❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

matrioshka teatro

matrioshka teatro

Santiago de Compostela

Matrioshka Teatro nace no momento no que Anabell Gago e Lorena Conde, que xa traballaran xuntas en diversos espectáculos, deciden emprender a aventura de montar unha compañía coa que poder trazar as liñas fundamentais para realizar o teatro que elas mesmas desexaban ver como espectadoras: pezas contemporáneas, valentes, fermosas, imaxinativas, poéticas, lúdicas e directas. A esta aventura, arriscada e necesaria, sumouse un tempo despois Chelo do Rejo. Como compañía temos a inmensa sorte de contar coa colaboración e o entusiasmo persoas talentosas e inquedas ata completar un marabilloso equipo desexoso de dar á escena pezas que atrapen, sorprendan e emocionen ao público.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy