Disorders é moito máis ca un disco: é un proxecto multidisciplinar e colaborativo inspirado na saúde mental.
A primeira pata de Disorders é un disco de metal progresivo/ambiental, con influencias de Tool, Tesseract, Metallica ou Pain of Salvation. As cancións móvense nun rango moi amplo de rexistros, que permiten expresar a gran variedade de emocións necesarias para falar sobre saúde mental.
O disco conta, ademáis, coas colaboracións de músicos doutras bandas como Quaoar, Stoned at Pompeii ou Sweet Death.
Cada tema inspírase nunha doenza ou trastorno mental. Este é un campo, aínda agora, tabú: os pacientes de calquera tipo de enfermidade mental sofren un enorme estigma. Este proxecto ten o humilde propósito de aportar un pequeno graniño de area a loitar contra ese estigma. Dende o respecto, a empatía e o cariño máis grandes.
As cancións falan sobre depresión, anorexia, autismo... Todos temos algún caso máis ou menos preto, aínda que case ninguén fale diso.
As letras de cada tema do disco están escritas por xente que ten contacto directo coa saúde mental, que se prestou a colaborar co proxecto. Xente de todo o mundo, que sabe o que é vivir cunha enfermidade mental en primera persona, o nun familiar directo, e que plasmou esa experiencia en letras que fan deste disco algo único. A experiencia de recopilalas foi indescriptible.
Lista de cancións:
Empty (anorexia)
Mindful (trastorno bipolar)
Holocaust (esquizofrenia)
Over-Controlling Demon (trastorno obsesivo-compulsivo)
Everlasting Omnent Souls (depresión)
The veil (autismo)
Rewind (trastorno límite de personalidade)
Migas de pan (autismo)
Ademáis, a partires das letras, o libreto está ilustrado con obras creadas por outros pacientes e, dependendo da recomensa elixida, entregaránse outro tipo de obras de arte (esculturas, pinturas, etc), todas elas creadas por persoas con diferentes trastornos mentais.
Ilustracións/pinturas creadas para o proxecto:
A que destinaremos as vosas aportacións
Todos os beneficios da campaña destinaranse a FEAFES Galicia: Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (pertencente a Confederación de Saúde Mental de España).
Este é un proxecto solidario 100% e queremos que chegue a máxima cantidade de cartos posible ós seus destinatarios. Por iso, a gravación e produción do disco está financiada por nós. Ademáis, os dereitos de autor xerados pola parte musical das cancións (50%) doaránse tamén a FEAFES (restando un pequeño porcentaje correspondiente al IRPF). Aportaremos rexistro documental, tanto da doazón dende Verkami, como da cesión de dereitos na SGAE.
Os cartos recadados destinaránse á produción dos CDs en formato físico e do merchandising que podedes obter nas recompensas: camisetas, esculturas, libretas, pósters...
Verkami queda cunha porcentaxe do recadado (6'35%). Unha vez restada esa porcentaxe e os correspondentes impostos, o resto dos cartos, na súa totalidade, será destinado a FEAFES.
Sobre as recompensas
A razón de ser deste Verkami é todo o material xerado polos/as colaboradores/as: letras, ilustracións, esculturas...
Poderedes levarvos distintos obxectos xerados a partires das ilustracións de membros de FEAFES, ou incluso os propios orixinais feitos por eles/as. Poucas veces se ten a oportunidade de levar o orixinal da portada dun disco :)
Para os orixinais, dado que só hai un de cada ilustración, debedes contactar previamente ó noso email indicando cal queredes mercar entre esta lista, para confirmar que está dispoñible.
Os envíos a territorio español están incluidos no prezo das recompensas. Para envíos internacionáis, deberás mercar tambén a recompensa de envío internacional.
Descarga dixital en alta calidade (5€): O disco Disorders, en formatos dixitais de alta calidade + o libreto en formato PDF, coas letras (e as súas traducións) e as ilustracións que as acompañan. 7 cancións sobre TOC, autismo, esquizofrenia, anorexia, depresión, trastorno bipolar e trastorno límite de personalidade (+ 1 bonus track sobre autismo, en español)
Descarga + Libreta (10€): realizada pola asociación Lenda. 75 páxinas tamaño 10x15, tapa dura con cartón kraft e impresa cunha das ilustracións realizadas para o disco, encadernada con wireO.
Descarga + CD (14€): Descarga dixital + CD. Libreto a color coas letras das cancións (e as súas traducións) + as ilustracións que as acompañan + mención no libreto.
Descarga + CD + Póster de letra (20€): Ademáis do disco, un póster A3 coa letra da canción que prefiras, ilustrado coa imaxe que prefiras (ver listado)
Escultura (25€): Realizada en exclusiva por APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais), a partires da ilustración da portada do disco. Catálogo de mostra doutras esculturas realizadas pola asociación.
Descarga + CD + Camiseta (35€): Disco + camiseta de algodón de alta calidade, con 2 deseños a elixir:
Descarga + CD + Camiseta + Póster (35€): ¡Oportunidade! Polo mesmo prezo que o pack con camiseta, engade un póster con deseño e letra a elixir.
Descarga + Orixinal de ilustración (pequeno) (55€): Leva unha das ilustracións realizadas para o disco (tamaño A4 ou menor), a elixir:
Descarga + CD + Póster + Camiseta + Escultura + Libreta (65€): Engade ó pack anterior a escultura realizada por APEM e a libreta realizada por Lenda.
Descarga + CD + Póster + Camiseta + Orixinal de ilustración (pequeno) (90€)
Descarga + Orixinal de ilustración (mediano) (120€ ): Leva unha das ilustracións realizadas para o disco (tamaño A3), a elixir:
Descarga + CD + Póster + Camiseta + Orixinal de ilustración (mediano) (150€):
Descarga + Orixinal de ilustración (grande) (275€ ): Leva un dos óleos realizados para o disco (tamaño 50x60cm), a elixir:
Descarga + CD + Póster + Camiseta + Orixinal de ilustración (grande) (300€)
Pack gran mecenas ouro (450€ ):
Descarga + 2 CD + 2 libretas + 2 Póster + 2 Camisetas + 2 esculturas + 3 orixinais de ilustracións (pequenos ou medianos) + Mención destacada no libreto
- Pack gran mecenas platino (650€ ):
Descarga + 2 CD + 2 libretas + 2 Póster + 2 Camisetas + 2 esculturas + 5 orixinais de ilustracións (pequenos, medianos, ou grandes) + Mención de honra no libreto
- Especial: Envío internacional a UE (10€ ):
Engade esta recompensa se queres que che enviemos o material a un país da UE fóra de España.
- Especial: Envío internacional fóra da UE (16€ ):
Engade esta recompensa se queres que che enviemos o material a un país fóra da UE.
Obxectivos
1000€: O proxecto sae adiante.
2500€: dous deseños de camisetas adicionais
Quen somos
Son Carlos Morales Pereira. Levo na música dende pequeño, en diferentes bandas de rock/metal. Fear Of Missing Out é un proxecto persoal no que levo moito tempo traballando, e encargueime de compoñer as cancións, contactar cos/as letristas, gravar guitarras, teclados, voces...
Na batería contei con Héctor Agulla (Loiros)
No baixo, con Antón F. "Piru" (Stoned at Pompeii, Mooncresta).
Ademáis, no disco participaron Aitor "Malamute" Zorriketa (Quaoar, James Room & Weird Antiqua), Xela Rivera (Sweet Death) e Víctor Castro.
As letras están escritas por persoas da India, Reino Unido, Estados Unidos, España e Namibia, coas que contactei a través de grupos de Facebook de apoio mutuo a pacientes de trastornos mentais.
As ilustracións foron proporcionadas por membros de diferentes asociacións pertencentes a FEAFES.
FEAFES ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e as súas familias, defender os dereitos do colectivo e brindar apoio e coordinación ás asociacións que integran a Federación.
Calendario previsto
O disco gravouse e se está a editar nos estudios de A Casa do Rock (Santiago de Compostela) e se misturará e masterizará en Pouland Studios (Ames).
O lanzamiento do disco será a mediados de 2019. As descargas dixitais serán accesibles antes do lanzamento, como exclusiva.
O resto de recompensas (camisetas, posters, etc) enviaránse conxuntamente cos discos.
6 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Star
Miau :)
Sabela Asorey
Ojalá más personas como Carlos
Fear Of Missing Out
Autor/a
¡Gracias Cris!
CRIS_BALDO
Gran proyecto!
Fear Of Missing Out
Autor/a
Moitas grazas Bertez!
bertez
Boa sorte!!