❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

1/2CRE, a webserie

Unha webserie galega onde ninguén se salva de ser severamente mediocre.

Mediocre Producións

A project of

Category

Created in

Vilagarcía de Arousa
0
seconds
82
Pledges
3.035€
From 3.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

É unha comedia negra con tintes de drama en formato webserie de 3 episodios, ambientada en Vilagarcía de Arousa, Galicia. Un proxecto ideado por Iván Alonso e coescrito xunto coas guionistas Carmen G. Vidal e Andrea Palacios e coproducido xunto a Julia Romay.

A esencia da webserie é sobre o sentimento de mediocridade coa que nos movemos gran parte dos mozos e mozas de vintetantos anos que se ven perdidos nun presente caótico e cun futuro incerto. Algo que resulta ser atemporal e no que todas a xeracións que pasaron por este momento poden verse reflectidos.

1/2CRE conta a historia de Isaac, un rapaz de vintecatro anos que se ve atrapado na súa vila natal, Vilagarcía de Arousa, tendo que traballar en curros mal pagados á vez que fai prácticas non remuneradas por un contrato que non dá chegado a ver a luz.

Isaac admite vivir nun limbo de mediocridade. De sentir que non está tan mal como para queixarse da vida, pois é independente, convive cos seus mellores amigos Alexia e Nico e ten suficiente para comer e vivir; pero tampouco tan ben como para celebralo, xa que cobra unha miseria sendo explotado, garda unha relación medio complicada coa súa nai e non para de saírlle todo mal.

Pero iso cambia cando Isaac decide poñerse as pilas e facer un cambio, decidido a ir a por todas. Mais coma sempre, nada é fácil nesta vida e certos obstáculos, xunto coa a propia impulsividade destructiva de Isaac, torcen con todo o seu plan, volvendo a recaer no sentimento de mediocre fracasado do que parece que nunca se librará.

Os tres episodios de 1/2CRE actúan como tres escenarios da vida de Isaac: traballo, familia e o amor/amizade; á vez que desenvolven un arco da súa propia evolución como persoa que rexeita o ser mediocre a rematar por aceptalo polo ben da súa saúde mental.

Temas como a pésima situación laboral da xente nova, o sentirse perdido constantemente, o síndrome de impostor, o trauma familiar-xeracional e a saúde mental mestúranse cun humor negro e ácido, preto á realidade da xuventude de agora, dando como resultado esta webserie.

É importante recalcar a saúde mental e a súa representación levada a cabo en 1/2CRE, pois é clave para entender que dentro das particularidades e dificultades que a xente nova confrontamos hoxe en día, o declive da mesma é un factor que hai que ter presente e ser consciente tanto en ficción como na vida real.

Xa tendo confirmados a Manuel Fontal, Lydia Prada e Sergio Barba como parte do elenco principal, actores con un gran talento; ao equipo técnico súmanse rapaces e rapazas especializados no audiovisual de diversos lugares de Galicia. Estos son:

As vosas aportacións serán invertidas en diversos gastos:

  • Un 35% en material de rodaxe: Aluguer, préstamos de material...

  • Un 25% en arte: Atrezzo, decoracións, vestiario, maquillaxe...

  • Un 20% en cubrir dietas e transporte.

  • Un 15% en promoción e distribución, así como nas vosas recompensas correspondentes.

  • E o 5% restante, que recae no que percibe Verkami polo servizo.

Deixamos as nosas redes sociais onde poderedes enterarvos de novas e contidos exclusivos. Para máis información tamén poderedes abrir MD sen problema! <3

Graciñas a todes e viva a mediocridade!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

4 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Daniel Gómez

    Daniel Gómez

    about 2 years

    🥳

  • Angeles

    Angeles

    about 2 years

    Vengaaaa!!🎬🎞️🎥

  • Sandra

    Sandra

    about 2 years

    🔥🔥🔥

  • Skipy

    Skipy

    about 2 years

    vamono ahi a tope con la serie ole ole oleeeee

Go back to all the updates

#02 / 1/2CRE (Mediocre), a webserie xa está aquí

GAL:

Ola a todxs de parte do equipo de “1/2CRE (Mediocre), a webserie”. Queremos agradecervos unha vez máis as vosas aportacións como mecenas deste proxecto que por fin está finalizado. Deixamos os enlaces para que o poidades visionarla en privado cando queirades. Lembrade que estos enlaces son privados e pedimos que non se divulguen públicamente, pois agora empezamos unha nova fase na que trataremos de distribuir a webserie en posibles festivais e exhibicións, antes de culminar nunha estrea pública que anunciaremos en redes sociais. Para estar atentxs a novas sobre o proxecto, deixamos a nosas redes sociais aquí tamén:

Instagram: @mediocrewebserie

Tiktok: @mediocreproducions

E os enlaces para poder ver os episodios de 1/2CRE:

Episodio 1: https://youtu.be/LzrGkCdzJQY

Episodio 2: https://youtu.be/6vJdR6nFhT0

Episodio 3: https://youtu.be/Xe98N0QJV8Q

Moitas grazas de novo e esperamos que a disfrutedes.

ESP:

Hola a todxs de parte do equipo de “1/2CRE (Mediocre), a webserie”. Queremos agradeceros una vez más vuestras aportaciones como mecenas de este proyecto que por fin está acabado. Os dejamos los enlaces para que podáis visionarla en privado cuando queráis. Recordad que estos enlaces son privado y pedimos que no se divulguen públicamente, pues ahora empezamos una nueva fase en la que trataremos de distribuir la webserie en posibles festivales y exhibiciones, antes de culminar en un estreno público que anunciaremos en redes sociales. Para estar atentxs a noticias sobre el proyecto, os dejamos nuestras redes sociales aquí también:

Instagram: @mediocrewebserie

Tiktok: @mediocreproducions

Y los enlaces para ver los episodios de 1/2CRE:

Episodio 1: https://youtu.be/LzrGkCdzJQY

Episodio 2: https://youtu.be/6vJdR6nFhT0

Episodio 3: https://youtu.be/Xe98N0QJV8Q

Muchas gracias de nuevo y esperamos que la disfrutéis.

0 comments

Log in or Sign up to comment this entry.

#02 / 1/2CRE (Mediocre), a webserie xa está aquí

GAL:

Ola a todxs de parte do equipo de “1/2CRE (Mediocre), a webserie”. Queremos agradecervos unha vez máis as vosas aportacións como mecenas deste proxecto que por fin está finalizado. Deixamos os enlaces para que o poidades visionarla en privado cando queirades. Lembrade que estos enlaces son privados e pedimos que non se divulguen públicamente, pois agora empezamos unha nova fase na que trataremos de distribuir a webserie en posibles festivais e exhibicións, antes de culminar nunha estrea pública que anunciaremos en redes sociais. Para estar atentxs a novas sobre o proxecto, deixamos a nosas redes sociais aquí tamén:

Instagram: @mediocrewebserie

Tiktok: @mediocreproducions

E os enlaces para poder ver os episodios de 1/2CRE:

Episodio 1: https://youtu.be/LzrGkCdzJQY

Episodio 2: https://youtu.be/6vJdR6nFhT0

Episodio 3: https://youtu.be/Xe98N0QJV8Q

Moitas grazas de novo e esperamos que a disfrutedes.

ESP:

Hola a todxs de parte do equipo de “1/2CRE (Mediocre), a

read more

#01 / Moitas grazas a todos e todas! Meta conseguida!

GAL

Boas! Escríbevos Iván Alonso, o creador desta webserie que en nada arranca coa súa rodaxe. Quero darvos as grazas a todos aqueles e aquelas que se convertiron en mecenas deste proxecto e nos axudaron a chegar ao obxectivo plantexado. Con isto, poderemos cubrir gastos de produción e distribución, así como a facer realidade este proxecto.

Actualizaremos información sobre como vai o proxecto tanto en redes sociais (@mediocrewebserie en instagram) como neste blog. Tamén enviaremos uns formularios para poder recadar os datos de envío para as vosas recompensas. Xa vos adianto que estas recompensas están pensadas para ser enviadas a partires de setembro (a excepción do enlace de visionado por adelantado, que se vos cedería en canto teñamos rematado o proxecto).

Unha vez máis, grazas por apoiar un proxecto creado e feito con moito cariño e traballo por xente tan nova que está a comezar neste xa difícil mundo do audiovisual, así como pola vosa confianza. Vémonos axiña e que

read more
We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy