É unha comedia negra con tintes de drama en formato webserie de 3 episodios, ambientada en Vilagarcía de Arousa, Galicia. Un proxecto ideado por Iván Alonso e coescrito xunto coas guionistas Carmen G. Vidal e Andrea Palacios e coproducido xunto a Julia Romay.
A esencia da webserie é sobre o sentimento de mediocridade coa que nos movemos gran parte dos mozos e mozas de vintetantos anos que se ven perdidos nun presente caótico e cun futuro incerto. Algo que resulta ser atemporal e no que todas a xeracións que pasaron por este momento poden verse reflectidos.
1/2CRE conta a historia de Isaac, un rapaz de vintecatro anos que se ve atrapado na súa vila natal, Vilagarcía de Arousa, tendo que traballar en curros mal pagados á vez que fai prácticas non remuneradas por un contrato que non dá chegado a ver a luz.
Isaac admite vivir nun limbo de mediocridade. De sentir que non está tan mal como para queixarse da vida, pois é independente, convive cos seus mellores amigos Alexia e Nico e ten suficiente para comer e vivir; pero tampouco tan ben como para celebralo, xa que cobra unha miseria sendo explotado, garda unha relación medio complicada coa súa nai e non para de saírlle todo mal.
Pero iso cambia cando Isaac decide poñerse as pilas e facer un cambio, decidido a ir a por todas. Mais coma sempre, nada é fácil nesta vida e certos obstáculos, xunto coa a propia impulsividade destructiva de Isaac, torcen con todo o seu plan, volvendo a recaer no sentimento de mediocre fracasado do que parece que nunca se librará.
Os tres episodios de 1/2CRE actúan como tres escenarios da vida de Isaac: traballo, familia e o amor/amizade; á vez que desenvolven un arco da súa propia evolución como persoa que rexeita o ser mediocre a rematar por aceptalo polo ben da súa saúde mental.
Temas como a pésima situación laboral da xente nova, o sentirse perdido constantemente, o síndrome de impostor, o trauma familiar-xeracional e a saúde mental mestúranse cun humor negro e ácido, preto á realidade da xuventude de agora, dando como resultado esta webserie.
É importante recalcar a saúde mental e a súa representación levada a cabo en 1/2CRE, pois é clave para entender que dentro das particularidades e dificultades que a xente nova confrontamos hoxe en día, o declive da mesma é un factor que hai que ter presente e ser consciente tanto en ficción como na vida real.
Xa tendo confirmados a Manuel Fontal, Lydia Prada e Sergio Barba como parte do elenco principal, actores con un gran talento; ao equipo técnico súmanse rapaces e rapazas especializados no audiovisual de diversos lugares de Galicia. Estos son:
As vosas aportacións serán invertidas en diversos gastos:
Un 35% en material de rodaxe: Aluguer, préstamos de material...
Un 25% en arte: Atrezzo, decoracións, vestiario, maquillaxe...
Un 20% en cubrir dietas e transporte.
Un 15% en promoción e distribución, así como nas vosas recompensas correspondentes.
E o 5% restante, que recae no que percibe Verkami polo servizo.
Deixamos as nosas redes sociais onde poderedes enterarvos de novas e contidos exclusivos. Para máis información tamén poderedes abrir MD sen problema! <3
Graciñas a todes e viva a mediocridade!
4 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
Daniel Gómez
🥳
Angeles
Vengaaaa!!🎬🎞️🎥
Sandra
🔥🔥🔥
Skipy
vamono ahi a tope con la serie ole ole oleeeee