O son da balea é un proxecto de curtametraxe que se rodará na illa de Ons (Galicia) do 19 ao 21 de setembro deste mesmo ano 2020. Producido por Dorna Films, "O son da balea" pon o foco na superación dunha perda, na loita contra os propios demos e cómo gañarlle a partida ó pasado.
Tamén ten como pano de fondo uno dos episodios máis sanguentos e esquecidos da historia de Galicia (e de España): o universo das cacerías baleeiras. Sabías que foi Galicia o último lugar onde foi posible cazar estes xigantes maxestosos?
A película é un reencontro co pasado nun escenario único e especial rodeado polo océano: o retorno á illa que viu crecer a Naia, a protagonista desta historia. Alí rexurdirá de novo ese temor e misterio simbolizado en cantos de baleas. Será tamén alí onde se atope un antigo compañeiro, Brandán, que tamén deberá confrontar o pasado.
Unha sorte de testamento fílmico daquela realidade que hoxe non existe, un berro de guerra contra a brutalidade animal, a destrución dos ecosistemas e de apoio á conservación das especies que habitan o noso planeta.
O son da balea é tamén un intento por explorar e aprehender do pasado a través da única arma da que dispoñemos para facelo: a memoria.
TÍTULO: O son da balea (El sonido de la ballena)
NATUREZA: Curtametraxe de ficción
XÉNERO: Drama / Fantástico
DURACIÓN: 15 minutos
LOCALIZACIÓN: llla de Ons (Galicia)
PAÍS DE PRODUCIÓN: España
LINGUA ORIXINAL: Galego
DATAS DE RODAXE: 19/09/2020 - 21/09/2020
FORMATO DE IMAXE: 4:4:2, 25 fps, 1:85:1, Cor
SON: Dolby Dixital 5.1
Somos un grupo de creadorxs que xa traballamos xuntos en diferentes proxectos e produtoras en Galicia desde o ano 2015. Ademais, para este proxecto incorpóranse caras novas no equipo coas que coincidimos traballando en diferentes series e películas ( Néboa, A Estiba, Serramoura...) e que están a desexar achegar tamén o seu granito de area á proposta.
Con paixón e xuntando forzas, conseguimos realizar o teaser da curtametraxe cando aínda non tiñamos un só euro de financiamento. E o resultado non puido ser máis atractivo:
En primeira fila, destacamos os siguintes amantes do océano e dos seus habitantes:
Isabel Naveira, Protagonista (Naia)
Denís Gómez, Co-protagonista (Brandán)
César Cambeiro, Secundario (Xan)
María Fariñas, Secundario (Naia xove)
Giuliano Lancelotti, Secundario (Brandán xove)
Este é a listaxe final dos defensores do mar e gardiáns de baleas:
Daniel Suárez-Rubini, Produtor / Director / Guionista
Annabelle Mullen, Produtora Executiva
Isabel García, Produtora
Javier Trigales, Co-guionista
Natalia Porca, Xefa de produción
Laura Sierra, Ax. de dirección
Soraya Vilela, Script
Pío Cribeiro, Director de fotografía
Gabriel Prada, Compositor BSO
María Selgas, Vestiario, maquillaxe e perruquería
Toni Penido, Son directo
Óscar Ortega, Ax. Produción
Iago Barrado, Ax. Cámara
Sara Fernández, Montaxe
Moises Fernández, Etalonaxe e postproducción de imaxe
Juanjo Rey, Animación e FX
La Panificadora Estudio, Postprodución de son
Ember Studio, Marketing e promoción
Se queredes saber máis acerca do director, podéis visitar a súa páxina web e este é o seu canal de vimeo.
Detrás do proxecto atópase a produtora Dorna Films, unha firma creativa de proxectos indepentes que puxo en marcha algunhas das curtametraxes de Daniel Suárez Rubini, entre as que destacan A Brecha e Tornar. Actualmente está a preparar novos proxectos para o próximo ano con proxección internacional.
O cinema é principalmente un medio de expresión para crear historias, pero tamén pode existir como catalizador do pasado fronte a un presente esquivo.
Se temos en conta que a realidade non é algo fixo e inmutable, podemos variar a súa forma e percorrer diferentes camiños e carreiros. Este proxecto permite experimentar con certas formas sonoras, ao mesmo tempo que redescubre un feito sorprendente que aínda hoxe merece a pena valorar e apreciar. A través dunha narración breve e imperfecta, libre e equilibrada, permitiremos que o público se penetre no descoñecido para terminar quizais saíndo airoso da contenda.
A curtametraxe O son da balea trata de conxugar certo realismo e espírito social - propio do cinema de Dardenne ou Loach- xunto ao misticismo e a observación natural, característica do cinema de Malick ou Pavoli. Baixo a premisa dunha narración sinxela - con ecos de Rohmer - e un toque fantástico - Weir e o seu Picnic en Hanging Rock (1975) ou o máis recente Joaquim Trier e Thelma(2007) -, “O son da balea” toca un dos vértices característicos da comunidade galega: o misterio. Un filme que funciona como as ondas: todo é un ir e volver, ata chegar á última onda, a máis sorprendente e destrutiva que terminará levándonos arrastrados pola marea.
Sobre as recompensas
Grazas á vosa pinga de auga, poderemos dedicarnos a custear:
O material de iluminación, cámara e son.
Os desprazamentos e aloxamento do equipo técnico-artístico durante a rodaxe.
Os gastos de postproducción: montaxe e mesturas de son, corrección de cor, composición da banda sonora.
Distribución da película por festivais. O noso maior obxectivo é que O son da balea chegue a todo o mundo.
En calquera caso, non se trata dunha doazón, xa que seleccionamos un sistema moi completo de recompensas, acorde coa propia temática da curtametraxe, para todo tipo de mecenas.
Queremos destacar que, ademais de todas estas recompensas, sortearemos un pack de 4 botellas de Martín Códax "Alma atlántica" entre todos os contribuíntes.
Un viño das Rías Baixas que non deixará a ninguén indiferente!
Rodaxe: 19 - 21 de setembro
Montaxe: 15 octubre - 15 de novembro
Postprodución de son: 15 - 31 de novembro
Postprodución de cor: decembro
Mezclas finais: última semana de decembro
Conformado e copia final: semana do 20 de xaneiro
Estrea: Maio 2021 (Galicia, por confirmar)
Recepción das recompensas: Maio 2021
Queremos agradecer ao museo Massó por cedernos o seu arquivo documental, á asociación CEMMA por compartir os contactos e o seu vasto coñecemento no pasado baleeiro en Galicia e ao músico Arany Zoltan que nos cedeu moi amablemente a versión da súa canción “Tua nai e meiga” para acompañar esta campaña.
Máis info sobre eles:
Museo Massó
Asociación CEMMA
Arany Zoltan
Durante o ano 2019, o goberno de Xapón retirouse da Comisión Baleeira Internacional ( CBI) retomando a caza de baleas e mamíferos mariños. Isto pon en risco de novo a existencia destes maxestosos animais no noso planeto. É inaudito que aínda hoxe xustifíquese como tradición, a caza e futura extinción destes animais. Como seres humanos, é noso deber loitar e coidar o noso planeta e os seus habitantes, para que non volvan ocorrer atrocidades pasadas. Por iso convidámosvos a asinar a petición en Change. org para que o mundo enteiro poña fin a estas fatais prácticas.
Síguenos en RR.SS.
Para estar ao día do proxecto propoñémosvos seguir a seguinte canle:
Instagram da película
Web da curtametraxe
Non vos esquezades de difundir a boa noticia! Sharing is caring!
Se O son da balea chega a existir será tamén grazas a vós!
Tamén podedes falar connosco a través do propio Verkami, na sección Preguntas e Respostas, ou enviarnos un e-mail a: [email protected]
“(...) ningún home sen imaxinación pode seguir a outro nestes dominios.”
Herman Melville Moby Dick
3 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Daniel Suárez Rubini
Autor/a
(gal) Moitísimas gracias de parte de todo o equipo! Coa vosa axuda estamos seguros de que sairá adiante! / (cast.) Muchísimas gracias de parte de todo el equipo! Con vuestra ayuda estamos seguros de que saldrá adelante!
Manuel Trigales
Esperamos que tengáis éxito, Daniel!
Concha
Gracias por vuestro compromiso con la historia y la protección del medio ambiente