Para poder interactuar correctamente y obtener el mejor funcionamiento posible de nuestro sitio web, te recomendamos que actualices tu navegador a una versión más reciente o utilices otro como Chrome o Firefox.

Vitaminas para o galego

Vitaminas para o galego é unha iniciativa dos medios de comunicación en lingua galega. Busca apoios para este tipo de medios, co convencemento de que a súa existencia é fundamental, se queremos garantir o futuro do idioma propio de Galicia.

Medios en galego

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
197
Mecenas
6.830€
De 3.300€
Aporta al proyecto
Volver a todas las actualizaciones

#03 / Vitaminas para o galego supera as expectativas de recadación

A iniciativa a prol dos medios na lingua do país acaba de lograr o seu primeiro éxito. “Vitaminas para o Galego” conseguiu recadar máis de 4.200 euros a través de Internet en menos dun mes dende a súa presentación.

O obxectivo inicial era recoller 3.300 euros antes do 1 de febreiro. Con 22 días de antelación sobre a data límite, a cantidade aportada polos cidadáns xa supera os 4.000 euros.

As contribucións organizáronse a través da web Verkami, plataforma que foi traducida ao galego polos organizadores e onde se poden seguir facendo pagamentos. A cambio da súa contribución, os internautas recibirán material de promoción da campaña. Un deles, que aportou 1.000 euros, gozará na súa casa dun concerto do Leo i Arremecaghonacona e cinco quilos de percebes.

Colaboran 13 medios pero está aberto a novos socios

Os medios de comunicación que organizan esta iniciativa queren agradecer o apoio deste músico e dos máis de 100 mecenas que xa contribuíron en liña. Os cartos destinaranse integramente ao financiamento da propia campaña e o resto repartirase entre as cabeceiras que participan en Vitaminas para o Galego.

Os organizadores son a rede de emisoras municipais galegas Radiofusión, Tempos Novos, Galicia Confidencial (GC), Novas da Galiza, O Val Miñor Info, Praza Pública, Terracha Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), Radio Nordés (Cadena Ser Vimianzo) e Que Pasa na Costa. Tamén colaboran na campaña tres xornais comarcais, Crónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras e Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia. Ademais, están invitados a sumarse todos os medios ou proxectos de medios que publiquen na lingua propia do país.

Segunda fase da campaña

Agora comeza unha segunda fase da campaña, que consistirá na difusión dos obxectivos de Vitaminas para o Galego a través das redes sociais e da organización de relatorios e actos de promoción por toda a xeografía galega.

Entre os obxectivos de “Vitaminas” destaca contribuír á supervivencia dos medios en galego, que nos últimos meses sufriron importantes baixas como, entre outros, Vieiros, A Nosa Terra, A Peneira ou Galicia Hoxe. Asemade, búscase contribuír ao nacemento de novos proxectos informativos en lingua galega.

Máis información nas webs http://www.vitaminasparaogalego.gl/ e http://vitaminasparaogalego.blogspot.com/


2 comentarios

iniciar sesión o Registrarse para comentar esta entrada.

  • latrica

    latrica

    casi 6 años

    Dende latri.ca tamen queremos colaborar!!

  • Dentalio

    Dentalio

    casi 6 años

    DENTALIO: defendemos o galego cos dentes!!! (Somos protésicos dentais).

#03 / Vitaminas para o galego supera as expectativas de recadación

A iniciativa a prol dos medios na lingua do país acaba de lograr o seu primeiro éxito. “Vitaminas para o Galego” conseguiu recadar máis de 4.200 euros a través de Internet en menos dun mes dende a súa presentación.

O obxectivo inicial era recoller 3.300 euros antes do 1 de febreiro. Con 22 días de antelación sobre a data límite, a cantidade aportada polos cidadáns xa supera os 4.000 euros.

As contribucións organizáronse a través da web Verkami, plataforma que foi traducida ao galego polos organizadores e onde se poden seguir facendo pagamentos. A cambio da súa contribución, os internautas recibirán material de promoción da campaña. Un deles, que aportou 1.000 euros, gozará na súa casa dun concerto do Leo i Arremecaghonacona e cinco quilos de percebes.

Colaboran 13 medios pero está aberto a novos socios

leer más

#02 / Novos medios súmanse a Vitaminas para o galego

Terrachá.xa, Crónicas da comarca (Arzúa - Melide) e Radio Nordés (Vimianzo) veñen de sumarse á campaña Vitaminas para o galego. Agradecemenos a súa receptividade igual que a de todos os mecenas colaboradores desta iniciativa de sensibilización arredor da importancia dos medios de comunicación que empregan a lingua galega.O papel dos medios informativos no desenvolvemento e na consolidación da cultura galega, é indispensable, tanto na súa dimensión informativa, de cultura de masas ou publicitaria.

#01 / Queremos vitaminas

Campaña de sensibilización acerca da necesidade de medios de comunicación en galego, se queremos garantir a pervivencia do idioma galego como lingua de uso neste século XXI. Promoven a iniciativa Galicia Confidencial, Novas da Galiza, Praza Pública, Radiofusión, Tempos Novos, Valminor.info, QuePasanaCosta, Certo.gl, O Sil.info e Crónica3.
A iniciativa tamén busca recursos económicos para os medios que se expresan no idioma do noroeste da península ibérica.
10€
27 Mecenas

Agradecemento nos medios participantes os dias 10 e 31 de xaneiro + 10 Calendarios de peto do 2012 co lema de "Vitaminas para o galego". Enviarémolos ao teu domicilio.

20€
129 Mecenas

Paraugas + 2 Chapas + 4 Calendarios + Agradecemento nos medios participantes os dias 10 e 31 de xaneiro.

60€
28 Mecenas

3 Paraugas + 5 Chapas + 15 Calendarios + Agradecemento nos medios participantes os dias 10 e 31 de xaneiro.

100€
11 Mecenas

6 Paraugas + 10 Chapas + 10 Calendarios + Agradecemento nos medios participantes os dias 10 e 31 de xaneiro.

200€
1 mecenas (agotada)

1 Cea e 1 estancia dunha noite nunha casa de turismo rural + 10 Calendarios de peto

200€
Quedan 1 (de 1)

Aloxamento dunha noite, almorzo e circuito termal para 2 persoas no Balneario Rio Pambre (Palas de Rei Lugo)

200€
Quedan 1 (de 1)

Cesta de froitas exóticas e do país doada por Froitas León + Caixa de 6 queixos da D.O Arzúa Ulloa + 5 Paraugas + 5 Chapas + 5 Calendarios

500€
Quedan 1 (de 1)

25 Paraugas + 85 Chapas + Agradecemento nos medios participantes os dias 10 e 31 de xaneiro.

1.000€
1 mecenas (agotada)

Concerto de Leo i Arremecaghona na casa do donante e 5 quilos de percebes de Malpica de Bergantiños

Las cookies nos ayudan a ofrecer nuestros servicios. Al continuar navegando aceptas su uso.