❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

"Os Nosos": vidas unidas por Deportivo e Celta

Nunca estiveran xuntos nun libro. "Os Nosos" une por vez primeira nunha única publicación todos aqueles xogadores e adestradores que teñen unha peculiar característica en común: militar durante a súa carreira no Celta e no Deportivo. #ONosoDerbi toma forma de enciclopedia persoal!

Héctor Pena

A project of

Category

Created in

A Coruña
0
seconds
37
Pledges
1.141€
From 4.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

“Os Nosos: futbolistas e adestradores que defenderon as cores do Celta e do Deportivo" é un libro que traza, por primeira vez, os perfís de todos aqueles xogadores e adestradores que nalgún momento militaron nos dous principais equipos de fútbol de Galicia, o Real Club Deportivo de La Coruña e o Real Club Celta de Vigo.

Escrito en lingua galega, recolle algunha das historias máis descoñecidas daqueles futbolistas que tomaron o camiño de ir canda o veciño do norte ou do sur tras xogar no seu máis directo rival. De feito, un deles, Vicente Celeiro, querido en ámbolos dous clubs e que mesmo recoñece que ten un fillo do Celta e outro do Depor, é quen lle pon as primeiras palabras a esta obra tras aceptar realizar o seu prólogo.

Quen está detrás de “Os Nosos”?

Os autores de “Os Nosos” teñen cousas en común e cousas que o diferencian. En común, as súas vidas. O 1 de outubro deixan de ser dous para converterse en matrimonio. E que os diferencia? Unha, Noela, leva a cor celeste no sangue; o outro, Héctor, leva a marca branquiazul na pel. E deste curioso matrimonio persoal nace un futbolístico e investigador que consegue levar a un libro algunhas das mellores historias dos clubs dos seus amores.

Noela leva máis de dez anos traballando en diferentes medios de comunicación do país e Héctor é un historiador do fútbol galego con varios libros publicados, incluida a "Historia do Trofeo Teresa Herrera". Quen dixo que os rivais non poden compartir cousas?

Que se atopa en “Os Nosos”?

Esta obra está chea de historias e datos inéditos, non só para o gran público. E é que, unindo as nosas formacións como historiador e periodista, logramos acceder e sacar á luz algunhas anécdotas e feitos totalmente descoñecidos e que teñen neste libro a súa primeira viaxe ante o público. Seguidores do Celta e do Deportivo quedarán coa boca aberta cando saiban quen vestiu as súas cores.

Configurado a xeito de enciclopedia do fútbol celeste e branquiazul, "Os Nosos" repasa de forma alfabética a traxectoria daqueles xogadores que nalgún momento vestiron as dúas camisolas.

Que buscamos con “Os Nosos”?

Temos varios obxectivos. O primeiro deles xa está cumprido, a realización dun libro a catro mans e dúas cores futbolísticas. Os outros obxectivos que buscamos son:

1. Dar a coñecer a historia dos protagonistas, moitas delas, inéditas, descoñecidas e máis que sorprendentes.

2. Conmemorar a efeméride do 75 aniversario do primeiro derbi galego en Primeira División, que se cumprirá en outubro de 2016, curiosamente, tres días antes do derbi galego desta temporada.

3. Contribuír a que siga aumentando o clima de cordialidade entre as dúas afeccións que se está a fomentar dende hai uns anos, tras moito tempo de violencia e incidentes. O noso exemplo, unha xornalista de Arbo e socia do Celta, e un historiador da Coruña e socio do Deportivo, pode servir de mostra de que se pode vivir un derbi con rivalidade sá.

4. Incidir na normalización da lingua galega a todos os niveis, xa que está escrito de modo íntegro na lingua propia de Galicia.

A que destinaremos as vosas achegas a "Os Nosos"?

As vosas achegas permitirannos cumprir o soño de ver o libro impreso e, ademais, farán posible que vos fagamos chegar as recompensas que tan ben gañariades.

Calendario previsto

O libro está completamente rematado, a falta de introducir os nomes dos colaboradores e mecenas. En canto consigamos o obxectivo de financiación, enviaremos o libro e as recompensas á imprenta, co que en cuestión dunhas poucas semanas recibiriades todo nas vosas casas.

Máis información


Facebook
Twitter
Instagram

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

Go back to all the updates

#03 / “Os Nosos” únese á celebración de #ONosoDerbi cun libro que une Depor e Celta

Chega a primeira “semana grande” desta temporada futboleira en Galicia. Chega #ONosoDerbi. Este domingo, a partires das doce da mañá, Celta e Deportivo disputan en Balaídos o primeiro clásico galego deste ano e “Os Nosos” non quere faltar á festa. E é que Celta e Deportivo nunca estiveran tan xuntos nun libro. Esta publicación une por vez primeira nunha única obra todos aqueles xogadores e adestradores que teñen unha peculiar característica en común: militar durante a súa carreira no Celta e no Deportivo. #ONosoDerbi toma forma de enciclopedia persoal xusto no momento no que se cumplen 75 anos do primeiro clásico galego de rivalidade, que se desputou no 19 de outubro de 1941.

A plataforma Verkami dá a oportunidade de darlle forma física a “Os Nosos” mediante o formato de crowdfunding (http://vkm.is/osnosos). Con el, e ata o 31 de outubro, preténdense conseguir os 4.500 euros necesarios para publicar o libro en versión física. Todos aqueles que o desexen poden achegar o seu gran de area en forma de financiación, que van dende a máis barata, de 12 euros, ata a máis cara, como mecenado de honra de 125 euros, pasando por formatos cun coste de 15, 18, 24, 30, 40 ou 60 euros, entre outros. Aos financiadores tan só se lles cobrará unha vez o proxecto acade os 4.500 euros precisos e será entón cando reciban tamén o libro no formato pagado e as recompensas accesorias.

Héctor J. Pena e Noela Rey, autores da obra, unen as súas paixóns (branquiazul no caso dun e celeste no caso da outra) para dar forma a un libro no que recollen as historias dos xogadores e adestradores que percorreron camiño de ida e volta entre A Coruña e Vigo. De feito, un deles, Vicente Celeiro, querido en ámbolos dous clubs e que mesmo recoñece que ten un fillo do Celta e outro do Depor, é quen lle pon as primeiras palabras a esta obra tras aceptar realizar o seu prólogo.

Moitas das historias que aparecen nesta obra, máis que descoñecidas, son inéditas. De feito, moitos afeccionados quedarán sorprendidos ao saber quen vestiu a súa camiseta. A sorpresa escóndese en cada páxina canda historias que están máis á luz, como as de Oriol Riera, Goran Djorovic, Jabo Irureta, Miguel Ángel Lotina, Fernando Vázquez, Flaco Gil, Pahíño ou Mariano. Deportivistas e celestes atoparán un perfecto entretemento e conseguirán facerse coa información máis inesperada.

E por si fora pouco, chega outra historia de unión. A dos propios autores, que o pasado 1 de outubro se converteron en matrimonio nunha cerimonia na que a rivalidade futbolística ben entendida foi o eixo sobre o que pivotou unha xornada de diversión de familia e amigos (tamén grandes afeccionados).

Héctor J. Pena (A Coruña, 1985) é historiador do fútbol galego e membro do Centro Internacional de Historia e Estadística do Fútbol Español e da International Federation of Football History & Statistics. Leva moitos anos escribindo e falando das súas dúas maiores paixóns, historia e fútbol de Galicia, en diversos medios de comunicación do país e en libros como "El Camino Inglés", no que escribiu o capítulo "El telégrafo que nos trajo el fútbol" (sobre a introducción do balompé en Galicia) ou "Historia del Trofeo Teresa Herrera", publicación que repasa a traxectoria do decano dos torneos de verán.

Noela Rey (Ponteareas, 1984) é unha xornalista do sur de Galicia afincada na Coruña que leva máis de dez anos traballando en diversos medios de comunicación galegos, dende o Faro de Vigo ata El Ideal Gallego, pasando pola Televisión de Galicia, a Radio Galega e Xornal de Galicia. “Os Nosos” é a súa primeira aventura literaria e ensaística, na que se encargou, ademais, da corrección e o deseño.

Máis información e entrevistas:

Héctor J. Pena: 678261626

Noela Rey: 626628592

Web: vkm.is/osnosos

Correo electrónico: [email protected]

0 comments

Log in or Sign up to comment this entry.

#04 / Volveredes oír falar de "Os Nosos". Recordádeo.

Desta vez non puido ser. Non logramos chegar á financiación obxectivo, pero, con todo, estamos moi contentos. E por que? Pois porque sabemos que o libro "Os Nosos" espertou moitísimo interese e porque grazas a estar en Verkami á vista do mundo hai quen se fixou neste proxecto.

Si, volveredes oír falar de "Os Nosos". Non nos rendemos, iso non vai con nós, así que con esta porta pechada xa estamos abrindo a seguinte fiestra.

Seguiremos polas nosas redes sociais en Facebook e Twitter e pronto vos poderemos dar máis noticias.

Queremos aproveitar tamén para agradecerlle á corentena de mecenas que nos deron a súa confianza que pincharan no botón das achegas (recordade que non se vos vai cobrar nada) e aos medios de comunicación que nos fixeron sentir como verdadeiros famosos.

read more

#03 / “Os Nosos” únese á celebración de #ONosoDerbi cun libro que une Depor e Celta

Chega a primeira “semana grande” desta temporada futboleira en Galicia. Chega #ONosoDerbi. Este domingo, a partires das doce da mañá, Celta e Deportivo disputan en Balaídos o primeiro clásico galego deste ano e “Os Nosos” non quere faltar á festa. E é que Celta e Deportivo nunca estiveran tan xuntos nun libro. Esta publicación une por vez primeira nunha única obra todos aqueles xogadores e adestradores que teñen unha peculiar característica en común: militar durante a súa carreira no Celta e no Deportivo. #ONosoDerbi toma forma de enciclopedia persoal xusto no momento no que se cumplen 75 anos do primeiro clásico galego de rivalidade, que se desputou no 19 de outubro de 1941.

A plataforma Verkami dá a oportunidade de darlle forma física a “Os Nosos” mediante o formato de crowdfunding (http://vkm.is/osnosos). Con el, e ata o 31 de outubro, preténdense

read more

#02 / Na resaca de voda, chega #ONosoDerbi

Estamos a medio camiño deste proxecto e inda quedan moitos quilómetros por percorrer. Pero sabemos que esta vez imos ter unha máquina que nos vai dar enerxía extra. En semana e media chega #ONosoDerbi. Celestes e branquiazuis van ter un obxectivo común. Como "Os Nosos". Xa non vai haber noticias do Deportivo e noticias do Celta. Non. Serán as noticias de ambos. E iso énchenos de enerxía para seguir adiante. Iso, e toda a xente que xa nos ten apoiado. É unha satisfacción ver que este pequeno proxecto familiar ten interese para moitos.

E si, agora xi que xa é un proxecto familiar con todas as da lei. Porque Noela e Héctor xa son un matrimonio. Unha voda fantástica na que houbo moitos de "Os Nosos" presentes e na que o Depor e o Celta foron grandes protagonistas. Mesmo nos noivos da tarta. Si, somos así, que lle imos facer. E iso é o que fai especial este libro.

read more

#01 / Un libro, unha voda e un camiño a #ONosoDerbi

"Os Nosos" cumpre os seus tres primeiros días de vida como proxecto en Verkami e estamos moi contentos coa resposta, mesmo xa hai medios de comunicación que se fixeron eco do nacemento do libro.

O DXT Campeón da Coruña entrevistounos aos dous autores (Héctor J. Pena e Noela Rey) mentres estabamos a pechar os últimos detalles da nosa voda, que se celebrará en só 6 días e na que o Celta e o Deportivo estarán moi presentes. O libro naceu da nosa relación e estará en primeira fila para ver como lle damos a esta forma de matrimonio.

E mentres tanto, as achegas seguen a medrar. En tres días xa superamos os 200 euros, estamos a conseguir que a difusión se vaia agrandando e, o que é máis importante, inda nos falta por xogar a baza de #ONosoDerbi, que terá lugar na última semana de recadación do proxecto.

Por todo iso queremos dar as grazas a todos os que

read more
We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy