❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

De Ushuaia a La Quiaca (con algo de México)

Un caderno de viaxe arxentino con un salto a México. Un diario gráfico transamericano con mais de 100 debuxos a toda cor en acuarela e tinta

Maria Meijide

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Santiago de Compostela
0
segundos
153
Achegas
5.932€
De 5.500€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano e English

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Proxecto

Chámome María Meijide e son pintora. Hai anos que fago diarios gráficos das miñas viaxes pero é dende hai pouco que decidín auto-editalos.

En 2007 percorrín gran parte da Arxentina, dende Ushuaia ata Bolivia, atravesando parte da Patagonia chilena. Un traxecto precioso, algo accidentado e que durou varios meses. Cando estaba a chegar á fronteira Norte, na Quiaca, recibín a noticia de que me concedían unha bolsa en México, de xeito que a viaxe deu un salto ao estado de Zacatecas.

De Ushuaia a La Quiaca (con algo de México) é o caderno que recolle toda esta travesía. Un proxecto que, grazas ás vosas achegas, será un libro impreso a toda cor cunha selección de máis de 100 debuxos feitos do natural durante estas viaxes. Un libro de tinta e acuarela, con textos escritos a xeito de diario, debuxos moi acabados e outros en forma de bosquexos.

A medida que avanzan as páxinas poderemos atopar as xélidas paisaxes de Ushuaia (a cidade máis austral do mundo), os glaciares das Torres do Paine, o icónico Perito Moreno, vistas preciosas debuxadas en interminables horas de autobús, o museo do Che en Córdoba, o cerro de Uritorco, a quebrada de Humahuaca, o Zócalo Capitalino na Cidade de México, o enterro de Antonio Aguilar en Zacatecas, as coloridas roupas dos huicholes... e moito máis!

Pero, por que o edito con dez anos de distancia?

Pois porque no ano 2016 fun convidada á Feira do Libro de Bos Aires, e esta visita transatlántica reavivou toda a experiencia da viaxe anterior. As rúas do actual Bos Aires, algo deprimidas, fixéronme lembrar as de entón, máis ledas; e trouxéronme á memoria un país espléndido que, como nos ocorre a todos, xa non é o mesmo. A México aínda non voltei, pero cónstame que as mudanzas foron grandes; así que antes de nos tornar uns descoñecidos, valla este rexistro en forma de caderno.


Cales son as vantaxes de achegar nesta campaña?

Pois en primeiro lugar, grazas a Verkami e ás vosas achegas, será posible editar un libro precioso, a toda cor e en alta calidade. Un libro que doutro xeito ficaría condenado a un formato de exposición moito máis restrinxido (libro de artista, peza de coleccionista, etc).

Grazas a este co-financiamento todos poderemos desfrutar desta viaxe americana nunha edición libre de intermediarios e a un prezo accesible, máis vantaxoso có de saída ao mercado. (A través desta plataforma, o libro adquírese a 22€, mentres que o seu prezo en librarías será 25€)

Ademais, achegando a esta campaña poderanse obter tamén acuarelas orixinais e láminas personalizadas editadas en alta calidade.

Tucumán
Tucumán

Formato

O libro terá unha edición moi coidada, na liña do caderno De Kuala Lumpur a Beijing que publiquei a finais de 2015.

Parecerase o máis posible aos cadernos orixinais.

-18x19 cms.

-148 páxinas.

-Tapas semiduras en forma de caixa

Levará un pequeno prólogo en español/galego/inglés.

Farei unha tiraxe de 1000 exemplares.

En algún lugar de la Patagonia
En algún lugar de la Patagonia
El Chaltén
El Chaltén

A que destinaremos as vosas achegas?

Impresión do libro e complementos.

Embalaxe e envío

5% taxas crowdfunding+ 21% IVE+ 1,35% taxas bancarias.

Se o proxecto supera o orzamento, adicarei o diñeiro a sufragar os gastos de maquetaxe e deseño e a ampliar a tiraxe do libro.

Quebrada del Condorito
Quebrada del Condorito
Caminito
Caminito

Acerca das recompensas

Para aquelas persoas que queirades facer as vosas achegas a este proxecto, ofrezo un amplo abano de posibilidades:

-Libro asinado e adicado.

-Reproducións do caderno en láminas de 18x18 e 20x40 cm.

-Mapa emocional de Santiago de Compostela de 50x70 cm., cartografía de autor(a) alegre e colorista enrolada en tubo de cartón.

-Láminas eróticas, tamén reproducións de acuarelas en alta calidade (20x40 cm).

-E para mecenas coleccionistas existe a opción de acceder a obra orixinal: unha serie de acuarelas de formato medio (40x20 cm. aprox.) ou a posibilidade mesmo de se facer cun caderno de viaxe orixinal.

Estes son os lotes dispoñibles:


Calendario previsto

Comezarei co reparto das recompensas inmediatamente despois de finalizar a campaña (A finais de decembro)

O libro xa está a punto. A maquetaxe case rematou e apenas cómpre agardar polo empurrón de financiamento que permita levalo ao prelo.

En todo caso, os envíos comezarán con certeza antes do 5 de xaneiro.

Parque Lezama
Parque Lezama

Guadalupe, México
Guadalupe, México
Un millón de vacas
Un millón de vacas



+ Info

- Sobre mi
- Web
- instagram
- Facebook

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

0 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

#04 / Presentación en Santiago de Compostela

Queridos mecenas,

O vindeiro xoves 22, as 20.00, na libraria Lila, na rúa Travesa nº7 de Santiago de Compostela, estarei presentando este caderniño trans-americano.

Serán unha palabras breves pero intensas, e despois, se vides, tomamos un viño!

Falarei, claro, dos debuxos pero tamén do proceso de autoedición vía crowdfunding, da elaboración coidada desta edición facsimil que poderemos contrastar con cadernos orixinais... e outras sorpresas!

Vinde, vinde o xoves as 20.00!!
(E para aqueles mecenas que ainda non recolleran a súa recompensa esta é a ocasión!)

Queridos mecenas ,

El próximo jueves 22, a las ocho, en la librería Lila de rúa Travesa nº 7 (en Santiago de Compostela), estaré presentando este cuadernito trans-americano.

Serán unas palabras amenas -espero- e intensas acompañadas de imágenes. Y después, si queréis, nos tomamos un vino!

ler máis

#03 / Envíos de las recompensas, Rewards shipments

Queridos mecenas, estoy al fin! acabando los envíos de las recompensas así que imagino que algunos de vosotros ya habréis recibido el libro en casa. Para los que esperais recibir también láminas de 40x20cm o bien el mapa emocional, os conmino a que estéis atentos al buzón estos días porque seguramente os dejarán aviso. El tubo es grande y va en un envío separado con respecto al libro!

Cualquier cosa no dudéis en contactarme, claro!

Espero que os guste y gracias mil a todos !!!

Dear patrons, finally I am finishing the rewards shipments so I guess some of you have already received the book at home. For those who expect to receive sheets of 40x20cm or the emotional map, I urge you to be aware to the mailbox these days because the post service will surely leave you notes. The tube is large and goes in a separate shipment !

Please do not hesitate to contact me if you have any big delay or something.

I hope you like the book and thanks so much to everyone!

ler máis

#02 / Primeiras entregas: Chegou o libro!! / The book just arrive!

Queridos mecenas! Os libros acaban de saír do prelo e chegar a casa. Para os que esteades en Compostela ou contorna e non queirades agardar polos envíos postais, podedes recoller o voso libro (máis láminas) no meu estudio. É na praza do Toural 9, 3º.

Pode ser mañá xoves 4 de Xaneiro de 17.00 a 21.00 ou tamén o venres 5 das 18.00 as 21.00.

Se non vos convén este horario, poñédevos en contacto comigo vía mail e combinamos outra opción.

Para os que prefirades o envío postal, en breve recibiredes uns formularios para preencher cos votos datos.

Grazie mile!!

chegou!
chegou!

Dear friends, if you are around Compostela, the next days you can pick your book at my home-atelier.

The adress is Praza Toural 9, 3º.

Could be tomorrow Thursday January the 4th (from 17.00 to 21.00) or even the Friday 5th between 18.00 to 21.00. If you need another combination please don´t

ler máis

#01 / Gracias a todos! Grazie, merci, obrigada! thanks so much, danke!!

Queridos mecenas!! La campaña ha sido un éxito! Gracias mil a todosss los que apoyasteis y compartisteis. En breve , antes de reyes, llegará el libro de imprenta y podré comenzar a repartir las recompensas!

En apenas unos días recibiréis los formularios conforme a vuestra recompensa, donde podréis solicitar qué queréis de dedicatoria, donde recibir el libro, etc. Para los que estéis en Santiago ajustaremos una fecha en torno al 3-5 de Enero!

Enseguida más noticas!

Y gracias otra vez!

Dear patrons! The campaign has been a success! Many Thanks to all those who supported and shared.

The book is almost arriving from the print process so soon, before January6th, I will be able to start the rewards distribution!

In just a few days you will receive the forms according to your reward, where you can request about a dedication, where to receive the book, etc. For those of you who are in Santiago we will set a date around January 3-5!

Soon more news!

And thank you again!

Meus

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies