A banda anteriormente coñecida como Mutant Squad está a argallar algo. Máis de dous anos presentando Titanomakhia en salas e festivais de toda a península, con mencións de honor coma o Vagos Open Air, Rock Arena ou tres actuacións consecutivas no Resurrection Fest de Viveiro, dan pra aprenderes moito. Despóis dun cambio de formación entre as nosas filas ficamos listos pra seguir adiante e presentarvos o que levamos meses cociñando.
Pleiades é un álbum tan recente que antóxasenos difícil describilo en poucas palabras, pero de seguro sabemos que é un produto directo das nosas ansias de superación personal como músicos e como banda, como ente colectivo. Unha foto fixa do que estamos a sentir, por dicilo dalgunha forma, musicalmente. Quizábeis a particularidade de Pleiades é que se gravou nun momento de transición pra esta banda, polo que nos créditos aparecen catro persoas, non tres. Mentres que sonará o familiar baixo do noso compañeiro durante os últimos sete anos, Campi, as voces incorporaran novos timbres coa chegada de Xalo, que ocupará a vacante do primeiro. Estamos desexando ensinarvos o resultado e só podremos darlle un empuxe á altura das circunstancias se decidides formar parte do proxecto.
Plantexamos este proxecto como unha prevenda de merchandising que nos axudará a facer unha sondaxe do público e axustar os prezos, así tentamos ofrecervos unha maneira atractiva de participar no nacemento de Pleiades.
A qué destinaremos as vosas aportacións
Tódalas vosas aportacións destinaranse a financiar a edición física do CD, ademáis da fabricación do novo merchandising da banda, que estará dispoñíbel en tallas S, M, L, XL, XXL. O resto dos cartos destinaranse a pagar a fabricación do merchandising restante e o pago de comisións bancarias así coma os gastos que xenera a propia campaña de crowdfunding.
Se sobrepasamos o obxectivo
No caso de sobrepasar o obxectivo amplamente, gustaríanos facer unha edición en vinilo de Pleiades
Sobre as recompensas
Deseñamos recompensas variadas que se adapten a todo tipo de petos, pra que poidas contribuir da forma que mellor se che adapte. Os packs conteñen todo tipo de produtos, algúns deles limitados a poucas unidades ou exclusivos pra esta campaña, ademáis axustamos os prezos ó máximo pra ofrecervos as ofertas máis atractivas. A boa nova é que con calquer aportación recibiredes unha descarga dixital de Pleiades previa á data oficial de lanzamento!
Calendario previsto
Ca produción do CD na súa fase final só resta esperar unha resposta positiva por parte do público. Se conseguimos o obxectivo da campaña enviarase todo a fábrica pra que vos chege o voso paquete de contado.
+ Info
▲Facebook
▲Twitter
▲Instagram
▲Youtube
▲Bandcamp
1 comentario
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
VigoMetal89
Hola!
¿Hay alguna forma de conseguir las tablaturas para guitarra del Titanomakhia? ¿Vais a sacar también del Pleiades? Ánimo con la recaudación aunque sé que lo vais a conseguir!! Mutants will rise!!!!
Saludos desde Vigo.