❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Vitaminas para o galego

Vitaminas para o galego é unha iniciativa dos medios de comunicación en lingua galega. Busca apoios para este tipo de medios, co convencemento de que a súa existencia é fundamental, se queremos garantir o futuro do idioma propio de Galicia.

Medios en galego

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
197
Aportaciones
6.830€
De 3.300€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

QUE É VITAMINAS PARA O GALEGO?

O idioma galego necesita vitaminas. A lingua galega precisa de axudas. Entre os apoios fundamentais figuran os medios de comunicación que empregan, prestixian e difunden o xeito de falar dos habitantes do NO da Península Ibérica. A pluralidade de linguas é unha riqueza cultural que a humanidade debe protexer e cultivar. Para espallar esta idea xorde o proxecto "Vitaminas para o galego", impulsado polos medios en galego e que se centrará en eventos a desenvolver en distintas vilas galegas e nun festival que se celebrará en Santiago de Compostela na primavera do 2012.

QUEN IMPULSA VITAMINAS?

Promoven esta iniciativa Galicia Confidencial, Tempos Novos, Praza Pública, Novas da Galiza, Radiofusión, Valminor.info, quepasanacosta, Certo.gl. O Sil e Crónica3. Tamén Terrachá.xa, Crónicas da comarca (Arzúa - Melide), Radio Nordés (Vimianzo), Cadernos de Comunicación e Analise, Hermes e Atenea, surfgz.com, disquecool, Cabozo e Vencello. Son medios e redes sociais que teñen en común a utilización da lingua galega

QUE FAREMOS COA TÚA AXUDA?

Coa túa aportación contribuirás á realización desta campaña, axudarás ao pago dos calendarios, chapas e paraugas que distribuiremos por toda Galicia. Contribuirás á organización de eventos de sensibilización e apoiarás o mantenemento de medios que buscan vertebrar a comunidade, difundir o noso idioma e garantir a súa transmisión interxeneracional.

ONDE PODO ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN?

Listado de páxinas web dos medios de comunicación en galego:

Galicia Confidencial / Tempos Novos / Praza Pública / Novas da Galiza / Radiofusión, rede de emisoras municipais galegas / Certo / Que pasa na Costa / Val Miñor.info / Crónica 3 A Mariña / O Sil / Terra Chá As novas da praia / Disquecool

Web de Vitaminas para o galego

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

50 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Medios en galego

    Medios en galego
    Autor/a

    casi 12 años

    Podes enviar o teu enderezo a:

    [email protected]

    Enviaremoste a recompensa por correo ordinario.

    Moitas grazas.

    Vitaminas para o galego

  • rulinha

    rulinha

    casi 12 años

    ola! Como vexo que non vou poder ir recoller a miña recompensa, habería xeito de que ma enviásedes á casa? (e algunha maneira que non sexa dándovos o meu enderezo por aquí, como xa vin algún.... ;) Obrigada!

  • Medios en galego

    Medios en galego
    Autor/a

    casi 12 años

    Pódelas facer a través do correo [email protected]

    Estamos a organizar un festival Vitaminas para o galego en Santiago de Compostela o venres 27 de abril

  • Roi

    Roi

    12 años

    Podem-se seguir fazendo doazons?

  • Medios en galego

    Medios en galego
    Autor/a

    12 años

    Mañá venres sairán por Correos todas as recompensas. Se nuns 3 ou 4 dias non as recibes, envianos un correo a [email protected]

    Moitas grazas

  • Ana

    Ana

    12 años

    Fai 15 días recibín un email de Verkami Staff no que me pediron o meu enderezo para recibir a "recompensa" no meu fogar, pero non volvín a saber nada máis. Como está o tema?

    Moitas grazas

  • Medios en galego

    Medios en galego
    Autor/a

    12 años

    Tomamos nota. Nos vindeiros dias comezaremos a enviar as recompensas. Moitas grazas.

  • marcos melendez alonso

    marcos melendez alonso

    12 años

    gustariame recibir no meu fogar as recompensas,o meu enderezo é vilaflor, nº 5, ramirás,32810 ourense,grazas

  • Medios en galego

    Medios en galego
    Autor/a

    12 años

    Nos locais de Tempos Novos, Quepasanacosta, Ovalminor. info ou Radiofusión.

    Radiofusión

    Casa do Concello

    15500 Fene (A Coruña)

    981 492775

  • rulinha

    rulinha

    12 años

    Cales son os sitios onde poden recollerse as recompensas? É que non encontro a información no blogue :)

Volver a todas las actualizaciones

#01 / Queremos vitaminas

Campaña de sensibilización acerca da necesidade de medios de comunicación en galego, se queremos garantir a pervivencia do idioma galego como lingua de uso neste século XXI. Promoven a iniciativa Galicia Confidencial, Novas da Galiza, Praza Pública, Radiofusión, Tempos Novos, Valminor.info, QuePasanaCosta, Certo.gl, O Sil.info e Crónica3.
A iniciativa tamén busca recursos económicos para os medios que se expresan no idioma do noroeste da península ibérica.

12 comentarios

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

  • Joamma

    Joamma

    más de 12 años

    Parabéns pelo éxito da campanha. Há que continuar até os 5.000€. Parabéns tb por ter contribuído a normalizar Verkami. Mais um éxito para a nossa língua

  • Loreto García

    Loreto García

    más de 12 años

    !Qué ben! por esta campaña. É o único que se me ocorre dicir. E respecto ao que comentaba Eva de colaborar na distribución do material e da campaña, supoño que iso xa vai implícito tal e como a prantexan. Eu, dende logo, non penso poñerme enriba todas as chapas que me tocan, terei que repartir algunha! Saúdos a tod@s! Ah! E ademáis estou a coñecer medios en galego dos que non tiña noticia!

  • Lucía Flora

    Lucía Flora

    más de 12 años

    Xa o dicía a canción : DAME MÁIS VITAMINA... lalalalallllá

  • H.S.

    H.S.

    más de 12 años

    Moitas grazas Lucía. Necesitamos moitas vitaminas, pero claro que o lograremos.

  • Lucía Flora

    Lucía Flora

    más de 12 años

    Coido que se conseguirá!!! Vamos oh! que non está todo perdido!!!

    Bicos

  • lourenzo

    lourenzo

    más de 12 años

    Se todos os leitores en galego mercamos o que se publica en galego seguro que non morren. Aprendamos, como non os mercamos agora temos que salvalos! Como se fixeron as escolas de emigrantes dos nosos avós? e as sociedsades agrarias? pois así oh, así. apoiando, sumando, pondo diñeiro, ... e tiñan menos ca nós! Lourenzo

  • Henrique

    Henrique

    más de 12 años

    Esperamos non dar lugar a que se desligue a xente dos proxectos de medios de comunicación en galego. Todos somos necesarios, e esta iniciativa é a demostración da posibilidade de crear sinerxias, para fortalecernos entre todos.

  • carme

    carme

    más de 12 años

    Primeiro apoiemos e despois critiquemos e desliguémonos, se non nos gusta. Se non, repetiremos erros do pasado.

  • Varela

    Varela

    más de 12 años

    Eu entendo que os cartos son para colaborar cuns medios en galego que non poden sustentarse coa publicidade, que non son os grandes tiburóns que reciben as cuantiosas sumas de diñeiro publico que reciben os grandes e polo tanto esta é unha petición de axuda para poder seguir ofrecendo información e en galego. E xerar información de calidade custa diñeiro.Grotesto é non apoilos e despois laiarse de que asistamos cada día ao peche dun medio en galego ata que desaparezan todos, pero iso si laiarse só para criticar ao goberno de turno. Dubido moito que 3000 euros se podan manter o Faro ou A Voz que reciben 1.3 millons en publicidade institucional. Asi que a arrimar todos un pouco e menos e colaborar defendendo o noso. Eva, supoño que cando ti mercas un xornal non te queixas porque che cobren por el. Os medios en internet non son distintos. .

  • Eva

    Eva

    más de 12 años

    Por suposto, pero ademais de que en GalegoLab ten habido experiencias de aportacións económicas a proxectos ("24 horas galego fullscreen", "Por un Dépor en galego"; de menos importe, si, pero tampouco se pediu máis, se cadra se se fixera acadaríase), resulta un pouco grotesco isto de pedir só os cartos, cando a colaboración da xente podería ser moi útil para a difusión da campaña ou, despois, distribución de chapas, calendarios, etc.

    De todas formas é só a miña opinión e, reitero, ogallá o proxecto teña éxito; moito.

#03 / Vitaminas para o galego supera as expectativas de recadación

A iniciativa a prol dos medios na lingua do país acaba de lograr o seu primeiro éxito. “Vitaminas para o Galego” conseguiu recadar máis de 4.200 euros a través de Internet en menos dun mes dende a súa presentación.

O obxectivo inicial era recoller 3.300 euros antes do 1 de febreiro. Con 22 días de antelación sobre a data límite, a cantidade aportada polos cidadáns xa supera os 4.000 euros.

As contribucións organizáronse a través da web Verkami, plataforma que foi traducida ao galego polos organizadores e onde se poden seguir facendo pagamentos. A cambio da súa contribución, os internautas recibirán material de promoción da campaña. Un deles, que aportou 1.000 euros, gozará na súa casa dun concerto do Leo i Arremecaghonacona e cinco quilos de percebes.

Colaboran 13 medios pero está aberto a novos socios

leer más

#02 / Novos medios súmanse a Vitaminas para o galego

Terrachá.xa, Crónicas da comarca (Arzúa - Melide) e Radio Nordés (Vimianzo) veñen de sumarse á campaña Vitaminas para o galego. Agradecemenos a súa receptividade igual que a de todos os mecenas colaboradores desta iniciativa de sensibilización arredor da importancia dos medios de comunicación que empregan a lingua galega.O papel dos medios informativos no desenvolvemento e na consolidación da cultura galega, é indispensable, tanto na súa dimensión informativa, de cultura de masas ou publicitaria.

#01 / Queremos vitaminas

Campaña de sensibilización acerca da necesidade de medios de comunicación en galego, se queremos garantir a pervivencia do idioma galego como lingua de uso neste século XXI. Promoven a iniciativa Galicia Confidencial, Novas da Galiza, Praza Pública, Radiofusión, Tempos Novos, Valminor.info, QuePasanaCosta, Certo.gl, O Sil.info e Crónica3.
A iniciativa tamén busca recursos económicos para os medios que se expresan no idioma do noroeste da península ibérica.
Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies