❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

STOYRIES x Grecia

Proxecto social experimental que emprega xoguetes como motor de cambio conectando persoas e historias en todo o mundo.

Stoyries Team

Un proxecto de

Creado en

Madrid
0
segundos
130
Achegas
3.160€
De 2.875€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano, Català, English e Euskara

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:
  1. Proxecto STOYRIES

  2. Como converterche en piloto-mecenas.

  3. Como funciona Verkami.

  4. Como se usarán os fondos recollidos.

  5. Calendario previsto.

  6. Que pasará despois.

  7. Quen é o equipo detrás do proxecto

  8. Preguntas correntes e máis información.

avións!
avións!

NOTA: Antes de decidir converterche en piloto-mecenas pedímosche que leas ben toda a información, puxémola ben bonica.


1. Proxecto STOYRIES:

Stoyries é un proxecto que crea historias a través de xoguetes - ou como nos gusta chamalos activadores lúdicos - unindo persoas distintas a través de todo o mundo.

Stoyries empezou sendo un proxecto académico experimental que estudaba a posibilidade de que pequenos elementos ligados ao xogo construísen grandes historias. Convidando a tres cosas indispensables: interactuar, moverse e sobre todo, xogar.

Co tempo, Stoyries converteuse nunha mestura entre unha empresa social, unha ONG e unha maneira de crear historias reais conectando a descoñecidos a través de xogos.

A idea é sinxela, creamos avións de xoguete todos distintos, cun código que permite localizalos no espazo. En 2015 lanzamos 50 avións. Foi tal o éxito que os esgotamos ese mesmo día. Dende entón os nosos avións viaxaron por todo o mundo, desde Madrid a California, o norte de África, media Europa, o lago Bakalar en Mexico, Kentucky, Marrocos ou Australia.

en Bakalar Lake (Mexico)
en Bakalar Lake (Mexico)

Como funciona é moi básico, cada vez que alguén nos pide un avión nós facemos 2; un para el e outro para alguén nunha situación excepcional, como nenos con cancer ou en campos de refuxiados. A partir de entón os dous pilotos quedan unidos e poden contar as aventuras dos seus avións en calquera rede social usando a etiqueta #stoyries ou a través do botón de PLAY da nosa web (www.stoyri.es).

Yosemite park. California (EEUU)
Yosemite park. California (EEUU)

Stoyries x Grecia é unha parte do proxecto que, neste caso concreto, busca levar ata campos de refuxiados avións de xoguete en colaboración coa ONG Solidarity Now (www.solidaritynow.org).

2. Como converterche en piloto-mecenas.

Os pilotos son unha parte fundamental de STOYRIES, sen eles non podemos facer o proxecto, por iso preparamos diferentes perfís para que atopes o que máis che encaixa.

3. Como funciona Verkami.

O micromecenazgo é unha maneira de financiar proxectos a través de achegas de moitas persoas que, a cambio, reciben compensacións ou recompensas exclusivas en forma de produtos, servizos ou experiencias.

Non é un investimento para obter beneficios económicos. Os creadores conservan o 100% de todos os dereitos e beneficios das súas obras.

Cada proxecto ten un obxectivo de financiamento e 40 días para conseguilo.

No noso caso recomendámosche:

  • Primeiro: Descobre ben como funciona STOYRIES e escolle a túa recompensa.

  • Segundo: Realiza a túa contribución.

  • Terceiro: Ten paciencia, en canto completemos a campaña poñerémonos a iso. Pero lembra que só cobraremos se chegamos ao 100%.

  • Cuarto: Cando completemos a campaña empezaremos a imprimir os avións e marcharemos a Grecia.

  • Quinto: á volta enviaremos unha por unha todas as recompensas.

4. Como se usarán os fondos recadados.

5. Calendario previsto.

Dende o momento en que consigamos o financiamento comprometémonos a fabricar as 150 parellas de avións en non máis dun mes (cada avión tarda 4 horas en fabricarse).

Pasado ese mes, viaxaremos a Grecia onde nos atoparemos cos compañeiros de Solidarity Now para repartir os avións a nenos e rodar o proceso, do que iremos informando continuamente as redes.

Á volta - non máis aló de 5 semanas desde que se consiga o financiamento - enviaremos todos os avións aos mecenas indicando a quen pertence a súa parella aérea cos datos recollidos en Grecia.

6. Que pasará despois.

Se logramos completar o primeiro paso e financiar 150 parellas de avións, garantimos que o primeiro será ir a Grecia a levalos e rodalo todo nun documental STOYRIESxGrecia. No caso de que isto pasase ampliariamos a campaña a 150 parellas máis e seguiriamos enviando avións aos lugares máis necesitados.

7. Quen é o equipo detrás do proxecto:

Detrás de STOYRIES hai un equipazo que o fai posible:

  • Aida Red: arquitecta e estudante dun doutoramento sobre como o xogo pode modificar o uso do espazo. Creadora e cofundadora de STOYRIES, dedícase a coordinar o proxecto, facer de “copywriter”, axudar a xente, dar faena a todo o mundo e solucionar tódalas caralladas nas que nos metemos.

  • Agustín Flowalistik: licenciado en Belas Artes e deseñador 3d. Cofundador de STOYRIES, fabricante e creador do deseño dos avións e de todos os temas relacionados con eles. Artista para todo.

  • José Manuel Blasco: enxeñeiro multimedia e mente inquieta. En STOYRIES encargase de todos os temas virtuais e web (por isoanosapáxina funciona tan xenial), ademais de gravar, programar e pensar en todo o que xurda.

  • María Talaverano: estudou dereito + ADE e traballa en temas de márketing online. Cofundadora de STOYRIES e super-impulsora, organiza cousas e coordina as nosas fermosas redes sociais.

  • Anna Andújar: filóloga inglesa e actualmente profesora na educación pública. En STOYRIES traballa revisando e traducindo os textos e todos os temas de comunicación internacional. É ademais unha persoa sabia en todo o que ten que ver coa configuración legal de STOYRIES.

  • Virginia López: deseñadora gráfica fabulosa. En STOYRIES deseña todo o gráficamente diseñable e curra para que todo sexa TAN bonito.

  • Juan Gálvez: xornalista e perfeccionista. En STOYRIES encárgase de meter presión e falar de historias, xestiona tódolos temas de comunicación con medios e prensa.

  • Beatriz Catalá: Pedagoga e orientadora educativa á que lle encanta axudar aos demais. En STOYRIES coordina que todo sexa apropiado para os nosos pilotos excepcionais e en xeral organiza que todo o mundo estea feliz.

Tampouco poderiamos vivir sen Sara Blasco (nosa actriz e voz de dobraxe), Elena García (que nos salva e coordina a loxística), Andreas Kyriakou (facedor de animacións) e o Grupo de Investigación Hypermedia (ETSAM; UPM) ao que pertence Aida e que dá ánimos, soporte e toda a axuda posible.

They are all different
They are all different

8. Preguntas usuais e máis información.

  • Por que existe unha opción de mecenado mínima que non inclúe avión
    É moi sinxelo, moita xente quere colaborar co proxecto pero non quere entrar no xogo de ter un avión e saber que existe outro conectado ao seu (xa sexa porque non queren implicarse emocionalmente ou por calquera outro motivo), esa é a razón pola que deixamos aberta a posibilidade de que poidas converterche en mecenas sen un avión real (pero cunha miniatura, iso si!).

  • Que vai pasar exactamente co outro avión idéntico ao meu unha vez chegue a Grecia?

En Grecia visitaremos as instalacións que Solidarity Now ten en varios puntos do país, centrándonos sobre todo nos arredores de Atenas. Alí repartiremos os avións a todos os nenos posibles rexistrando os seus datos e desexos que vos incluiremos ao facervos chegar o voso, para que saibades quen é o outro piloto da aventura.

Deixaremos a cargo de Solidarity Now os avións que queden libres, pois chegan continuamente novas familias ao lugar, e farémoslles chegar todos os que sigades financiando.

  • Pero, podo perder o contacto co avión?

Por suposto. É importante entender que estes lugares que visitaremos son transitorios, as familias alí aloxadas chegan, pasan unhas semanas ou meses e marchan a outra localización. Esta é a razón pola que é importante entender que os avións se repartirán aos nenos no momento en que estean alí (o lugar conta con puntos de acceso a Internet que poderán usarse para manter o contacto) pero unha vez marchen a outra localización ninguén pode garantir a ligazón entre os dous avións. É parte do xogo, pode ser que durante un tempo pérdase e uns meses máis tarde, cando as súas vidas estabilícense noutro país europeo, reapareza, ou que nunca se perda e sigan conectados todo o tempo ou que se perda para sempre. A incerteza de que sucederá co outro avión é parte do proxecto e do risco de doar xoguetes. Peroisto, lonxe de ser un problema, regalounos en ocasións casos como o do guía de viaxeso cal enviounosunha foto dunsnenosnun pobo nómade do norte de África que tiñan un dos nososavións. Descoñecemos que pasou despois con el, pero o seu código impreso fai que posiblemente, nalgún momento imprevisto, volvamos retomar a súa pista. Regalándonos así a posibilidade de reconstruír a historia.

  • Poderei seguir todo este proceso dalgunha maneira?

Por suposto, poderás seguilo nas nosas redes sociais, e sobre todo no documental que lanzaremos á volta onde poderedes ver a aventura completa: ónde van os avións, como se usan e todalas cousas que sucedan.

  • Poderei elixir a cor do avión?

Si! Se queres escollelo, unha vez convértasche en mecenas mándanos un mail e contámosche as opcións.

Se segues tendo máis dúbidas déixanos unha pregunta aquí debaixo ou contacta connosco:

pasarchepasarte polanosa web
Noso facebook
O bonito Instagram

Ou mandarnos un mail a [email protected]

Preguntas frecuentes

  • Existe a posibilidade de doar o meu avión a outra asociación distinta, por exemplo a ASPANION?

    Aínda que nos encantaría seguir colaborando con Aspanion mentres o facemos con Solidarity Now, temos limitacións estruturais polo que non podemos contemplar máis dunha tirada de avións simultánea, é dicir, temos que funcionar por fases.

    A edición que doamos a hospitais con nenos enfermos de cancro en honra á nosa amiga Laura - a quen dedico todas, non só esa - constou de 25 parellas que actualmente xa se empregan nas escolas de verán nos hospitais da Comunidade Valenciana.

    Por suposto encantaríanos seguir facendo avións para nenos enfermos, pero estamos á espera dos datos que nos mandará Aspanion para poder valorar como funciona e planificar levalo a gran escala. A partir de outono queremos sacar unha nova edición, quizais xa a nivel nacional exclusivamente para esta causa -a anterior foi unha doazón financiada por STOYRIES pola situación excepcional da promesa a Laura.

    Mentres esperamos a resposta que recibiremos a final de verán, sacamos a versión para Grecia porque alí tamén hai nenos en situacións excepcionais.

    Así que se queredes doar o voso avión a unha causa distinta pedímosvos un pouco de paciencia, porque virán novas edicións e haberá avións para todos.

    Tamén podedes enviarnos unha mensaxe e suxerirnos outras causas coas que colaborar.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

3 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • dcremer

    dcremer

    8 anos

    Este proyecto lo tiene todo: entusiasmo, creatividad, talento a raudales en el equipo que le da soporte y un fin solidario. Imposible no colaborar. Ya tenemos puesto el casco y calentamos motores. Gracias !!!

  • bulentyusuf

    bulentyusuf

    8 anos

    This is a FANTASTIC project and I wish you every success.

  • Christian

    Christian

    8 anos

    Me parece una muy buena idea y hare que mis dos enanos sean participes, compartiendo juntos esta aventura de tres.

Volver a todas as actualizacións

#02 / ¡Actualización!

Queridos pilotos,

Aunque hemos estado actualizando todo el proceso de la evolución del proyecto en redes sociales (Facebook, Instagram, etc), queremos poneros al día también a través de Verkami.

Vuestros aviones llegarán a vuestras manos según lo previsto en las próximas semanas; hemos acabado la producción hace apenas unas horas. Junto a ellos os llegará también toda la información necesaria para poder subir vuestras aventuras y comunicaros con vuestro avión gemelo.

Por nuestra parte hemos tenido un par de contratiempos que hemos sabido solventar con creces, pero debido a los mismos, el viaje a Grecia junto a Solidarity now ha tenido que ser pospuesto. Iremos finalmente del 7 al 9 de diciembre.

Sentimos mucho esta demora pero hay muchos factores que afectan al proyecto a nivel internacional que no siempre podemos controlar.

Quedamos como siempre a vuestra disposición para cualquier duda que tengáis en nuestro correo [email protected], así como en nuestras redes sociales.

Gracias por vuestra confianza y paciencia.

Equipo Stoyries

3 comentarios

iniciar sesión ou Rexistrarse para comentar esta entrada.

  • Stoyries Team

    Stoyries Team
    Autor/a

    case 8 anos

    ¡Muchas gracias a todos! Lo tendremos en cuenta Christian 😉

  • Inmaculada Martínez Gil

    Inmaculada Martínez Gil

    case 8 anos

    Gracias a vosotros por por vuestro esfuerzo dedicación
    😘

  • Christian

    Christian

    case 8 anos

    Chicos, acordaros que tenéis que pasar con tiempo con mis compañeros de Sanidad Exterior, por si necesitáis alguna vacuna o protección.

    Saludos, deseando estar en vuelo.

#03 / Presentación del documental y concierto

Estimados pilotos,

Volvemos con grandes noticias: ¿no tienes planes para este finde? Yo te propongo uno, ¿Qué te parece venir el sábado 3 de noviembre a las 20h a compartir con el equipo Stoyries la proyección del cortometraje que hemos realizado?

Además tendremos música en directo de la mano de @lorelei_green y una consumición gratis para los pilotos-mecenas del proyecto.

¡Coge tu avión y vente! ✈️✈️ Te esperamos 😉

stoyries #valencia #proyecto

(Dirección: Espai Colector, Calle Trinitat 10, Valencia.)

**Para más información consulta nuestras redes sociales (Instagram, Facebook, etc.) o nuestro mail.

ler máis

#02 / ¡Actualización!

Queridos pilotos,

Aunque hemos estado actualizando todo el proceso de la evolución del proyecto en redes sociales (Facebook, Instagram, etc), queremos poneros al día también a través de Verkami.

Vuestros aviones llegarán a vuestras manos según lo previsto en las próximas semanas; hemos acabado la producción hace apenas unas horas. Junto a ellos os llegará también toda la información necesaria para poder subir vuestras aventuras y comunicaros con vuestro avión gemelo.

Por nuestra parte hemos tenido un par de contratiempos que hemos sabido solventar con creces, pero debido a los mismos, el viaje a Grecia junto a Solidarity now ha tenido que ser pospuesto. Iremos finalmente del 7 al 9 de diciembre.

Sentimos mucho esta demora pero hay muchos factores que afectan al proyecto a nivel internacional que no siempre podemos controlar.

Quedamos como siempre a vuestra disposición para cualquier duda que tengáis en nuestro correo [email protected], así como en nuestras redes sociales.

ler máis

#01 / Fotos

Queridos mecenas,

Hemos conseguido nuestro objetivo para poder financiar el proyecto y estamos super felices...

Seguramente habréis recibido un correo para que rellenéis los formularios con vuestros datos, en caso de querer adjuntar una foto para los agradecimientos no os dejará, ya que viene predefinido.

Por esta razón, os recomendamos que nos la enviéis directamente al correo: [email protected]

¡Muchas gracias a tod@s y feliz vuelo pilotos!

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies