❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Disorders: Proxecto artístico colaborativo e solidario sobre saúde mental

Proxecto multidisciplinar sobre saúde mental: música, letras e artes plásticas creadas por pacientes. A beneficio de FEAFES Galicia.

Fear Of Missing Out

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Santiago de Compostela
0
segundos
103
Achegas
1.954€
De 1.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano e English

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Disorders é moito máis ca un disco: é un proxecto multidisciplinar e colaborativo inspirado na saúde mental.

A primeira pata de Disorders é un disco de metal progresivo/ambiental, con influencias de Tool, Tesseract, Metallica ou Pain of Salvation. As cancións móvense nun rango moi amplo de rexistros, que permiten expresar a gran variedade de emocións necesarias para falar sobre saúde mental.

O disco conta, ademáis, coas colaboracións de músicos doutras bandas como Quaoar, Stoned at Pompeii ou Sweet Death.

Cada tema inspírase nunha doenza ou trastorno mental. Este é un campo, aínda agora, tabú: os pacientes de calquera tipo de enfermidade mental sofren un enorme estigma. Este proxecto ten o humilde propósito de aportar un pequeno graniño de area a loitar contra ese estigma. Dende o respecto, a empatía e o cariño máis grandes.

As cancións falan sobre depresión, anorexia, autismo... Todos temos algún caso máis ou menos preto, aínda que case ninguén fale diso.

As letras de cada tema do disco están escritas por xente que ten contacto directo coa saúde mental, que se prestou a colaborar co proxecto. Xente de todo o mundo, que sabe o que é vivir cunha enfermidade mental en primera persona, o nun familiar directo, e que plasmou esa experiencia en letras que fan deste disco algo único. A experiencia de recopilalas foi indescriptible.

Lista de cancións:

  • Empty (anorexia)

  • Mindful (trastorno bipolar)

  • Holocaust (esquizofrenia)

  • Over-Controlling Demon (trastorno obsesivo-compulsivo)

  • Everlasting Omnent Souls (depresión)

  • The veil (autismo)

  • Rewind (trastorno límite de personalidade)

  • Migas de pan (autismo)

Ademáis, a partires das letras, o libreto está ilustrado con obras creadas por outros pacientes e, dependendo da recomensa elixida, entregaránse outro tipo de obras de arte (esculturas, pinturas, etc), todas elas creadas por persoas con diferentes trastornos mentais.

Ilustracións/pinturas creadas para o proxecto:

Portada do disco, a partires da ilustración realizada por un dos membros de FEAFES
Portada do disco, a partires da ilustración realizada por un dos membros de FEAFES

Miniaturas das ilustracións, fai click para ver máis detalles
Miniaturas das ilustracións, fai click para ver máis detalles

A que destinaremos as vosas aportacións

Todos os beneficios da campaña destinaranse a FEAFES Galicia: Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (pertencente a Confederación de Saúde Mental de España).

Este é un proxecto solidario 100% e queremos que chegue a máxima cantidade de cartos posible ós seus destinatarios. Por iso, a gravación e produción do disco está financiada por nós. Ademáis, os dereitos de autor xerados pola parte musical das cancións (50%) doaránse tamén a FEAFES (restando un pequeño porcentaje correspondiente al IRPF). Aportaremos rexistro documental, tanto da doazón dende Verkami, como da cesión de dereitos na SGAE.

Os cartos recadados destinaránse á produción dos CDs en formato físico e do merchandising que podedes obter nas recompensas: camisetas, esculturas, libretas, pósters...

Verkami queda cunha porcentaxe do recadado (6'35%). Unha vez restada esa porcentaxe e os correspondentes impostos, o resto dos cartos, na súa totalidade, será destinado a FEAFES.

Sobre as recompensas

A razón de ser deste Verkami é todo o material xerado polos/as colaboradores/as: letras, ilustracións, esculturas...

Poderedes levarvos distintos obxectos xerados a partires das ilustracións de membros de FEAFES, ou incluso os propios orixinais feitos por eles/as. Poucas veces se ten a oportunidade de levar o orixinal da portada dun disco :)

Para os orixinais, dado que só hai un de cada ilustración, debedes contactar previamente ó noso email indicando cal queredes mercar entre esta lista, para confirmar que está dispoñible.

Os envíos a territorio español están incluidos no prezo das recompensas. Para envíos internacionáis, deberás mercar tambén a recompensa de envío internacional.

  • Descarga dixital en alta calidade (5€): O disco Disorders, en formatos dixitais de alta calidade + o libreto en formato PDF, coas letras (e as súas traducións) e as ilustracións que as acompañan. 7 cancións sobre TOC, autismo, esquizofrenia, anorexia, depresión, trastorno bipolar e trastorno límite de personalidade (+ 1 bonus track sobre autismo, en español)

  • Descarga + Libreta (10€): realizada pola asociación Lenda. 75 páxinas tamaño 10x15, tapa dura con cartón kraft e impresa cunha das ilustracións realizadas para o disco, encadernada con wireO.

Previsualización libreta
Previsualización libreta

  • Descarga + CD (14€): Descarga dixital + CD. Libreto a color coas letras das cancións (e as súas traducións) + as ilustracións que as acompañan + mención no libreto.

  • Descarga + CD + Póster de letra (20€): Ademáis do disco, un póster A3 coa letra da canción que prefiras, ilustrado coa imaxe que prefiras (ver listado)

  • Escultura (25€): Realizada en exclusiva por APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais), a partires da ilustración da portada do disco. Catálogo de mostra doutras esculturas realizadas pola asociación.

  • Descarga + CD + Camiseta (35€): Disco + camiseta de algodón de alta calidade, con 2 deseños a elixir:

Camiseta deseño Reyes
Camiseta deseño Reyes

Camiseta deseño Ith
Camiseta deseño Ith

  • Descarga + CD + Camiseta + Póster (35€): ¡Oportunidade! Polo mesmo prezo que o pack con camiseta, engade un póster con deseño e letra a elixir.

  • Descarga + Orixinal de ilustración (pequeno) (55€): Leva unha das ilustracións realizadas para o disco (tamaño A4 ou menor), a elixir:

  • Descarga + CD + Póster + Camiseta + Escultura + Libreta (65€): Engade ó pack anterior a escultura realizada por APEM e a libreta realizada por Lenda.

  • Descarga + CD + Póster + Camiseta + Orixinal de ilustración (pequeno) (90€)

  • Descarga + Orixinal de ilustración (mediano) (120€ ): Leva unha das ilustracións realizadas para o disco (tamaño A3), a elixir:

  • Descarga + CD + Póster + Camiseta + Orixinal de ilustración (mediano) (150€):

  • Descarga + Orixinal de ilustración (grande) (275€ ): Leva un dos óleos realizados para o disco (tamaño 50x60cm), a elixir:

  • Descarga + CD + Póster + Camiseta + Orixinal de ilustración (grande) (300€)

  • Pack gran mecenas ouro (450€ ):

Descarga + 2 CD + 2 libretas + 2 Póster + 2 Camisetas + 2 esculturas + 3 orixinais de ilustracións (pequenos ou medianos) + Mención destacada no libreto

  • Pack gran mecenas platino (650€ ):

Descarga + 2 CD + 2 libretas + 2 Póster + 2 Camisetas + 2 esculturas + 5 orixinais de ilustracións (pequenos, medianos, ou grandes) + Mención de honra no libreto

  • Especial: Envío internacional a UE (10€ ):

Engade esta recompensa se queres que che enviemos o material a un país da UE fóra de España.

  • Especial: Envío internacional fóra da UE (16€ ):

Engade esta recompensa se queres que che enviemos o material a un país fóra da UE.

Obxectivos

  • 1000€: O proxecto sae adiante.

  • 2500€: dous deseños de camisetas adicionais

Deseño Portada
Deseño Portada

Deseño Xolo
Deseño Xolo

Quen somos

Son Carlos Morales Pereira. Levo na música dende pequeño, en diferentes bandas de rock/metal. Fear Of Missing Out é un proxecto persoal no que levo moito tempo traballando, e encargueime de compoñer as cancións, contactar cos/as letristas, gravar guitarras, teclados, voces...

(Foto de SieteGatosBlancos)
(Foto de SieteGatosBlancos)

Na batería contei con Héctor Agulla (Loiros)

Héctor, na gravación de Disorders
Héctor, na gravación de Disorders

No baixo, con Antón F. "Piru" (Stoned at Pompeii, Mooncresta).

Antón F "Piru"
Antón F "Piru"

Ademáis, no disco participaron Aitor "Malamute" Zorriketa (Quaoar, James Room & Weird Antiqua), Xela Rivera (Sweet Death) e Víctor Castro.

Aitor Zorriketa (Foto de Gravelroad 76)
Aitor Zorriketa (Foto de Gravelroad 76)

Xela Rivera
Xela Rivera

Víctor Castro
Víctor Castro

As letras están escritas por persoas da India, Reino Unido, Estados Unidos, España e Namibia, coas que contactei a través de grupos de Facebook de apoio mutuo a pacientes de trastornos mentais.

As ilustracións foron proporcionadas por membros de diferentes asociacións pertencentes a FEAFES.

FEAFES ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e as súas familias, defender os dereitos do colectivo e brindar apoio e coordinación ás asociacións que integran a Federación.

Calendario previsto

O disco gravouse e se está a editar nos estudios de A Casa do Rock (Santiago de Compostela) e se misturará e masterizará en Pouland Studios (Ames).

O lanzamiento do disco será a mediados de 2019. As descargas dixitais serán accesibles antes do lanzamento, como exclusiva.

O resto de recompensas (camisetas, posters, etc) enviaránse conxuntamente cos discos.

+ Info

Preguntas frecuentes

  • Como escollo a miña talla de camiseta / dirección de envío?

    Cando a campaña remate, e se conseguimos chegar ó obxectivo mínimo, recibiredes un email cun formulario para encher eses datos.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

6 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Star

    Star

    máis de 6 anos

    Miau :)

  • Sabela Asorey

    Sabela Asorey

    máis de 6 anos

    Ojalá más personas como Carlos

  • Fear Of Missing Out

    Fear Of Missing Out
    Autor/a

    máis de 6 anos

    ¡Gracias Cris!

  • CRIS_BALDO

    CRIS_BALDO

    máis de 6 anos

    Gran proyecto!

  • Fear Of Missing Out

    Fear Of Missing Out
    Autor/a

    máis de 6 anos

    Moitas grazas Bertez!

  • bertez

    bertez

    máis de 6 anos

    Boa sorte!!

#10 / Envío de la versión digital

¡Hola!

Uno de los beneficios de ser mecenas del proyecto era el de poder escuchar el disco antes que nadie, en su versión digital. ¡Ese momento ha llegado!

Mañana, viernes 6, recibiréis en vuestros emails un enlace para descargar Disorders. Esperamos que os guste :)

Muchísimas gracias por vuestra colaboración, en breves seguiremos con el resto de recompensas.

PD: Los enlaces serán válidos durante 1 semana, y se podrán descargar un máximo de 5 veces. Si tenéis algún problema con la descarga, contactad con nosotros.

ler máis

#09 / Os presentamos nuestra nueva web

¡Hola!

Cada vez falta menos para que tengáis en vuestras manos Disorders. Sabemos que la espera ha sido larga, pero ya queda poco :)

Para preparar la salida del disco, hemos creado una página web, en la que centralizar la información del proyecto: https://fearofmissingoutproject.com/.

Iremos añadiendo fechas de conciertos, exposiciones con las ilustraciones, etc. ¡Guardadla en vuestros favoritos! :)

ler máis

#08 / Disco mezclado

¡Hola!

Hemos terminado el proceso de mezcla y masterización del disco, en los estudios Pouland de Ames, con Iago Pico.

En breve enviaremos el disco a fábrica, y en pocas semanas realizaremos los envíos de vuestras recompensas.

Muchas gracias de nuevo por vuestro apoyo.

ler máis

#07 / Avance del proyecto

¡Hola!

Seguimos trabajando en el disco: estamos empezando a gestionar el diseño de las copias físicas, a la vez que seguimos trabajando en la edición, y pronto la masterización.

Os recordamos que el plazo previsto de entrega de las recompensas es mediados de 2019.

Gracias por vuestro apoyo :)

ler máis

#06 / ¡Gracias!

La campaña ha finalizado, y casi hemos duplicado el objetivo mínimo. Muchísimas gracias a todas las personas que habéis colaborado.

En las próximas semanas, iréis recibiendo los formularios para personalizar vuestras recompensas (método de envío, talla de camiseta, canción elegida para el póster, etc).

Os mantendremos informados del avance del proyecto, por aquí y por nuestras redes sociales.

:)

ler máis

#05 / ¡Esculturas en proceso!

Escultura inspirada en la portada, realizada por APEM
Escultura inspirada en la portada, realizada por APEM

¡Ya están empezando a fabricar las esculturas inspiradas en la portada del disco! La asociación APEM de A Coruña, en su taller Kerámikos, nos han mandado estas fotos del proceso de creación, y nos encantan. Si ya son así de bonitas sin pintar, imaginaos al acabarlas.

Recordad que se pueden adquirir en varias recompensas de la campaña. ¡Ya sólo quedan 12 días, último esfuerzo para que podamos llegar al segundo objetivo!

ler máis

#04 / ¡Videoclip de adelanto!

Estrenamos videoclip de Disorder4: Empty, tema sobre los trastornos de alimentación.

Realizado por SieteGatosBlancos, con este vídeo podéis seguir lo más importante de nuestras canciones: su letra.

Disorder4: Empty cuenta con la participación de Xela Rivera (Sweet Death, Barcelona) en la voz. Estará incluido en Disorders, previsto para mediados de 2019.

¡Esperamos que os guste!

ler máis

#03 / ¡Nuevas recompensas!

Ilustraciones de Disorders
Ilustraciones de Disorders

Creemos que las ilustraciones son una de las partes más bonitas de este proyecto. Para facilitar que las adquiráis, hemos creado nuevas recompensas: ahora se pueden comprar las ilustraciones de forma individual, sin formar parte de un pack con disco, camiseta, etc.

ler máis

#02 / ¡Primer hito conseguido!

¡Los Reyes Magos nos han traído la noticia de que hemos superado el primer objetivo de 1000€! ¡Muchas gracias a los/as mecenas!

¿Qué significa esto? Que el proyecto va a recibir vuestra financiación, y vosotros recibiréis vuestras recompensas (siguiendo el calendario previsto).

¿Significa esto que ya está todo hecho? No, en absoluto. Como sabéis, este es un proyecto solidario, queremos recaudar dinero para donarlo a FEAFES, por lo que cuanto más recaudemos, mejor.

Por eso ahora nuestro siguiente objetivo es alcanzar los 2500€. Al alcanzarlos, tendremos 2 nuevos diseños para las camisetas, disponibles para todos los mecenas que hayan escogido una recompensa que la incluya.

Diseño Portada
Diseño Portada

Diseño Xolo
Diseño Xolo

Podéis

ler máis

#01 / ¡50% alcanzado!

Acabamos de superar el 50% del objetivo, ¡muchísimas gracias!

Os agradecemos, de corazón, todas vuestras aportaciones: desde comprar una recompensa hasta compartir nuestra iniciativa en vuestras redes sociales.

¡Aún quedan 38 días de campaña, cuanto más consigamos, más dinero recibirá FEAFES!

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies