❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Obal presenta Posotopía. Colabora no noso 2°disco

Obal presenta Posotopía, o seu segundo disco. Tras tres anos de crear estas músicas, precisamos do voso apoio para facelo realidade!

Obal

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Moaña
0
segundos
100
Achegas
2.533€
De 2.500€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en English e Castellano

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Posotopía é o novo disco de Obal. Un traballo baseado exclusivamente no repertorio de José Manuel López López o Gaiteiro de Poso para él, o baile e a música eran a mesma cousa. Iván Costa, Jaime Rebollo e Diego Langarika xuntamonos de novo para embarcarnos neste agarimoso proxecto, cheo de virtuosismo e innovación para a música galega de Raíz

Manuel López é a música de gaita das Terras de Cervantes Navia de Suarna. Melodías compretamente novas e únicas, improvisación, infruencias, un emprego dos recursos único. O binomio música-baile, unha forma de entender o folclore vivo. Dende estes preceptos facemos a nosa achega á sua música reinterpretando ao noso xeito os códigos deste peculiar gaiteiro.

Para facer este disco levamos tres anos traballando sen pausa, facendo arranxos e melodías que lle darán ao repertorio do Poso o auténtico son OBAL. Estes tres anos foron difíciles tempos para os que facemos música para o baile, debido á pandemia que tod@s sufrimos. Nós non paramos de traballar, como mostra este video que fixemos en confinamento.

Jota de Poso de OBAL

Quenes somos

Obal somos Iván Costa, Jaime Rebollo e Diego Langarika
Mais na familia OBAL somos moit@s. Para este novo disco imos contar con:

Serxío Cobos que porá a súa voz e os seus bailegramas que formarán parte do deseño do disco e da nova camiseta. E como non, o baile.

Mercedes Prieto tamén bailará na Posotopía

Isaac Millán aportará a súa música en dous temas, e será o responsable da gravación, mistura e masterización.

Diego Bea Besada fará as fotos da nova imaxe de Obal e producirá dous vídeos do disco.

A.C. Lembranzas da Ría e Manolo Cobas fixeron o baile no video de Posotopía para a campaña de crowfunding.

TOD@S vós que sodes @s que bailades e desfrutades a nosa música. Dades sentido ao noso traballo.

Aquí tedes un dos nosos concertos bailados este no superfestival Demanda folk no 2019

A que irán destinadas as vosas aportacións

Coas vosas aportacións costearemos a gravación e masterización do disco. Tamén o deseño do CD e a produción do videoclip e as fotos. Teremos unha nova camiseta cos bailegramas cun punto da zona dos Ancares, e tamén unha cervexa edición limitada Posotopía e máis cousiñas que veredes abaixo.

Ancestral Estudios

Cando estará o disco

O disco xa está gravado, so falta a mistura e masterización e tamén a fabricación das copias. Polo tanto, contamos que sexa distribuído entre primavera e verán deste 2022.

www.facebook.com/obaltrad
www.instagram.com/obal.music
https://youtube.com/channel/UC2X6eJzvko0n8y5OMy-9gMw

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

6 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Agueda Sastre Zamora

    Agueda SZ

    3 anos

    ¡Un abrazo enorme, chicos! 😊

  • Alklaus

    Alklaus

    3 anos

    Moita sorte, rapaces!!!

  • David Corba

    David Corba

    3 anos

    Lume 🔥🔥🔥

  • Adega_do_Fauno

    Adega_do_Fauno

    máis de 3 anos

    Grupazo¡¡ Gracias por seguir haciendo música¡¡

  • Olalla Vidal López

    Olalla Vidal López

    máis de 3 anos

    👏🏼👏🏼👏🏼🥳🎊🎉🤩

  • Reyva

    Reyva

    máis de 3 anos

    Un saúdo rapaces!!!!

#03 / As vosas recompensas saen a próxima semana

Hola mecenas! A próxima semana comezaremos a enviar todalas recompensas
Recordarvós que mañá 10 de xuño as 22:30 temos o concerto de presentación na Salason en Cangas. Será un concerto público con entrada de 5€ agás para os que collichedes a recpmpensa do concerto con 2 entradas. Encantaríanos que viñesedes todas.

Seguimos em contacto. Apertazas!

Grazas, merci, thanks, obrigados!

ler máis

#01 / Verkami conseguido moitísimas grazas a todas!!!!

Verkami conseguido!!!! Moitisímas grazas a todas polo voso apoio. Estamos traballando nas vosas recompensas, en breves pediremos os vosos datos.

Contaros que o 10 de Xuño presentamos o disco en primicia na Salasón en Cangas as 22:30. E as 21:30 haberá obradoiro de Serxio Cobos. Estamos moi contentos e ilusionados con este proxecto.

Grazas. Thanks. Merci. Obrigado.

Viva o baile!!!!!

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies