❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Biribirlocke - Tentando a sorte

Somos Biribirlocke, corzos oriúndos do concello de Ames. Comezamos nova aventura coa gravación do que será o noso segundo disco; “Tentando a sorte”. Anímate a formar parte do noso proxecto escollendo a túa recompensa. Graciñas!

Biribirlocke

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Bugallido
0
segundos
122
Achegas
3.963€
De 3.500€
Achega ao proxecto

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Biribirlocke • Tentando a sorte, segundo disco.

Somos Biribirlocke, corzos oriúndos do concello de Ames. Comezamos nova aventura coa gravación do que será o noso segundo disco; “Tentando a sorte”. Anímate a formar parte do noso proxecto escollendo a túa recompensa.

Biribirlocke

Somos Biribirlocke, empezamos nisto do rock and roll en 2010 e dende entón non paramos un minuto, fervendo notas dende Bugallido (Ames).

O noso é gozar enriba dos escenarios. Defínenos a enerxía dos nosos directos e o tipo de música que facemos non deixa indiferente a ninguén. Apostamos por facer festa, combinando cordas e ventos nun Rock&Roll Galego caralludo.

Formamos a banda:

• Benja (voz)
• Héctor (batería e coros)
• Raul (guitarra)
• Torroncho (baixo e coros)
• Martín (saxo)
• Miguel (trompeta)
• Amaro (saxo)
• Roque (trombón)

Nesta nova aventura temos o pracer de contar coa colaboración de José Alfonso Pais, Moisés Barreiro, Bernal Muiños e Sergio Piñeiro.

Tentando a Sorte

Tentando a sorte é o nome que recibirá este proxecto. Un CD no que levamos meses traballando e que poderedes ter no peto o vindeiro mes de abril.

Nesta nova etapa abrimos o campo de mira, abarcando outros estilos ata o de agora descoñecidos na banda, pero sempre mantendo a esencia e son que caracteriza a Biribirlocke.

Está composto de doce cancións das cales xa fixemos dous adiantos audiovisuais ; “Perdinme no Mar” e “Marchar”. A gravación das 8 cancións que completan este disco están programadas para este mes de febreiro.

Ademais disto este proxecto compleméntase coa festa de concerto-presentación do disco.

A que destinaremos as vosas aportacións?

A finalidade desta campaña é xuntar os cartos para poder facer fronte a parte dos gastos de gravación, mestura, masterización e edición física dos discos. Se conseguimos superar o obxectivo, os cartos irán destinados entre outras cousas a gastos de promoción, gravación de videoclips, creación de novo material de merchandising e organización dun concerto presentación do disco á altura do que merecedes.

Recompensas

Á vosa dereita poderedes botar un ollo a todas as combinacións de recompensa que ofrecemos . Mirade ben e escollede a que máis se axuste a vós!

Os elementos principais son: a descarga libre e anticipada do disco, mención especial aos nosos mecenas no disco, pegatinas, chapas, camisolas, cd´s ou entradas para o concerto presentación.

Se estades interesados noutra camisola das antigas, so tedes que facérnolo saber.

Calendario previsto

No vindeiro mes de abril “Tentando á sorte” estará listo para chegar ás vosas mans. Seredes vós, os nosos mecenas, os primeiros en poder escoitar este ilusionante proxecto! Non queda nada!!

A festa de presentación será o 15 de abril en Compostela, na Sala Malatesta.

As recompensas podedes recollelas nun punto que estableceremos, recibilas no voso domicilio ou o día da presentación. Se alguén está interesado nun envío internacional, que se poña en contacto con nós.

+ Info

YOUTUBE
FACEBOOK
INSTAGRAM
TWITTER

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies