Proxecto
Principia naceu en internet a finais do ano 2014 e a través desta tratamos temas de interese xeral, cun formato que pretende entreter con todo o rigor que a ciencia nos ofrece, transformando o contido nun espazo artístico.
Agora chegou o momento de pasar ó formato físico, para aqueles nostálxicos do papel, para quen goza tocando e sentindo como se deslizan as páxinas entre os dedos, para quen ule e aprecia o recendo do papel e a tinta e quen xoga acariciando as ilustracións, para quen se relaxa e goza lendo. E para quen cre posible romper certas barreiras e facer as cousas de forma diferente.
A publicación constará de 96 páxinas impresas sobre papel off set de 115 gramos, con cubertas de 300 gramos. A revista presenta unha liña gráfica extremadamente coidada, con calidade tanto no contido coma no continente. Os textos, revisados até o máis mínimo detalle e as ilustracións, excepcionais, orixinais e creativas farán desta revista un elemento de colección que quererás ter nas túas mans.
A periodicidade será bianual e o primeiro número publicarase en xuño. Farase unha tirada de 2000 exemplares en papel que se incluirá como recompensa neste crowdfunding.
O noso obxectivo con esta campaña é lanzar as subscricións e costear os gastos que supón converter Principia nunha revista de formato físico; o que implica poder pagar ós máis de 40 colaboradores que contribuíron a que isto se faga posible.
Como será o número 0 de Principia
As 96 páxinas da revista son completamente inéditas. Nada do contido publicado formou parte da web, obtendo así unha publicación orixinal.
Queremos destacar deste número 0 a enorme calidade tanto nos textos coma nas ilustracións e infografías. Neste primeiro número analizaremos en profundidade ó Señor Escuro dos Sith. Contarémosche que facer se es alérxico ó glute (contido apto para celíacos). Poderás coñecer a historia dunha das mulleres e un dos homes máis brillantes da historia da humanidade, así coma un dos máis curiosos e influentes e unha das especies máis rechamantes da natureza. Tamén poderemos comprobar que a natureza nos ofrece solucións que nos fan a vida máis doada cada día.
E, ademais, por que pican as cousas que pican? É capaz un pobo de derrocar un goberno polo negocio da droga? Quen debe vacinarse? É certo que as persoas cegas desenvolven o resto de sentidos por riba da media? Son as serpes tan perigosas? Es daltónico e tal vez non o sabes? Todas esas preguntas e moitas cuestións máis quedarán resoltas neste primeiro número.
Ademais, para goce do persoal, creamos un xogo sobre a carreira espacial onde –con sorte- poderás cambiar a historia. Gañarán os rusos nesta ocasión?
E se pensas viaxar a Rusia proximamente, non esquezas a revista, farache falla o mapa da cidade de Moscova con todos os particulares lugares de interese que che propoñemos.
Con todos estes ingredientes confeccionouse Principia, unha revista diferente.
Colaboradores da revista
No aspecto artístico tivemos a fortuna de contar por partida dobre coa ilustradora asturiana Verónica Grech, coa exclusiva arte do pintor e ilustrador sevillano José Moreno, co pintor toledano mestre das texturas Jesús Padilla, coa ilustradora polaca Martyna Wójcik-Śmierska, así como coa colaboración do estudo barcelonés Forma & Co. Ademais, tamen contamos con futuras promesas do mundo da arte nacional e estranxeira, coma o xove artista galego José Parada, a ilustradora granadina Ángela Alcalá, a ilustradora Marina Mandarina o a ilustradora sueca Johanna Sellén, a deseñadora gráfica arxentina Julieta Gutnisky, a debuxante alicantina Roca Madourou as ilustradoras Nuria Rodríguez do estudo “Mermelada de sesos”, Eneri mateos, Alba Deliz, Katia Prada do estudo “El abrelatas”, así coma os ilustradores Ignacio O’Mulloney e Alex Div.
Ademais, tivemos o privilexio de contar cos creadores do cómic The Oobik, o guionista Carlos Romá-Mateo e o ilustrador Gerardo Sanz, quen aportarán a súa arte a dobre páxina.
Ó teclado, para brindarnos súa arte literaria e coñecementos, fomos moito máis ca honrados ó poder contar coa escritora e xornalista Galiana, a comunicadora visual Ana Ribera (Molinos), a profesora e divulgadora Marta Pérez Folgado, as divulgadoras Patricia Rodríguez e María Docavo, os investigadores Bernardo Herradón, José Ramón Alonso, Jal Guerrero, Rafael Medina, César Sánchez, Carlos Romá, Daniel Moreno, Aitor Ameztegui, Josep Biayna y Antoni Munar, los divulgadores Daniel Torregrosa, Nahúm Méndez, Antonio Pérez Verde, Jesús David Tavira, Julián Royuela e Antoni Torres. E non podemos esquecernos das futuras –e presentes- promesas da divulgación Fernando Gomollón-Bel, Sergi Vila e Daniel Gómez.
Para a dirección de arte contamos cos deseñadores gráficos Víctor García Cano e Cristina Escandón, como responsable web con Javier Díaz-Romeral, así coma o comité editorial –e, sen cuxo esforzo isto sería máis ca unha costa arriba- con Rafael Medina e Silvia Mielgo, ademais do que escribe, un tal Enrique Royuela.
A que destinaremos as achegas
Grazas as vosas achegas poderemos cubrir gastos de impresión, envío e distribución do primeiro número de Principia. O orzamento mínimo para completar ese obxectivo son 10.000 euros, para o que deberemos alcanzar os 400 subscritores anuais.
Pero isto non ten por que deterse aquí xa que queremos que Principia nos permita remunerar correctamente ós colaboradores que participen na revista en papel sen ter que depender da publicidade, para o que necesitariamos conseguir nesta campaña ao redor de 800 subscritores. Desta maneira tamén poderiamos aumentar a tirada de exemplares para distribuír a distintos puntos de venta do país. Coa vosa axuda e achegas poderemos dar a coñecer o proxecto e aumentar a comunidade de lectores máis aló das redes sociais.
Recompensas
As recompensas que obteredes por apoiar este proxecto van dende a revista impresa que recibiredes no voso domicilio, edicións limitadas das ilustracións que forman parte do contido da revista e outros agasallos cos motivos e elementos gráficos da revista, tales como chapas e bolsas serigrafiadas, ademais de mostrarvos o noso agradecemento de maneira destacada na web de Principia e na revista impresa.
Calendario
Unha vez conseguido o financiamento, durante o mes de maio imprimiranse os exemplares da revista e no mes de xuño enviarase en formato físico ó domicilio dos subscritores.
En novembro comezaremos unha segunda campaña para publicar –unha vez conseguido o financiamento- e distribuír durante o mes de decembro o segundo número da revista.
Principia online
Mentres tanto, poderás gozar de contido orixinal, de gran calidade, rigor e entretido totalmente gratuíto dende a web na que levamos publicados máis dun centenar de artigos, sempre acompañados das incribles ilustracións dos nosos colaboradores.
Agradecementos
Non queremos deixar pasar a oportunidade de agradecer a todos os que nos animaron a lanzar este proxecto. Cada un por diferentes motivos pero aí están algúns deles: a todos os colaboradores de Principia (redactores, editores, ilustradores, deseñadores, escritores, divulgadores, comunicadores, etc.), en particular aqueles que non puideron estar neste primeiro número e que están sempre aí, ó pe do canón. Ó ilustrador Steve Simpson quen nos soubo dar a súa particular e acertada visión sobre Principia e nos inculcou un sentimento que nos trouxo até aquí: “Embrace what you love”. Ós nosos amigos Francesco Furno e Pablo Galeano do estudo de deseño gráfico Relajaelcoco, de quen tanto aprendemos en moitos aspectos e non só do gráfico. Ó ilustrador Juan Díaz-Faes, organizador do Grafic-Ho, de onde trouxemos moitas ganas e ilusión (ademais dunha gata abandonada). Ás nosas familias e amigos que nos sofren a diario. E –como non- a ti; amigo, amiguete, mecenas, coñecido, persoa por coñecer, interesado, crítico, curioso- a ti, lector.
36 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
PRINCIPIA | Ciencia y Arte
Autor/a
Hola!
A través de la web puedes adquirirla, pero si lo prefieres también puedes hacerlo por transferencia bancaria. Si lo prefieres así puedes escribirnos a [email protected]
De momento solamente la tenemos en la librería Jarcha de Madrid (Vicálvaro). Aquí te paso la dirección: Lago Erie 6 28032.
Hasta septiembre no empezaremos a introducirlas en otros puntos de venta físicos, así que paciencia.
Para cualquier cosa, no dudes en contactar con nosotros.
Un abrazo.
El equipo de Principia
melenudo
¿Sólo se puede comprar online o hay alguna manera de adquirirla en algun kiosco o libreria especializada .Si es asi,¿donde podria consultar un listado de direcciones, en concreto en Madrid? Gracias
PRINCIPIA | Ciencia y Arte
Autor/a
Hola xlv,
Hace más de un mes que os enviamos varios correos electrónicos pidiendo que rellenaseis el formulario para que os pudiésemos enviar la revista.
Si no pudiste hacernos llegar esa información, puedes hacerlo escribiendo a [email protected] con tu nombre, apellidos, dirección postal y el nombre o nickl con el que hiciste la aportación en Verkami ;)
Esperamos tu respuesta,
Un saludo
El equipo de Principia
xlv
Hola, me gustaría saber si ya se ha ido repartiendo la revista. Muchas gracias
PRINCIPIA | Ciencia y Arte
Autor/a
Hola José,
Pues ya tenemos habilitada la tienda: https://shop.principia.io/
Así que cuando quieras comprarla ahí estamos ;)
Un saludo y muchas gracias!
Quique
José Fernández Castilla
Se me ha pasado el tiempo. Como puedo comprar la revista imoresa on line? En la web no veo el modo de comprarla.
PRINCIPIA | Ciencia y Arte
Autor/a
Hola! perdona el retraso pero andamos con el cierre y estamos un poco aturdidos, jejeje. Como muy tarde la semana que viene, prometido por Darwin! ;) Saludos!
Yo
¿Se sabe aproximadamente cuándo os pondréis en contacto con los mecenas?
Un saludo
PRINCIPIA | Ciencia y Arte
Autor/a
Hola,
No te preocupes.Estará muy pronto disponible en nuestra web www.principia.io
Muchas gracias
Eric
Vaya me acabo de dar cuenta justo hoy que se acababa. Alguna posibilidad de conseguirla aún???