• Revista Oink!

    Revista Oink!
    Author

    almost 12 years

    Ola Quico. Moitas grazas pola túa suxestión.

    Dende que comezamos a campaña en Verkami puxémonos en contacto con bastantes asociacións para conseguir maior difusión.

    A recompensa dos pósters asinados son tanto para persoas ou como para entidades. Sería un tanto confuso engadir máis recompensas facendo a distinción entre persoas e asociacións.

  • quico

    quico

    almost 12 years

    Ola, hai xente que podería colaborar pero non se entera.Unha maneira de ampliar a divulgación e as achegas podería ser contar co tecido asociativo, eu mesmo estou nunha asociación.¿Un cartel asinado para o local, 25€? Ademáis ampliaría a divulgación.

  • Revista Oink!

    Revista Oink!
    Author

    almost 12 years

    Ola Daniel.

    Parécennos moi positivas as licenzas Creative Commons. Tanto o blog de agalip como a guía sobre o embarazo que fixemos están baixo este tipo de licenzas. Na revista OINK! non podemos usalas debido ao acordo ao que chegamos coa TVG e tamén cós ilustradores.

    Pola nosa parte, cós textos que facemos non temos problema algún en distribuílos baixo Creative Commons. Se o proxecto segue adiante será algo que miraremos de cambiar con todos os que están involucrados. Pero non está na nosa man e non podemos adiantar cal será a súa decisión.

  • daniel.espinheira

    daniel.espinheira

    almost 12 years

    Contades coa miña achega. Gustaríame que o resultado do traballo fose publicado con licenzas máis abertas, tipo Creative Commons.

  • Revista Oink!

    Revista Oink!
    Author

    almost 12 years

    Bo día Majam.

    En Verkami a túa achega pode ser mediante tarxeta.

    Se seleccionas o acorro por 30€ recibirás os próximos 6 números da revista se superamos a campaña en Verkami. No caso contrario non terás cargo algún na túa tarxeta.

    Moitas grazas polo teu apoio.

  • Majam

    Majam

    almost 12 years

    Desexaria subscribitme mediante un pago con tarxeta para maior comodidade.

  • Revista Oink!

    Revista Oink!
    Author

    almost 12 years

    Moitas grazas! Foi un gusto contar coa vosa colaboración para o vídeo.

  • Vella Escola

    Vella Escola

    almost 12 years

    Dende Vella Escola conformámonos con que sigades contando con nós neste bonito proxecto da revista feita con tanto agarimo para os máis pequenos e pequenas. Un saúdo e ánimo!!!

  • Revista Oink!

    Revista Oink!
    Author

    almost 12 years

    Ola Sequelo, as revistas que imos a sacar son novas, de feito o número 5 está totalmente feito, banda deseñada incluída.

    Sacamos o proxecto en Verkami para poder facer fronte aos custes de impresión e distribución.

    En relación á dificultade de participar en Verkami, podes contactar con nós en revistaoink@revistaoink.com e miramos de solventalo.

    Moitas grazas polo apoio.

    Un saúdo

  • endl sequelo

    endl sequelo

    almost 12 years

    Como outros compañeiros nos tamén temos problema para subscribirnos via verkami. A nivel persoal as revistas que ides sacar son novas ou son as mesmas que algúns xa posuímos. Seguimos dispostos a apoiar o proxecto

Show more comments...