❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

C'est la Vie, minixira galega.

Ti podes levar C'est la Vie a Santiago, Vigo e Boiro! Co teu apoio Matrioshka Teatro viaxará ata ti en abril.

matrioshka teatro

A project of

Category

Created in

Santiago di Compostela
0
seconds
53
Pledges
975€
From 5.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Matrioshka aposta pola túa iniciativa para escoller qué espectáculos chegan ata ti.

En Matrioshka estamos máis ca orgullosas de "C’est la Vie", espectáculo co que estreamos a compañía e gañador dun premio María Casares na edición de 2014.

Mais tentando distribuílo atopámonos continuamente con que as institucións que xestionan teatros e auditorios públicos non dispoñen de recursos abondo para programar todo o que che gustaría ver. “Encántame o espectáculo e quero programarvos pero non teño orzamento”, dinnos con frecuencia.

Isto supón que moita da xente que quere ver o noso traballo non ten opción a facelo.

Pero as matrioshkas somos mulleres decididas e teimudas; estamos empeñadas en que quen queira ver "C'est la Vie" poida facelo así que nos lanzamos á piscina e asumimos o risco de facer funcións confiando directamente no interese real do público por ver o noso traballo.

Con esta campaña queremos estreitar o vencello de Matrioshka contigo.

Con espectáculos que están programados de antemán, os espectadores poden optar ata que se pecha a billeteira do teatro por ir ou non e a función faise igual. Neste caso, como posible mecenas, debes ser consciente de que "C’est la vie" estará nestes tres espazos escollidos só se ti te comprometes e apoias a campaña.

Podes ter a seguridade de que o espectáculo non te defraudará e, ademais, sairás da experiencia cunha recompensa pensada especialmente para ti, coidada e xeitosa.

A Minixira "C'est la Vie"

  • 16 de abril, Santiago de Compostela, Teatro Principal

  • 18 de abril, Vigo, Auditorio Municipal

  • 30 de abril, Boiro, Casa da Cultura

Cada mecenas ten a opción de ver C'est la vie en calquera destes tres espazos, unha vez rematada a campaña preguntarémosche ónde queres vernos e terás garantizada a entrada ata completar o aforo da sala.

As aportacións dxs mecenas estarán dirixidas a cubrir os gastos das tres funcións da xira: salarios segundo convenio, cotizacións, dietas, desprazamentos e materiais funxibles.

Podes Acceder a todos os detalles sobre Matrioshka e C'est la Vie en:
matrioshkateatro.wix.com/matrioshka

E se tes dúbidas ou preguntas sobre o proxecto, por favor, pregúntanos. Encantaranos estar en contacto contigo.

Estamos desexando chegar ata ti con C'est la Vie, queremos verte e que nos vexas

Mil grazas

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

#01 / Neste punto do camiño

A tod@s @s mecenas que colaborástedes coa campaña para o financiamento da Minixira C’est la Vie,

ante todo e en letras grandes: GRAZAS; GRAZAS; GRAZAS!

Grazas por crer no noso proxecto. Grazas por comprometervos coa cultura. Grazas por aceptar o reto de participar activamente na programación do que queredes ver.

Matrioshka segue a crer plenamente na pertinencia e a importancia de centrar o foco en vós, no público, en todas as persoas que, con tenacidade e alegría louvables, facedes que a cultura siga a avanzar a pesar de todas as dificultades que lle saen ao camiño.

Desta vez non puido ser. A nosa campaña non logrou todo o apoio necesario e a xira terá que agardar a unha ocasión máis propicia. Pero tede a certeza de que volveremos a vós con novas, ilusionantes e necesarias loucuras. Somos así.

Decidimos, malia todo, manter a función do 16 de abril no Teatro Principal de Santiago. Podedes asistir a ela a través da vía habitual, coa compra das entradas na billeteira. Xa

read more
We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy