❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

O Cullarapo Croque

O cullarapo serve de fío condutor entre os poemas que viven neste libro. 80 páxinas cheas de poesía, de fermosas ilustracións e sobre todo de moita dozura. Os autores do libro: Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, conseguen achegar aos nenos e nenas temas como o respecto aos demais, os soños...

Miguel Ángel Alonso Diz

Un proyecto de

Creado en

0
segundos
77
Aportaciones
3.045€
De 3.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

O Cullarapo Croque será o número 5 dentro dos cadernos “Q de Vian”, iniciativa da Porta Verde do Sétimo Andar que comezou o seu camiñar no ano 2011, e que xa ten catro números na rúa:

1.- De Castro. Autores: Alba Méndez e Alberte Momán

2.- Pegadas. Que reúne trinta e sete voces galaico-portuguesas.

3.- O día que morreu Steve Mc Queen. Autor: Kiko Neves.

4.- Desobediencia. Autor: Rosa Enríquez.

O libro terá un formato 18 x 24,5 cm, impreso a 4/4 tintas en papel offset abuesado de 100 grs. A encadernación será en cartoné ao cromo impreso a 4/0 tintas en papel estucado 150 grs, plastificado mate a 1/c.

QUE É A PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR?
A Porta Verde do Sétimo Andar xurde en maio de 2005, produto da coincidencia de traxectorias, experiencias e inquedanzas que fai posíbel artellar unha idea colectiva.

É un espazo creativo e aberto a todo tipo de expresión artística mesmo interactuada, un espazo poético de encontro e coincidencia; galego e comprometido coa cultura galega.

O seu ámbito de acción abrangue toda Galiza e norte de Portugal, mais tamén existen importantes conexións con comunidades galegas de Madrid ou Barcelona.

Hogano, A Porta Verde conta xa cun bo número de publicacións. No ano 2007 sae á rúa o primeiro libro colectivo de poesía baixo o título de “A Porta Verde do Sétimo Andar” no que participan nove voces poéticas distintas: Abilio Rodríguez, Alberte Momán, Alfonso Láuzara, Cruz Martínez, Elvira Riveiro, Luís Viñas, Manolo Pipas, Alfonso Rodríguez e Rosa Martínez.

"Sétimo andar, poesía alén" (2010) era o segundo libro colectivo, cando A Porta Verde cumpría 5 anos de andaina poética. Nel participan outras nove voces poéticas diversas, das que repiten só tres nomes do primeiro libro: Miguel Ángel Alonso Diz, Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, María N. Soutelo, Manolo Pipas e Ramiro Vidal.

Tivo un éxito sorprendente, considerado por Fervenzas Literarias o 3º mellor libro de poesía galega do ano 2010.

A todo isto debemos sumar os xa mencionados cadernos** Q de Vian**.

QUEN SON OS AUTORES?

Ambos decidiron non incluír datos sobre a súa traxectoria, xa que nada os pode definir mellor que os seus versos e as súas ilustracións.

Miguel Ángel Alonso Diz

“Quen son eu?

Eu soamente son un fío de voz pendurado na eterna noite dun curruncho esquecido, onde case non se distingue a tenue luz duns verdes ollos aínda durmidos.

Só iso...

un fío de voz, unha tenue luz no medio da escuridade”.

http://forxadordeversos.blogspot.com/

Luz Beloso

“Luz camiña nos soños,

constrúe paisaxes

onde habitan

aqueles segundos

nos que inda había esperanza”.

http://luzbeloso.blogspot.com/
http://dibujosbeloso.blogspot.com/

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

0 comentarios

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

#05 / Obxectivo acadado!!

Amigos e amigas!

Nenas e nenos!

Parabéns a todos. Conseguímolo!

Hai que me colleu pola rúa, e díxome:

Estarás orgulloso?

Non - respondín.

O que estou é moi AGRADECIDO.

Unha aperta a tod@s!!

Miguel Ángel Alonso Diz

Luz Beloso

#03 / O Cullarapo Croque

Neste libro atoparedes poemas que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto a individualidade.... xunto a fermosas imaxes que forman un "todo" perfectamente conectado.

Mercalo a través de aquí é unha boa oportunidade xa que o prezo, unha vez este na rúa vai ser bastante superior aos 15 €.

Así que animádevos a entrar neste fermoso mundo, no que xa adianto... haberá máis sorpresas.

#02 / Ilustración do Cullarapo Croque

Esta será a ilustración do Cullarapo que podedes conseguir de agasallo, para aqueles queoptedes polas recompensas que a inclúen. Estará firmada e dedicada por Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso Diz. O seu tamaño será 21x29,7 cmé irá en papel groso de boa calidade.

Un fermoso recordo do noso Cullarapo.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies