Hai preto de 200,000 rapaces e rapazas entre os seis e quince anos de idade que non contan cunha revista que lles fale desde a súa mesma realidade.

Ti podes contribuir a que a teñan!

A revista OINK! nace coa intención de que a rapazada galega poda descubrir o mundo na súa lingua.

Ti podes axudar a que exista unha publicación infantil-xuvenil en galego!

Queres que se lles fale de xeito ameno aos máis novos e con respecto ás súas capacidades?

Colabora para que lles podamos amosar os milleiros de cousas interesantes que bolen ao seu redor. O noso satélite está listo, espreitando no espazo: as galaxias, os calendarios do mundo ou como funciona a nosa memoria foron xa visitados polo satélite. Que será o seguinte?

Só ti podes facer que siga facendo novos achados.

Tamén entrevistamos a grandes figuras da nosa contorna, para que pícaros e pícaras coñezan en primeira persoa as súas historias, á xente con pegada que hai entre nós. E ti, tamén queres deixar pegada?

Secunda OINK! e falaráslle ao futuro das nosas vilas e cidades.

Queremos descubrirlles ás familias a realidade máis próxima con reportaxes de actualidade e novas saídas do cortello. Pero ademais das reportaxes sempre hai un oco na revista para aprender fedellando, para fochicar creatividade plástica ou bular experiencias científicas para facer xuntos, grandes e pequenos.

Se non fose abondo con estes contidos, en OINK! tamén hai unha manchea de banda deseñada! Unha rolada de mestres do lápis que a cada número dan vida a uns personaxes que farán a ledicia dos cativos (e non tan cativos).

Vivimos en tempos difíciles e dinnos que non hai sitio para unha revista feita en galego para os bacoriños. Non quedes sen facer nada, coopera con este proxecto e demostrarás que hai xente dabondo que devece por unha publicación coma OINK!

Queres ser dos pais máis molóns da bisbarra ou dos familiares máis queridos nas paparotas dos domingos?

Coa túa achega poderemos publicar seis números de OINK! O diñeiro que precisamos dará para producir, imprimir e remitir cada dous meses un novo número da revista, cargada de sorpresas, banda deseñada orixinal e contidos desenvolvidos con tino.

Se non acadamos o obxectivo marcado en Verkami os agoiros serán certos. Teremos feito todo o posible para non aceptar a realidade do noso tempo. Sen xente que desexe unha revista coma OINK! é mellor quedar no cubil e agardar que escampe...

Pero logo non te queixes de que non hai nada para a rapazada en galego!

Non deixes escapar este momento para marcar a diferencia, únete a nós:

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

35 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Revista Oink!

    Revista Oink!
    Autor/a

    casi 10 años

    Ola Mar. En primeiro lugar queremos darche as grazas por querer apoiar o proxecto. Como ves non logramos acadar o obxectivo que marcamos en Verkami. O futuro da revista é incerto, iniciamos movementos para facer que continúe por outro camiño pero aínda non sabemos se o lograremos. Agardamos facer público en breve o destino final da publicación. Mentres tanto, se non tes os exemplares xa publicados da revista, podes facerte con eles na páxina web: www.revistaoink.com/tenda

    Moitas grazas

  • Mar

    Mar

    casi 10 años

    Eu quería apoiar o proxecto mais o prazo xa está pechado nesta plataforma. Como fago?

  • Revista Oink!

    Revista Oink!
    Autor/a

    10 años

    Ola Ru, podes facerte cós números anteriores, dende o 0 ata o 4, na opción de 15€ das recompensas.

    Moitas grazas polo teu interese.

    Un saúdo

  • Ru

    Ru

    10 años

    Ola, eu quero facerme cos números anteriores, é posible?

  • Revista Oink!

    Revista Oink!
    Autor/a

    10 años

    Boas noites Merche. Moitas grazas por facer unha achega e axudar a que OINK! siga adiante.

    Se logramos chegar ao obxectivo en Verkami porémonos en contacto con tódalas persoas que deron o seu apoio para pedir os datos para as recompensas.

    Un saúdo.

  • Merche Espiño

    Merche Espiño

    10 años

    Acabo de facer unha achega, pero non me pregunta a quen quero que fagan mención. Como se indica tal cousa? Merche

  • Revista Oink!

    Revista Oink!
    Autor/a

    10 años

    Bos días Alexandra.

    A recompensa de 30€ son 6 números novos.

    En relación aos números xa publicados tes a opción de 15 ou 20€.

    Moitas grazas por querer axudar á revista.

    Un saúdo.

  • Alexandra

    Alexandra

    10 años

    Boas!

    Os seis números da recompensa de 30€ son os 5 que xa hai máis o próximo, ou podes ser os seis novos? É que a min interésame ter os vellos e máis os novos, co que collería unha de 20€ para os vellos e outra de 30€ para os novos, ou non é así?

  • Revista Oink!

    Revista Oink!
    Autor/a

    10 años

    Bo día Shemari. Miramos o que comentas pero semella que non se pode. Unha posible solución é que nos mandes un correo indicando cal era a recompensa que colliches e nós faremosche o reintegro do teu aporte se logramos o Verkami. Deste xeito podes seleccionar outra recompensa.

    Moitas grazas polos ánimos e alegrámonos que che gustasen os primeiros catro números.

    Un saúdo

  • shemari

    shemari

    10 años

    Moi boas! Eu fíxenvos unha achega, e quixera trocala por outra maior, pero non vexo como. Pódese facer?

    Saúdos e moito ánimo, gustáronme moito os 4 primeiros números e espero que haxa máis!

Volver a todas las actualizaciones

#02 / Dous novos premios desbloqueados!

Pasamos a barreira dos 2000€ en Verkami e para celebralo engadimos dous novos premios na campaña en Verkami:

  • Poster asinado por Miguelanxo Prado de unha das cubertas a escoller das xa publicadas en OINK! (30€)

ou

  • Subscrición a OINK! + Poster asinado por Miguelanxo Prado de unha das cubertas a escoller das xa publicadas en OINK! (60€)

Os posters son limpos: sen o logo da revista nen o bolo inferior, para que se poidan apreciar mellor as fantásticas ilustracións de Miguelanxo.

Moitas grazas a todos por axudar a facer OINK! posible.

0 comentarios

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

#04 / Nova recompensa!

Para aquelas persoas que queren apoiar o proxecto e xa teñen as revistas publicadas temos unha nova recompensa:

A cunca para almorzar OINK!

Moitas grazas pola vosa axuda.

#03 / As bibliotecas escolares e Verkami

Como sabedes OINK! está a procura de subscritores a través da plataforma de microfinanciamento Verkami.

Levamos pouco máis de tres días e 93 persoas xa amosaron o seu apoio ao proxecto. Pero tamén chegaron a nós dúbidas sobre Verkami e as formas de pago dispoñibles. Estas dúbidas eran de persoas responsables de bibliotecas en centros de ensino que, ao non contar con unha tarxeta bancaria, ven impracticable facer a súa subscrición.

Logo de mirar diversas posibilidades descubrimos que o mellor xeito de poder facer unha subscrición para as bibliotecas é remitirnos un talón bancario polo importe da subscrición: 30€ e nós faremos a achega no voso nome. Deste xeito a vosa axuda contabilízase para lograr a cantidade obxectivo: 36,000€ (que son os custes de produción de seis números da revista).

Como sabedes, cando se fai unha… leer más

#02 / Dous novos premios desbloqueados!

Pasamos a barreira dos 2000€ en Verkami e para celebralo engadimos dous novos premios na campaña en Verkami:

  • Poster asinado por Miguelanxo Prado de unha das cubertas a escoller das xa publicadas en OINK! (30€)

ou

  • Subscrición a OINK! + Poster asinado por Miguelanxo Prado de unha das cubertas a escoller das xa publicadas en OINK! (60€)

Os posters son limpos: sen o logo da revista nen o bolo inferior, para que se poidan apreciar mellor as fantásticas ilustracións de Miguelanxo.

Moitas grazas a todos por axudar a facer OINK! posible.

#01 / Primeiro día en Verkami

Comezamos a nosa busca de subscritores e mecenas para a revista OINK! con unha chea de inseguridades. É a nosa primeira experiencia no microfinanciamento e non sabíamos cal ía ser a resposta. A verdade é que non podía ser mellor, grazas a 43 persoas, conseguimos sobrepasar a barreira dos 1000€.

Aínda queda moito camiño para lograr o obxectivo pero, ao menos, este primeiro día danos esperanzas de que OINK! poida seguir existindo.

Moitas grazas por nos axudar!

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies