Os fungos son un recurso moi valioso dos montes e, en Galicia, a cultura micolóxica é relativamente pequena, polo que é unha tarefa moi importante dalos a coñecer e poñelos en valor, posto que só se valora e protexe aquilo que se coñece.
Os cogomelos en Galicia teñen unha historia de amor-odio algo complexa. Cada outono, ninguén pode evitar fixarse neses organismos que aparecen nos bosques e nos campos, fascinantes para uns e abominables para outros.
No pasado estes seres vivos recibiron nomes desprezativos por parte de quen os temía, como “Pan de sapo”. Intentado darlle unha volta a esta denominación, decidimos chamar ao noso xogo sobre cogomelos precisamente así, para non esquecer o pasado, e máis para dotalo dun novo significado.
“Pan de sapo” é o xogo de cartas onde terás que ser o sapiño máis espelido, para apañar os cogomelos máis valiosos e evitar que os outros sapos chos rouben e gañen todos os puntos.
O xogo consta de tres roldas moi rápidas nas que os xogadores poderán colocar ata oito cogomelos no seu ecosistema, intentando conseguir o maior número de puntos posibles.
Ademais, cada un contará cunha misión secreta que deberá cumprir para acadar unha maior puntuación.
“Pan de sapo” ten 60 cartas de cogomelo, 12 cartas de sapo con habilidades especiais e 8 cartas de misión.
As achegas empregaranse para financiar a creación e produción do xogo “Pan de sapo”, así como os gastos de envío, gastos derivados da campaña e comisións de Verkami.
De acadar os obxectivos de financiación indicados na mesma, todos os mecenas recibirán diversas melloras no seu xogo básico ao finalizar a campaña.
Ademais, tamén poderán elixir entre os idiomas galego, castelán ou inglés tanto para o libro de instrucións, coma para os contidos das cartas de xogo. Consulta a sección “Obxectivos”!

Os mecenas de “Pan de sapo” teredes a opción de elixir diferentes combinacións de recompensas.
As máis sinxelas son “Pan de sapo fugaz” (48 h) e “Pan de sapo”, que vos permitirá facervos co xogo por un prezo máis barato (gastos de envío incluídos).
No caso de que residades no estranxeiro, podedes elixir a opción “Sapo viaxante” para que vos mandemos o xogo onde elixades.
Se aínda queredes máis contidos con cogomelos, poderedes tamén facervos co irmán maior de “Pan de sapo”, “O xogo dos cogomelos”, unha baralla para cativas e cativos a partir de 3 anos. E, incluso, coa colección “A miña primeira guía micolóxica”, os mellores libriños infantís para aprender sobre cogomelos de Galicia (só dispoñibles en galego).
E se vos gusta o deseño da mascota do xogo, a teredes dispoñible en diferentes formatos, coma cuncas, bolsas de tea, láminas e chapas. E quen sabe se nalgún formato máis de desbloquearse os obxectivos extra!
Para tendas ou entidades que desexen solicitar un maior número de xogos, está a opción “Sapo comerciante” que inclúe 5 unidades do xogo e que fará que incluamos o logo da vosa tenda na campaña.
Ademais, só sendo mecenas desta campaña, teredes a opción de elixir en que idioma desexades as vosas unidades do xogo, nun principio a elixir entre galego, castelán ou inglés. Tamén se valorará ampliar idiomas a petición dos mecenas.
Se todo se desenvolve con normalidade, unha vez alcanzado o obxectivo da campaña seguiremos o seguinte itinerario:
Novembro 2021 - xaneiro 2022: produción das unidades do xogo e das recompensas, e preparación das melloras desbloqueadas dos obxectivos do proxecto.
Xaneiro - marzo 2022: preparación dos paquetes de recompensa e envío aos mecenas.
A maiores das recompensas, de acadarse a financiación necesaria (obxectivos), serán desbloqueadas diferentes gratificacións para todos os mecenas que escollésedes unha opción que incluíse “obxectivos extra”. Algúns destes obxectivos os coñeceredes dende o inicio da campaña, mais outros só se desvelarán co avance da mesma.
Obxectivo do 125% - Taboleiro de xogo para 5 xogadores e contadores de puntuación individuais.
Obxectivo do 150% - Incremento do tamaño da caixa de xogo para incorporar os taboleiros á mesma.
Obxectivo do 175% - Desbloqueo do 6º xogador (inclúe taboleiro e contador) e incorporación de novas cartas de xogo.
Obxectivo do 200% - ?
Obxectivo do 225% - ?
Obxectivo do 250% - ?
Estes extras son exclusivos da campaña de crowdfunding!!!
Somos un grupo de biólogas e biólogos galegos, apaixonados pola educación ambiental. O noso traballo nas áreas da Botánica e da Micoloxía, así como o incremento da destrución dos hábitats e o abandono do rural, fixo que nos decatásemos da necesidade de transmitir a importancia e o valor dos recursos naturais que se atopan ao noso redor.
MycoGalicia Plantae naceu como resposta a estas inquedanzas, dende o Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo, para traballar os nosos valores dende a formación, a investigación e a asesoría micolóxica e botánica.
Cada un de nós estamos especializados en distintas actividades, Paula Estévez (deseñadora), María Cabaleiro (administradora), Hugo Fernández (responsable de comunicación), Marisa Castro (asesora científica) e Andrés Cordeiro (informático), pero compartimos o noso fondo aprecio pola natureza e o obxectivo de protexer o medio natural e o rural.
Seguide os avances do proxecto nas nosas redes sociais:
Coñécenos mellor accedendo á nosa páxina web: www.mycogalicia.es
E se desexas obter máis información sobre o proxecto, escríbenos a [email protected]
8 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
MycoGalicia Plantae
Autor/a
Buenos días Miguel Ángel Grau,
No sabemos si recibiste nuestro email de hace un par de semanas en respuesta a tu consulta. Como no hemos tenido contestación, es posible que te haya entrado en la carpeta de Spam. Te rogamos revises el correo, puesta que vamos a reenviar el mensaje, y veamos qué opciones tenemos, puesto que es posible que haya habido un fallo con Correos.
Seguimos en contacto.
Un saludo
Miguel Ángel Grau
Vaya, al menos a ti te ha llegado el juego, porque a mí, ni las de mala calidad ni las que iban a reenviar desde imprenta. Habrá que seguir esperando
mrr4010
La calidad de las cartas es mala: después de 4-5 partidas, sólo con barajarlas, están todos los cantos levantados. Las cartas de sapos especiales, por la parte de atrás, son de un tono de verde distinto al del resto de la baraja, de forma que, como van todas mezcladas en el mazo, en el desarrollo del juego se ve perfectamente si robamos una carta de seta o una de sapo especial.
MycoGalicia Plantae
Autor/a
Muchas gracias!
Miguel Ángel Grau
Enhorabuena pola iniciativa chic@s, a seguir así con proyectos tan ilusionantes
MycoGalicia Plantae
Autor/a
Muchas gracias! Nos alegramos mucho de que tengas tanta ilusión en nuestro proyecto!!!
Nhara
Como estudiante de biología y amante de la micología me ha hecho mucha ilusión colaborar con este proyecto<3
Raquel
Moitas grazas por estas iniciativas!!