❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Voluptas, o pracer de todes.

Os nosos desexos son nosos e queremos exploralos e (re) aprender xogando.

Voluptas

Un proxecto de

Creado en

Barcelona
0
segundos
439
Achegas
10.386€
De 6.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Català, English, Castellano e Euskara

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Voluptas é un xogo de cartas para experimentar todos os posíbeis, dando azos ao erotismo, á sensualidade e a todos os matices do desexo en 50 cartas.

As diversas prácticas que se reflexan crean un novo espazo de representación alonxado da heteronormatividade, o xovecentrismo de corpos tersos e funcionais, de kamasutras imposíbeis…Queremos pór o foco en todas esas outras sexualidades, que non son unha idea, son os nosos corpos gozantes e desexantes querendo se partillar.

Cremos importante facer converxer nun mesmo ponto o ocio e o pracer, ca complexa e diversa realidade que habitamos dende a disidencia. O mercado é amplo pero monocromático no que a corpos e sexualidades se refire.

Queremos recoñecernos, crear referentes e para iso precisamos ver eses corpos en tránsito, transitados, que desbordan as costuras, que envellecen, pálidos nucleares, de pelos afrofrondosos, con próteses e un longo etcétera.

Voluptas é un abanador desplegado de todas as nosas diversidades e un convite á creatividade ante a monotonía.

Que agardamos do xogo?

  • Facer visíbel a diversidade de xéneros, sexos, corpos e prácticas.

  • Gozar dos nosos encontros sexuais máis aló do reprodutivo, alá onde a creatividade, a complicidade, a confianza e o respeto son a terra fértil de multitude de praceres..

  • Rachar cos canons de beleza para que entren as cadeiras de rodas, as enrugas, as miñas estrías e os teus pelos.

  • Entender o sexo como algo dinámico, con ritmos desiguais, mais sempre co mesmo obxetivo, o pracer de todas as partes.

  • Desmontar a xerarquía das sexualidades válidas e visíbeis. Que a falsa dicotomía e a simplificación entre prácticas heterosexuais ou homosexuais salte polos aires entre cartas!

Queremos aprender xogando porque sí, porque nos peta e porque podemos.

E porque a través dun xogo de cartas?

As novas tecnoloxías colonizan as nosas vidas polo que achamos que, a modo de pequena rebelión, poderiamos voltar ao tanxíbel, ao pequeño. Entón, por que non un pequeno xogo de cartas que dinamice e acompañe a nosa intimidade?

Voluptas, o pracer de todes.

Funcionamento do xogo

É unha baralla de 50 cartas que contén 2 xogos, un por cada cara.

O obxetivo é divertirse, explorar, innovar e gozar da sexualidade, ampliando o imaxinario de prácticas sexuais e partindo da comunicación e a escoita do corpo.

Cara A: A proposta. En cada carta hai unha proposta de práctica sexual (que se pode realizar independentemente dos xenitais das participantes) e unhas iconas nas esquinas, que son ou ben explicativas (descreben unha acción que está acontecendo ou un obxecto preciso para realizala) ou ben incorporan un elemento opcional.

Propoñémosvos tres dinámicas de xogo, mais a vosa imaxinación pode inventar máis. Tede a man posíbeis utensilios a incorporar, creade un ambiente agradábel e compartide desexos e límites.

1: Destapade unha ou máis cartas e explorade a práctica que vos propón. Cando teñades ganas de mudar, continuades ca seguinte ou destapades outra.

2: Collede unha ou máis cartas cada unha e non a ensinedes. Comeza unha liderando a proposta e a outra déixase levar. Podedes ir intercambiando os papeis.

3: Facede chegar, en calquera momento do día, unha carta con algunha práctica que gostariades de explorar a alguén con quen queredes xogar.

Cara B: A creatividade. En cada carta hai unha combinación de 4 iconas (unha delas está riscada) para inspirar algunha práctica sexual que conteña os 3 elementos propostos e exclúa o cuarto.

A que destinaremos as vosas aportacións?

Todas as aportacións obtidas neste crowfunding irán destinadas ao proxecto Voluptas: produción do xogo, recompensas, gastos de distribución, rexistro e impostos.

Calendario do proxecto

O proxecto está pronto, cando o verkami remate procederemos á súa produción. Calculamos que os envíos comezarán a chegar en decembro do 2020.

Recompenses

Ademáis do noso xogo Voluptas e o noso máis que agradecemento por confiardes no proxecto, imos ofrecer dous produtos máis para compartir convosco.

O primeiro é unha bolsa de tea cas fantásticas ilustracións de Mónica e o segundo é un libro editado por Mandràgores, “Desig d’escuma viva. Relats eròtics escrits i il·lustrats per dones” (editado só en catalán).

Nas diferentes opcións para colaborardes connosco, tamén hai outra parte pensada para os nosos colaboradores, que diferentes tendas poden mercar por adiantado o noso xogo e vendelo no seu establecemento (agás librarías).

Quen somos?

Mandràgores: Laura Arcarons Martí e Carlota Coll Gutíerrez. Conceptualización, dirección, creación de contido e do proxecto.

Mandràgores é un proxecto nacido no 2016 ca vontade de contribuír á educación sexual e afectiva de adolescentes, xoves e mulleres, dende unha perspectiva feminista. Levamos a cabo esta tarefa a través de obradoiros participativos e vivenciais que faciliten unha revisión crítica da sexualidade.

Instagram · Pàgina web

Mónica Toledo Ilustración de todas as persoaxes do proxecto.

Ilustradora toledana. Chegou a Barcelona na procura dun cambio de aires. Con estilo versátil mais sen perder esencia; as súas ilustracións dinámicas son o seu xeito de expresión e comunicación.
Instagram · Pàgina web

Lídia Sardà Clua Idea orixinal, conceptualización, dirección, deseño gráfico, dirección de arte e creación do proxecto.

Formada en deseño gráfico, tipografía e fotoxornalismo, actualmente especializada en Branding e Packaging, con dez anos de experiencia no sector. Nos seus proxectos creativos aplica a perspectiva de xénero e a crítica social procedente da súa bagaxe activista.
Instagram · Linkedin

Distribución da editorial Comanegra

Tes algunha dúbida ou suxestión? Escríbenos a través dos comentarios desta páxina ou envíanos un correo a [email protected]
Instagram. Twitter.

Falan de nós

Diari de Barcelona

Revista Mirall

Revista Meteora

La Directa

Erotic.cat

Somos tormenta

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

14 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Íria

    Íria

    máis de 5 anos

    Un projecte meravellós!!! 👏🏻👏🏻💜

  • Blanca Solé

    Blanca Solé

    máis de 5 anos

    Quines ganes! ;)

  • Eva

    Eva

    máis de 5 anos

    Maravilloso proyecto! Muchas gracias!! ❤

  • ane zubi

    ane zubi

    máis de 5 anos

    Eskerrik asko

  • Mireia Miralles Achell

    Mireia Miralles Achell

    máis de 5 anos

    Moltes gràcies per crear aquest projecte tan necessari! :)

  • Montse Cervera

    Montse Cervera

    máis de 5 anos

    Felicitats pel projecte

  • Miquel Pujol Garcia

    Miquel Pujol Garcia

    máis de 5 anos

    Ara només falta una parella per jugar ;-). Molt bona proposta !!! Felicitats i molta sort !!!

  • Elia890

    Elia890

    máis de 5 anos

    aiiiiii guapeteees! Que em despisto una mica més i ja ho teniu aconseguiiit ....!

  • Anna

    [email protected]

    máis de 5 anos

    M'encanta la proposta!

  • Didac Pardell Sangrà

    Didac Pardell Sangrà

    máis de 5 anos

    bona idea posant el focus on pocs ho fan

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies