Os d'Abaixo | produción do terceiro disco "SOMOS A PEDRA"
Pouco a pouco as cousas van volvendo á normalidade e Os d´Abaixo estamos desexando poder volver aos palcos para facer o que máis nos gusta: música galega 100%. Ademáis, estamos a gravar o noso terceiro disco coa intención de lanzalo para o outono deste ano 2021.
Neste novo traballo, ademais das músicas tradicionais que amamos, agasallaremos os vosos ouvidos cunha boa cantidade de temas propios e con algunha que outra letra de carácter combativo (pódesmo crer, Pepe).
Vai ser un disco gravado en directo nos estudios da Escola da Rúa polo noso técnico, o grande Manolo Dourado, experto en capturar a música viva e crear un delicioso banquete auditivo. Como novidade para este terceiro disco, faremos o lanzamento de varias creacións audiovisuais. Por se todo isto vos parece pouco, anunciámosvos que contaremos con algunhas colaboracións especiais que seguro vos van gustar.
VALXE | Vídeo gravado durante o confinamento da primavera de 2020. Damos as grazas por aquelas bonitas achegas de tantxs amigx!
Para onde irán as achegas
Para poder financiar toda a produción que isto implica, decidimos acudir a vós, amantes da música galega, da terra, do baile, da cultura, e de todo aquilo que como pobo, nos une dalgún xeito. Só tedes que mercar por adiantado algunha das nosas recompensas, e quedaremos ben agradecidos.
Arriba os d´Abaixo e abaixo os d´arriba!
Recompensas
Podes colaborar con nós elexindo unha das recompensas que preparamos
envío a toda a península incluidos
envío ao estranxeiro mercando a recompensa "envío internacional" a maiores da que elixas
Ao finalizar a campaña, enviarémosche un formulario para que nos fagas chegar dirección de envío, talla de camiseta, lugar e hora do concerto...etc.
Calendario previsto
Ao longo de todo o verán e parte do outono, iremos mostrando as producións audiovisuais que acompañan á produción deste novo disco, ademáis de algunha que outra sorpresiña.
O lanzamento do disco será en novembro, co que se queres facer un fermoso agasallo de nadal, non dubides en botarnos unha man.
+ Info
Podes seguir toda información que irá saindo a través das nosas redes sociais
facebook
instagram
25 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Cristina Veira
Aúpa! :) Siento el retraso! Bicos. Fdo. Arte n'A Queira ;)
Pablo Bernárdez Mato
Arriiiiiiba!!!
Pablo Bernárdez Mato
Arriiiiiiba!!!
Miguel Gendre
Bravissimo
evavilaesteva
Boa sorte!
[email protected]
ole familia
Mgdelcueto
Obrigado
Mgdelcueto
Obrigado
Alice Simon
😘😘
Paula Vérez
🙌🏼🙌🏼