❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

"Inquisiciones", novo disco de Conducto Coloquio

En 2023 cumprimos 10 ANOS e querémolo celebrar con NOVO DISCO. Un álbum co que desexamos dar un paso máis na evolución do grupo.

Conducto Coloquio

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Lugo
0
segundos
176
Achegas
5.646€
De 5.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Quen somos Conducto Coloquio?

Conducto Coloquio somos un grupo formado en Lugo no 2013 e facemos música que transita entre o blues e o hard rock con diversas influencias que engloban soul, rock alternativo, reggae ou heavy psych.

Integrantes:
● Baixo: Lea Escudero (Resbalón)
● Voz e guitarra: Miguel Bello (Resbalón, La Penúltima, Wicked World, Queen pro Quo, Condensadores de Fluzo, Fast Food, Arizona, Ringdown)
● Batería: Víctor (Skullkrusher, Kalte Sonne, Märela, Hänselus)
● Guitarra: Luis "Bedu" Pérez (Psicolepsia, Tierra de Cinco Minutos, Mustélidos, Condensadores de Fluzo, Lagarto Zulú)
● Teclados: Andrés Haensel (Los Mangosaurios, Ganjah Roots, Los Zorros, Hänselus, Los Revelators)

Imaxes de directo destes 10 anos. Fotografías de Iván Mouronte, Marcos Loopez, Belén Cordero & Adra Pallón
Imaxes de directo destes 10 anos. Fotografías de Iván Mouronte, Marcos Loopez, Belén Cordero & Adra Pallón

Estes anos estivemos actuando por toda Galicia. En 2015 gravamos o disco Germinal e no 2018 publicamos o noso último traballo ata a data: DISTOPÍA. Un EP de tres temas que recibiu moi boas críticas:

▪ Rock Estatal nº 34 (06/2018): “Altamente recomendable”
HELLPRESS.com 24/09/2018: "...la banda lucense ha exhibido más música, tanto cuantitativa como cualitativamente hablando, en solo tres temas que muchas bandas en lanzamientos de nueve o diez cortes."
▪ Arpha Press 20/05/2018: “…viendo la calidad y el buen hacer de los gallegos, seguro que estábamos hablando de uno de los discos del año.”
▪ Hispanidad Radio Huelva (Huelva) – Rock'AntenaRoll : 08/04/2018 – “Tres temas se hacen muy poca cosa ante tamaña inmensidad musical…”
▪ Caravaca Radio (Murcia) – Con Fuerza Heavy: 05/04/2018 – “Tres temitas para un EP fantástico”
▪ Radio Utopía 107.3 FM (Madrid) – El Rock Al Poder: 05/04/2018 – “Son tres canciones que te dejan muy buen sabor de boca y con muchas ganas de escuchar más”
▪ Radio Galega – O lobo urbano (28/03/2018): “…un fermoso tema desta formación de Lugo…”
▪ openradio.es – Ezequiel Orol, Cuatro esquinitas (24/03/2018): “Realmente impresionante el sonido de este disco…”

... e chegou o momento de ir un paso máis aló.

Que queremos conseguir con esta campaña?

Queremos publicar un álbum completo: Inquisiciones. Un álbum que siga a estela de Distopía pero cun abano máis amplo de influencias e no que contaremos con moitos colaboradores que farán deste un disco redondo. O disco que sempre quixemos facer.

Entre aqueles que van participar no disco estarán algúns músicos e cantantes da actual escena lucense:
● Nacho Cuesta (Principio de Parsimonia, Tierra de Cinco Minutos, Sigilu)
Beelattor (SUD-AK's)
● Fran Zélop (Una brizna de paja, Filophóbicas)
● Silvia Viñas (Jotinho's, Lonely Tracks, Ship of Fools, Chigliak&Orol, Wireless, Mr. Hathaway, Mixtape, Fast Food)
● Javier Chousa (No Nation, Arizona)
● Luis Montero (Patuk Band)
... e algúns nomes máis que iremos anunciando.

Ó igual que no noso EP Distopía, será Iván Ferro quen se poña ós mandos técnicos no seu Kollapse Stvdio para grabar os temas que formarán parte deste traballo.

E para que Inquisiciones se atope completo, a imaxe de portada será unha creación do gran DIEGO AS.

Na imaxe algunhas obras de Diego AS.
Na imaxe algunhas obras de Diego AS.

Para que usaremos as vosas aportacións?

Tras moitas horas de composición, arranxos e ensaios chegou a hora de pasar polo estudio...🙂

A publicación dun disco consta de moitas fases (gravación, mistura, masterización, ilustración, deseño e maquetación, fabricación, edición, difusión...) e queremos obter o mellor resultado en cada unha delas.

A túa aportación estará destinada a conseguir que Inquisiciones sexa o mellor disco que poidamos facer.

Que conseguirás sendo un dos nosos mecenas?

Tódolos mecenas figurarán nos agradecementos do disco e poderán acceder á descarga dixital antes da presentación oficial.

▪ Estas son as nosas recompensas:
3€ Descarga dixital antes da estrea oficial
12€ CD (recollida en Lugo)
15€ CD+entrada concerto presentación do disco
16€ CD (con envío a Península Ibérica e Baleares)
22€ CD+bolsa de tea+camiseta (recogida en Lugo)
25€ Pack Fan:CD+entrada presentación disco+bolsa de tea+camiseta
26€ CD+bolsa de tea+camiseta (con envío a Península Ibérica e Baleares)
37€ CD+lámina enmarcada (recollida en Lugo)
50€ Pack Fantástico: CD+entrada presentación disco+bolsa de tea+camiseta+lámina enmarcada
90€ Pack Fantástico para dous: 2 x (CD+entrada presentación disco+bolsa de tea+camiseta+lámina enmarcada)
200€ Pack Patrocinador: O teu logo na contraportada do disco (15x20mm)+Pack Fantástico
200€ Concerto con set acústico reducido na túa casa + Pack Fantástico
1000€ Concerto con set completo en Galicia + Pack Fantástico

Digipack en branco á espera da arte de Diego AS.
Digipack en branco á espera da arte de Diego AS.

¿Que pasará se superamos o noso obxectivo inicial?

Se conseguimos superar o obxectivo complementaremos a publicación con máis material arredor do álbum.
▪ 6500€ 1º Videoclip no que tódolos mecenas figurarán nos créditos.
▪ 8500€ 2º Videoclip no que tódolos mecenas figurarán nos créditos.
▪ + de 9000€ Se rebasamos esta cantidade haberá algunha sorpresa.

¿Como funciona a financiación todo ou nada en Verkami?

Para que un proxecto se leve a cabo ten que chegar ó 100% do obxectivo.
Que pasaría se non se chega a recaudar o 100% do obxectivo no prazo de financiación?
Nese caso devólvense tódalas aportacións ós mecenas e non se poderían entregar as recompensas da campaña.
E como indicar as tallas das camisetas?
De conseguir o obxectivo, unha vez rematada a campaña poñerémonos en contacto cos mecenas para concretar o que sexa necesario para a entrega das recompensas.

Máis información sobre as aportacións en verkami.

Calendario previsto

Contamos ter todo listo para poder entregar as recompensas e realizar o concerto de presentación, que terá lugar en Lugo, a partir de mediados de 2023. Manterémosvos informados.

+ Info

Podedes estar ó tanto de tódalas novidades da banda nas nosas redes:
facebook ‒‒ Instagram ‒‒ YouTube ‒‒ bandcamp

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

12 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Puri Godoy del Pozo

    Puri Godoy del Pozo

    máis de 2 anos

    ¡¡¡A por todas CONDUCTO COLOQUIO!!!.

  • tuzaro666

    tuzaro666

    máis de 2 anos

    Veña ahí! Zapatilla!

  • Noe

    Noe

    máis de 2 anos

    Suerte!!!

  • José Bello Moirón

    José Bello Moirón

    máis de 2 anos

    JDL

  • José Bello Moirón

    José Bello Moirón

    máis de 2 anos

    JDL

  • José Manuel López Prado

    José Manuel López Prado

    máis de 2 anos

    Suerte

  • Gabriel Rodríguez Sagarra

    Gabriel Rodríguez Sagarra

    máis de 2 anos

    Mucha Fuerza!!

  • José Bello Moirón

    José Bello Moirón

    máis de 2 anos

    O.D

  • José Bello Moirón

    José Bello Moirón

    máis de 2 anos

    Go

  • José Bello Moirón

    José Bello Moirón

    máis de 2 anos

    Go

#11 / Presentación en directo de "Inquisiciones".

Agradecidos a aqueles que se achegaron ó concerto de presentación do disco e por suposto a tódolos que colaboraron con nós para facer isto posible.

Deixamos por aquí algunhas fotografías de I. Mouronte B. do concerto deste domingo no Clavicémbalo.

P.S.: A partir destes días estaremos entregando as recompensas dos mecenas que non puideron recollela no concerto. Para os que teñen unha recompensa con recollida en Lugo poden poñerse en contacto con nós vía email no correo [email protected].

No caso das recompensas con envío postal comezaremos a remitilas nestes días.

Comezando
Comezando

Mar López prestando a súa voz nunha das varias ocasións que se subiu ó escenario con nós.
Mar López prestando a súa voz nunha das varias ocasións que se subiu ó escenario con nós.

ler máis

#10 / Conta atrás para o concerto presentación de "Inquisiciones".

En menos de 24 horas estaremos presentando en directo "Inquisiciones".

O evento será ás 19:30 horas deste domingo 05/11/2023 no Club Clavicémbalo, Rúa Paxariños (Lugo).

Aproveitamos para recordar ós mecenas que tiñan entre as recompensas a entrada ó concerto, que lles foi enviado un correo electrónico con esta hai un par de semanas (tédea a man). E para aquelas persoas que aínda non a teñan, haberá entradas á venda ata completar o aforo da sala.

Os mecenas que asistan ó concerto poderán recoller as súas recompensas in situ ese día. Para os restantes mecenas encargarémonos de facer chegar o material nos días posteriores, cos correspondentes envíos, entregas en man e habilitando un punto de recollida.

Vémonos!!

CD de Inquisiciones xunto ás camisetas e bolsa do disco.
CD de Inquisiciones xunto ás camisetas e bolsa do disco.

ler máis

#09 / Concerto presentación de "Inquisiciones".

Aquí está a data e cartel do concerto de presentación de "Inquisiciones".

Domingo 5 de Novembro de 2023, ás 19:30h no Club Clavicémbalo de Lugo.

Contaremos para a presentación con varios dos colaboradores do disco que lle darán cor a uns temas que fixeron tamén un pouco seus. Ademais faremos un bo repaso polo repertorio clásico do grupo nunha tarde-noite intensa e vibrante.

Por suposto, esperamos ver a tódoslos mecenas da campaña de Verkami que xa tiñan entre as recompensas a entrada para esta actuación. Pero para aquelas persoas que aínda non a teñan, haberá entradas á venda ata completar o aforo da sala. Agardámosvos!

Os mecenas que asistan ó concerto poderán recoller as súas recompensas in situ ese día. Para os restantes mecenas encargarémonos de facer chegar o material nos días posteriores, cos correspondentes envíos, entregas en man ou habilitando un posible punto de recollida.

Vémonos no Clavi! Saúde e R'n'R!

ler máis

#08 / Publicación de Inquisiciones en plataformas digitales.

Chegou o día e presentamos Inquisiciones en plataformas dixitais para todo o mundo!

Esperamos que vos guste!

https://conductocoloquio.bandcamp.com/album/inquisiciones
https://open.spotify.com/artist/0hywFBP8mN88Gy6LzODbP3
https://music.apple.com/es/artist/conducto-coloquio/1356946527
https://www.youtube.com/channel/UC2hJ3IJZWObB8F6b1hbCHUQ
https://www.deezer.com/es/artist/14289183
https://play.anghami.com/artist/3315138

Portada obra de Vanessa Somoza e Lea Escudero
Portada obra de Vanessa Somoza e Lea Escudero

Aproveitamos para contarvos que faremos un

ler máis

#07 / Días de estudio III

Tras unhas cantas sesións de gravación, edición e mestura, chegou o momento de escoitar e ultimar detalles para dar por finalizada esta fase e enviar os temas a masterizar. Pois aquí mostrámosvos algunhas fotos do proceso en Kollapse Studio.

1. Iván Ferro ós mandos durante unha das sesións.
1. Iván Ferro ós mandos durante unha das sesións.

2. Miguel, Luis, Lea, Andrés e Iván preparados para o R
2. Miguel, Luis, Lea, Andrés e Iván preparados para o R'n'R!

3. O grupo concentrado na escoita.
3. O grupo concentrado na escoita.

ler máis

#06 / Días de estudio II

Xa vos mostramos hai uns días un pouco do paso do grupo por Kollapse Studio e agora tócalle ós nosos colaboradores. Aquí vos deixamos unhas fotos e algún que outro cachiño de vídeo que resume un pouco do que sucedeu estas semanas no estudio.

• Coma sempre, deixámonos encandilar pola doce voz de Mar López que vibrou con suxestiva armonía.

Mar López.
Mar López.

• A elegancia de Cristina Nogueira fíxonos emocionar co seu cello. (framento de vídeo da sesión)

Cristina Nogueira (Lucus Ensemble).
Cristina Nogueira (Lucus Ensemble).

• O particular son da voz de Silvia Viñas reverberou e quedou agora impreso nas vibrantes ondas de Inquisiciones.

ler máis

#05 / Días de estudio I

Días de estudio I

Nestas últimas semanas comezamos a visitar Kollapse Studio, xa un pouco antes de rematar a campaña de micromecenado, para gravar os temas que formarán parte de Inquisiciones.

Nas nosas redes sociais publicamos algo do que estivemos facendo, e a modo resumo deixamos por aquí algunhas fotografías de como foi o proceso ata agora.

1. Set de batería que empregou Víctor na sesión de gravación.
1. Set de batería que empregou Víctor na sesión de gravación.

2. Miguel Bello coa gravación de guitarras.
2. Miguel Bello coa gravación de guitarras.

ler máis

#04 / Fin de campaña y objetivo cumplido.

Fin da campaña e chegamos ó noso obxectivo.

Mil GRAZAS a tódolos mecenas.

Xa iniciamos a gravación do disco e contamos telo listo para despois de metade de ano. Irémosvos informando dos avances de Inquisiciones e solicitaremos no seu momento ós mecenas a información necesaria para a entrega das recompensas (tallas de camisetas, direccións postais no caso de envíos…).

En breve teredes novas nosas e de novo, grazas.


Final de campaña y llegamos a nuestro objetivo.

Mil GRACIAS a todos los mecenas.

Ya iniciamos la grabación del disco y contamos tenerlo listo para después de mitad de año. Os iremos informando de los avances de Inquisiciones y solicitaremos en su momento a los mecenas la información necesaria para la entrega de las recompensas (tallas de camisetas, direcciones postales en el caso de envíos…).

En breve tendréis noticias nuestras y de nuevo, gracias.

facebook

ler máis

#03 / Nueva colaboración

Y cerca del final de campaña se suma a nuestros colaboradores el trompetista Roberto López Valdés. Desde la Banda Municipal de Música de Lugo y con una larga trayectoria en el mundo de la verbena (Max 2000, Ciudad de Lugo, Salsabanda, Madeira, Emperadores, El Combo Dominicano, Almirantes, Costa Dorada, La Florida Band…) Roberto López Valdés conseguirá que su trompeta resuene con danzante estilo en Inquisiciones.


E preto do final de campaña súmase ós nosos colaboradores o trompetista Roberto López Valdés. Desde a Banda Municipal de Música de Lugo e cunha ampla traxectoria no mundo da verbena (Max 2000, Ciudad de Lugo, Salsabanda, Madeira, Emperadores, El Combo Dominicano, Almirantes, Costa Dorada, La Florida Band…) Roberto López Valdés conseguirá que a súa trompeta resoe con danzante estilo en Inquisiciones.

ler máis

#02 / Un repaso completo ós nosos colaboradores.

Silvia Viñas

Jotinho's, Lonely Tracks, Ship of Fools, Chigliak&Orol, Wireless, Mr. Hathaway, the Corporation, Mixtape, Fast Food… e de seguro que máis grupos quedan no tinteiro nos que a voz de Silvia Viñas reverbera co seu particular e persoal son que nos leva o seu universo musical.

Parte dese universo quedará rexistrado en Inquisiciones, pero mentres iso non chega ós nosos oídos podemos deixarnos seducir pola súa voz no sensacional tema de Ship of Fools “Whatever”.

Silvia Viñas na portada do EP de Ship of Fools de 2018.
Silvia Viñas na portada do EP de Ship of Fools de 2018.

Javier Chousa

Xurdido da escena metálica lucense, facendo travesía en bandas como No Nation e pasando recentemente por Arizona, o talento ás seis cordas de Javier Chousa déixase notar en cada bending, tapping ou sweep picking que executa. Aquí mostra da súa habilidade

ler máis

#01 / Nuevas colaboraciones en "Inquisiciones".

Nos acercamos al último cuarto de nuestra campaña de micromecenazgo y lo hacemos anunciando que tres artistas más colaborarán en "Inquisiciones". Hace unos días, en declaraciones a VivaLugo, ya adelantábamos que una de ellas será la violoncellista Cristina Nogueira y hoy anunciamos que también se suman a esta aventura las cantantes Mar López y Sara Nebra.

En estos días iremos presentando a cada una de ellas más al detalle en nuestras redes.
facebook - Instagram

Cristina Nogueira, Mar López & Sara Nebra
Cristina Nogueira, Mar López & Sara Nebra

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies