❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Discover the 10 most exciting projects of 2019!

O Cullarapo Croque

O cullarapo serve de fío condutor entre os poemas que viven neste libro. 80 páxinas cheas de poesía, de fermosas ilustracións e sobre todo de moita dozura. Os autores do libro: Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, conseguen achegar aos nenos e nenas temas como o respecto aos demais, os soños...

Created in

0
seconds
77
Patron
3.045€
From 3.000€
Contribute to the project

O Cullarapo Croque será o número 5 dentro dos cadernos “Q de Vian”, iniciativa da Porta Verde do Sétimo Andar que comezou o seu camiñar no ano 2011, e que xa ten catro números na rúa:

1.- De Castro. Autores: Alba Méndez e Alberte Momán

2.- Pegadas. Que reúne trinta e sete voces galaico-portuguesas.

3.- O día que morreu Steve Mc Queen. Autor: Kiko Neves.

4.- Desobediencia. Autor: Rosa Enríquez.

O libro terá un formato 18 x 24,5 cm, impreso a 4/4 tintas en papel offset abuesado de 100 grs. A encadernación será en cartoné ao cromo impreso a 4/0 tintas en papel estucado 150 grs, plastificado mate a 1/c.

QUE É A PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR?
A Porta Verde do Sétimo Andar xurde en maio de 2005, produto da coincidencia de traxectorias, experiencias e inquedanzas que fai posíbel artellar unha idea colectiva.

É un espazo creativo e aberto a todo tipo de expresión artística mesmo interactuada, un espazo poético de encontro e coincidencia; galego e comprometido coa cultura galega.

O seu ámbito de acción abrangue toda Galiza e norte de Portugal, mais tamén existen importantes conexións con comunidades galegas de Madrid ou Barcelona.

Hogano, A Porta Verde conta xa cun bo número de publicacións. No ano 2007 sae á rúa o primeiro libro colectivo de poesía baixo o título de “**A Porta Verde do Sétimo Andar**” no que participan nove voces poéticas distintas: Abilio Rodríguez, Alberte Momán, Alfonso Láuzara, Cruz Martínez, Elvira Riveiro, Luís Viñas, Manolo Pipas, Alfonso Rodríguez e Rosa Martínez.

"**Sétimo andar, poesía alén**" (2010) era o segundo libro colectivo, cando A Porta Verde cumpría 5 anos de andaina poética. Nel participan outras nove voces poéticas diversas, das que repiten só tres nomes do primeiro libro: Miguel Ángel Alonso Diz, Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, María N. Soutelo, Manolo Pipas e Ramiro Vidal.

Tivo un éxito sorprendente, considerado por Fervenzas Literarias o 3º mellor libro de poesía galega do ano 2010.

A todo isto debemos sumar os xa mencionados cadernos** Q de Vian**.

QUEN SON OS AUTORES?

Ambos decidiron non incluír datos sobre a súa traxectoria, xa que nada os pode definir mellor que os seus versos e as súas ilustracións.

Miguel Ángel Alonso Diz

“Quen son eu?

Eu soamente son un fío de voz pendurado na eterna noite dun curruncho esquecido, onde case non se distingue a tenue luz duns verdes ollos aínda durmidos.

Só iso...

un fío de voz, unha tenue luz no medio da escuridade”.

http://forxadordeversos.blogspot.com/

Luz Beloso

“Luz camiña nos soños,

constrúe paisaxes

onde habitan

aqueles segundos

nos que inda había esperanza”.

http://luzbeloso.blogspot.com/
http://dibujosbeloso.blogspot.com/

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

Go back to all the updates

#05 / Obxectivo acadado!!

Amigos e amigas!

Nenas e nenos!

Parabéns a todos. Conseguímolo!

Hai que me colleu pola rúa, e díxome:

Estarás orgulloso?

Non - respondín.

O que estou é moi AGRADECIDO.

Unha aperta a tod@s!!

Miguel Ángel Alonso Diz

Luz Beloso

2 comments

Log in or Sign up to comment this entry.

  • Miguel Ángel

    Miguel Ángel

    about 8 years

    Hola Mertxe!!

    gracias por tus palabras. Perdona porque yo también he estado, y sigo estando, muy liado :)

    Si decides venir por Vigo, cuenta con mi presencia!!

    y si quieres que hable con algún sitio, para mi será un placer.

    Seguimos en contacto!!!

  • MERTXE MANSO

    MERTXE MANSO

    about 8 years

    Gracias por el libro¡¡¡¡ precioso¡¡¡ lo recibí a tiempo, pero los líos del mío no me han dejado responder antes....

    Un abrazo¡¡

    Si os animáis a presentarlo por el sur, os sirvo de punto de encuentro...

    Mertxe Manso

#05 / Obxectivo acadado!!

Amigos e amigas!

Nenas e nenos!

Parabéns a todos. Conseguímolo!

Hai que me colleu pola rúa, e díxome:

Estarás orgulloso?

Non - respondín.

O que estou é moi AGRADECIDO.

Unha aperta a tod@s!!

Miguel Ángel Alonso Diz

Luz Beloso

#03 / O Cullarapo Croque

Neste libro atoparedes poemas que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto a individualidade.... xunto a fermosas imaxes que forman un "todo" perfectamente conectado.

Mercalo a través de aquí é unha boa oportunidade xa que o prezo, unha vez este na rúa vai ser bastante superior aos 15 €.

Así que animádevos a entrar neste fermoso mundo, no que xa adianto... haberá máis sorpresas.

#02 / Ilustración do Cullarapo Croque

Esta será a ilustración do Cullarapo que podedes conseguir de agasallo, para aqueles queoptedes polas recompensas que a inclúen. Estará firmada e dedicada por Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso Diz. O seu tamaño será 21x29,7 cmé irá en papel groso de boa calidade.

Un fermoso recordo do noso Cullarapo.

15€
39 backers

1 Exemplar do libro dedicado polos dous autores + Agradecemento no blog do forxador de versos.

20€
13 backers

1 Exemplar do libro dedicado polos dous autores + 1 Ilustración do cullarapo dedicada + Agradecemento no blog do forxador de versos.

30€
10 backers

2 Exemplares do libro dedicados polos autores + Agradecemento no blog do forxador de versos.

50€
8 backers

3 Exemplares do libro dedicados polos autores + 3 Ilustracións cullarapo de agradecemento dedicadas + Agradecemento no blog do forxador de versos.

100€
5 backers

4 Exemplares do libro dedicados polos autores + 4 Ilustracións cullarapo de agradecemento dedicadas + 1 Camiseta do forxador de versos + Agardecemento no blog do forxador de versos.

500€
2 backers

20 Exemplares do libro dedicados polos autores + 20 Ilustracións, cullarapo e forxador de versos de agradecemento dedicadas + 3 Camisetas do forxador de versos + Agradecemento no blog do forxador de versos.

Cookies help us to offer you the best experience. Settings