Pikara Magazine en papel nº7
PASA A PALABRA, IRMÁ
O último crowdfunding de Pikara Magazine
Coñeces a Carmen de Burgos? A Martha Gellhorn? A Aurora Bertrana? E a Annemarie Schwarzenbach? Sónanche Leila Guerriero, Caddy Adzuba ou Joumana Haddad? Son todas xornalistas, do pasado ou do presente, pero nas Facultades de Xornalismo, cheas de mulleres, non nos falaron delas, só de Truman Capote, de Gabriel García Márquez, de Kapuscinsky e Talese. As xornalistas estamos completamente invisibilizadas na historia. Non nos contaron cales foron os nosos logros nin nos deixaron, en moitas ocasións, que o fagamos por nós mesmas. Escribir sempre foi un verbo moi perigoso que non nos deixaron conxugar polo que puidera pasar.
Nas últimas décadas, as xornalistas témonos unido en redes e asociacións para discutir sobre que papel tiña o xornalismo nas violencias machistas ou de que xeito se representaban as mulleres nos medios, pero temos falado moito menos de cal é a nosa situación como traballadoras. Os problemas ós que nos enfrontamos non son moi orixinais: brecha salarial de xénero, falla de representación, dificultades para chegar a postos de poder, acoso sexual, horarios incompatibles coa vida. As xornalistas contamos as violencias e discriminacións de todas as mulleres… salvo as nosas.
A escrita é un instrumento de poder, unha arma cargada, un privilexio ó que xa non imos voltar renunciar. Por iso, hai case dez anos, pensamos que era unha boa idea poñer en marcha un proxecto de comunicación feminista como Pikara Magazine. Por iso, vós, ó outro lado e desde o primeiro momento, demostráchedes que queríades lernos. Desde entón, o proxecto medrou moito e dun xeito bastante desordenado. Estamos collendo o temón con forza proque temos dous obxectivos inapelables: representar co noso traballo a diversidade do mundo e lograr construír unhas condicións laborais dignas para nós. Queremos facer xornalismo feminista na forma e no fondo, dentro e fóra. Para isto, resulta imprescindible que consolidemos a figura das subscritoras de Pikara, que son as persoas que fan posible que abramos a persiana cada día. Agora mesmo, en torno a 1.300 persoas apoian coa súa cota económica e, sobre todo, dan unha estabilidade que é imprescindible para loitar contra a precariedade.
Este é o último crowdfunding porque unha campaña así, cada ano, desgasta moito e resulta unha fórmula pouco estable. A partir de agora, se queres recibir Pikara en papel na túa casa, terás que subscribirte. Moitas das opcións desta campaña contemplan ese tránsito para as que esteades interesadas en formar parte de Pikara de xeito máis estable.
Pero, máis aló destas cuestións loxísticas, por que non falamos do que realmente che interesa saber antes de poñer a pasta?
7 COUSAS QUE VAS ATOPAR NESTE NÚMERO
1- A palabra en todas as súas formas.
O lema desta no é “Pasa a palabra, irmá” e en Pikara en papel tradúcese en falar de xornalistas, de dicionarios, de bertsolaris, do papel das redes sociais, de como desactivar rumores racistas… e incluso do silencio.
2- Textos para ler en alto.
E se nos xuntamos arredor dun bo lume e lemos xuntas? A nosa rapsoda Txus García, a José Luis Serrano e o seu “Tocador de Señores”... E rematamos cantando unha de María Jiménez.
3- Feminismo contra o fascismo.
A exaltación do patriotismo español, a criminalización das perceptoras de axudas sociais ou os ataques á educación sexual nas aulas. Estas estratexias non xorden co partido das tres letras, pero agora é bo momento para analizalas.
4- Un feminismo para o 99%
Coñecemos a xenealoxía de activismos racializados, ampliamos referentes transfeministas, aprendemos sobre literatura decolonial e reflexionamos sobre as broncas intrafeministas que nos desgastan.
5- Defensa do territorio e soberanía alimentaria.
Que teñen que ver as linguas cos alimentos?E a lactancia co cambio climático? Hai defensoras da tierra nunha gran urbe? Terás que agardar a setembro para coñecer as respostas.
6- Falamos de todo.
Nunca nos cansaremos de repetir que Pikara non é un medio especializado. Se non, como explicarías que neste número falemos de deporte, de saúde mental, de ciencia ficción, de altas capacidades ou de agroindustria?
7- O sinal de Pikara en papel: a calidade gráfica.
Hai cousas que non cambian. Un ano máis, Emma Gascó viste a nosa revista cpas súas preciosas portada e contraportada, e Señora Milton coa maquetación. Este ano cada sección pechará cun contido gráfico: cómic, fotoxornalismo, ilustración autobiográfica...
7 COUSAS NAS QUE IMOS GASTAR OS TEUS CARTOS
1- Deseño, maquetación e impresión do número 7 de Pikara en papel. A maquetación da revista é cousa de Señora Milton, e Emma Gascó respite na portada e na contraportada. No traballo de ambas imos gastar 1.750€ e na imprenta arredor de 9.000€. As revistas imprímense en Vitoria-Gasteiz. Queremos que a revista sexa o máis bonita posible, así que todos os anos contamos con Mariajo Castro, unha editora marabillosa á caza de todos os erros, á que pagamos 400€
2- Deseño, maquetación e impresión de monográficos.
Estamos que o botamos fóra! O papel gústavos, e a nós, tamén. Este ano imos publicar monográficos distintos en papel. En total, está previsto que gastemos uns 3.500€..
3- Deseño e impresión das postais e bolsas. Os bolsos, deseñados por Señora Milton, imos imprimilos, coma sempre, en Eztanda Inprimaketak, unha cooperativa de Bilbao. Calculamos gastar uns 1.500€ en 1.000 bolsos. Nas postais calculamos que gastaremos, entre deseño e impresión uns. Nas postais calculamos que gastaremos, entre deseño e impresión, uns 950€.
4- Deseño e impresión das libretas
Calculamos que gastaremos uns 1800€ no deseño e a impresión dunhas libretas.
5- Pago das colaboración. Segundo o orzamento que manexamos agora mesmo, temos previsto gastar uns 3.200€ no pago de textos, ilustracións e fotografías.
6- O vídeo ‘Pasa a palabra, irmá’. As riquiñas de Al Borde Films foron as encargadas de facer todos os vídeos promocionais para esta campaña, que nos costaron 1.724€.
7- Gastos de envío. A revista pesa unha barbaridade e os gastos de envío son… carísimos. O ano pasado, por exemplo, gastamos 10.000€ en Correos.
En total, salvo imprevistos, o número 7 de Pikara en papel vai costarnos 33.824€
É MOITÍSIMO. SABÉMOLO. E, a verdade? Non nos atrevemos a pedir tanto no primeiro obxectivo.
1º OBXECTIVO: 21.150€
Garantizaríamos o máis esencial: a elaboración de Pikara en papel, o pago de todas as colaboracións e os envíos.
2º OBXECTIVO: 25.400€
Se alcanzamos o segundo obxectivo, que sabemos que é moi difícil, poderíamos pagar os gastos da elaboración de bolsas, postais e libretas.
3º OBXECTIVO: 33.824€
Teríamos diñeiro suficiente para pagar os monográficos e os vídeos da campaña, sen ter que coller cartos do orzamento xeral de Pikara.
7 RECOMPENSAS ÁS QUE NON PODERÁS RESISTIRTE
1-O número 7 de Pikara en papel
2-Postais ilustradas por Pol Serra de mulleres xornalistas. Non seremos nós quen o digamos…Veña, si. Pol Serra deseñou unhas postais de Carmen de Burgos, Cecilia G. de Guillarte e Eulalia de Abaitua e Allende-Salazar, tres xornalistas históricas, que se sobran de bonitas.
3- Bolsa ‘Pasa a palabra, irmá’. Deseñada por Señora Milton e impresa en Eztanda Inprimaketak será, probablemente, a bolsa máis cañera.
4- Libreta, deseñada tamén por a nosa Señora Milton. Encántanos que nos leades, pero tamén nos gusta moito saber que escribides.
5-Postal de benvida ás amigas de Pikara
6-Monográficos en papel. Digan o que digan, o papel non morreu. Imos publicar unha colección de monográficos temáticos sobre cuestións chave para nós.
Violencia en redes: Como é a violencia que sufrimos as mulleres tamén na rede? Sabemos protexernos? Está o ciberfeminismo en perigo? Trataremos de aportar algunhas chaves porque nos peocupa a violencia en liña.
Defensoras. Neste monográfico propoñemos unha viaxe polas voces de distintas mulleres que, aquí e alá, loitan por defender os Dereitos Humanos, que defenden ás súas xentes e os seus territorios, Imprescindibles. Procuramos no papel o traballo que levamos facendo durante dous anos con IM-Defensoras, enlazando.
Orgullosas. Neste monográfico rescatamos moitos textos de Pikara Magazine que poñen en valor a diversidade sexual e de xénero. Estamos moi, moi, moi orgullosas.
Xornalismo feminista: Este ano, 9 e 10 de octubre, organizamos en Bilbao o I Congreso de Xornalismo Feminista María del Carmen Molifé. Desde que Pikara comezou en 2010, o xornalismo feminista cada vez está máis presente na axenda mediática, pero temos aínda moito que reflexionar sobre a nosa profesión. Neste monográfico trataremos algunhas das cuestións que discutiremos tamén no congreso. Podes atopar máis información en www.periodismofeminista.com.
As vantaxes das subscripcións. Esta é unha recompensa de ida e volta. Para ti e para nós. Terás un montón de vantaxes (descontos, acceso a sorteos, facilidades) como Amiga de Pikara e, ó mesmo tempo, estarás apoiando o xornalismo feminista e sostible. A eso si que non te podes resistir.
7 XEITOS DE APOIARNOS
Cóntalle a todo o mundo que estamos de campaña, que é a última, que necesitamos máis que nunca o voso apoio.
Pasa pola nosa tenda online, irmá.
Tes un negocio? Escríbenos para coñecer as tarifas de publicidade. Apunta este correo: [email protected]
Agasalla unha subscripción á túa xente máis querida.
Pide na biblioteca do teu barrio que merquen as nosas revistas.
Pásate pola redacción (estamos en Bilbao) para convidarnos a unha caña ou un zumiño.
Séguenos en redes sociais. Estamos en todas. Comparte e comenta.
43 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
walonika
He tenido un problema con la dirección. Me estoy mudando y ayer firmé el contrato de alquiler, pues resulta que la dirección estaba mal. Y he escrito mal la dirección para el envío de la revista.
Concha Lorenzana
¡Por poco no llego!
dgonzalez
¡Gracias por la maravillosa oportunidad de ser parte de su proyecto! ¡Éxito!
Pernan
¡Ya soy mecenas de Pikara Magazine! ¡A última hora! ¡Justo, justo! :-D
Eunate
Gracias por seguir ahí!
A Panadaría
Arriba Píkara!! Unha aperta panadeira
Irene Antona
Ánimo con el proyecto! Biba zuek!
Madiff
Muchas gracias por el currazo que hacéis por seguir, por dar voces a todas y mucho ánimo y fuerza para el nuevo número!!
Teresinha
Contad con nosotras
Olaia
Enhorabuena amigas, por el trabajo que realizais