❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Orquesta GHARBO! Primeiro disco de Nelson Quinteiro!

Despois do traballo de producción musical levado adiante de cara á posta en escena do espectáculo GHARBO! en co-producción co Centro Coreográfico Galego; Nelson Quinteiro aborda o vindeiro ano 2013 co propósito de que este e outros traballos previos vexan a luz en formato discográfico.

Nelson Quinteiro

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
24
Aportaciones
1.897€
De 1.875€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

Nelson Quinteiro (Cangas do Morrazo, 1979) é actor, director de escena, bailarín ou cantante que vive no coruñés barrio de Montealto dende vai máis de 10 anos.

No pasado ano 2012 ten levado adiante a producción musical e artística do espectáculo GHARBO! en co-producción co Centro Coreográfico Galego, ao lado de varios dos músicos e bailaríns máis recoñecidos dentro da música e da danza tradicional galega Gharbo!

Previamente ten amosado unha interesante carrera como director de teatro, sobre todo no eido do cabaré, creando o Festival Galego de Cabaré, que chega no 2012 á súa septima edición ou de diferentes montaxes de cabaré ou teatro de rúa coa Compañía Femme Fatale Cabaré3

Neste presente 2013, Nelson Quinteiro aborda o proxecto de que o seu repertorio vexa a luz en formato discográfico achegando outras melodías e ideas que teñen que ver coa súa traxectoria anterior de 15 anos investigando, compoñendo e arranxando temas da música tradicional galega en grupos como “Cabesa de Pau” ou espectáculos como “As Mans Perdidas” ou “Danza e Contradanza”, ou acompañando a outros grupos como o grupo de pandereteiras "Liñaceira" de Lugo ou "Maghúa Pandereteiros" da Coruña.

Para este proxecto o obxectivo é arrouparse de novos músicos e colaboradores cos que ten estado en contacto ao longo deste período como cantante ou director de escena.

Orquesta GHARBO!

Será o nome que levará este traballo discográfico e esta formación musical que comeza en xira dende o mes de maio de 2013 en diferentes combos (solista {voz, pedais de loop e delay, percusións}, dúo {+ guitarra}, trío {+zanfona, requinta, traveseira e gaita}, cuarteto {+acordeón e percusións} ou orquesta {+baixo +batería}, en función das posibilidades) para interpretar temas propios e tradicionais que levan acompañando ó cangués dende vai máis de 15 anos.

O disco estará composto por unha batería de temas; entre os que se atopan diversas composicións do autor ou outros temas tradicionais galegos arranxados cun particular estilo. Tangos, alalás, muiñeiras, maneos, xotas ou pasodobles tradicionais aos que se lle dá un son máis actual con claras influencias ben recoñecibles.

Para os directos crearanse dous repertorios; un de corte máis intimista baseado na polifonía, nos romances ou nos alalás e destinado a pequenos locais, teatros, etc... e outro moito máis animado pensado para festas, festivais, salas de concertos, etc... onde a rumba, o pasodoble ou as músicas populares teñan máis protagonismo.

MICROFINANCIACIÓN.

O meu obxectivo fundamental é empregar a ferramenta do crowdfunding como un recurso máis á hora de levar este proxecto adiante.

Esta ferramenta consiste na posta en marcha de varias opcións de colaboración destinadas aos amigos ou colaboradores a cambio dunha gratificación ou recompensa pola súa aportación económica. En virtude do número de colaboracións poderemos calibrar a magnitude do proxecto.

Ao mesmo compleméntao unha inversión personal e xestión de xira dos que poderemos destinar parte dos beneficios a complementar esta inversión.

En función do que sexamos capaz de recaudar por medio do crowdfunding poderemos darlle más alcance a esta proposta:

TRAMO A: Con esta recaudación cubriríamos os gastos de gravación e producción do disco. A edición do mesmo, con 500 copias editadas correría pola nosa conta.

TRAMO B: Con esta recaudación cubriríamos os gastos de gravación e producción do disco dun xeito más ambicioso, con máis colaboradores e orquestación, así como a edición, con mil copias editadas do disco.

TRAMO C: A partir desta cantidade, ademais do especificado no Tramo B cubriríamos a producción audiovisual de varios videoclips da man de Pablo Soto Golugoff, coa participación da Compañía Femme Fatale e de artistas convidados. Ademais podríamos pensar na contratación dun axente de distribución e xestión de xira, a media xornada durante 3 meses.

TRAMO D: Ademais do especificado no Tramo C poderiamos emprender unha campaña publicitaria para apoiar o proxecto ou na xestión dunha xira máis internacional da que previamente temos proxectado.

O DISCO

A RECOLLEITA

COMO SONARÁ
Deixo aquí algúns exemplos de traballos en directo.

O primeiro vídeo, do espectáculo "Brancas" da Compañía Femme Fatale ten como banda sonora o tema "Maneo de Baldaio", gravado en directo xunta ao guitarrista Álex Lorenzo, artista que formará parte dos diferentes combos da "Orquesta Gharbo!". Neste tema empregamos como bases sonoras co pandeiro sampleado de José Afonso e o seu universal "Milho Verde" ou a escena sonora de madeira de Yann Tiersen no tema "La Noyee".

O segundo vídeo corresponde a un directo do espectáculo "GHARBO!" gravado en directo durante a residencia artística do mesmo no Centro Ágora da Coruña. O videoclip é obra de Pablo Soto Golugoff, profesional no que pensamos para realizar os videoclips do disco "Orquesta Gharbo!" no caso de chegarmos ao tramo C.

Entre os dous temas e os seguintes directos en formato soundcloud fan unha idea do son que buscamos para o disco "Orquesta Gharbo!"

Maneo de Baldaio

Tango da Illa de Ons

[Soundcloud item unavailable]
[Soundcloud item unavailable]

COLABORACIÓNS

Mediante un acordo co Directo Origen (comercio xusto e directo on-line) emprenderemos próximamente unha pequena xira de actos para presentar ambos proxectos. Ademais, varios das recompensas trazadas neste proxecto de crowdfunding son canxeables por un lote de productos de Directo Origen.

APORTACIÓNS

Para este proxecto pensei nun tipo de aportacións pensadas tanto para particulares, de 5 a 90 euros, como tamén para pequenas empresas: comercios, librarías, centros sociais, de 75 a 200 euros, ou para locais de lecer, salas de concertos, festivais ou centros públicos, de 75 a 800 euros.

CRONOGRAMA

Dende xaneiro de 2013

Conformación da proposta musical; comezo dos ensaios, sondaxe de colaboradores musicais, deseño da imaxe corporativa e gráfica do proxecto. Deseño web e xestión de métodos de crowdfunding.

Do 13 de marzo ao 21 de abril

Proceso de crowdfunding e xira promocional do mesmo por diferentes cidades e vilas de Galicia. Os actos comezarán a fin de semana da 15, 16 e 17 de marzo, na comarca da Coruña; ofrecendo tres actos; un na Biblioteca Pública da AAVV Atochas Montealto; outro na Libraria "A Lus do Candil" de Arteixo e unha festa na Taberna Mahara, da Rúa Orzán da Coruña

Do 21 de abril ao 21 de maio

Continuación dos ensaios, definición da proposta musical, e continuación da xira local para ir empastando o son.

Do 21 de maio ao 18 de xuño

Xira de Nelson Quinteiro en solitario por Uruguay da man da compañía Quimera Teatro de Montevideo. Alí impartirá dous talleres, un de teatro de rúa e outro de cabaré contemporáneo, ademais de facer unha ronda de concertos coa versión en solitario deste traballo.

18 de xuño- Setembro

Gravación, producción e edición do traballo discográfico.

A partir do 15 de setembro

Lanzamento do disco, xira promocional e retorno das recompensas ós colaboradores/as deste proceso de crowdfunding.

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

3 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • roberto

    roberto

    casi 11 años

    Nelson chámanos se podes. 981200082

  • Nelson Quinteiro

    Nelson Quinteiro
    Autor/a

    casi 11 años

    Ola, Susana!

    As entradas para os concertos das recompensas de 25 ou 90 € acordaranse cos colaboradores e colaboradoras en función da zona xeográfica e da súa dispoñibilidade para acudir ás citas que entren dentro da xira.

    Referímonos a concertos en sala ou teatro, en formato trío, cuarteto ou orquesta e nos que haxa marcada unha tarifa de entrada.

    En caso de que, tras varios intentos non sexa posible, canxearase esa colaboración por un lote de productos de www.directoorigen.com

  • Susana

    Susana

    11 años

    Hai unha data concretada xa para os concertos que mencionades?? vivo fora e non sei se podo estar o dia clave...Grazas

Volver a todas las actualizaciones

#06 / El cangués Nelson Quinteiro termina la grabación de su primer disco

La sede de Fundación Autor (SGAE) en Santiago de Compostela ha acogido la grabación de “Gharbo!”, el primer disco de Nelson Quinteiro, referente cultural en Galicia a través de diversos proyectos de música, teatro o cabaré. Terminada la grabación esta semana, en el estudio de la SGAE comienzan ahora las sesiones de mezcla y masterización.

El disco será presentado en directo en el Auditorio de Cangas, el próximo 23 de noviembre, con la participación de todos los músicos y colaboradores y en el Auditorio de Rianxo el 14 de diciembre. Estas dos galas serán abiertas al público en general.

El lanzamiento comercial del disco será un poco más tardío, de cara a principios de 2014, cuando ya proyectaremos una gira promocional de mayor escala con la que esperamos llegar a la mayoría de villas y ciudades de Galicia.

Los mecenas de este trabajo, sin embargo recibirán el disco antes de su lanzamiento, a modo de atención por su confianza en el proyecto.

El repertorio de “Gharbo!” incluye temas extraídos del espectáculo del mismo nombre y otros de trabajos anteriores de Nelson Quinteiro, a modo de resumen de lo que ha sido su trayectoria musical hasta hoy. En la grabación recién terminada, el artista cangués ha estado respaldado por Fran Castro (bajo y piano), Pulpiño Viascón (acordeón, zendrum, serrucho y batería), Álex Lorenzo (guitarra, pedales y coros) y Eduardo Méndez “Dubi” (saxos y flauta), con las voces invitadas de Silvia Penide, María López (Faltriqueira), Xandre Outeiro (Projecto Trépia) o un coro formado por integrantes de Estalotes y Cantigas e Agarimos.

El disco contará con el prólogo del escritor Diego Ameixeiras, que después de escucharlo en el estudio lo define como "unha paisaxe na que cohabitan tangos, muiñeiras e pasodobles con alalás e con jotas, atravesada por sonoridades que se arriman á sinxeleza pop e á contundencia do bravú coa mesma naturalidade coa que se presentan a peito descuberto."

La grabación es el resultado de un proceso de financiación colectiva, todavía abierto en la web de Nelson Quinteiro, que ha conseguido recoger, hasta el momento, 2.400 euros. El artista escogió los estudios de la Fundación Autor en Galicia por sus excelentes prestaciones técnicas.

Adjuntamos foto de Nelson Quinteiro en el estudio de grabación de Fundación Autor.

0 comentarios

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

#07 / Pre-lanzamento do disco "Orquesta Gharbo!" de Nelson Quinteiro. Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo

Nelson Quinteiro escolle a súa vila natal, Cangas do Morrazo para o pre-lanzamento en exclusiva do que será o seu primeiro disco "Orquesta Gharbo!"

O vindeiro sábado 23 de novembro, dende as 21:00 h do serán o Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo vestirá raia diplomática para acoller o pre-lanzamento en exclusiva do disco "Orquesta Gharbo!", primeiro traballo discográfico de Nelson Quinteiro que verá a luz dentro de moi pouco e que é posible grazas a unha campaña previa de crowdfunding.

Para o acto, o artista cangués rodearase dos músicos da súa propia banda, a Banda Gharbo!, formada por Álex Lorenzo, Pulpiño Viascón, Fran Castro e Eduardo Méndez "Dubi" que veñen a aportar guitarras, zendrum, serrucho, piano, baixo, acordeón mi-di, saxo tenor, soprano ou frauta traveseira á voz deste cangués que tanto xoga coas polifonías vocais mediante pedais de loop e delay, escenas sonoras ou bases sampleadas.

leer más

#06 / El cangués Nelson Quinteiro termina la grabación de su primer disco

La sede de Fundación Autor (SGAE) en Santiago de Compostela ha acogido la grabación de “Gharbo!”, el primer disco de Nelson Quinteiro, referente cultural en Galicia a través de diversos proyectos de música, teatro o cabaré. Terminada la grabación esta semana, en el estudio de la SGAE comienzan ahora las sesiones de mezcla y masterización.

El disco será presentado en directo en el Auditorio de Cangas, el próximo 23 de noviembre, con la participación de todos los músicos y colaboradores y en el Auditorio de Rianxo el 14 de diciembre. Estas dos galas serán abiertas al público en general.

El lanzamiento comercial del disco será un poco más tardío, de cara a principios de 2014, cuando ya proyectaremos una gira promocional de mayor escala con la que esperamos llegar a la mayoría de villas y ciudades de Galicia.

Los mecenas de este trabajo, sin embargo recibirán el disco antes de su lanzamiento, a modo de atención por su confianza en el proyecto.

leer más

#05 / Primicia mundial: ORQUESTA GHARBO! en Carballo. 2 de agosto.

Queridos amigos e amigas, mecenas e colaboradores todas/os!

Que saibades que aínda que as cousas de palacio van despacio todo vai ao seu ritmo, a modo pero con boa letra.

A partires de 19 de agosto temos previsto entrar en estudio, polo que agardamos ter o disco na man a finais de outubro-novembro. A cousa demorouse un pouco por asuntos estivais, pero agardamos que teñades paciencia... a boa cociña leva o seu tempo!!!

Namentres tanto non nos detemos, andamos traballando, e o vindeiro 2 de agosto faremos a presentación en primicia mundial do repertorio do disco en formato orquesta; un espectáculo multidisciplinar coa participación de Álex Lorenzo (guitarra), Pulpiño Viascón (batería, serrucho e zendrum), Fran Castro (piano), Eduardo Méndez “Dubi” (traveseira, saxo e gaita). Colaboracións especiais do grupo Maghúa Pandereteiros, da cantautora Silvia Penide, do bailador Miguel Sotelo ou das actrices María Polo e Uxía Vázquez.

leer más

#04 / Obxectivo mínimo acadado!

Prezados amigos,

A 5 días do prazo de finalización para o proceso de crowdfunding de cara ao disco "Orquesta Gharbo!" de Nelson Quinteiro podemos anunciar que acadamos recaudar o obxectivo mínimo para a plasmación do proxecto, co que o disco "Orquesta Gharbo!" verá a luz e será lanzado no vindeiro mes de setembro.

Aínda que quedamos un pouco lonxe das nosas aspiracións reais, a verdade é que estou moi satisfeito pola resposta dos colaboradores/as, así como das satisfaccións personais e repercusión deste proxecto.

Por iso, aínda que o prazo de crowdfunding na páxina web www.verkami.com remata o vindeiro 21 de abril, nós seguiremos coa nosa campaña a través da nosa propia páxina www.gharbo.org/crowdfunding ata polo menos un mes máis.

Así, por exemplo o vindeiro venres 26 de abril estaremos en directo no Salón Avilés de Cangas, a partir das 21:00 h para festexar o terceiro aniversario do salón de beleza da Rúa san Xosé e presentar os proxectos www.gharbo.org/crowdfunding e leer más

#03 / Falta unha semana! Desvelamos ós colaboradores/as!!!

De chegarmos ao obxectivo trazado no proceso de crowdfunding, o traballo discográfico “Orquesta Gharbo!” contará coas colaboracións artísticas de diferentes amigos que foron pasando polo camiño de Nelson Quinteiro nestes 15 anos de traxectoria profesional, así coma doutros artistas que destacan polo seu carisma.

Comecemos por Álex Lorenzo, guitarrista e musicólogo, co que estamos retomando diferentes temas do repertorio e construíndo a columna vertebral deste traballo. Falemos de Diego Ameixeiras, escritor e amigo, voz da nosa xeracion e que prologará o disco. Mencionemos a Fran Castro ou Pulpiño Viascón, amigos e colaboradores de Quinteiro no espectáculo “Master Class Cabaret” da Compañía Femme Fatale, e que prestarán o teclado, o serrucho, o zendrum, baixo ou batería a algún dos temas do traballo. E… leer más

#02 / Festa-Concerto-Presentación no Ultramarinos (Compostela)

Festa-Concerto-Presentación

do proxecto de crowdfunding para o primeiro disco de Nelson Quinteiro baixo o título "Orquesta Gharbo!"

Onde:

Ultramarinos. Casas Reais 34. Santiago de Compostela

Cando:

Mércores 3 de abril. 21:00 h

Quen:

Nelson Quinteiro (voz, pedais de loop, delay, escenas sonoras e percusións), Álex Lorenzo (guitarra e pedais) e Cristina Moreira (presentadora; actriz e "moreiróloga")

O que:

Unha festa-concerto na que se presentará a campaña de crowdfunding de cara o primeiro disco de Nelson Quinteiro con monólogos, presentacións, música en directo e artistas convidados.

Canto:

5 € de entrada, en concepto de apoio mínimo ao proceso de crowdfunding (inclúe o envío de 3 temas en MP3 a cada asistente, enviados por correo electrónico, cando a edición e masterización do disco veza a luz).

Entrada libre para os que xa colaboraran con este proceso de crowdfunding.

Ligazóns:
Orquesta Gharbo!
Gharbo! en Verkami

Outras:

Sobre Cristina Moreira

Sobre Nelson Quinteiro

#01 / Comeza a xira de promoción do proceso de crowdfunding do disco "Orquesta Gharbo"!

Colaborades/as como María Xosé Bravo ou Tati Mancebo, que presentarán varios dos actos, o grupo Maghúa Pandereteiros, ou actrices da Compañía Femme Fatale arrouparán os actos.

Comeza a xira de presentación do proceso de crowdfunding de cara ao disco “Orquesta Gharbo!” de Nelson Quinteiro e da páxina web e de comercio xusto www.directoorigen.com

3 actividades ao longo desta fin de semana darán conta dos proxectos e dos seus obxectivos. O venres chegarán á Biblioteca da Asociación de veciños de Montealto. O sábado á libraría “Á lus de candil” de Arteixo. O domingo celebrarán unha festa-sesión vermouth na Taberna Mahara.

Esta fin de semana, logo, comeza a rolda de actividades de cara a facer público o proceso de crowdfunding de cara o disco "Orquesta Gharbo!" de Nelson Quinteiro.

leer más

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies