❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Versogramas

"Versogramas" é o primeiro documental sobre o fenómeno internacional de videopoesia. Unha viaxe emocional, coa voz de videopoetas e investigadorxs en todo o mundo. Un caleidoscopio de son e imaxe.

Esferobite

Un proxecto de

Categoría

Creado en

A Coruña
0
segundos
153
Achegas
7.055€
De 6.500€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en English e Castellano

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

PRIMEIRO OBXECTIVO CONSEGUIDO!!

Xa superamos o primeiro obxectivo de recadación!! Agora, imos a polo 2º obxectivo!

Queremos chegar a 8.500€, para que Versogramas sexa impresionante. Con eses cartos extra, poderemos encher o plató de attrezzo incrible para facer aínda máis bonitas as escenas de transición de Versogramas: follas secas, pedras, ramas, libros, leds, cachivaches… Ademais, poderemos contratar a máis xente para que nos axude coa loxística de plató, que nos fai moita falta. Axudádesnos a conseguir iso?

Ademais, queremos engadir unha nova recompensa: un pase+picnic informal ao aire libre. Cea co equipo mentres ves o documental, por 50€! Correde reservala!

Como agradecemento a todos e todas as mecenas que nos apoiastes ata agora: dámosvos unha recompensa extra! O acceso online a material exclusivo do documental, making off, recortes de escenas, entrevistas íntegras…

GRACIAS, GRACIAS, GRACIAS!!


Índice

1. A historia de Versogramas

2. Sinopse

2. Motivación do proxecto

3. A que destinaremos as túas achegas

4. Como funciona Verkami

5. Calendario previsto

6. O equipo de Versogramas

7. Máis información sobre o proxecto

A historia de Versogramas

Versogramas naceu do asombro, hai xa tres anos. De repente descubrimos un universo, o da videopoesía, que mentres en España estaba apenas explorado, internacionalmente contaba cunha inmensa rede de videopoetas e fans. Ao momento quedamos totalmente prendados dese universo onde se fundían poesía, imaxe e son. O que fixo medrar Versogramas foi o desexo de compartir o noso descubrimento. Despois dunha longa investigación, seleccionamos 16 videopoetas cuxa traxectoria e obras nos resultan interesantes para falar de videopoesía e compartir todas estas sensacións por medio dun documental creativo.

“Versogramas. O documental” é o primeiro documental sobre videopoesía, xénero en auxe no panorama artístico nacional e internacional. Como público, acompañamos a viaxe intimista dunha muller, poeta, que descobre o xénero e escoita a creadores e creadoras de referencia contar a súa experiencia: que é para eles e elas esto da videopoesía? que referentes teñen, á súa vez? que técnicas ou temas empregan de maneira máis recorrente? cales son os seus procesos creativos? como son as súas obras?

Este documental forma parte de VERSOGRAMAS, un proxecto transmedia que explora a videopoesía tamén mediante un webdoc, unha videocreación, unha exposición museística e unha publicación de libro + DVD (Editorial Galaxia).

Ir ao inicio

Sinopse

Unha muller rememora o pasado e escribe versos sobre unha pelícla que se proxecta no espazo mentres escoitamos sobre as orixes da videopoesía. Despois camiña seguindo unha liña discontinua dentro dun espazo onírico e abstracto. Ao longo do seu camiño abre caixas de distintas formas e cores que metaforizan conceptos. Na primeira caixa descobre unha proxección de fragmentos de videopoemas relativos á Linguaxe mentres a voz en off nos dá pistas sobre os balbuceos do xénero. Comezamos a ver entrevistas a videopoetas que falan da importancia da lingua escrita e como se transfire visualmente e auditivamente mentres se proxectan fragmentos ilustrativos de videopoemas. A muller segue camiñando e atopa outras caixiñas que corresponden ao Corpo, ao Erotismo, á Soidade, á Sociedade, ao Mal e ao Cambio. Metáforas de temas coma a evolución da videopoesía, a adaptación do texto escrito, a gráfica e o deseño, a comunicación co espectador, o lugar que a videopoesía ocupa, a súa innovación e cambio continuo, o problema da definición do xénero mesmo e as súas perspectivas de futuro. Un percorrido que vai dando respostas ao que é a Videopoesía.

Ir ao inicio

Motivación do proxecto

Versogramas ten unha motivación triple. Por un lado, compartir a fascinación polo traballo de moitos autores e autoras neste formato. Por outro, situar a videopoesía como xénero independente e con entidade artística en si mesmo. E especialmente, promover a lectura/visionado de poesía na sociedade en xeral e o sistema educativo en particular. Gustaríanos derrubar o mito de que a poesía é aburrida, difícil, seria... amosando unha nova forma de vela, adaptada aos nosos hábitos de consumo habituais.

Ir ao inicio

A que destinaremos as túas achegas

O orzamento do documental é de 84.654€, dos cales un 80% xa está financiado grazas ás achegas de: AGADIC, Amanita Films, Pixel Films, Fundación Paideia, entre outros.

Precisamos as túa achega para partes fundamentais como:

  • Gastos de viaxe e dietas para rodaxe.

  • Tradución a inglés de guión

  • Subtitulado en galego, castelán e inglés

  • Etalonaxe

  • Copias

Ir ao inicio

Como funciona Verkami

Verkami é unha plataforma para levar a cabo ideas coa colaboración de moitas persoas. Fíxase un obxectivo económico para realizar un proxecto e, se se acada, lévase a cabo. Mira como funciona:

  • Primeiro decides a túa recompensa

  • Despois realizas a túa achega

  • E se chegamos ao 10%% entregámosche a recompensa

Lembra que só se chegamos ao 100% haberá rcompensas e se cobrará a túa achega. En caso contrario, non recadaremos e non poderemos levar a cabo o proxecto.

Ir ao inicio

Calendario previsto

  • Rodaxe: maio 2017

  • Montaxe e postprodución: xuño-agosto 2017

  • Copia final: setembro 2017

  • Entrega recompensas: outubro-decembro 2017

Ir ao inicio

O equipo de Versogramas

Belén Montero e Juan Lesta (directores/produtores)

Belén Montero (1970) e Juan Lesta (1971) fundan Esferobite en 1999. Contan cunha ampla experiencia en proxectos experimentais e multimedia, orientados a cultura e vídeo institucional. Os seus traballos foron premiados en festivais como Fonart (premio MTV), Vitoria-Gasteiz, VAD, e expostos en museos coma Pompidou (Metz), CGAC (Santiago de Compostela), MAC (A Coruña) ou Hangar (Barcelona). Especialízanse en videoclip, live cinema, documental experimental, booktrailer, desenvolvemento web e proxectos educativos.

Celia Parra (Produtora)

Celia Parra (Ourense, 1990) é produtora audiovisual e poeta. Con experiencia en literatura e produción, traballou para as produtoras máis representativas de Galicia. Como poeta, publicou un poemario individual e participa en numerosas publicacións colectivas. Especialízase en videopoesía, como docente e creadora. Os seus videopoemas teñen sido seleccionados en festivais como Rabbit Heart Poetry Film Festival (EE.UU.) e Ó Bhéal Poetry Film Festival (Irlanda), entre outros.

Esferobite (Produtora)

Esferobite é unha produtora audiovisual multimedia especializada en proxectos culturais e artísticos, vídeo corporativo, desenvolvemento web e novos formatos. O seu dominio da videoarte, así como a súa notable experiencia en documental, videoclip e vídeo e instalacións para museos supuxo toda unha colleita de recoñecementos nacionais e internacionais.

Ir ao inicio

Máis información sobre o proxecto

Podes seguirnos na nosa web e redes sociais

Ir ao inicio

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

Volver a todas as actualizacións

#04 / Día 1 // Day 1

DÍA 1 // DAY 1

Alá foi o día 1 de rodaxe de Versogramas, o primeiro documental sobre o panorama internacional da videopoesía.

Entrevistamos a Kònic, Rosa Sánchez e Alain Baumann, artistas especializados en creacións interactivas onde a palabra, a imaxe e o son xogan un papel fundamental en relación co espectador.

Dende Bélxica chegou Marc Neys, todo un referente na videopoesía internacional con case 300 videopoemas creados e unha enorme paixón polo seu traballo. Colabora con multitude de videopoetas, imparte obradoiros de videopoesía, é xurado de festivais do xénero e ten recibido el mesmo moitos recoñecementos.

Hernán Talavera veu dende Albacete cargado de referencias e reflexións sobre o seu proceso creativo á hora de abordar un videopoema. Ás súas costas, unha longa e premiada traxectoria no xénero, que el aborda con ollos de pintor.

O último entrevistado do día foi Eugeni Bonet, o pai da videoarte española, unha peza viva da historia. Explicounos como traballa coa poesía nas súas pezas.

Aínda quedan por diante máis días de rodaxe, e seguimos necesitando todo o voso apoio. Como sabedes, aínda temos que asegurar unha parte do financiamento!

Precisamos da vosa colaboración para chegar ao obxectivo de crowdfunding. Empregaremos o recadado en sufragar gastos de rodaxe, traducir e subtitular o documental, etalonar a peza con todo o coidado que precisa, e facer as copias necesarias para a súa distribución. Para axudarnos:

  • Facede a vosa achega en Verkami

  • Compartide a ligazón vkm.is/versogramas entre os vosos contactos

  • Se tedes amigos en prensa, faládelles de Versogramas. Se tedes amigos en centros culturais ou bibliotecas, faládelles de Versogramas. Se tedes amigos no mundo educativo, faládelles de Versogramas. Se tedes amigos na televisión, faládelles de Versogramas.

Precisamos difundir a palabra para que Versogramas chegue ás vosas pantallas!!


DÍA 1 // DAY 1

Ya pasó el primer día de rodaje de Versogramas, el primer documental sobre el panorama internacional de la videopoesía.

Entrevistamos a Kònic, Rosa Sánchez y Alain Baumann, artistas especializados en creaciones interactivas donde la palabra, la imagen y el sonido juegan un papel fundamental en relación con el espectador.

Desde Bélgica llegó Marc Neys, todo un referente en la videopoesía internacional, con casi 300 videopoemas creados y una enorme pasión por su trabajo. Colabora con multitud de videopoetas, imparte talleres de videopoesía, es jurado de festivales y ha recibido él mismo muchos reconocimientos.

Hernán Talavera vino desde Albacete cargado de referencias y reflexiones sobre su proceso creativo a la hora de abordar un videopoema. A sus espaldas, una larga y premiada trayectoria en el género, que él aborda con ojos de pintor.

El último entrevistado del día fue Eugeni Bonet, padre del videoarte en España, una pieza viva de la historia. Nos explicó cómo trabaja con la poesía en sus piezas.

Aún quedan por delante más días de rodaje, y seguimos necesitando todo vuestro apoyo. Como sabéis, aún tenemos que asegurar una parte de la financiación!

Necesitamos vuestra colaboración para llegar al objetivo de crowdfunding. Usaremos lo recaudado para sufragar gastos de rodaje, traducir y subtitular el documental, etalonar la pieza con todo el cuidado que necesita y hacer las copias necesarias para su distribución. Para ayudarnos:

  • Haced vuestra aportación en Verkami

  • Compartid el enlace vkm.is/versogramas entre vuestros contactos

  • Si tenéis amigos en prensa, habladles de Versogramas. Si tenéis amigos en centros culturales o bibliotecas, habladles de Versogramas. Si tenéis amigos en el mundo educativo, habladles de Versogramas. Si tenéis amigos en la televisión, habladles de Versogramas.

Necesitamos difundir la palabra para que Versogramas llegue a vuestras pantallas!


DÍA 1 // DAY 1

Day one of shooting is over. Versogramas, the first documentary on the international videopoetry scene has already started shooting.

We interviewed Kònic, Rosa Sánchez and Alain Baumann, artists specialized in interactive creations where word, image and sound play a key role .

From Belgium came Marc Neys, such a referent in the international videopoetry scene, with almost 300 videopoems created an a huge passion for his work. He collaborates with plenty of videopoets, teaches videopoetry workshops, he’s a jury at some festivals and has received lots of prizes himself.

Hernán Talavera came from Albacete with handful of references and reflections upon his creative process when ellaborating a videopoem. He has a long and award-winning experience in the genre, which he faces from a painter point of view.

The last interviewd of the day was Eugeni Bonet, the father of Spanish videoart, a living piece of history. He explained us how he works with poetry in his pieces.

There are still more shooting days ahead, and we still need all your support. As you know, we still have to secure some funding!

We need your collaboration to reach the goal of the campaign. We will use the money to cover shooting expenses, translation, subtitles, copies, color grading and copies. To help us:

  • Make your plege at Verkami

    • Share the link vkm.is/versogramas with your contacts
    • If you have friends working at the press, tell them about Versogramas. If you have friends working at cultural centers or libraries, tell them about Versogramas. If you have friends working in the educational field, tell them about Versogramas. If you have friends working on TV, tell them about Versogramas.

We need to spread the word so that Versogramas reaches your screens!

1 comentario

iniciar sesión ou Rexistrarse para comentar esta entrada.

  • Valentí Acconcia

    Valentí Acconcia

    máis de 8 anos

    ¡Gracias por informarnos del progreso! Seguimos colaborando para hacerlo posible.

#08 / Crowdfunding finalizado con éxito! // Successfully finished campaign!

CROWDFUNDING FINALIZADO CON ÉXITO!!

Moitas grazas a todos e todas as mecenas que contribuístes a que Versogramas poida saír adiante. Estamos felices de termos acadado e mesmo superado o obxectivo de financiamento!

Agora toca facer contas e pechar o crowdfunding. Tan pronto poidamos porémonos en contacto con cada mecenas para xestionar todo o preciso. Lembrade que o período de entrega de recompensas será aproximadamente entre setembro e decembro deste 2017, para que poidades acabar o ano con moita videopoesía.

Nós seguimos en rodaxe e pronto comezaremos a montaxe do documental. Manterémosvos ao tanto ;)

¡¡CROWDFUNDING FINALIZADO CON ÉXITO!!

Muchas gracias a todos y todas las mecenas que habéis contribuido a que Versogramas pueda salir adelante. Estamos felices de haber conseguido e incluso superado el objetivo de financiación!

Ahora

ler máis

#07 / It’s the final countdown!! (tirirí ti, tirirí, ti-tí)

IT'S THE FINAL COUNTDOWN!! (tirirí ti, tirirí, ti-tí)

Só quedan 4 días para que remate a campaña de micromecenado de Versogramas!!

É moi importante que cheguemos a este 2º obxectivo de recadación, 8.500€. Somos un equipo moi pequeno e necesitamos moita axuda para sacar Versogramas adiante: contratar máis persoal para o equipo, preparar un set onírico e espectacular, distribuír o documental...

Por iso vos pedimos que nestes últimos 4 días compartades por favor cos vosos contactos a ligazón á páxina de campaña de Versogramas!! Así, máis persoas estarán ao tanto do noso éxito... e da nosa última petición de axuda!

Queremos agradecer a todos os mecenas que xa participastes ata agora dándovos unha recompensa extra: acceso online a contido exclusivo do documental.

Como sabedes, tamén engadimos unha nova recompensa: un pase + picnic ao aire libre, unha boa oportunidade para charlar co equipo mentres vemos o

ler máis

#06 / 1º RETO CONSEGUIDO! // 1st GOAL ACHIEVED!

PRIMEIRO OBXECTIVO CONSEGUIDO!!

Xa superamos o primeiro obxectivo de recadación!! Agora, imos a polo 2º obxectivo! Agarrádevos, que veñen curvas:

Queremos chegar a 8.500€ de recadación, para que Versogramas sexa impresionante. Con eses cartos extra, poderemos encher o plató de attrezzo incrible para facer aínda máis bonitas as escenas de transición de Versogramas: follas secas, pedras, ramas, libros, leds, cachivaches… Ademais, poderemos contratar a máis xente para que nos axude coa loxística de plató, que nos fai moita falta. Axudádesnos a conseguir iso?

Ademais, queremos engadir unha nova recompensa: un pase+picnic informal ao aire libre. Cea co equipo mentres ves o documental, por 50€! Correde reservala!

Como agradecemento a todos e todas as mecenas que nos apoiastes ata agora: dámosvos unha recompensa extra! O acceso online

ler máis

#05 / FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Que teñen en común Yolanda Castaño, Antón Reixa, Miriam Reyes, Cristina Ferreiro, Eduardo Estévez, Branca Novoneyra, Xabier Xardón ou Esther Carrodeguas? Empregaban o mesmo modelo de bolígrafo? Teñen o pelo da mesma cor?

Non! Que tod@s son poetas galeg@s con videopoemas que formarán parte de Versogramas!! E que mellor maneira de celebrar as Letras Galegas, ademais de honrando ao grande Carlos Casares, que celebrando a grandes poetas vivos que mesturan palabra, son e imaxe.

Hoxe celebramos as Letras e celebramos que xa superamos os 4.000€ de recadación! Lembra que hai moitas recompensas que xa se están agotando, como participar nun videopoema colectivo e acudir á pre-estrea con desconto.

Ademais, non perdas a oportunidade de recibir un recital multimedia para escoitar e ver dende onde queiras. E aproveita para

ler máis

#04 / Día 1 // Day 1

DÍA 1 // DAY 1

Alá foi o día 1 de rodaxe de Versogramas, o primeiro documental sobre o panorama internacional da videopoesía.

Entrevistamos a Kònic, Rosa Sánchez e Alain Baumann, artistas especializados en creacións interactivas onde a palabra, a imaxe e o son xogan un papel fundamental en relación co espectador.

Dende Bélxica chegou Marc Neys, todo un referente na videopoesía internacional con case 300 videopoemas creados e unha enorme paixón polo seu traballo. Colabora con multitude de videopoetas, imparte obradoiros de videopoesía, é xurado de festivais do xénero e ten recibido el mesmo moitos recoñecementos.

Hernán Talavera veu dende Albacete cargado de referencias e reflexións sobre o seu proceso creativo á hora de abordar un videopoema. Ás súas costas, unha longa e premiada traxectoria no xénero, que el aborda con ollos de

ler máis

#03 / EMPEZAMOS RODAXE!! / WE START FILMING!!

ARRANCAMOS RODAXE!!

Queremos compartir contigo moitas novidades:

  • No xornal galego Praza Pública entrevistaron a Belén Montero e Celia Parra sobre Versogramas e a campaña de crowdfunding.

  • No ZigZag Diario, programa cultural da Televisión de Galicia, entrevistaron tamén a Juan Lesta arredor do proxecto.

Non te perdas o contido das entrevistas, hai moita info e curiosidades sobre Versogramas! Segue as nosas redes sociais, facebook e twitter, para estar ao tanto das nosas últimas aparicións en prensa.

E

ler máis

#02 / Verso...que? Videopoe...what?

Hace alrededor de una semana presentamos la campaña de micromecenazgo de Versogramas en la Linda Rama. ¿No pudiste venir? Aquí te contamos lo que te perdiste:

Para empezar, revelamos el significado de dos “palabros” que aún sorprenden: videopoesía y crowdfunding. Videopoe…que? Crofunding? Crowdfaunding? Crowfunding? (Cri-cri..)

Quienes conocéis Versogramas ya sabéis que la videopoesía, ese nuevo-no tan nuevo género artístico, es un formato de expresión que traslada la atmósfera de un poema mediante el lenguaje audiovisual, mezclando imagen, palabra y sonido, al formato vídeo.

Y el crowdfunding, esa palabra más difícil de deletrear que supercalifragilísticoespialidoso, es un sistema de micromecenazgo, con el que ya estáis familiarizados ;)

ler máis

#01 / Presentamos campaña + noticias!!

ESP DEBAJO // ENGLISH BELOW

Este xoves 27 de abril ás 20:30h presentamos a campaña de crowdfunding de Versogramas na Linda Rama, unha libraría-cafetería especializada en poesía, situada no número 4 da rúa Porta de Aires (A Coruña)

Convidámoste a coñecer polo miúdo a campaña de crowdfunding de Versogramas, o primeiro documental sobre o panorama internacional da videopoesía, producido por Esferobite.

Falaremos dos videopoetas que forman parte do documental, explicaremos con detalle as recompensas, repasaremos o funcionamento de Verkami, e contarémosche todos os detalles que queiras saber sobre o proxecto.

Ademais, faremos un pase de videopoemas. Poderás ver en primicia algúns dos videopoemas que formarán parte do documental!

Contigo estarán os

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies