❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Contos para entender o noso planeta

Unha colección para que os máis pequenos poidan achegarse, dunha forma sinxela, ao funcionamento da natureza. De 3 a 6 anos.

Cuentosentenderplaneta

Un proxecto de

Creado en

Santiago de Compostela
0
segundos
200
Achegas
4.375€
De 3.320€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Sobre o proxecto

Contos para entender o noso planeta é unha colección que busca resolver eses milleiros de porqués dos máis pequenos sobre as cousas que pasan acotío no noso planeta: por que se producen as tormentas?, por que sae o arco da vella?, por que a Lúa está máis pequena esta noite?

Os nosos contos mesturan a realidade e a ficción, pero supoñen un primeiro achegamento a procesos que se producen na natureza, explicándoos de forma sinxela e con termos que poden comprender con facilidade. Ademais, sempre inclúen unha ensinanza final, mesturando a parte máis didáctica coa emocional.

Polo momento xa escribimos e ilustramos tres, preparados para levar a impresión. Axúdasnos a lanzar este bonito proxecto?

Características dos libros

Os contos imprimiranse en tapa branda de 300g, de 14,8 x 21 cm (A5 pechado)e encadernación grapada.

  • A gotiña de auga que quería ser especial

Un conto que explica, a través do noso personaxe principal, como se forman os arcos da vella.

A  gotiña de auga que quería ser especial
A gotiña de auga que quería ser especial

  • Dúas nubes e unha gran liorta

Un relato que explica por que se producen as tormentas, a través de dúas nubes como protagonistas dunha gran pelexa.

Dúas nubes e unha gran liorta
Dúas nubes e unha gran liorta

  • A Lúa, o C e o D

Un conto sobre as fases lunares e como saber se a Lúa crece ou decrece.

A Lúa, o C e o D
A Lúa, o C e o D

Sobre as autoras

A idea do noso proxecto parte de María Mosquera, nai dunha nena, cansada de non atopar apenas contos cos que a súa filla aprendese, ademais de entreterse. Todas as noites inventaba un relato sobre cousas que interesaban á súa pequena: Por que sae o arco da vella?, por que hai tormenta?, por que chove?, como comen as plantas?...

Así, un día comentoulle a Paula Cheshire que era unha mágoa que se perdesen todas aquelas historias. Faltaron poucas palabras e un par de cálculos para poñerse a traballar e que a colección comezase a tomar forma.

Paula Cheshire é unha deseñadora gráfica que sempre quixo ter a oportunidade de ser ilustradora de libros infantís. Hoxe, o seu soño está un pouquiño máis preto. María Mosquera é unha xornalista que busca achegar o seu granito de area á literatura para nenos e así poder compartir as historias que ela e a súa filla repasan cada noite antes de durmir.

Sobre as recompensas

Preparamos diferentes recompensas para que poidas colaborar coas achegas que máis encaixen co teu peto ou os hábitos de lectura dos teus cativos.

  • Pack dos 3 contos en formato dixital: PDF (GL)

  • Pack dos 3 contos en papel (GL)

  • Postais para pintar os personaxes principais (GL)

  • Atrapasoños artesanal para decorar a habitación da cativada

    • 100% algodón
      • Ollos de seguridade e feltro
      • Recheo: miraguano
      • Tamaño: 47 cm de alto aprox
  • Contos en audio, con música orixinal (GL)

A que van destinadas as vosas achegas

Os cartos que recademos irán destinados a sufragar os custos de impresión, cubrir o traballo de deseño e edición e os gastos de xestión, de envío e a elaboración das propias recompensas.

Calendario previsto

Os contos xa están preparados para enviar a impresión. Se logramos o obxectivo, nunha semana estarán listos para enviar. Estimamos que os exemplares chegarán ás vosas casas ao longo da segunda semana de decembro.

Preguntas frecuentes

- Como encargo o meu pack en castelán ou en galego?

Cambia o proxecto ao idioma no que queiras reservar (arriba á dereita e no medio da páxina en versión móvil)e selecciona a túa recompensa. No título de cada pack verás que xa indica impresión en castelán ou galego. A nós chéganos tal cal seleccións.

Axúdasnos a facer o noso pequeno soño realidade?

Tamén estamos en:

Instagram

Facebook

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

22 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Cuentosentenderplaneta

    Cuentosentenderplaneta
    Autor/a

    máis de 4 anos

    Ola! Non te preocupes! Queda anotado!

  • OLIVERI

    OLIVERI

    máis de 4 anos

    Ola, a min gustaríame ter os contos en Galego, non conseguí ver a opción do idioma. Moitas grazas

  • Cuentosentenderplaneta

    Cuentosentenderplaneta
    Autor/a

    máis de 4 anos

    ¡Anotado! No te preocupes porque ha habido problemas con este tema y os lo estamos consultando por email. ¡Muchas gracias!

  • ilde

    ilde

    máis de 4 anos

    No me ha dado opción a elegir idioma, por favor castellano. Gracias

  • alvaro

    alvaro

    máis de 4 anos

    El Gobierno dice que en Navidad sólo 6 personas por domicilio. Hacer caso.

  • Dudu

    Dudu

    máis de 4 anos

    BRAVO POR VUESTRO PROYECTO!

  • Cuentosentenderplaneta

    Cuentosentenderplaneta
    Autor/a

    máis de 4 anos

    Ariadna, ¡Esa es la idea! A ver cómo acabamos esta primera fase y la intención es seguir, ¡si nos acompañáis en esta aventura!

  • ariadna88

    ariadna88

    máis de 4 anos

    Que ganas de tenerlos y leerselo a mi peque!! Sacaréis más?? Es súper interesante poder explicarle a mi bebé las cosas que pasan en el planta y que lo entienda ☺️

  • CRISTINA BERMÚDEZ

    CRISTINA BERMÚDEZ

    máis de 4 anos

    Bo día! Feita a miña aportaciòn!! Gustaríame ter os contos en galego, pero non me daba esa opciòn... Se houbese posibilidade unha vez impresos de que envialos en galego sería estupendo. Moitas grazas!!

  • CRISTINA BERMÚDEZ

    CRISTINA BERMÚDEZ

    máis de 4 anos

    Bo día!!

#01 / Con tu aportación, ya has colaborado para que pequeños sin recursos reciban un regalo

Colaboramos con la Fundación Meniños
Colaboramos con la Fundación Meniños

ACTUALIZACIÓN: ¡YA HEMOS LOGRADO LLEGAR AL NÚMERO DE DONACIONES QUE NOS HABÍAMOS MARCADO!¡MUCHAS GRACIAS POR VUESTRA APORTACIÓN!

Estamos muy contentas de anunciar que, tras haber logrado llegar a nuestro objetivo en Verkami en poco más de una semana gracias a vuestro gran apoyo, niñas y niños sin recursos van a recibir nuestros cuentos para entender nuestro planeta estas navidades.

A partir de hoy, por cada mecenas nuevo que colabore, donaremos un pack de 3 cuentos a la Fundación Meniños, que se encargará de hacer llegar este pequeño regalo que hacemos entre todos a familias que no están en buena situación económica. Por desgracia, con la pandemia que estamos viviendo, son muchas. ¡Sin vuestro respaldo, no sería posible! Millones de gracias de nuevo por creer en nosotras. Ahora

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies