Quen somos Conducto Coloquio?
Conducto Coloquio somos un grupo formado en Lugo no 2013 e facemos música que transita entre o blues e o hard rock con diversas influencias que engloban soul, rock alternativo, reggae ou heavy psych.
Integrantes:
● Baixo: Lea Escudero (Resbalón)
● Voz e guitarra: Miguel Bello (Resbalón, La Penúltima, Wicked World, Queen pro Quo, Condensadores de Fluzo, Fast Food, Arizona, Ringdown)
● Batería: Víctor (Skullkrusher, Kalte Sonne, Märela, Hänselus)
● Guitarra: Luis "Bedu" Pérez (Psicolepsia, Tierra de Cinco Minutos, Mustélidos, Condensadores de Fluzo, Lagarto Zulú)
● Teclados: Andrés Haensel (Los Mangosaurios, Ganjah Roots, Los Zorros, Hänselus, Los Revelators)
Estes anos estivemos actuando por toda Galicia. En 2015 gravamos o disco Germinal e no 2018 publicamos o noso último traballo ata a data: DISTOPÍA. Un EP de tres temas que recibiu moi boas críticas:
▪ Rock Estatal nº 34 (06/2018): “Altamente recomendable”
▪ HELLPRESS.com 24/09/2018: "...la banda lucense ha exhibido más música, tanto cuantitativa como cualitativamente hablando, en solo tres temas que muchas bandas en lanzamientos de nueve o diez cortes."
▪ Arpha Press 20/05/2018: “…viendo la calidad y el buen hacer de los gallegos, seguro que estábamos hablando de uno de los discos del año.”
▪ Hispanidad Radio Huelva (Huelva) – Rock'AntenaRoll : 08/04/2018 – “Tres temas se hacen muy poca cosa ante tamaña inmensidad musical…”
▪ Caravaca Radio (Murcia) – Con Fuerza Heavy: 05/04/2018 – “Tres temitas para un EP fantástico”
▪ Radio Utopía 107.3 FM (Madrid) – El Rock Al Poder: 05/04/2018 – “Son tres canciones que te dejan muy buen sabor de boca y con muchas ganas de escuchar más”
▪ Radio Galega – O lobo urbano (28/03/2018): “…un fermoso tema desta formación de Lugo…”
▪ openradio.es – Ezequiel Orol, Cuatro esquinitas (24/03/2018): “Realmente impresionante el sonido de este disco…”
... e chegou o momento de ir un paso máis aló.
Que queremos conseguir con esta campaña?
Queremos publicar un álbum completo: Inquisiciones. Un álbum que siga a estela de Distopía pero cun abano máis amplo de influencias e no que contaremos con moitos colaboradores que farán deste un disco redondo. O disco que sempre quixemos facer.
Entre aqueles que van participar no disco estarán algúns músicos e cantantes da actual escena lucense:
● Nacho Cuesta (Principio de Parsimonia, Tierra de Cinco Minutos, Sigilu)
● Beelattor (SUD-AK's)
● Fran Zélop (Una brizna de paja, Filophóbicas)
● Silvia Viñas (Jotinho's, Lonely Tracks, Ship of Fools, Chigliak&Orol, Wireless, Mr. Hathaway, Mixtape, Fast Food)
● Javier Chousa (No Nation, Arizona)
● Luis Montero (Patuk Band)
... e algúns nomes máis que iremos anunciando.
Ó igual que no noso EP Distopía, será Iván Ferro quen se poña ós mandos técnicos no seu Kollapse Stvdio para grabar os temas que formarán parte deste traballo.
E para que Inquisiciones se atope completo, a imaxe de portada será unha creación do gran DIEGO AS.
Para que usaremos as vosas aportacións?
Tras moitas horas de composición, arranxos e ensaios chegou a hora de pasar polo estudio...🙂
A publicación dun disco consta de moitas fases (gravación, mistura, masterización, ilustración, deseño e maquetación, fabricación, edición, difusión...) e queremos obter o mellor resultado en cada unha delas.
A túa aportación estará destinada a conseguir que Inquisiciones sexa o mellor disco que poidamos facer.
Que conseguirás sendo un dos nosos mecenas?
Tódolos mecenas figurarán nos agradecementos do disco e poderán acceder á descarga dixital antes da presentación oficial.
▪ Estas son as nosas recompensas:
3€ Descarga dixital antes da estrea oficial
12€ CD (recollida en Lugo)
15€ CD+entrada concerto presentación do disco
16€ CD (con envío a Península Ibérica e Baleares)
22€ CD+bolsa de tea+camiseta (recogida en Lugo)
25€ Pack Fan:CD+entrada presentación disco+bolsa de tea+camiseta
26€ CD+bolsa de tea+camiseta (con envío a Península Ibérica e Baleares)
37€ CD+lámina enmarcada (recollida en Lugo)
50€ Pack Fantástico: CD+entrada presentación disco+bolsa de tea+camiseta+lámina enmarcada
90€ Pack Fantástico para dous: 2 x (CD+entrada presentación disco+bolsa de tea+camiseta+lámina enmarcada)
200€ Pack Patrocinador: O teu logo na contraportada do disco (15x20mm)+Pack Fantástico
200€ Concerto con set acústico reducido na túa casa + Pack Fantástico
1000€ Concerto con set completo en Galicia + Pack Fantástico
¿Que pasará se superamos o noso obxectivo inicial?
Se conseguimos superar o obxectivo complementaremos a publicación con máis material arredor do álbum.
▪ 6500€ 1º Videoclip no que tódolos mecenas figurarán nos créditos.
▪ 8500€ 2º Videoclip no que tódolos mecenas figurarán nos créditos.
▪ + de 9000€ Se rebasamos esta cantidade haberá algunha sorpresa.
¿Como funciona a financiación todo ou nada en Verkami?
Para que un proxecto se leve a cabo ten que chegar ó 100% do obxectivo.
Que pasaría se non se chega a recaudar o 100% do obxectivo no prazo de financiación?
Nese caso devólvense tódalas aportacións ós mecenas e non se poderían entregar as recompensas da campaña.
E como indicar as tallas das camisetas?
De conseguir o obxectivo, unha vez rematada a campaña poñerémonos en contacto cos mecenas para concretar o que sexa necesario para a entrega das recompensas.
Máis información sobre as aportacións en verkami.
Calendario previsto
Contamos ter todo listo para poder entregar as recompensas e realizar o concerto de presentación, que terá lugar en Lugo, a partir de mediados de 2023. Manterémosvos informados.
+ Info
Podedes estar ó tanto de tódalas novidades da banda nas nosas redes:
facebook ‒‒ Instagram ‒‒ YouTube ‒‒ bandcamp
12 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Puri Godoy del Pozo
¡¡¡A por todas CONDUCTO COLOQUIO!!!.
tuzaro666
Veña ahí! Zapatilla!
Noe
Suerte!!!
José Bello Moirón
JDL
José Bello Moirón
JDL
José Manuel López Prado
Suerte
Gabriel Rodríguez Sagarra
Mucha Fuerza!!
José Bello Moirón
O.D
José Bello Moirón
Go
José Bello Moirón
Go