Traspielas
TRASPIELAS é o novo proxecto de Su Garrido Pombo xunto con Macarena Montesinos (cello),Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodriguez Casal (visuais) no que profundizan e celebran a memoria colectiva dunha aldea a través dunha obra musical, poética e visual.
Partindo de pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas e proxecións con imaxes actuáis e de videoarquivo, artistas de recoñecida traxectoria e de estilos diversos como a electrónica, a experimentación e a música tradicional conflúen para crear unha obra actual.

O proxecto
O proxecto céntrase en reinterpretar 12 pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas —xotas, muiñeiras, cantos de berce, romances— dende unha perspectiva multidisciplinar e contemporánea. As cancións son revisitadas con novos arranxos e acompañadas de proxeccións audiovisuais, textos e escenografías creadas a partir da escoita da memoria local, para continuar o diálogo entre pasado, presente e futuro.
O alento de nova vida que irrompe nestas cancións revitaliza a cultura popular, achegando a comunidade a o territorio.

Por qué un un micromecenado
A nosa música tradicional está totalmente vencellada á vida comunitaria.
Queremos gravar estas cancións que son de todas, non para gardalas senón para compartilas, para contar quen somos e por suposto para que sigan cantándose e sigan sendo fonte de inspiración e esperanza.
Porque como conta John Berger, as cancións, dannos esperanza, ensínanos que dentro do cambio algo permanecerá, que serán sendo cantadas, versionadas, bailadas, comentadas, inclínannos hacia adiante, hacia o futuro á vez que nos seguen vinculando ó lugar, a terra na que se bailaron e cantaron, ó torreiro.
«Unha canción, a diferenza dos corpos que posúe, non está fixa no tempo e no espazo. A canción narra unha experiencia pasada. Ao cantar, enche o presente. O mesmo fan os contos, pero as cancións teñen outra dimensión que é exclusiva delas. Mentres enche o presente, a canción espera chegar a un oído que escoite nalgún futuro, nalgún lugar. Inclínase cara a adiante máis e máis. Sen a persistencia desa esperanza, as cancións, penso eu, non existirían. As cancións inclínanse cara a adiante.»
John Berger, ‘Apuntes sobre la canción,’ Clarín, 24/10/14 (trad. ao Galego, Su Garrido Pombo.)
Porque somos comunidade que tradicionalmente creou, cantou, tocou e bailou, tomamos parte, cantamos e bailamos xuntas ou como diría miña avoa: a min o que me gustaba era bailar, pero para bailar ten que haber alguén que toque.
E para cantar e tocar ten que haber alguén que escoite
E por iso, precisámosvos

A que destinaremos os cartos
O diñeiro da comunidade estará destinado a:
Produción, gravación mestura e masterización do disco
Edición e maquetación carátula, libreto e fabricación vinilos e Cd
Deseño e fabricación camisolas de Traspielas
Gastos de envío
Calendario
Se conseguimos o financiamento gravaremos as nosas cancións seguindo este calendario aproximado:
Ensaios e preproducción: Febreiro - Abril 2026
Gravación: Maio-Xuño 2026
Mestura e masterización: Xullo 2026
Concerto presentación: Agosto 2026
Fabricación Vinilos e Cds: Setembro-Outubro 2026
Entrega de recompensas física (Cds e vinilos) Novembro 2026
Recompensas
Tendo en conta todos os gustos e medios, as nosas recompensas inclúen unha postal única, o álbum en formato CD e vinilo, unha camiseta TRASPIELAS e unha impresión fotográfica orixinal asinada polo fotógrafo e cineasta Fran Rodríguez Casal, así como acceso dixital ao álbum.
En canto ás nosas recompensas XESTA, RUDA & ROMEU, esperamos que a experiencia dun concerto exclusivo no corazón do lugar onde estas cancións se escoitaron por primeira vez e logo foron recollidas con coidado, sexa unha vivencia única que apreciedes.

+ info
16 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Cormac
best of luck with it Su ! x
Nuria Vil
Desexando escoitarvos! :3
Javier
Desexando escoitalo e telo nas mans
Pedro Pedrouzo
Moito ánimo con ese disco, Su, Marco e compañía.. Xa me tarda oílo. 😉
Saruska
Queda menos!💪🏻
Branca
Desexando escoitar!
luis losada
Veña!!!
Miguel Fraile
Feliz ano!
Luz Pichel
Vamos, Traspiela, que desta saímos
Theo Dorgan
Up the Aldea!