Grazas polo voso apoio!
A vosa ilusión anímanos a ir moito máis lonxe. Ampliamos os nosos obxectivos para a campaña. Ler máis...
La Tuerka é un faladoiro político, desde abaixo e á esquerda, que botou a andar hai dous anos en Tele-K e que hoxe se emite e se grava en Canal33 (con re-emisión Tele-K). O programa fano un grupo de activistas sociais e da comunicación que traballan para facer unha televisión diferente. A orientación do programa é nidiamente de esquerdas, pero a pluralidade sempre foi un dos nosos sinais de identidade, de xeito que pola nosa mesa de debate pasaron, entre outros, o PP, IU, PNV, PSOE, Amaiur, ERC e UPyD, así coma xornalistas de todas as orientacións (desde Gara até Canal13, pasando por Diagonal), representantes dos sindicatos da policía e membros de Ecologistas en Acción, Juventud Sin Futuro, a Plataforma de Afectados por la Hipoteca e un longo etcétera.
Paseniño, La Tuerka foi medrando e aprendemos dos nosos acertos e dos nosos moitos erros. Hoxe atopámonos diante dun teito de vidro. Para mellorar o programa, imos traballar máis e mellor, queremos ampliar o colectivo e precisamos equipo. Neste último punto é no que precisamos da vosa axuda.
POR QUE PRECISAMOS DE VÓS
Necesitamos mercar equipo profesional para seguir amosando a realidade da loita na rúa. Queremos ofrecer os mellores contidos coa máxima calidade. Necesitamos a un equipo de gravación completo (cámara, trípode, bolsa, pilas, baterías, memorias, etc.)
Nunca lle cobramos a ninguén por ver o programa, nin polo momento houbo publicidade...agora precisamos o apoio do noso público para avanzar.
Con este equipo poderemos realizar máis reportaxes, teremos máis posibilidades de gravar fóra de Madrid e mesmo embarcarnos en máis proxectos en paralelo ao programa (documentais, gravación de eventos, etc.) Tamén queremos abrir unha nova sección no programa dedicada a amosar espazos e colectivos aos que os espectadores/as poidan unirse para mudar a orde de cousas. La Tuerka xa é un proxecto vivo, e as melloras que traerá canda si o novo equipo notaranse de seguido.
Os dous anos que leva en marcha La Tuerka e o seu crecemento son un exemplo do que se pode construír desde abaixo e á esquerda. Até agora mantivémonos co que achegaban as persoas implicadas no proxecto, algún ingreso de merchadising e eventos do programa, e sempre tivemos que inverter máis tempo e esforzos no programa que o que podiamos dedicar a posíbeis vías de financiamento.
La Tuerka é un faladoiro político, desde abaixo e á esquerda, que para seguir medrando como proxecto require do voso apoio. Precisamos equipo para manter e ampliar o proxecto. Axúdasnos?
PARA COÑECERNOS MELLOR
www.latuerka.net / YouTube / @la_tuerka / Facebook
45 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Segundo Alija Benavides
Como hacerse simpatizante de PODEMOS ?
María Teresa Benito
He leído que Pablo Iglesias tenía un programa en hispantv supongo que será otro bulo porque sino es de lo más incoherente emitir a través de la tv iraní y defender la igualdad de género
La Tuerka
Autor/a
Pues hasta que lo has preguntado pensábamos que habíamos terminado :/ Escribe con tus datos a [email protected] y lo solucionamos. Saludos!
Orthigar
Buenas compas! Enhorabuena ante todo.
¿cómo va la distribución de las recompensas?
Enrique
He podido observar que trabajáis con Triodos, un banco que se autodenomina ético, y viene seguido por una ciera polémica. ¿Tenéis intención alguna vez de colaborar con entidades cooperativas éticas como COOP57 o FIARE?
Gracias
La Tuerka
Autor/a
El mensaje "tarjeta ajena al sevicio" quiere decir que la pasarela de pago no ha aceptado la tarjeta y, por tanto, no ha habido aportación.
En caso de duda en tu cuenta personal de Verkami podrías comprobarlo (cosa que, en este caso, ya se ha hecho).
Gracias!
Mario Bueno Aguado
Buenas, he hecho el ingreso tal y como se pone pero me ha salido "Tarjeta ajena al servicio" ¿Existe alguna manera de confirmar que he hecho el ingreso?
La Tuerka
Autor/a
Al final de la campaña os enviaremos un mail para, entre otras cosas, preguntaros con que nombre os gustaría aparecer en los agradecimientos en web/programa.
Gracias!
Jorsalino
Hola:
He hecho un ingreso desde mi cuenta personal, sin embargo, la aportación es del colectivo Barrios Despiertos. ¿Hay alguna direccion de correo u alguna otra forma para que quede constancia de que es el colectivo que hace la aportación y no yo?
Manuel Villafranca Borao
Doné 60 euros a LA_TUERKA en Twitter a Producciones CMI TFN Contacto 660471902, no será una estafa, dejé un mensaje y no he recibido notificación, pedí la Taza de La_ Tuerka, gracias