❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Discover the 10 most exciting projects of 2018!

Biribirlocke - Tentando a sorte

Somos Biribirlocke, corzos oriúndos do concello de Ames. Comezamos nova aventura coa gravación do que será o noso segundo disco; “Tentando a sorte”. Anímate a formar parte do noso proxecto escollendo a túa recompensa. Graciñas!

Biribirlocke

A project of

Category

Created in

0
seconds
122
Patron
3.963€
From 3.500€
Contribute to the project

Biribirlocke • Tentando a sorte, segundo disco.

Somos Biribirlocke, corzos oriúndos do concello de Ames. Comezamos nova aventura coa gravación do que será o noso segundo disco; “Tentando a sorte”. Anímate a formar parte do noso proxecto escollendo a túa recompensa.

Biribirlocke

Somos Biribirlocke, empezamos nisto do rock and roll en 2010 e dende entón non paramos un minuto, fervendo notas dende Bugallido (Ames).
O noso é gozar enriba dos escenarios. Defínenos a enerxía dos nosos directos e o tipo de música que facemos non deixa indiferente a ninguén. Apostamos por facer festa, combinando cordas e ventos nun Rock&Roll Galego caralludo.

Formamos a banda:
• Benja (voz)
• Héctor (batería e coros)
• Raul (guitarra)
• Torroncho (baixo e coros)
• Martín (saxo)
• Miguel (trompeta)
• Amaro (saxo)
• Roque (trombón)

Nesta nova aventura temos o pracer de contar coa colaboración de José Alfonso Pais, Moisés Barreiro, Bernal Muiños e Sergio Piñeiro.

Tentando a Sorte

Tentando a sorte é o nome que recibirá este proxecto. Un CD no que levamos meses traballando e que poderedes ter no peto o vindeiro mes de abril.

Nesta nova etapa abrimos o campo de mira, abarcando outros estilos ata o de agora descoñecidos na banda, pero sempre mantendo a esencia e son que caracteriza a Biribirlocke.

Está composto de doce cancións das cales xa fixemos dous adiantos audiovisuais ; “Perdinme no Mar” e “Marchar”. A gravación das 8 cancións que completan este disco están programadas para este mes de febreiro.

Ademais disto este proxecto compleméntase coa festa de concerto-presentación do disco.

A que destinaremos as vosas aportacións?

A finalidade desta campaña é xuntar os cartos para poder facer fronte a parte dos gastos de gravación, mestura, masterización e edición física dos discos. Se conseguimos superar o obxectivo, os cartos irán destinados entre outras cousas a gastos de promoción, gravación de videoclips, creación de novo material de merchandising e organización dun concerto presentación do disco á altura do que merecedes.

Recompensas

Á vosa dereita poderedes botar un ollo a todas as combinacións de recompensa que ofrecemos . Mirade ben e escollede a que máis se axuste a vós!
Os elementos principais son: a descarga libre e anticipada do disco, mención especial aos nosos mecenas no disco, pegatinas, chapas, camisolas, cd´s ou entradas para o concerto presentación.

Se estades interesados noutra camisola das antigas, so tedes que facérnolo saber.

Calendario previsto

No vindeiro mes de abril “Tentando á sorte” estará listo para chegar ás vosas mans. Seredes vós, os nosos mecenas, os primeiros en poder escoitar este ilusionante proxecto! Non queda nada!!

A festa de presentación será o 15 de abril en Compostela, na Sala Malatesta.
As recompensas podedes recollelas nun punto que estableceremos, recibilas no voso domicilio ou o día da presentación. Se alguén está interesado nun envío internacional, que se poña en contacto con nós.

+ Info

YOUTUBE
FACEBOOK
INSTAGRAM
TWITTER

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

6€
3 backers

Descarga dixital do disco

10€
29 backers

CD
+Mención especial no libreto do disco

(A recoller en lugar acordado)

15€
12 backers

CD
+Mención especial no libreto do disco
+Descarga dixital do disco
+Pegatina
+Chapa

(Envío a domicilio en territorio nacional)

20€
18 backers

CD
+Camisola
+Mención especial no libreto do disco

(A recoller en lugar acordado)

20€
386 left (of 400)

CD
+Descarga dixital do disco
+Entrada concerto presentación
+Mención especial no libreto do disco

(A recoller en lugar acordado)

25€
23 backers

CD
+Camisola
+ Mención especial no libreto do disco
+ Descarga dixital do disco
+ 2 Pegatinas
+ Chapa

(Envío a domicilio en territorio nacional)

30€
6 backers

CD
+Entrada concerto presentación
+Camisola
+Mención especial no libreto do disco
+Descarga dixital do disco
+Chapa

(A recoller en lugar acordado)

35€
245 left (of 250)

2 CD´s
+2 Entradas para o concerto presentación
+Mención especial no libreto do disco
+Descarga dixital do disco
+2 Chapas
+2 Pegatinas

(A recoller en lugar acordado)

45€
241 left (of 250)

2 CD´s
+2 Entradas para o concerto presentación
+2 Camisolas
+ Mención especial no libreto do disco
+ Descarga dixital do disco
+ 2 Chapas
+ 2 Pegatinas

(A recoller en lugar acordado)

150€
15 left (of 15)

4CD´s
+Mención especial no libreto do noso CD co logotipo do voso establecemento
+4 entradas para o concerto presentación
+4 camisolas
Para poder sortear e/ou regalar nos vosos locais.
+Descarga dixital do disco

(Envío a domicilio en territorio nacional)

250€
2 left (of 4)

Día de ensaio pra 6 persoas con birra a esgalla
+6CD´s
+Mención especial no libreto do disco
+6 entradas para o concerto presentación
+6 Camisolas
+6 Pegatinas
+Descarga dixital do disco

1.000€
2 left (of 3)

Concerto da banda en Galicia.
+2 Camisolas
+2 CD´s
+Mención especial no libreto do disco
+Descarga dixital do disco

(Envío a domicilio territorio nacional)

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.