Incríbel, pero certo. Xa está todo en marcha para o cuarto anuario de Pikara Magazine en papel! Se nos chegan a dicir, cando en 2010 lanzamos pikaramagazine.com, que teríamos unha edición en papel ó ao, non o tivéramos crido! Quizais isto poida semellar moi manido, pero Pikara Magazine é un proxecto moito máis emocionante do que soñáramos e estamos chegando a lugares cos que nis sequera fantaseáramos. Grazas a todas por estares aí, por acompañarnos nesta viaxe apaixoante.
As xornalistas feministas precisábamos un cuarto propio no que poder ler as informacións desde a perspectiva que sabemos que mellor explica por que ocorren as cousas que ocorren: un feminismo interseccional, que recoñece e acolle a todas as persoas que non teñen cabida nos medios de comunicación máis tradicionais. Sen nós, non hai democracia; non hai prensa, non hai cambio.
Lanzámonos ó papel cun obxectivo claro: saír da pantalla, chegar a lugares inexplorados para nós, coñecer ás persoas que estades traballando por construír un feminismo que nos vai permitir ser máis felices a todas. Queremos contar que se está producindo desde a academia, pero, sobre todo, queremos contar que estades facendo vós, como vivides, como resistides a este sistema que nos ten afogadas nuns modelos de xénero que non nos sirven, que nos violentan e limitan.
A nosa aposta é clara: un xornalismo de calidade, digno, que non contribúa á precarización da profesión, que sigue crendo que na importancia duns medios de comunicación que poñan contra as cordas ó poder.
Que hai de novo?
Neste número imos poñer unha énfase especial no reporterismo, no noso afán por amosar que a mirada feminista aporta maior calidade ó xornalismo. Os contidos inéditos terán máis peso entre unha escolma de temas dos que xa publicamos durante o cuarto ano de pikaramagazine.com. Ademais, neste ano o gráfico voltará ter un grande protagonismo no noso anuario con máis fotogalerías que estamos seguras que vos van encantar.
Contaremos cun horóscopo en lugar dos pasaempos do último número e a sección de Participa estará integrada ó longo de todo o anuario porque hai textos marabillosos que cremos que é xusto que teñan o mesmo protagonismo no anuario que o resto.
Por que é unha boa idea ser mecenas?
É unha forma de pre-mercar a revista, con vantaxes e comodidades. Recibirala en casa e custarache un euro menos que nos puntos de venda e presentacións. Iso se invirtes 9 euros (no caso de envíos ó Estado español peninsular), pero, ademais, mediante crowdfunding tamén ofrecemos diferentes fórmulas para que recibas merchandising de Pikara, para que apoies o noso proxecto e que o teu apoio se reflicta na nosa web.
Pola nosa parte, o crowdunfind dános a posibilidade de imprimir 5.000 exemplares sen poñer en risco a xa de por si modesta economía. Se che gusta o que facemos, este é o xeito de asegurar a súa continuidade.
Se es socia ou socio, lembra que recibirás un exemplar por correo.
A que destinaremos as vosas aportacións?
Primeiro obxectivo: 12.000 euros
É o xusto para cubrir os gastos de producción máis grandes, da revista e das recompensas, así como as comisións do crowdfunding.
Imprimir 5.000 exemplares: 8.200 euros
Producir recompensas (1.000 bolsas, 1.000 calendarios, 800 chapas, ): 2.900 euros
Estimación das comisións (Verkami e Paypal): 900 euros
Segundo obxectivo: 17.000 euros
En Pikara parécenos moi importante dignificar o traballo das persoas e non precarizar o nome da militancia. Por iso, precisamos contar con orzamento para remunerar ás profesionais que garanten un produto de calidade. Incluímos tamén nese obxectivo os gastos de Correos relativos ós envíos a mecenas, calculando 800 envíos.
Honorarios para maquetación: 600 euros
Honorarios ilustración: 600 euros
Honorarios para correción de textos: 300 euros
Pago por contenidos inéditos: 500 euros
Correos: 3.000 euros
Terceiro obxectivo: 20.000 euros
Este obxectivo permitiría contar cun orzamento folgado para costear unha posible segunda tirada ou máis recompensas e para contribuír á sostenibilidade de Pikara Magazine. Incluídos gastos de estrutura como o aluguer da redación e os salarios do equipo de coordinación.
As recompensas
Este ano decidimos simplificar as recompensas; a experiencia de anos anteriores lévanos a entender que o produto é o anuario e que a excesiva oferta de packs distintos complica a distribución. En todo caso, renovamos o deseño dos produtos píkaros, dando visibilidade ás nosas tres ilustradoras máis habituais:
Calendario de mesa 2017: Acompaña ó pack básico. Para que nos fagades un oco na vosa mesa de traballo.
Bolsa de tea: Este ano sacamos unha bolsa de tea negra coa imaxe da nena e a loba que deseñou Emma Gascó como portadilla da sección Voces do anuario 3. Engadimos o lema: "A noite é nosa".
- Pack de 5 chapas e postal: Este ano renovamos a nosa oferta de chapas, con debuxos de distintas ilustradoras. A postal leva unha ilustración preciosísima de Núria Frago sobre poliamor.
- Colecciona Pikara: Packs noo que se inclúen todos os nosos anuarios en papel. Como será o número 4? Estamos case seguras de que vai encantarvos.
- Monográficos: Este año editamos dous monográficos en papel. En ‘A medias tintas: Los medios ante la violencia machista’ analizamos o papel da prensa ante as violencias machistas; en ‘Cara B: Violencias normalizadas y silenciadas’ falamos desas formas de violencia patriarcal que non teñen cabida nos grandes medios de comunicación
- Tazas: Só quedan catro! Fixemos unha campaña de captación de socias que funcionou moi ben e só nos sobraron catro. Se queres a túa taza de Caperucita, dáte présa!
Calendario previsto
Xuño e xullo: Edición de textos, deseño e maquetación
Agosto: Produción de recompensas
Setembro (primeira semana): Impresión de revistas
Setembro (segunda semana): Pedir datos a mecenas
Setembro (terceira semana): Envío de recompensas
Finalizado o envío, o anuario porase á venda en puntos de establecemento, e en outubro comezaremos unha nova xira de presentacións.
Info
[email protected]
www.pikaramagazine.com
Facebook
Twitter
Youtube
Instagram
17 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Miriam Amb Ema
Hola! M'agradat molt el vostre projecte i us convide a pegar-li una ullada al meu, que tan sols queden dos dies!
http://www.verkami.com/projects/15221-llibre-vint-i-vuit/
Pikara Magazine
Autor/a
Kaixo! Sí, puedes comprarla en nuestra tienda online tienda.pikaramagazine.com
¡Un abrazo!
buenosdias
Kaixo,
hay manera de conseguir sólo la primera edición?? es la única que me falta... Eskerrik asko
Pikara Magazine
Autor/a
¡Hola, Pilar!
Es una bolsa nueva también diseñada por nuestra querida Emma Gascó, con la imagen de la niña y la loba que aparece en el proyecto.
¡Un abrazo!
Pilar
Hola!!! Estoy interesada en pledging €35 "estés donde estés". La bolsa incluida es la de pikara tradicional o la de Emma Gascó? Mucha gracias
Pikara Magazine
Autor/a
¡Hola, ACV!
Gracias por la sugerencia ;) Este año es que hemos intentado hacer los menos packs posibles porque el año pasado la distribución se nos fue bastante de las manos... Los monográficos están a la venta en nuestra tienda online.
Un abrazo,
Las Pikaras
ACV
¡Hola Pikaras!
No sé si será posible añadir, entre las recompensas, una opción más, que puede resultar interesante: a la opción "PARA LOBAS" sumarle los dos monográficos.
Un abrazo.
Pikara Magazine
Autor/a
¡Hola, Mertxe!
Gracias por la sugerencia ;) Este año es que hemos intentado hacer los menos packs posibles porque el año pasado la distribución se nos fue bastante de las manos... Los monográficos están a la venta en nuestra tienda online y los bolsos estarán en cuanto los tengamos listo.
Un abrazo,
Las Pikaras
Mertxe
Hola! Seria posible añadir la opción el número nuevo + los dos monográficos + bolsa de tela?? Muchas gracias!
Pikara Magazine
Autor/a
Kaixo June! Eskerrik asko zure iradokizunagatik. Aurten pack gutxiago egiten saiatu gara, pasa den urtean distribuzioa oso korapilatsua izan zelako. Monografikoak gure denda online-ean daude salgai eta poltsak ere han egongo dira serigrafiatik atera bezain laster. Besarkada bat.