No hay proyectos en marcha, categorías o tags con esta búsqueda...
Pulsa ‘Enter’ para buscar entre todos los proyectos :)
¿Alguna duda? Puedes volver a la página del proyecto.
A túa pegada, sempre a bordo. Queremos que o vento que mova a dorna leve tamén o teu nome. Esta é a forma máis bonita de viaxar con nós sen moverte da casa.
O teu retorno: Escribiremos o teu nome a man e con rotulador indeleble na propia vela. Quedará plasmado na tea, viaxando con nós en cada regata, en cada paseo e en cada atardecer pola Ría de Arousa.
Inclúe tamén o agradecemento en redes sociais.
A túa axuda dende a distancia. Esta recompensa é para quen quere dar ese "empurrón" necesario para arrincar. É a base do noso proxecto: a suma de moitos pequenos esforzos.
O teu retorno: O día da botadura (17 de Maio), o teu nome aparecerá destacado na Lista de Honra que publicaremos nas nosas redes sociais, agradecendo a túa contribución para salvar o noso patrimonio.